27 may. 2013

Suecia: "Isto é unha rebelión contra a marxinación, a represión, o racismo e a indeferencia institucional"

Recollemos para a sua tradución e difusión de Nodo50:

Varios barrios dos arredores de Estocolmo volveron rexistrar disturbios a noite do xoves, por quinto día consecutivo, cunha trintena de coches queimados, rotura de ventás; denuncias e enfrontamentos coa policía sueca.

Oito persoas foron detidas tras os incidentes do pasado martes pola noite, segundo informan as forzas represivas. A violencia séguese estendendo a máis suburbios da capital e outras rexións do país. Na cidade sueca de Malmö producíronse algúns incidentes e ata tres automóbiles foron incendiados nun barrio periférico. Trátase da cuarta noite consecutiva con mobilizacións destas características, o que supón a maior ondada de denuncias e actos de resistencia en anos en Suecia.

As manifestacións comezaron o domingo en Husby, ao oeste da capital, onde días antes un inmigrante con problemas psíquicos foi asasinado por disparos da policía na súa vivenda, onde se encerrara coa súa compañeira, e que supostamente ameazara cun machado aos axentes, que aseguraron actuar en defensa propia cando o destrozaron a balazos.

A Policía abriu unha investigación do incidente, pero a falta de credibilidade social desatou a protesta pública e os disturbios fóronse estendendo e recruaron a noite seguinte coa adhesión social de habitantes doutras zonas ao que se interpreta dende abaixo como actos de xusta denuncias e resistencias ante a marxinación, a represión, o racismo e a indiferenza institucional.

Os medios suecos recolleron estes días testemuños de veciños de Husby que denuncian cargas policiais contra nenos e anciáns e insultos racistas dos axentes como "negros", "ratas" ou "monos", o que orixinou críticas xeneralizadas e a apertura doutra investigación policial interna.

A asociación "Megafon", que traballa con grupos de mozos inmigrantes na zona, vinculou as protestas co racismo e coa sensación de abandono que se vive neste e noutros barrios, con índices de paro xuvenil que roldan o 20 por cento ou máis.

Estes feitos abriron o debate sobre a forma de abordar o paro xuvenil e a inmigración por parte do país nórdico. Tras décadas de modelo sueco caracterizado como estado do benestar, Suecia, coas receitas neoliberais, reduciu o papel do Estado dende a década de 1990, co maior crecemento da desigualdade na área da OCDE de economías desenvolvidas.

Aínda que -segundo as estatísticas oficiais e macroeconómicas- o nivel de vida estaría aínda entre os máis altos de Europa, os sucesivos gobernos neoliberais incrementaron a desocupación e a marxinación xeral. E o paro xuvenil inmigrante en particular, a exclusión social como politica de longo prazo, que afectou con máis forza ás barriadas con maior abandono e pobreza logo da aplicación sistemáticas de recortes sociais.

En concreto, segundo enuncia a OCDE, o desemprego entre os nacidos fóra de Suecia está no 16 por cento, fronte ao 6 por cento para os nacidos no país. En realidade fálase do 40% de desocupación en sectores de xuventude inmigrante.

O diario "Aftonbladet" chegou a afirmar que os disturbios representan un "xigantesco fracaso" dunha política gobernamental que levou ao aumento dos guetos nos barrios.

Nestes momentos continúan os actos de protesta, as manifestacións a favor e en contra da denuncia social. Os aparatos mediáticos hexemónicos, destacan pola súa parcialidade e intentos de criminalizar a loita social, así como negar a análise das causas do descontento que motivan o xurdimento e expansión da protesta.

Non son poucas as expresións comprensivas -e mesmo de adhesión- a esta onda de protesta social. "É unha rebelión" afirman dende o grupo "Panteras pola rehabilitación social". Proclámase sen voltas o apoio á xuventude en loita e as súas reivindicacións entre as que destacan a denuncia contra o racismo e a violencia policial. "Panteras" é unha organización que traballa socialmente en barrios das cidades de Gotemburgo e Malmö.

Nestes días outro órgano de expresión do descontento e a loita social foi o portal "Megáfono"

Reprodúcense e amplifícanse as declaracións solidarias, tales como:

"Vostedes están no medio da tormenta. O seu mundo estase a queimar. E dirixímonoslles para dicir que sabemos o que está a pasar, e admiramos como manexaron os acontecementos dos últimos días. Fan uns anos tamén queimáronse coches en Biskopsgården. A policía aproveitou e fixo o que quixo durante esas noites, e cando chegou a mañá, os políticos, dixeron o que querían de nós. Xa sabes: os restos ennegrecidos, vidros rotos na rúa: parece tan doado condenalo cando o ves dende fóra. E iso é o que agora lles esixen a vostedes cando están a tratar de dicir algo acerca da revolta. Tratan de que non se poida explicar, senón que simplemente se unan ao coro de condena, o coro que di que é inescusable queimar un coche, romper unha ventá... "

"Vostedes fan ben -unha e outra vez-, cando nas noticias e programas de debate e a través de internet, insisten en explicar por que se queima en vez de só condenar os mozos. Os que unicamente condenan un acto sen explicar as súas causas, condenan tamén os sentimentos e experiencias que deron lugar á acción... "

"Moitas persoas din que hai que loitar por ti mesmo, pero non é tan doado, cos porcos que colgan sobre o teu ombro cada día. A esperanza de sobrevivir desaparece... "

"Cremos que é correcto sinalar que non se trata de disturbios de mozos ou disturbios apolíticos, pero se é só unha rebelión, unha resposta colectiva e espontánea ao desemprego, as escolas empobrecidas e o racismo estrutural, ou sexan as causas subxacentes do que está a suceder hoxe en día ".

"Hai un vínculo entre todas as persoas. Choramos entre si cando morremos. Estamos en solidariedade cos demais. Vivimos xuntos na sociedade. Apoiámolo en todos os sentidos".

"En Hammarkullen paséase a policía montada pola praza. En Biskopsgården as cámaras da represión filman a entrada aos barrios. En Fröolunda chegan cada noite noticias sobre os disturbios -soan os teléfonos e sucédense os sms, murmúrase que quizais a revolta se estenda tamén a Göteborg, aquí onde pelexamos cos mesmos problemas ca vostedes en Estocolmo: a militarización dos nosos barrios periféricos, abusos policiais, desmantelamento social... "

"Vostedes sábeno: O sentimento de que ninguén escoita, non queren escoitar os relatos sobre a policia racista, os abusos, a violencia institucionalizada. Quizais debe arder para que alguén decida escoitar as nosas voces. Agora está a arder. Aquí estamos nós, xuntos... "

"Se entran nos barrios como unha forza uniformada de combate en territorio inimigo, habitado por xentes á que chaman "monos" -ou peor- e reprimen brutalmente, entón provocan unha guerra... "


Non todo é silencio cómplice e as declaracións solidarias sucédense, transmitiendose persoa a persoa, entre os colectivos e as canles alternativas de información. A rebelión espontánea é un berro de desafio e advertencia, un frontal Basta Xá!, de resistencia para a existencia, dende o abaixo que se move tamén no norte europeo.

Outra nota, imaxens e vídeos en La Haine

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada