Recollemos e copiamos de SermosGaliza:
As plataformas pola defensa do aborto e Queremos Galego veñen de recibir denuncias policiais polas que poden ser sancionadas con multas de até 6.000 euros. As forzas policiais atribúenlles "destrozos" en senllas manifestacións transcorridas o 16 de xuño e o 17 de maio. As organizacións falan de “criminalización” das súas accións de protesta
Até 6.000 euros de multa por unha infracción que a policía española considera "grave". Así aparece recollido na denuncia recibida pola Plataforma galega pola defensa do dereito ao aborto e que foi remitida pola Subdelegación do goberno español.
Segundo o parte elaborado polas forzas de seguridade na manifestación desenvolvida o pasado 16 de xuño na capital galega, atribúese á Plataforma a autoría de "numerosos destrozos" --aseguran-- no mobiliario urbano e en fachadas de entidades financeiras e estabelecementos comerciais que "coinciden co paso" da mobilización.
Neste senso, a denuncia presentada atinxe ao colectivo os devanditos "destrozos" en función da Lei orgánica reguladora do dereito de reunión e pola que se responsabiliza do acontecido "aos organizadores ou promotores" da mobilización sempre que "tales condutas non sexan constitutivas de infracción penal".
Os "destrozos" recollidos pola policía atribúen á Plataforma "manchas de pintura" en diversas rúas compostelás, estabelecementos comerciais e entidades financeiras polas que demanda unha sanción que podería oscilar entre os 300 euros e os 6000.
Queremos Galego denuncia "a criminalización" das organizacións
Queremos Galego recibía hai dous días a denuncia pola manifestación celebrada o 17 de maio, dous meses e medio antes. Acusan á organización de ter “arroxado globos e ovos cheos de pintura e realizado pintadas en entidades bancarias e locais comerciais”. Citan, a seguir, polo miúdo unha serie de oito rúas nas que, segundo a denuncia, se terían realizado as pintadas no transcorrer dunha manifestación na que “participaron diversos colectivos e organizacións portando diversas pancartas en defensa da lingua galega”. A Queremos Galego acúsaselle de, entre outras, unha pintada que reza “Turismo es colonialismo” ou outra co símbolo feminista no establecemento Oysho ademais dunha en Deutsche Bank e no Banco Santander na que se pode ler “Lume ao capital”.
A cualificación da denuncia é “infracción grave” con responsabilidade aos organizadores e promotores da manifestación e o órgano competente que a asume é o Delegado do Goberno. A infracción, segundo sinala a denuncia, pode ser sancionada cunha multa de entre 300,52 a 6010,12 euros. Notifícaselle a Queremos Galego que se inicia un procedemento sancionador contra a plataforma como “responsábel” dos feitos relacionados, é dicir, as pintadas en oito rúas de Santiago por motivos diversos. Como denunciante consta a comisaría de Policía de Santiago.
Desde Queremos Galego, a súa coordinadora Susana Méndez non dubida en falar de “criminalización” das organizacións que se manifestan na defensa de dereitos sociais. Despois de se coñecer que a Plataforma polo dereito ao Aborto recibira unha notificación similar, ao seu ver, “está claro que queren impedir que se manifeste a oposición con medidas represoras”. Queremos Galego está a estudar legalmente a resposta á denuncia recibida.
Leer más...
Mostrando entradas con la etiqueta mulher. Mostrar todas las entradas

10 sept 2013
8 sept 2013
Non nos dan medo as vosas ruínas... Levamos un novo kaos nos nosos corazóns
Colamos (traducimos e animamos a sua lectura) este texto do colectivo antipsiquiatría de Sant Boi del Llobregat AssembleaMajaras ao respeito da nova reforma do código penal que van aprobar este outono.
Proclamamos dende a nosa insá loucura, rebelde e contaxiosa, que non nos preocupan os códigos penais e as súas reformas porque non cremos nin nas vosas leis, nin nas vosas enfermidades.
Dende que nacemos vivimos turbadas e sometidas ao imperio da lei, ao da familia, ao da relixión, ao da medicina, ao da escola, á do traballo, ao do marido, ao do pai, ao do estado..., desobedecendo a todas, e por iso etiquetástenos coa vosa desprezable variedade de enfermidades incurables e crónicas.
Condenástenos de por vida mesmo antes de nacer, e imos seguir defecando sobre as vosas verdades científicas, políticas, económicas, sociais e relixiosas, porque a obediencia e a submisión son as únicas enfermidades verdadeiras.
Vimos dunha longa travesía atormentada na que se nos arrancou do noso ámbito natural para incorporarnos ao sistema dun mundo, ao que non nos queremos adaptar. Seremos sempre incómodas, inestables, críticas, molestas, inadaptadas, emotivas, apaixonadas, inquedas, resistentes, distraídas, amantes, hiperactivas, desbordadas... e guerreiras, porque non imos renunciar a xermolar coa nosa loucura fronte ás chantaxes e conflitos emocionais cos que nos queredes domesticar e á permanente confrontación entre iguais.
Estamos enfermas dunha bile escura de rabia que se axita como tormenta contra todos aqueles que se senten seguros e a salvo neste mundo tan incerto que, día a día, nos vai destruíndo. Contaminades con xofre e uranio o aire que respiramos. As augas dos ríos son cada vez máis tóxicas polas vosas verteduras de escouras de metais pesados. As vosas emisións de dióxidos, metanos e gases contaminantes fluorados, están a asfixiar e queiman a natureza e poñen en risco a supervivencia de todos os animais, humanos ou non humanos, e os seres vexetais. Recubristes o planeta dunha grosa pel de tóxico engrudo negro e cercado o territorio con raís, autovías, valos metálicos, muros de formigón, torres de alta tensión e espiñentos aramados..., separándonos dos nosos irmás e veciños e enchendo a atmosfera de radiacións electromagnéticas. Mantedes as montañas gravemente enfermas de feridas abertas por canteiras, explotacións minerais e deforestacións. Encerrades a morte en granxas industriais os animais non humanos, e aos humanos recluídenos en centros industriais de explotación penitenciaria. Bombardeades poboacións civís en nome das liberdades, a xustiza e a democracia, saqueando países enteiros por cuestionar o voso modelo hexemónico de vida capitalista, branca, patriarcal, occidental e cristiá, levando a miles de persoas a cega calexa da súa miseria, a súa destrución e a súa morte.
E sodes vós, os autoproclamados amos gardiáns das liberdades do mundo, deste destrutor orde mundial que non é nada novo, os que nos considerades "tolas" e "suxeitos perigosos" para xustificar as nosas mordazas, as camisas de forza farmacolóxicas, o encerro a perpetuidade e a condena a morte. A nosa "loucura" non se deixa enganar polos modernos deseños das democratizadas lobotomías químicas e as terapias de shock que utilizastes como tormento e tortura, nas máis cruentas ditaduras... porque nos tedes medo.
Vós, os que nos botades das nosas casas, os que despois de explotarnos nas vosas fábricas nos forzades ao paro. Vós, os que determinades quen ten máis "dereito" para vivir nun territorio que non é voso e no que só podedes manter os vosos privilexios pola dura represión e pola capacidade destrutiva das armas dos vosos exércitos,... tédenos medo.
Vós, os que sometedes aos grupos humanos a un asfixiante estado de excepción, impoñendo a vixilancia de cada un dos seus xestos e o control dun estado policial... tédenos medo.
Vós, os que negades o noso dereito como mulleres a decidir sobre os nosos corpos, ao mesmo tempo que violentades coa esterilización os corpos das indíxenas ou das que considerades "menos válidas"... tédenos medo.
Vós encerrádenos na vosa rancia e atormentada moral relixiosa, decidides por nós os que deben ser os nosos desexos e non concibides outra realidade que a dual. Impoñedes o voso dogma de que só podemos sentirnos homes ou mulleres e que só así podemos amarnos e desexarnos, cando as realidades das nosas pulsións son moito máis amplas e fermosas e non veñen determinadas polos vosos prexuízos. Non tedes escrúpulos para asinar tratados sobre os dereitos á liberdade sexual, pero logo impoñédenos os vosos tratamentos psiquiátricos para erradicar a nosa "transexualidade" e someternos a cirugías que nos modelan ao binomio hexemónico dun desexo que non sentimos.
Sodes os mesmos que asinades impresionantes tratados sobre convencións e dereitos humanos do neno e a nena, e recoñecendo a obrigatoriedade do ensino, logo lles negades o alimento. Os nenos e as nenas poden morrer de desnutrición e fame pero obrigatoriamente escolarizadas, porque a vós non vos importa que non existan principios fundamentais que garantan a alimentación das criaturas máis pequenas e necesitadas, só a súa formación e control. Sodes vós os que ides coa axuda humanitaria a invadir eses países onde a mortaldade infantil é alarmante, e a levarvos as súas riquezas a cambio de deixarlles todos os vosos velenos.
Esta axuda humanitaria é a vosa coartada para o saqueo, o espolio, a tortura, a violación das mulleres e a destrución que posteriormente reconstruiredes segundo a vosa orde. Como antano, seguides deixando o voso rastro de dor e desolación alí por onde pasades. Sodes os señores da morte, os que inventades patoloxías para prescribir daniñas drogas paliativas. Dicides curar con máis e máis enfermidades e cronificades nosa agonía facéndonos dependentes das vosas medicinas, das vosas mercadorías, do consumo compulsivo e desaforado que atesoura a propiedade como un privilexiado dereito inalienable e non como roubo, saqueo ou espolio a humanidade.
Condenádenos a un ocio embrutecedor que reproduce as vosas miserias e que nos allea. Enfermamos pola vosa constante violencia en todos os ámbitos da nosa vida. Enfermamos esgotadas pola explotación e por cada un dos vosos prexuízos morais e heteronormativos. Enfermamos polo profundo malestar que nos provoca a cotiá alienación dunha vida que nos allea.
Tedes o mundo nas vosas mans e teredes os nosos corpos amordazados pero nunca conseguiredes apropiarvos da nosa vontade. As nosas conviccións son sólidas e firmes, e sabemos que nos enfrontamos a unha loita desproporcionadamente desigual, pero sosteremos con forza as nosas ilusións e non daremos nin un paso atrás. Por iso tédenos medo. Tedes medo á desbordada ira das miserables. Tedes medo á implacable mirada da nosa rabia. E por iso ides impoñer esta nova reforma do código penal ás costas do pobo e contra o pobo, pero nin mil reformas, nin todas as leis que caben nos vosos miserables sonos, calarán as nosas voces, nin esgotarán as nosas ansias de loitar contra a epidemia da vosa cultura da morte.
Somos nós, as desposuídas, contra vós, os posuidores. O voso medo reflíctese en cada lei e o noso sangue acéndese e, cando a derramedes, arderedes co voso mundo. Somos fillas dunha revolución digna que xermina na memoria e non imos esquecer, nin a perdoar.
Sabemos que este outono ides aprobar unha nova reforma do código penal. Outra reforma máis coa que nos queredes amordazar e encerrar, sen que se vexan as cordas nin as paredes das celas. Esta reforma non é só contra nós as tolas, as mulleres, as transexuais, as migradas, as resistentes, as precarias... é contra todo o pobo que se defende da vosa cobiza e dos vosos abusos ilimitados. É contra todo o pobo que é consciente de que ningún goberno lles vai traer liberdade. As vosas leis son contra todas esas persoas que recoñecen que só elas poden decidir sobre o destino das súas vidas, e non os mercados, as entidades financeiras, os intereses económicos ou políticos, as razóns de estado...
Fronte a cada unha das vosas medidas represivas, manterémonos firmes e desobedientes fronte a todas as instancias. A nosa resistencia deixará de ser de supervivencia, para converterse en loita transformadora que defenderá os seus espazos de liberdade co corpo a corpo. Sentiremos moito temor fronte aos vosos exércitos de matóns e mercenarios a soldo, pero a nosa ousadía, a nosa determinación, os nosos desexos por vivir en liberdade, o apoio mutuo e a solidariedade das nosas irmás e irmáns, axudarannos a superar todos os nosos medos.
Empezade xa a construír máis cárceres, manicomios e cámaras de gas, porque a terra vos quedará pequena.
(trad de eDu)
Máis ingormación sobre AssembleaMajaras no seu blogue (acá)

3 jul 2013
[Francia]: Manifesto de mulleres nihilistas (1883)
Colamos, depois de traducido, este curioso texto histórico publicado hoxe en Contra Info:
Que os homes se entreteñan parloteando sobre a Revolución, que o fagan! As mulleres nihilistas, fartas de tanto adiamento, están determinadas a actuar. Pensando na aniquilación da burguesía, están listas para sacrificalo todo por acelerar a realización deste proxecto, do odio inextiguibel que as devora, sacarán todas as forzas necesarias para superar os obstáculos.
Pero como este grandioso proxecto non se pode realizar nun só día, tomaranse o seu tempo, optando por usar, preferente e intermitentemente, o envelenamento con o fin de acabar máis fácilmente con esa maldita calaña.
As mulleres nihilistas compensarán a sua falla de coñecemento científico e trucos de laboratorio mixturando pequenas doses na comida dos seus exploradores, substancias mortais dispoñibeis para xs pobres e fáciles de manexar para as mulleres máis iñorantes e inexpertas.
Entre centos de ingredentes con resultados indiscutibeis, podemos mentar: o extracto de plomo, que se consegue nun par de días se deixas perdigóns ou anacos de plomo en vinagre; cachos de carne podre; ou cicuta, que se soe confundir con o perixel e medra en cualquer lugar, en zanxas e beiras.
Canto menos, devolveremolles aos nosos despreciabeis opresores algo da maldade que nos dan eles todo-los días. Xa non apoiaremos máis a tiranía felizmente sabendo que a vida dos nosos inimigos está a nosa mercede… Queren ser os amos! Pois, que sofran as consecuencias!
Nos tres anos de existencia desta liga, centos de familias burguesas pagaron o prezo fatal, consumidas por misteriosas doenzas que a medicina non pode definir nen evitar.
Maos à obra, pois, todas vostedes, que están fartas de sofrer e que buscan un remedo à sua miseria, Imiten às mulleres nihilstas!
Manifesto de mulleres nihilistas, Le Drapeau Noir [A Bandeira Negra], nº 4, 2 de setembro de 1883, Lyón (Francia).

Etiquetas:
acción directa,
anarquistas,
Francia,
guerra social,
luta,
mulher
2 jul 2013
Carcereiro condenado a mais de 25 anos por violación e agresións sexuais as presas do CP Soto del Real
Recollemos esta noticia de Esculca que recolle a información de Europa Press, polo que, non se facilita a identidade completa do energúmeno, senón só o seu nome de pilla Miguel Ángel e as iniciais dos apelidos P.H. (observese a diferencia de trato destas axencias mesmo para con persoas presas pendentes de xuízo, onde o habitual é dar os dados completos agás nos casos de membros dos corpos de "inseguirdade"):
A Audiencia Provincial de Madrid condenou a penas que suman 25 anos e medio de cárcere o carcereiro(*) que abusou sexualmente de varias presas no centro penal de Soto del Real (Madrid). O acusado foi sentenciado por un delito de violación, dous delitos de agresión sexual, un delito de abuso sexual e un delito continuado de abuso no exercicio da súa función.
Polo delito continuado de abuso no exercicio da súa función é condenado a catro anos de prisión e a inhabilitación absoluta por dez anos, mentres que polo delito de violación é condenado a doce anos de prisión coa accesoria de inhabilitación especial para emprego ou cargo público, mesmo de natureza electiva, relacionado coa garda ou custodia de persoas. Por cada un dos dous delitos de agresión sexual é condenado a catro anos de prisión mentres que polo delito de abuso sexual é condenado a un ano seis meses e un día. De todos os xeitos, a Audiencia fixou o máximo de cumprimento da pena de prisión en vinte anos. Vese que para os amigos non hai doctrina Parot e sin redución de pena antes de comezar a cumprila (*)
Ademais, impúxoselle a prohibición de aproximarse a menos de 500 metros das prexudicadas, ao seu domicilio, lugar de traballo ou outro lugar que frecuenten, así como comunicar con elas por calquera medio, fixándose a duración en trece anos respecto de F. V.; cinco anos para D. M. V. e Tina S., e dous anos para M. J. A..
Ademais, Miguel Anxo P.H., coa responsabilidade civil subsidiaria da Dirección Xeral de Institucións Penais, indemnizará con 4.000, 6.000, 1.000, 12.000 euros respectivamente as afectadas.
No escrito de acusación, o fiscal relata que o procesado exerceu un acoso de carácter sexual polo menos durante 2007 e 2009 respecto de varias internas. O fiscal recolle varios episodios de acoso no que o acusado se aproveitara da sua condición de funcionario para dirixirse a algunhas presas, que ocupaban cargos de confianza e retribuidos, "para facelas obxecto de peticións de natureza sexual e de actos atentatorios de igual carácter, e elo en aras a lograr a satisfacción dos seus desexos libidinosos", explica a sentencia, para elo non duvidaba en amenazalas.
Como din no blogue do grupo antimilitarista Tortuga: Agora, a ver canto tarda o indulto!!
(*) Opinions de eDu, quen colou este texto

12 jun 2013
[Compostela] Domingo 16 xuño as 17h dende a Estación de Tren. Manifestación "ABORTO LIBRE E GRATUÍTO: As mulleres decidimos!"
Colamos do blogue da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto:
A loita polo dereito das mulleres a decidir a súa maternidade, elas, sen intromisións, ten conformado o cerne do feminismo galego. Unha peza substantiva foi bater na idea de que ser nai é unha obriga. Ser nai é unha posibilidade, unha opción. Elixir implica información, medidas anticonceptivas para aquelas mulleres de prácticas heterosexuais que non queiran quedar embarazadas, medios reais para exercer a maternidade en condicións axeitadas e o regulamento do aborto ou interrupción dun embarazo que non se quere levar a término.
Esta batalla foi dura e persistente no tempo. Morreron mulleres en abortos clandestinos, foron detidas, encausadas e xulgadas. Outras pasaron cárcere xunto con profesionais da sanidade. Foron moitas as que por non poderen interromper o seu embarazo tiveron que enfrontarse a maternidades non desexadas. Dor, humillacións e clandestinidades a grande maioría.
Logo da primeira aprobación da despenalización parcial do aborto en tres supostos en agosto de 1985 co goberno de Felipe González, que deixaba á maior porcentaxe de abortos fora dos tres supostos, seguimos loitando e sempre demandamos información sexual, buscando o porque tantísimas mulleres quedan embarazadas sen quereren. Sabemos moi ben que ningunha muller aborta por gusto senón para evitar un mal máis grande como é traer ao mundo crianzas non desexadas.
Destas loitas conseguiuse o cambio de opinión de amplos sectores sociais anteriormente opostos ao aborto polas prédicas desde púlpitos durante centos e centos de anos e de boa parte da xerarquía da xinecoloxía española.
En 2010 o goberno de Zapatero aproba a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo que pasa a un sistema de prazos con indicacións no caso de malformación do feto. Esta Lei crea unhas condicións de mínima dignidade e respecto á decisión das mulleres aínda moi mellorables (obxección de conciencia, privatización cáseque absoluta da prestación, censura da formación e práctica médica, estigmatización profesional de quen fai abortos…)
Agora o ministro Gallardón á fronte do goberno do PP, preocupado por seguir o ditado da Conferencia Episcopal, do Foro da Familia e organizacións semellantes que forman ese 10% da poboación que pretenden a supresión do aborto e que sexa delicto en todos os casos, queren una volta atrás sen precedentes.
Nosoutras defendemos o dereito da muller a ter a posibilidade real e concreta de decidir se quere ser nai ou non e cando; sen que leis, ministros, bispos, médicos, xuíces ou calquera outra persoa interfiran na súa decisión. Sen que tampouco a Red Madre ou a Lei de Familia apreten e presionen ás mulleres embarazadas.
Queremos que se poñan a dispor de todas as mulleres que queren ser nais as posibilidades de facelo (servizos sociais públicos, escolas infantís, vivenda, comedores escolares, traballos con salarios e horarios que permitan a crianza) e que as administracións cumpran co seu cometido facilitando a nais e pais a posibilidade real de facer compatible traballo e familia.
Queremos que exista o dereito ao aborto libre, sen máis causas que a vontade da muller nas primeiras semanas, na carteira de servizos da sanidade pública.
E non queremos que se nos titorice. Somos capaces, sabemos o que decidimos.
Por todo isto, opoñémonos e denunciamos a intención do goberno do Partido Popular que, ao ditado da Conferencia Episcopal, en troca de mellorar as nosas vidas, garantir os nosos dereitos e as nosas liberdades, ponse a recortar unha lei que conta co apoio da maior parte da poboación.
Nosoutras parimos, nosoutras decidimos.
A liberdade de ser nai pasa pola liberdade de non selo.
Aborto libre, gratuíto, na sanidade pública e á decisión da muller
PLATAFORMA POLA DEFENSA DO DEREITO AO ABORTO

compostela,
convocatorias,
feminismo,
mulher,
protesta
6 jun 2013
Noelia en Folga de Fame no CP Albolote (Granada) dende o 29 de maio
Agora mesmo estará a ter lugar nos xulgados granadinos de La Caleta a declaración de Noe como imputada nunha denuncia contra ela dos seus carcereiros (isto xá é o colmo) e esperemos que foran ata alá bastantes persoas atendendo ao pedido de Convocatoria dunha Concentración Solidaria con Noe para denunciar a situación que está a viver (cando saibamos algo mais sobre isto volo comunicaremos).
Copiamos de seguido a denuncia da sua situación actual en folga de fame que recollimos da web Cárcere=Tortura e que colamos depois de ser traducida:
Noelia iniciou unha folga de fame o dia 29/05, como forma de loita ante os ataques que está a sufrir en Albolote relacionados co trato irrespectuoso dunha carcereira, problemas co carteo e sancións sen sentido.
O pasado luns 27 de maio non a deixaron saír ás clases ás que estaba a asistir, porque dicían que tiña "a música demasiado alta". Ademais disto, tivo problemas coas comunicacións. Noelia viu unhas cartas dirixidas a ela que non lle entregaran e cando preguntou porqué, a resposta dunha carcereira foi que llas daría cando a ela "le diera la gana". Esta mesma carcereira posteriormente tiroulle a comida á cela de mal xeito.
Tras estes feitos, prohibíuselle a asistencia ao curso, e negáronselle comunicacións (ata agora só puido comunicar coa súa nai).
Está a cumprir sancións de partes anteriores todas seguidas, sen tempo entre cada unha. Noelia manifesta que existe un continuo "pulso" entre ela e as carcereiras.
Ademais, dende o traslado, hai obxectos persoais que aínda non lle chegaron a Albolote (Granada), despois de aínda pagar o porte.
Intentouse falar co director para solucionar todo isto, ante o que non houbo ningún propósito de diálogo para aclarar a situación.
Por outro lado estanlle chegando notificacións de xuízos e declaracións sen comunicarllo ao seu avogado e sen que teña tempo de preparalos. De novo xogan as súas cartas dificultando a defensa á que segundo as súas leis ten dereito por non calar ante as torturas vividas.
As últimas informacións que nos chegan sobre ela é que está afónica, baixa de ánimos, que vai seguir coa folga de fame, e isto pódelle traer graves consecuencias para a súa saúde.
Non son feitos puntuais, é a forma que se ten de funcionar dende Institucións Penitenciarias. Por iso a loita non cesará e o noso rexeitamento a toda a institución tampouco.
Chamamos á solidariedade activa con Noelia
Porque somos moitas, temos imaxinación e non imos parar.
Solidariedade con Noelia e con todas as persoas presas en loita.
Abaixo os muros das prisións!!
Notícia colada por eDu
Leer más...
30 may 2013
As esquecidas do cárcere: ser muller e presa F.I.E.S.
Recollemos e traducimos da web Feminicidio.net este artigo de Ana Costoya Viqueira quen entrevista a tres mulleres galegas, Lola Rivero, nai de Noelia Cotela, María Osorio e Silvia Casal, e que agora defundimos na nosa lingua:
Represión, desatención e dispersión de xénero. O sistema carcerario español, como un xogo de matrioskas, mantén na muller o seu nivel máis alto de violencia estrutural. Só existen tres cárceres específicos para mulleres en todo o Estado o que supón que o 82,2% delas estean reclusas en módulos de Centros Penitenciarios mixtos nos que se converten nunha minoría desatendida. Os escasos módulos de mulleres tamén fai máis propicia a dispersión. O 54,09% das internas encóntranse en centros penitenciarios fóra da súa comunidade autónoma. A situación agrávase cando as mulleres privadas de liberdade son nais e queren exercer como tales, o peche sistemático dos centros que permiten que teñan os seus fillos con elas obrigou á dispersión a un centenar de mulleres en 2011 e actualmente só existen tres Unidades de Nais en todo o Estado. A violencia estrutural do réxime penitenciario lígase a outra, ditada como tortura branda por organismos como a Convención contra a Tortura da ONU, que sofren as presas F.I.E.S. É o caso de Noelia Cotelo, F.I.E.S 1, en réxime de Control Directo e o de Maria Osório, agora liberada e à espera de xuízo que estivo presa baixo o réxime F.I.E.S. 3 dedicado a acusadas de banda armada, sen previo xuízo. Os centros penitenciarios dirixidos polo Estado español concentran máis de 5.300 mulleres, cifra que sequera chega a representar máis do 8% do total da poboación reclusa.
Na década dos 90 a poboación reclusa mobilízase para esixir unha mellora no seu trato, calidade de vida e o cesamento de tortura en cadea. A súa mobilización desencadeou unha rápida reacción estatal que creou os Ficheiros de Internos de Especial Seguimento. O Réxime F.I.E.S. prepárase en 1991 coa intención de ter un maior control e vixilancia de cara ás persoas internas presas co fin de obter máis información do delito cometido ou a súa traxectoria no cárcere. Actuará, di, sobre aquelas persoas presas "conflitivas ou/e inadaptadas".
En maio de 2009, unha sentenza do Tribunal Supremo declara que "en contra do parecer da Sala sentenciadora e dos informes obrantes no expediente administrativo, consideramos que esas circulares ou instrucións, o carácter da natureza e das garantías das normas xurídicas ou disposicións de carácter xeral, non son medio idóneo para regular dereitos e deberes dos internos nos centros penitenciarios". Así, anula a parte da instrución de Institucións Penitenciarias que regulaba o réxime dos presos conflitivos incluídos no Ficheiro de Internos de Especial Seguimento (FIES), ao estimar que ao afectar aos dereitos dos internos debía ter rango de lei.
Este réxime penitenciario, posto en marcha no Estado español no ano 1996, ten 5 categorías diferenciais onde o menos restritivo é o F.I.E.S 5, dedicado de forma xeneral a delitos graves de carácter internacional e o máis restritivo é ser F.I.E.S. 1 onde se encontran maioritariamente as persoas que exerceron violencia contra o funcionariado do cárcere. Neste réxime encóntrase Noelia Cotelo Riveiro.
PRESA FIES 1: O CASO DE NOELIA COTELO - MALLEIRAS E AGRESIÓNS SEXUAIS POR PERSOAL FUNCIONARIO
"Onte a miña filla non puido falar comigo. Déronlle outra malleira de morte, ten un ollo que non pode abrilo, o corpo cheo de moratóns das porradas que lle deron, a columna tamén e apenas pode sosterse de pé, un oído que apenas oe, hoxe cando me chamou díxome que temía pola súa vida cando a sacaron da ducha nua e diante do Xesús, o que intentou violala e o xefe de servizos, en total cre que eran uns 10, eu temo moito pola vida da miña filla, o médico Juanjo pasa dela, intentouse levar un médico de fóra e non o deixan entrar, pido axuda se alguén pode axudala, quero ver a miña filla viva, non me deixan vela, dinme que é orde do director. Grazas a todos que polo menos me escoitades, un abrazo,". As palabras de Lola Rivero, nai de Noelia Cotelo, conseguiron dar a volta dende A Coruña ata todo o Estado español denunciando ás torturas e vexacións que someteron a súa filla condenada por furto a ano e medio e que, actualmente, lle acaban de notificar que debería estar en prisión ata 2016 o que supoñerían 8 anos de prisión. De ser así, serían 6 anos máis do que o seu primeiro xuízo ditou.
Lola Rivero narra como o 23 de outubro de 2012 falaba coa súa filla por teléfono. En metade da conversación, os funcionarios instaron a Noelia a colgar pero ela, como aínda lle quedaba tempo, negouse. Cinco funcionarios forzárona a soltar o aparato agarrándoa fortemente do pulso, levárona á súa cela. A súa nai puido escoitalo todo dende o outro lado do teléfono. Máis tarde soubo que a deixaran alxemada á cama ata o día seguinte.
"Esa noite a miña filla durmía alxemada á cama na súa cela. Espertou e encontrou un funcionario que xa lle pegara, chámase Xesús. Estaba a tocarlle os peitos e o torso. O funcionario, que acaba de ser descuberto, e para evitar que Noelia puidese identificalo, lle botou o contido dunha botella de auga á cara. " Á mañá foi trasladada por recomendación do médico do Centro Penitenciario ao hospital para que fose atendida.
- Lola, cando comezan os malos tratos contra Noelia?
- No cárcere de Brieva, no ano 2008.
- E a súa participación en "Cárcere = Tortura"?
- Tan pronto cando nace a iniciativa, que é en setembro de 2012.
- Que supón, tanto para a túa filla Noelia, coma para ti, a existencia desta iniciativa e a vosa participación nela?
- Un apoio, unha saída, unha esperanza.
"Cárcere = Tortura" é unha plataforma que une a diferentes persoas presas para denunciar os malos tratos e a tortura, tanto física coma psicolóxica, á que son sometidas. Dende aquí, en solidariedade con Noelia Cotelo, emitiron unha denuncia contra as torturas que recibiu mediante Change.Org baixo o título de "Todxs somos Noelia Cotelo Riveiro: Non máis torturas nos cárceres".
- A túa filla leva máis de cinco anos en prisión. Era esta a condena que emitiron no xuízo?
- Non, para nada. A súa condena era de dous anos e medio.
- Notificaron a ampliación de condena?
- Non. Tivo varios xuízos dentro da súa estadía de prisión, pero a min non me fixeron chegar nada, nin un motivo nin unha notificación, de porqué a teñen máis tempo aí.
- Por que son estes xuízos?
- Denúnciana os funcionarios por arremeter contra eles. Pretenden poder pegala, mesmo a agredir sexualmente, e que ela non se defenda? A miña filla non se cala ante unha inxustiza, por iso séguena tendo aí no cárcere.
- Quédalle algún xuízo máis?
- Si, un na Coruña. Íase celebrar fai xa 5 meses pero, porque un dos implicados estaba no hospital, non puido realizarse.
- Sabe canto tempo máis pode estar no cárcere Noelia?
- Fai escasos días falei co avogado. Díxome que pretenden que sexa ata 2016, pódelo crer? Serían 8 anos aí metida!
- Por que delito entrou a túa filla no cárcere?
- Por delito de furto.
- Que roubou?
- Un coche.
O 30 de abril de 2013, Noelia Cotelo é trasladada ao Centro Penitenciario de Granada. "Ten 6 horas de patio xunto outra presa, tres pola mañá e tres pola tarde", explica Lola Rivero. "E está máis contenta, mellor que nese matadoiro de Brieva!
- Noelia Cotelo recibiu unha tortura sistemática, a prolongación da súa condena, abusos sexuais, a incomunicación, intervención das comunicacións e a dispersión. Que lle pides á sociedade?
- Que nos axuden, que a axuden, que miren toda a corrupción que hai aquí fóra libre, impune, e que logo observen o que lle fan á miña filla, unha moza que entrou sanda... e que, como sairá? E cando? Que me axuden a sacala de aí con urxencia, necesito abrazala!
MARIA OSÓRIO: A PRISIÓN PARA MULLERES EN RÉXIME DE PRIMEIRO GRAO
Maria Osório é detida o 3 de decembro de 2011. Ela, xunto 3 persoas máis, tamén son acusadas de pertencer a unha banda denominada Resistencia Galega que, por primeira vez, a Audiencia Nacional a acusa de organización terrorista. "É necesario ter en conta que non se lle atribúe persoalmente ningunha clase de acción violenta nin a directa posesión de ningún medio ou instrumento perigoso senón, en todo caso, a pertenza a unha organización presumiblemente terrorista", un ano e 3 meses despois, a Sala do penal n.º 2 emite unha acta de liberación para Maria Osório que, dende febreiro de 2013, espera o seu xuízo en réxime de liberdade. Foi encarcerada baixo o réxime de FIES 3, a categoría de pertenza a banda armada.
- Na operación policial mediante a cal es detida, a policía detén 6 persoas das cales 4 pasades a prisión incondicional. Como foi o camiño cara á Audiencia Nacional?
- Imaxínate, todos os medos cos que vivimos de agresión sexual, ameazas, violencia machista... Y vas toda a viaxe a Madrid tapada e rodeada de policías homes. Vas en tensión, chea de medo. Pero a miña viaxe é tranquila, negueime a declarar e non me interrogaron.
- Despois, ás mulleres e aos homes sepárasenos e, segundo o teu sexo vas por un lado ou por outro. No meu caso supuxo que, ao esperar o relevo da Garda Civil, que era quen nos debía trasladar ao cárcere, e que polos recortes hai menos, en vez de levarnos máis ou menos á mesma hora, os trasladan a eles primeiro ás 7 da tarde e a min á unha da mañá.
- Cando entras en prisión vas directa a primeiro grao?
- Si. Segundo o Regulamento Penitenciario non tes que ir a priori a primeiro grao pero, no meu caso e no doutras moitas mulleres, aplicaron o artigo 75 utilizado ilegalmente para supostas pertenzas a organización terrorista, no meu caso preventivo porque non estaba probado nun xuízo. Déixanme en primeiro grao, directamente, sen ter ningunha sanción, sen estar xulgadas e sen estar probada a existencia de Resistencia Galega, suposta banda á que acusan de terrorista e á que din que pertenzo.
- Que implica ser presa FIES en primeiro grao?
- Comporta posiblemente facer o patio soa se estás en artigo 75 porque non hai máis presas neste modo. Ás veces viña algunha que fora castigada. No de homes si hai máis xente, pero no meu caso non o houbo porque as presas políticas que había estaban xa xulgadas e non as deixaban saír comigo, nin sequera o 24 de decembro que o solicitamos e se nos denegou.
SOUTO DO REAL: ÚNICO CÁRCERE DE TRANSICIÓN PARA MULLERES EN 1º GRAO, iso é permanecen aquí mentres esperan o seu cárcere en categoría de destino.
- Que supón que Souto do Real sexa para as mulleres de primeiro grao en illamento só de transición?
- Non hai actividades. Só tiñamos un crebacabezas destartalado e unha raqueta de tenis medio rota. Queixabámonos, quéixanse, pero as demandas non se escoitan porque total, din, como é de tránsito... As condicións de vida aquí non dan os mínimos para facer un primeiro grao. Non tes nin unha baralla de cartas. É patio-cela-patio-cela-patio-cela.
- Ti ademais o patio tíñalo que facer case sempre soa. Cando tiñas contacto con máis presas?
- Falabamos entre as celas polas noites.
- Canto tempo estiveches aí?
- Dous meses e medio. Iso eu, pero hai xente que, mentres non lle chega o destino, está moito máis tempo. Unha rapaza vasca, por exemplo, creo ter escoitado que botou 2 anos e medio. Saíu de alí con hernia discal.
- Por que se ignoran as vosas queixas?
- Porque estamos de transición, somos poucas e pouco ruidosas. No cárcere todo se cuantifica polos problemas que dás. De nós pasaban amplamente.
- Hai algunha característica boa deste centro penitenciario?
- Había unha boa xinecóloga! As presas sempre cha recomendan. Hai en cárceres que non hai servizo de xinecoloxía así que hai que aproveitar e pedir cita con ela. Pero o máis importante de Souto do Real é que é o primeiro cárcere á que vas parar e te encontras con moita desatención. Se coincides con algunha presa solidaria que che axude, eu encontreimas, colles rodaxe. Cúrteste.
ÁVILA: UN DOS 3 CÁRCERES ESPECÍFICOS DE MULLERES QUE SEGUE EN PÉ
Neste cárcere adóitase dar a coincidencia de presas políticas preventivas por estar preto de Madrid, o cal adoita ser ben acollido. Tamén é das poucas que quedan específicas de mulleres, xa que moitas remataron por reducir módulos para abrilos para homes.
- Isto que implica?
- Que dá igual os motivos polos que esteas no cárcere, como non hai módulo de mulleres onde ti vives, dispérsante a centos de quilómetros da túa familia.
A dispersión por xénero existe. A Secretaría de Institucións Penitenciarias españolas sinala que só existen 3 Unidades de Nais en todo o Estado español: a U.M. de Sevilla (Andalucía), a U.M. de Madrid (Comunidade de Madrid) e a U.M. de Mallorca (Baleares). O peche sistemático destes módulos en 2011 supuxo, só nese ano, a dispersión dunha centena de mulleres.
Tras o peche de cárceres específicos de mulleres como a de Brians ou Wad Rass, no territorio dependente da Administración Xeral do Estado só existen tres establecementos exclusivos para mulleres, o Centro Penitenciario de Ávila, con 162 celas e 18 complementarias, Centro Penitenciario Madrid I, Mulleres, con 385 celas e 38 complementarias e o Centro Penitenciario Alcalá de Guadaira, Sevilla, con 83 celas e 17 complementarias. En total son 630 celas dentro dos Centros Penitenciarios específicos de mulleres para unha poboación reclusa de mulleres de 5.336 a setembro de 2012. Isto significa que tan só o 11,8% das mulleres reclusas cumpren a súa condena en cárceres específicos de mulleres.
O 82,2% das presas están adaptados en módulos minoritarios dentro de Centros Penitenciarios de homes o que, a termos prácticas, significa recorte en servizos e infraestruturas para elas. No informe "Programa para a igualdade accesible" emitido polo Estado español detállase que "talvez coa intención por un lado de diminuír o investimento económico e por outro de priorizar a calma entre a poboación masculina, máis numerosa e tradicionalmente máis problemática fronte ao réxime interno" se establecen "diferenzas evidentes" como por exemplo no caso do futuro cárcere de Pamplona do que "se presume da capacidade e a modernidade dos futuros talleres produtivos, tamén se sinalou sen pudor que estes estarán novamente na zona de varóns sen acceso a eles da poboación femenina."[1] Tampoco é obrigatoria a asistencia médica de xinecoloxía nos sistemas penitenciarios.
- Que diferenzas notas en que un cárcere sexa específico de mulleres?
- A miña experiencia é de pouco tempo mais, como estiven en 3 cárceres, podo dicir que a de Ávila, específica de mulleres, é a que máis actividades tiña. Antes, como quedaba preto de Madrid, era habitual que estivesen alí moitas presas políticas. Agora hai bastantes, en comparación con outras, pero é pequena e todo moi reducido. Agora seguen a estratexia do illamento persoal sumado á dispersión e non xuntan a máis dun número determinado de presas políticas do mesmo país ou conflitos.
- Estase a volver o sistema maquiavélico?
- Dispersión, incomunicación, intervención anulando calquera intimidade, desatención médica... Non é isto maquiavélico?
CENTRO PENITENCIARIO DE VILLABONA: CUMPRIR UNHA CONDENA DE PRIMEIRO GRAO NUN MÓDULO DE RESPECTO CON COMPAÑEIRAS DE 2º GRAO
O cárcere de Villabona é un cárcere onde hai 10 módulos, 9 de homes e 1 de mulleres no cal está implantado un módulo de respecto.
- Asinaches o contrato polo cal cumprías pena baixo este módulo de respecto?
- Non, non asinei. Convertéuseme nunha presa de primeiro grao polo que a engrenaxe do sistema se me presentaba así: sen xuízo, preventiva, dispersada, en 1º grao... eu non vou asinar. Negueime a integrarme nun sistema que non me quere ter integrada. Pero, normalmente, se non firmas te dispersan porque non existe outro módulo con outro sistema. Isto é moi inxusto porque obriga as asturianas a ser dispersadas se non asinan. Isto pasa na maioría destes módulos en todo o Estado.
- Que é para ti un módulo de respecto?
- O intento de facer módulos menos violentos baseados na auto-regulación a consta da auto-censura das persoas presas e o recorte de funcionariado e outros servizos.
- Mais, como dis, non asinaches pero tampouco te dispersaron. Que sucedeu entón?
- Estiven en primeiro grao no módulo de respecto igualmente que, ademais, era de segundo grao.
- Cumpriches unha condena en réxime de primeiro grao nun módulo cuxo réxime era de segundo grao?
- Unha condena non, estaba preventiva.
- É legal?
- Teoricamente non. O regulamento penitenciario é unha cousa que existe, pero case sempre na teoría.
- Pero non había alternativas para que puideses cumprir a túa privación de liberdade segundo correspondera legalmente?
- Si. Podían enviarme a un módulo cun réxime de primeiro grao, para que concordarse co meu réxime, ou rebaixarme un grao e poder encadrarme neste módulo. Pero non foi de ningunha destas maneiras, fixen vida nun módulo de segundo grao cunhas restricións propias do primeiro grao.
- Isto que che supuxo no teu día a día?
- Podía facer actividades ao igual que o resto de compañeiras, niso non eran restritivos, que conste. Pero supúxome unha descoordinación total. Eu saía ao patio pola mañá, elas pola mañá e pola tarde, así que estaba na cela polas tardes mentres elas estaban fose.
VIVIR PRIVADA DE LIBERDADE, DISPERSADA, INCOMUNICADA E INTERVIDA
- Que supón para unha persoa ter toda a súa comunicación intervida mentres desenvolve a súa vida nun réxime de primeiro grao en illamento?
- Ter a certeza de que non podes falar sen que te escoiten é unha indefensión tremenda. Sobre todo cando estás soa nun módulo, sen ninguén que estea a pasar o mesmo ca ti, é moita indefensión. Sénteste soa. Estás soa.
- Hai parvadas ás que non dás importancia na túa vida fóra dos muros da prisión pero alí... canto valor lles dás! A incomunicación, nese aspecto, é preventiva e efectiva. Consegue que non fales.
- Que significa non falar?
- Tragas, tragas... entón, ter que aprender a canalizalo dalgún modo.
- Como te consegues manter íntegra baixo este réxime penitenciario?
- Respondo dende a miña pequena experiencia como presa política. Tendo presente porqué estás no cárcere, recibir apoio dende fóra, a través de cartas ou visitas, que non consigan illarte e aproveitar para formarte. Encontrei moi boas bibliotecas nos cárceres! Tamén é importante aproveitar as túas vivencias alí. Non hai que naturalizar o sistema penitenciario, porque iso querería dicir que ten que existir, pero si é preciso tomar consciencia do que hai. E facelo agora con máis forza que, e cada vez máis, están a facer del un negocio mediante recortes e privatizacións.
- Tamén é importante destacar a solidariedade que pode nacer en ambientes de alta represión. Mesmo saltan lazos desa solidariedade entre xente que non che esperabas e é moi importante que isto suceda nun sistema tan deshumanizante pois é a garantía de que seguimos sendo persoas. Todo isto xunto pode posibilitar que o sistema carcerario non nos amedrente. Hai que saber o que é pero que non nos pare. É imprescindible conservar a forza e gardar a esperanza.
- Encontraches diferenzas dentro do sistema penitenciario, e en todo o proceso de detención, por ser muller?
- Si. Fan diferenzas entre muller presa e home preso, coma se o cárcere de homes fose "a de verdade" e a de mulleres "un paseo". Non entenden que na de mulleres hai violencia aínda que non baixo un esquema igual, a violencia que exercen connosco e que as propias presas exercen contra si, é máis funcional aínda que tamén a hai física. E hai violencia moi alta. Tamén á muller que é valente, a que non se cala, tachana de tola, rómpenlle os seus esquemas de "muller estándar".
- Por exemplo, cando me deteñen, no rexistro, un dos policías pídeme que ao saír non faga espaventos nin movementos bruscos ao que o seu compañeiro engade dicíndome: "Non, non vai facer nada, ti non vas de heroe que heroes xa hai bastantes, as mulleres tedes outro papel". Dáse por suposto que a muller non ten ideoloxía. Trátasenos como noivas de- aínda que despois cumpramos exactamente a mesma condena.
- Como é volver á túa vida normal?
- Tiven un desaxuste temporal grande e non conseguía durmir. O tempo non corre igual dentro que fora de prisión. Non consigo encontrar ese ano e dous meses dentro da miña vida porque, ademais, como estiven en diferentes centros... Y estás tan sometida a unha rutina onde ti non decides nada que despois, cando saes, é todo o contrario e nun principio pode ata ser angustioso. E falo de ano e pouco, que non supón nada, a xente que está presa 10 anos... 20 anos... No quéromo nin imaxinar.
- Que é o que máis che afectou dentro do cárcere?
- Afectoume moito na miña conciencia social a situación das presas FIES 1. O cárcere é como as bonecas rusas, as matrioskas, hai unha dentro doutra. Dentro das presas FIES eu estiven no grao 3, de banda armada, pero hainas no grao 1, en réxime de Control Directo, elas son as de debaixo de todo.
- Nesta categoría adoitan estar mulleres acusadas de influencia negativa sobre outras presas, liderazgo... Na teoría, o paso por este réxime é momentáneo pero logo isto non se respecta. Estas mulleres, as FIES 1, son as verdadeiras esquecidas dos cárceres. Saben con cantos anos entran pero non cando van saír. É como o caso de Noelia Cotelo. Con estas persoas, que non se deixan dominar, aplican tamén a dispersión. Estannos a dispersar a todas! Por iso é unha trangallada tanta división entre as presas porque todas estamos a sufrir o mesmo, empezan a aplicar certas medidas cun colectivo, a modo experimental, e xa despois aplícano con toda a sociedade. Se te dispersan a reinserción imposibilítase porque te separan da túa familia. Hai xente dispersada que non recibe visitas. Cando tocaban os locutorios quen iamos eramos as presas políticas e algunha social pero eramos minoría. E as demais? Sen ingresos económicos, sen comunicación, dispersadas e trasladadas de cárcere en cárcere cada pouco tempo. Esta é a realidade dos cárceres en primeiro grao que, no caso das mulleres, se xunta cunha gran desatención de recursos e infraestruturas que, de per se, xa non son boas.
A data do primeiro xuízo a Maria Osório, xunto tres persoas detidas e encarceradas na mesma operación policial, estableceuse para o 24 e 25 de xuño deste 2013.
SÍLVIA CASAL: Dinme que colla diñeiro para cando volva de Madrid. Xa sabían que non tiñan nada contra min! E tamén que tiña un bebé de 8 meses! "
O 29 de outubro de 2012, Silvia Casal estaba deitando o seu bebé de 8 meses xunto a súa parella cando escoitaron un golpe na porta que se repetiu varias veces. "Pensamos que acontecese algo no edificio". Ao abrir a porta, unha marea de policías encapuchados, salvo dous que ían descubertos, entraron no seu domicilio. "Mandan a miña parella para un cuarto e a min, xunto ao bebé, para outra".
Sílvia Casal informa de que ten un bebé de 8 meses. "Eles respóndenme que xa o saben, que por iso non botaron a porta abaixo". Non obstante, non informan dos dereitos do seu fillo. Dicíanme que non podía quedar con el e que tiña que pasar a Servizos Sociais. E, eu como sei iso? Quen me garante que iso é así? A lei antiterrorista sométete a incomunicación, sen dereito a chamada. Pasaban as horas e o meu bebé choraba porque tiña que comer, é lactante a demanda. Eu non podía parar de pensar nel, sabes o que é isto para unha nai? Así que pedín que me informasen dos dereitos do meu fillo pero non o fixeron". A policía, entón, proporciónalle unha alternativa momentánea. Dinme que o meu fillo pode quedarse pero que mo traerían cada 4 horas para mamar. Pero doulle o peito a demanda, ademais, como podo saber que está ben?". Ao redor de 5 horas despois, a policía accedeu a chamar a súa irmá para que esta puidese levarse o bebé. Antes de abandonar o domicilio, un policía diríxese a ela. Quedeime moi sorprendida, dinme que colla diñeiro para cando volva de Madrid. Xa sabían que non tiñan nada contra min! E que tiña un bebé de 8 meses! E detivéronme igual".
Tras o rexistro do domicilio, pasa aos calabozos de Ferrol. "Alí tiven que explicarlles que se non quitaba o leite podía coller mamite, a miña saúde podía verse en risco. Comprendérono e cada dous horas deixábanme saír da cela para quitar o leite nun habitáculo". Despois trasladárona á Audiencia Nacional.
- Como foi o traslado?
- Non querían deixarme durmir, entón facían preguntas constantemente dende as máis chorras ata as máis disparatadas.
- Que actitude tiñan?
- Moi paternalista. Se me vían tranquila, que non o estaba porque non podía parar de pensar que todas as horas que eu estaba aí eran horas que o meu fillo non durmía, pero se me notaban unha aparencia tranquila, poñíanse nerviosos. "Moi tranquila te vexo", dicíanme. Tamén me dixeron que se quería que o meu fillo crecese "así". Buscan que te esborralles, sabes?
- Sentiches que a túa detención estaba a ser diferente polo feito de ser muller?
- Creo que o trato policial é igual de peor psicoloxicamente tanto para a muller como para o home, pero si notei unha diferenza no obxectivo da detención.
- Como é iso?
- Na presión para que fales. Á miña parella, por exemplo, dinlle que se quere volver comigo e o noso fillo ten que falar. A min dinme que se quero ver o meu fillo teño que delatar compañeiras e compañeiros. Pensar é un delito?
- En que te cambiou ser detida?
- Cando me detiveron sentinme como unha mouta de po coa que poden facer o que queiran. Movela dun lado a outro ou mesmo borrala. Nós temos un grande apoio no noso pobo porque facemos moita vida aí e a xente apoiounos aínda que sempre hai quen, cando te ve, cambia de beirarrúa. Eu son optimista e non vou abandonar as miñas ideas nin deixar de defender a miña xente nin de traballar polo meu pobo.
Sílvia Casal estivo detida 36 horas baixo a lei antiterrorista española sendo acusada de pertenza a organización terrorista. Isto supón ata un máximo de 5 días de incomunicación preventiva, que pode ser prolongable ata 13 días con orde do xuíz, sen dereito a chamada e sen dereito a servizo letrado nin médico de propia elección.
A incomunicación e a dispersión son métodos denunciados e descritos como tortura branda por organismos como Amnistía Internacional ou a Convención contra a Tortura da ONU. Tamén loitan pola súa supresión diferentes organismos que traballan polos dereitos humanos entre os que están os galegos Observatorio para a defensa dous direitos e liberdades EsCULcA, Organismo pupular anti-repressivo Ceivar, a Plataforma cidadá Que Voltem a Casa .
Noelia Cotelo ou Maria Osório son dúas mulleres que foron presas F.I.E.S., dúas galegas que sufriron, unha aínda o fai, a incomunicación e dispersión. Son dous exemplos dentro do 54,09% das mulleres reclusas están en centros penitenciarios fóra da súa comunidade. [2] Actualmente a poboación reclusa feminina é dun 7,6% do total da poboación penitenciaria, unha pequena cifra que fai delas as grandes esquecidas do cárcere.
"Seria hipócrita ou inxenuo crer que a lei se fixo para todo o mundo ou en nome de todo o mundo; que é máis prudente recoñecer que se fixo para algunhas persoas e que recae sobre outras" [3], dentro do sistema carcerario o seu efecto máis importante, e da súa extensión, é que logra volver natural e lexítimo o poder de castigar, e rebaixar polo menos o albor de tolerancia á penalidade (...) procura unha especie de garantía legal aos mecanismos disciplinarios, ás decisións e sancións que empregan" [4]. Michael Foucault.
ANOTACIÓNS
[1] "Programa para a igualdade accesible" - Páxinas 33-34.
[2] Dato referido ao ano 2006 - "Ficheiros do Ministerio de Interior español" - Páxina 21.
[3] Michael Foucault, Vixiar e Castigar: nacemento da prisión. Editorial Século Vinte E Un, 1978 [Terceira edición en castelán] - Páx. 285.
[4] Íbid - Páx. 308.

22 may 2013
Carta dunha prostituta, Nina Perez, ao feminismo abolicionista
Recollemos (depois de traducido) do blogue Prostitucion-VisionObjetiva:Capítulo 1: Queridas feministas, ámovos ódiovos ámovos.
Sei que podemos aprender unhas doutras, pero necesitades deixarme falar e necesitades escoitar. Eu quero ser parte da vosa irmandade, pero non me deixades. Dende ese momento, son unha feminista desprazada, desilusionada, porque vos negades a deixar de odiarme. Como as demais feministas, eu loito pola igualdade, o status social, o respecto, a liberdade de elección e o dereito a decidir sobre o meu propio corpo. É parte da miña liberdade elixir o traballo sexual, e por iso son odiada. Moitas asumen que o traballo sexual e o feminismo son contraditorios, pero o feminismo me proporcionou a liberdade para ser traballadora sexual e o traballo sexual axudoume a abrazar o feminismo. Non vou renunciar ao feminismo e non vou renunciar tampouco ao traballo sexual. Vou explicar como e por que as feministas poden ser auténticas aliadas das traballadoras sexuais.
Capítulo 2: Unha relación de amor ideolóxica que saíu mal.
A miña relación amorosa co feminismo comezou hai uns poucos anos. Sentinme instantaneamente arrastrada cara ao feminismo pola máis obvia das razóns: son unha muller que quería encontrar un lugar onde puidese sentirme suficientemente segura para falar abertamente das miñas experiencias. Son unha muller de cor que pasou a maior parte da súa vida por debaixo da liña de pobreza, son nai solteira, son vítima de violación e fun sometida a abusos de nena. Son a muller tipo a quen se supón que representa o feminismo. O feminismo é o movemento que conseguiu dereitos para mulleres como eu. O feminismo loitou polo dereito das mulleres a ser parte do proceso político, ser parte do seu lugar de traballo e ter autonomía persoal. O feminismo deu ás mulleres o dereito a tomar as súas propias decisións e controlar os seus corpos. Eu necesito eses dereitos e necesito o feminismo. Así que me fixen feminista. Fun a mitins, lin blogs e fun ás protestas. De súpeto me converti en integrante da irmandade, e por primeira vez na miña vida puiden falar abertamente do asalto sexual que me deixara con pesadelos, ataques de pánico e un embarazo non desexado. Eu contara esas cousas antes, pero nunca sen ser xulgada ou culpada. Foi a primeira vez que comprendín de verdade o que significaba a solidariedade, e foi a primeira vez que crin de verdade que podería ser aceptada por un grupo que non me xulgaría sobre a base do meu nivel de ingresos ou a miña cor de pel ou me culparía dos abusos que sufrira. Fun parte da irmandade e sentín que lle pertencía. Volvinme unha activista, fixen amigas. E logo cometín o erro de revelar nun círculo feminista que era traballadora sexual. A miña violación e o que seguiu foron de feito menos dolorosos. Non tiña nin idea de que botara sangue ao tanque das quenllas. Fun ridiculizada, avergonzada e insultada. E o peor de todo, dixéronme que necesitaba sufrir aquel ridículo polo meu propio ben. Dixéronme que necesitaba entender que me estaba a facer dano a min mesma ao permitir que os homes pagasen por violarme. Eu era unha vítima, pero demasiado estúpida para sabelo. Eu era unha traidora a todas as mulleres e estaba a alimentar o patriarcado (o peor dos insultos). A expulsión da irmandade era unha penitencia que se supoñía que eu debía soportar en silencio ata que cambiase as miñas desviacións.
Pero iso non está na miña natureza. Non estou calada, non estou avergonzada e creo en decidir por min mesma.
Capítulo 3: Tráenme sen coidado as vosas morais, ou o que é o mesmo, non necesito xustificar a miña vida sexual.
Deixade que vos diga unhas cantas cousas do que deberiades saber do meu traballo. Sexo pagado é exactamente iso: sexo pagado. Non é violación, e como supervivente dunha violación, non me convenceredes nunca doutra cousa. Sei o aspecto que ten unha violación, como ule e como lla sente, mentres se está a producir e despois de producirse. Durante a violación, recordo, que intentaba anicarme en posición fetal mentres rezaba pedindo seguir vivindo para ver o meu fillo ao día seguinte. Recordo dar grazas de ter unha tatuaxe especial que permitiría á miña nai, se me encontraban nunha gabia, identificar o meu corpo. Pola contra, nunca tiven un pesadelo cun cliente. Tiven orgasmos, grandes conversacións, e fermosas ceas cos meus clientes. Recibín regalos de aniversario e zapatos novos e boas propinas. Nunca fun ameazada, violada, golpeada ou sometida a abusos por un cliente. Calquera insinuación de que non existe diferenza entre o sexo polo que me pagan e as violacións que sufrín é fodidamente insultante. É insultante porque a miña palabra é desprezada. O feminismo intenta dar voz a mulleres como eu, non silenciar a miña voz (coma se eu puidese ser silenciada). As traballadoras sexuais son pintadas como vítimas forzadas, pero temos que decatarnos de que a trata de seres humanos non é o mesmo que o traballo sexual. As traballadoras sexuais non son vítimas que necesiten ser salvadas. A única ocasión na que o traballo sexual consensuado se converte nun problema é cando existe unha suposición subxacente de que o sexo en si mesmo é misóxino, antifeminista ou anti-mulleres.
Capítulo 4: Autonomía, vaxinal e da outra. Conseguir un pouco.
O feminismo proclamou dende hai moito que os corpos ou a sexualidade das mulleres non pertencen a ningún outro, que as mulleres deben tomar as súas decisións, exercer as súas liberdades e seguir o seu propio camiño na vida. Se as feministas (ou calquera outra persoa) negan a miña autonomía ou intentan impedir que sexa dona da miña sexualidade, estanme a avergonzar. E para ser clara: avergonzar a unha traballadora sexual non é ideoloxicamente diferente que avergonzar ás mulleres chamándoas putas por ser violadas, levar minisaias, practicar sexo ou facer control de natalidade. É tarefa do actual sistema patriarcal avergonzar ás mulleres que deteñen a súa propia sexualidade, non do feminismo. Suxerir que o traballo sexual dana a todas as mulleres é tamén problemático. Xa que os violadores culpan das violacións ás faldras curtas e ás rapazas bebidas, deberían deixar de beber as mulleres e de levar faldras curtas para non ser violadas? Non, xa que a única causa da violación é o violador. E porque estamos en 2013 e as mulleres, como clase, non necesitamos unha fodida negociación con terroristas, ou con calquera que defenda que só pode estar seguro mentres obedezan normas arcaicas. Todos sabemos que se defende que a modestia prevén a violación, pero tamén sabemos que a modestia non salvou as nosas irmás con burkas. Afirmar que non merecemos seguridade pola forma como vestimos é unha táctica terrorista que pretende crear obediencia. E da mesma forma, calquera persoa que diga que ten dereito a abusar das mulleres porque o traballo sexual promove unha visión negativa das mulleres é un condenado terrorista, e a miña autonomía vaxinal négase a ser silenciada por terroristas. As mulleres que sofren abuso sófreno porque teñen a desgracia de estar preto dun abusador. Eu son dona do meu corpo e da miña sexualidade e non me vou pedir desculpas por iso. Pero tampouco pedirei desculpas polas condutas abusivas doutros.
Capítulo 5: A voz dunha muller no negocio da prostitución, ou o que é o mesmo, traballo sexual é traballo.
Moitas feministas asumen que as traballadoras sexuais non poden ser parte da causa feminista, pero en realidade o traballo sexual é un excelente exemplo de feminismo. O traballo sexual é a máxima acentuación da idea de que as mulleres poden competir cos homes de igual a igual no traballo. A liberdade que proporciona o traballo sexual é absolutamente feminista na súa natureza. O traballo sexual é traballo, e é unha das poucas ocupacións nas que unha muller ten autenticamente autonomía persoal, posúe a súa propia sexualidade, o seu corpo, fixa as súas propias condicións, negocia os seus propios prezos, toma as súas propias decisións e ten unha liberdade que non tería en ningún outro escenario. A pesar dos avances logrados polo feminismo, as mulleres aínda se mostran remisas a "actuar como homes" no traballo. As mulleres non se atreven a negociar subas de soldo ou facer que se recoñeza o seu esforzo. Moitas mulleres temen que se actúan como fan os homes serán avergonzadas por non ser recatadas ou suficientemente femininas. O traballo sexual, non obstante, é un dos poucos lugares nos que non só "podo actuar como un home", senón que cando o fago o meu traballo e o meu salario melloran.
Capítulo 6: Fagamos as paces.
Ata que me apartei, non me decatei de que o feminismo se negaba a escoitar as traballadoras sexuais. O que o feminismo non entende é que esta traizón e este silenciamiento fixo dano a todas as persoas que loitan pola igualdade. O feminismo empezou creando igualdade para as mulleres, pero a loita non rematou aínda. As mulleres aínda teñen que recibir o status social que merecen, e se queremos ver a auténtica medida pola que son valoradas as mulleres, só necesitamos mirar as traballadoras sexuais. Elas están entre os grupos de mulleres máis marxinadas. As traballadoras sexuais son evitadas pola sociedade, polos grupos políticos; a súa imaxe social está distorsionada e agora foron traizoadas polas feministas que lles negan a palabra. As traballadoras sexuais son dun valor inestimable para o feminismo e as feministas teñen deber de escoitar estas mulleres, de deixar de xulgalas. Deixade de falar. Empezade a escoitar, polas traballadoras sexuais, polas mulleres e polo futuro do feminismo e da igualdade.
pdt.- orixinal en inglés
Leer más...
13 may 2013
[A Coruña] Protesta feminista contra acto da "Red Madre" (texto e fotos)
O Pasado venres 10 a casposa e antiabortista asociación "Red madre" celebraba no hotel "Attica" de A Coruña unha cea benéfica para recadar fondos para a súa organización, supostamente adicada a apoiar as mulleres embarazadas. Esta agrupación, afín ao Opus Dei e que disfraza o seu rancio antiabortismo de solidariedade coas nais sen recursos, acapara agora as subvencións e fondos públicos antes destinados aos centros de planificación familiar. Estes grupos integristas ultracatólicos benefícianse agora dos favores dun goberno que anunciou recentemente unha reforma da lei do aborto que faría as delicias de Francisco Franco, Escrivá de Balaguer ou o mesmísimo Torquemada.Un grupo de feministas congregouse na porta do edificio para desenmascarar a estes fascistas encubertos con cartaces con lemas como "Non sodes pro-vida sodes anti-mulleres" ou "no meu corpo mando eu". Coreando consignas como "Fora rosarios dos nosos ovarios" ou "A virxe María tamén abortaría" as activistas entraron dentro do hotel ata seres expulsadas por traballadorxs do mesmo entre os exabruptos fascistoides dalgunha exaltada. A protesta rematou sen contratempos legais, a lo menos polo de agora...

C.R. Leer más...
8 may 2013
O dereito ao aborto de Letizia
Nestes días en que a noticia máis resaltante e resultante ao respeito da intención do goberno do PP de penalizar ainda máis o aborto, é, sen dúvida, as declaracións do Ministro de Interior e membro numerario do Opus Dei , Jorge Fernández durante a roda de prensa posterior à detención de seis presuntos membros da ETA en Francia.: "El aborto tiene poco que ver con ETA; bueno, tiene algo que ver, pero en fin no demasiado"; nos non imos meter máis o dedo na sua chaga (ainda que é posivel que gostara sendo como é un fervente católico), mais sin a profundizar no tema da reforma da lei con este moi interesante artigo de opinión de Beatriz Gimeno (activista en favor dos dereitos LGBT) na web Pikara Magazine sobre un aborto realizado pola princesa Letizia, as conexións da monarquía con a igrexa e outras moi interesantes reflexións ao respecto, e que colamos à ìntegra, unha vez traducido:Nestes últimos tempos foise desmontando o tabú que existía en torno aos membros da monarquía, e estamos a ler case todo sobre eles e elas. Dos seus amantes, da súa riqueza en Suíza, das súas limitacións intelectuais... Fai un par de meses saíu un libro sobre Letizia Ortiz e, inmediatamente, fíxose un pesado silencio propio doutras épocas. Unha xornalista do corazón, Paloma Barrientos, foi despedida do seu programa por facer alusión a el e ningún xornal de esquerdas fixo a máis mínima referencia ao libro, nin a favor nin en contra, nada, coma se non existise. Eu escribín un artigo -que é máis ou menos este- e ningún diario mo quixo publicar. Por que? Porque eu comentaba algo que se di nese libro: que Letizia se someteu a un aborto legal na clínica Dator.
Despois debatín con amigas feministas sobre se estaban de acordo ou non con que se fixese público este asunto. O primeiro é que eu non fago público o asunto, senón que este xa está publicado e que é así como eu me decato. O segundo é preguntarse se é lícito insistir neste dato e colaborar así a esa violación da intimidade. En realidade, a intimidade dos personaxes públicos viólase todo o tempo. Algunhas cousas da intimidade son profundamente políticas, non é así? E máis se es princesa de Asturias. A miña impresión, a miña convicción máis ben, é que o aborto é, mesmo para nós as mulleres, mesmo para as feministas, un tabú moral. Por iso aceptamos con tanta facilidade iso de que o aborto é case o peor que lle pode pasar a unha muller (aínda que deba ser legal) e por iso aceptamos con tanta facilidade o do inexistente trauma post-aborto.
Vaia por diante que varias mulleres da miña familia máis próxima e máis querida abortaron. Unha delas, en pleno franquismo, tívoo que facer sobre a mesa dunha cociña e cunha especie de curandeira terrible como oficiante. Uns anos despois outras dúas familiares moi próximas fóronse a Londres. Para a primeira a experiencia foi terrorífica, xamais o esqueceu e tampouco o ocultou, nunca se sentiu culpable de nada e, ao contrario, fíxose activista a favor do aborto, para que ninguén máis tivese que pasar por unha experiencia semellante. Alí a única culpa era a dun réxime que limitaba gravemente os dereitos de todos, pero tamén -máis aínda- de todas. Para as miñas outras dous familiares a experiencia non foi tan terrible, pero foi humillante. Por que as mulleres europeas tiñan dereitos básicos dos que elas non podían gozar? Elas as dous tamén son firmes partidarias do aborto e defenden que todas as mulleres poidan acceder a un dereito ao que elas tiveron acceso grazas a que llelo puideron pagar.
O aborto, como a homosexualidade, non é unha cuestión exclusivamente privada en tanto non sexan dereitos plenamente garantidos. Cando o aborto ou a homosexualidade sexan dereitos non discutidos, entón non é que as devanditas cuestións vaian ser só privadas, é que entón a ninguén lle importará nada saber quen fai que porque non terá importancia. Neste momento, o Partido Popular quere impoñer, esporeado polo soporte ideolóxico da Igrexa católica, unha lei de aborto que nos arrebata ás mulleres dereitos fundamentais. Isto non é unha aventura amorosa privada, é unha batalla pública. Así que do mesmo xeito que descubrir que un político partidario de reprimir os homosexuais é gay el mesmo non é unha cuestión privada, tampouco o é ler nun libro que existen probas de que Letizia abortou. E non o é porque ela facía uso dunha lei que agora nos queren arrebatar a todas as mulleres e porque ela é parte dunha institución que se encontra en conivencia absoluta coa Igrexa católica, principal impulsora deste retroceso legal.
Se a monarquía deste país non fose confesional, se as crenzas dos seus membros fosen particulares, entón o feito de que Letizia se tivese practicado un aborto sería unha cuestión absolutamente privada, así como o feito de que asistise ou non a misa. Pero esta monarquía nosa é confesional e a Igrexa é inimiga dos dereitos fundamentais das mulleres.
A Igrexa mantén unha batalla terrible en todo o mundo por impedir que o aborto se converta nun dereito legal para as mulleres. E o que acontece cando o aborto é ilegal é que pasa de ser un dereito garantido a todas as mulleres, a ser un dereito do que só gozan as ricas. As ricas abortan en todo o mundo en boas condicións, mentres que as pobres morren; as mulleres ricas fanse donas das súas vidas e dos seus corpos, mentres que as pobres se xogan as súas vidas para abortar, e xóganllela non só materialmente, senón tamén social e familiarmente, posto que ademais da saúde se xogan a condena social e o estigma, que poden chegar a ser tan graves como a morte segundo en que sociedade.
A Igrexa é unha institución fundamental no mantemento desta grave violación dos dereitos das mulleres. Utiliza todos os medios políticos ao seu alcance para que o aborto non se legalice e se poida facer en condicións de seguridade; e utiliza tamén todos os medios que pode para que a condena social e o estigma sigan caendo sobre os que desafían as súas prohibicións. E vexo que ás veces nós mesmas colaboramos no mantemento dese estigma. E se abortou que?
Que importancia ten que Letizia abortase? En primeiro lugar nós consideramos que non fixo nada ilegal nin inmoral; senón que fixo uso dunha lei que veñen usando miles de mulleres con naturalidade ata agora. Non obstante, segundo a doutrina que vén ditando e aplicando a Igrexa, se a princesa Letizia abortou, iso significa que está excomungada, é dicir, que non pode asistir a ritos católicos. Iso, de levarse a cabo, podería supoñer, de facto, unha ruptura na confesionalidad da institución monárquica. Ao mellor por esta vía ábrese paso a posibilidade de que a monarquía sexa unha institución laica e que non sexa obrigatorio que todos os seus membros teñan que finxirse católicos practicantes. A monarquía, mentres exista, é unha institución do Estado e, como tal, debería de ser laica, independentemente do que fagan no seu tempo libre as persoas concretas que a ocupan (ir a misa ou xogar ao pádel).
Como non é probable que isto aconteza, senón que o máis probable é que a Igrexa bote man da súa tradicional hipocrisía e alta tolerancia para os pecados dos poderosos, polo menos isto permitiranos visualizar ante a xente, que non é parva, algo que de sobra sabemos pero que deste xeito queda como exemplo palmario: que a Igrexa ten unha vara de medir para as mulleres pobres que abortan e outra moi distinta para as mulleres poderosas.
Permítenos tamén mostrar que moitas mulleres abortan, e que cando se aborta en boas condicións non é ningún drama como nos queren facer crer; que moitas mulleres, de todas as clases sociais, recorren a el cando o necesitan e despois seguen coas súas vidas tranquilamente. Contribúe tamén a evidenciar o que significan as restricións a este dereito. Neste momento unha muller en El Salvador loita por conseguir abortar un feto sen cerebro e que está a poñer en risco a súa propia vida. Mesmo a ONU interveu no asunto pedindo que se lle permita someterse a ese aborto, a Igrexa négase. Alguén pensa que se Letizia, ou unha muller da súa clase, quixese ou necesitase abortar tivese deixado de facelo só porque estea prohibido? Non, as mellores clínicas están sempre abertas para elas. Restrinxir o dereito ao aborto só converte a este nun privilexio, outro máis, do que gozan as mulleres e as familias poderosas; e nun dereito, outro máis, que nos arrebatan á inmensa maioría das mulleres, a todas as demais.
Que Letizia abortase non debe calarse nin se ocultar, ela ocupa unha importante posición pública e ela é cómplice da Igrexa católica. Todo isto ten que ser denunciado porque esta batalla é demasiado importante para todas nós. O dereito ao aborto, mesmo o dereito ao aborto de Letizia, é un dos principais dereitos das mulleres, e destruír o tabú moral e de silencio que o rodea é tamén un dos nosos principais obxectivos. Así que defendamos con fervor o dereito ao aborto de Letizia e o de todas as mulleres.
Traducida e colada por eDu
Leer más...
25 abr 2013
Novidades Noelia Cotelo 25 abril - Trasladada ao C.P. Albolote (Granada)
Copiamos e colamos do blogue da AFAPP Galiza:
Noelia xa se atopa en CP Albolote, tras pasar un par de días en Soto do Real.
Novamente a institución ou non sabe facer o seu traballo ou non quere, posto que no traslado desapareceulle a Noelia un televisor. Recordamos que Noelia así como todas as persoas clasificadas en réxime 91.3 pasan 21 hrs ao día na cela.
Tamén denunciamos que durante a súa estancia en Soto do Real non se permitiu a visita dun amigo, polo que se interpuxo denuncia nos Xulgados de Garda.
A súa situación persoal mellorou no CP de Albolote, posto que polo menos comparte galería con outras presas con quen pode falar. Tamén lle permitiron o acceso ao gimnasio, e espérase que poida participar nas actividades do módulo de illamento.
Os nosos esforzos céntranse en asegurar as visitas de amigos e familiares, e que se comece un tratamento individualizado que lle axude a superar os traumas xerados en CP Brieva, asi como unha eventual progresión de grado e traslado a Galicia.
A súa nova dirección é:
Noelia Cotelo Riveiro
CP Albolote
Ctra. Comarcal 220, Km.6, 18220 Albolote (Granada)
Módulo de Illamento

22 abr 2013
1181 Quilómetros, Comunicado AFAPP-Gz Novas Noelia Cotelo..
Colamos à ìntegra o comunicado da AFAPP-Galiza ao respeito das últimas notícias sobre Noelia Cotelo que indican que vai ser transladada de cárcere, non a Galiza, como quixeramos e sería o lóxico (e o legal, segundo as suas propias leis), senón a o C.P. Albolote (Granada):
1181 QUILÓMETROS
En primeiro lugar dende afapp-gz e os familiares de Noelia queremos agradecer todas as mostras de apoio que recibimos, tanto de asociacións como a nivel individual de moitas persoas. A loita por Noelia é unha loita por todalas persoas presas que sofren as inxustas políticas de encerro, políticas cada día máis cuestionadas que esperamos coa forza de todas cambiar.
Queremos que saibades todas as persoas que acudistes á concentración da Coruña, que Noelia puido escoitar os vosos berros solidarios a través do teléfono nun momento en que se atopaba baixa de ánimos e isto subiulle a moral e alegroulle o día. Por iso queremos deixar claro, cada acción solidaria que na rúa pode parecer pouco é moi agradecida polas persoas que están sufrindo dentro.
Lamentamos informar que Institucións Penitenciarias continúa coa súa política de dispersión. A Noelia xa lle avisaron: “haz el paquete que te vas de cunda”, por desgraza non a traerán para Galiza como queremos, afástana aínda máis, lévana a Granada, a 1181 km da súa residencia, 1181 km separaranlle da súa familia
Alegrámonos de que Noelia próximamente salga de Brieva, cárcere de psicópatas e torturadores. Preocupámonos polo resto de mulleres presas que se quedan alí, obrigadas a estar caladas, consentir abusos psíquicos, físicos e sexuais. Portarse “ben” se non queren acabar como Noe, golpeadas, vexadas, illadas. Esperamos que chegue o día en que se faga xustiza e estas mulleres poidan recuperar a súa dignidade.
Non sentimos a dispersión de Noelia como unha derrota, moito avanzamos estes meses, a difusión e concienciación social incrementáronse, a crítica ao sistema carcerario expandiuse, e de novo se evidencia, a Dirección Xeral de Institucións Penitencias é o que é, unha ferramenta en mans do sistema capitalista, que non mira polas persoas senón por manter a sociedade nos parámetros que aos mesmos gobernantes interésanlles. Medo e terror, as súas principais armas.
Proximamente Noelia será sacada da súa cela, custodiada coma se fose a muller máis perigosa do mundo ata o furgón policial, onde será entregada á Garda Civil para que realicen o traslado, pasará longas horas “engrilletada” a un asento de ferro, sen posibilidade de moverse en caso de accidente ou necesidades fisiolóxicas, dentro dunha gaiola de ferro sen fiestras nin ventilación. Se todo vai ben chegará a Albolote, sacarana de esta gaiola de ferro e entregarana a outros funcionarios. Comeza o ritual de novo..
Dende o primeiro día queremos que en CP Albolote saiban que estamos moi pendentes de Noelia e todas as persoas presas, dende o primeiro día enviaremos faxes esixindo que:
Lle autoricen a entrada dun médico independente.
Lle autoricen a comunicar coa súa familia e amigxs.
Lle autoricen a continuar os seus estudos.
Lle autoricen a realizar actividades.
Por todo iso, unha vez máis necesitamos da vosa solidariedade, estade atentas, informaremos...
Novidades Xudiciais Noelia Cotelo
Caso 1
O Xulgado Nº 1 de Ávila reabriu o que pechou o Nº2 sobre a agresión e abuso sexual do 23 de Outubro.
A razón, dixo a xuíza, foi que recibira varias cartas de internos en prisión que denunciaban os feitos. Así que parabéns para os compañeiros que mandaron cartas. Tamén se mostrou moi interesada durante a declaración no tema do abuso sexual, insistindo en que lle dese tódolos detalles.
Por este caso viuna o forense e fíxolle fotos.
Nesta semana pediremos as probas que se nos negaron a vez anterior, gravación de cámaras e testifical de Lola.
Caso 2
Este mesmo xulgado ocúpase do suposto atentado que Noelia cometeu contra o director do C.P de Ávila, Jesús Martín Moreno. Hai denuncias cruzadas sobre os feitos xa que nós tamén denunciamos a malleira sufrida por Noelia neses días.
Por este caso tamén a visitou o forense.
Caso 3
A última malleira sufrida a pasada semana foi denunciada o Mércores 17 no Xulgado de Ávila e de forma solidaria pola nai Dolores no xulgado da Coruña. Aínda non sabemos que xulgado a tramitará.
O día 30 de Abril citaron a Dolores a declarar ao JVP da Coruña en relación a unha denuncia dun Centro Penitenciario, non sabemos cal.
¿SON Os CÁRCERES A SOLUCIÓN Ou PARTE DO PROBLEMA?
afapp-gz.blogspot.com

16 abr 2013
Mañán 17 .- Noelia Solidariedade. Concentración Xulgados A Coruña e Ávila. Envío de Faxes e accions descentralizadas.
Días atrás publicabamos neste mesmo blogue a información que recebiramos da AFAPP Galiza ao respeito dos actos programados para esta Xornada Solidaria con Noelia, agora publicamos a sua actualización, tal como a recibimos da AFAPP Galiza, con o nova cartaz con novidades das accións programadas en A Coruña e Ávila e o módelo de fax para enviar ao xulgado nº1 de Ávila onde Noe declarará na vista do xuizo contra os carceleiros por torturas e a recoñecerá o médico forense e que podedes descargar aquí ou copiar clicando en Actualización das accións previstas:
*CONCENTRACIÓN NOS XULGADOS DE A CORUÑA e DENUNCIA SOLIDARIA DA NAI DE NOELIA (rua Monforte s/n) 11:00 Hrs
*CONCENTRACIÓN NOS XULGADOS DE ÁVILA 10:00 Hrs
*ENVIO DE FAXES AO XULGADO Nº1 DE ÁVILA Fax: 920 35 90 03
*ACCIONS DESCENTRALIZADAS SOLIDARIAS
Módelo de Fax
A la atención del Juzgado de Primera Instancia e Instrucción de Ávila Nº1
Noelia Cotelo Riveiro con D.I 2006027457 es una mujer gallega de 25 años que entró en prisión hace 5 años. Desde su ingreso en prisión ha pasado prácticamente todo este tiempo en régimen FIES en cárceles a cientos de kilómetros de su entorno y de su familia.
Los familiares, amigos y compañeros de Noelia estamos seriamente preocupados por la situación que está atravesando en el Centro Penitenciario de Ávila.
Noelia ha denunciado maltratos, torturas y diversas infracciones penitenciarias, como son la desatención médica, la negativa a permitirle estudiar, las penosas condiciones de vida en la celda, la dispersión, etc…
Desconocemos porqué pero todas estas denuncias parecen no surtir efecto, se nos antoja cuando menos paradójico que:
* Se archivase la denuncia efectuada por Noelia por torturas y malos tratos: SIN tomar declaración a los testigos, SIN solicitar como prueba la grabación de la cámara de video vigilancia.
* Se de por válida la versión del funcionario que denunció después. SIN contrastarla y SIN ninguna prueba ni argumento fundamentado. Imponiendo a Noelia una sanción de 28 días de aislamiento.
Como expone y evidencia en su informe anual la Coordinadora para la Prevención de la Tortura, la tortura se práctica de forma sistemática en los diferentes lugares de encierro. Amnistía Internacional ha denunciado que en el Estado Español no se investigan los casos de torturas amparados por las negligencias judiciales, y el Tribunal Europeo de Derechos Humanos ha condenado al Estado Español por no investigar denuncias de malos tratos.
Por todo ello, MANIFESTAMOS que estamos gravemente preocupados por la forma en la que se está administrando la Justicia. Sentimos que las personas presas corren serio riesgo, pues no existen órganos que salvaguarden sus derechos y su integridad física y psíquica de manera efectiva.
Si continúa está situación de desamparo y falta de protección, nos llevará a considerar estos organismos obsoletos e ineficientes, haciéndose necesaria la inmediata renovación de estos por otros que desarrollen su labor de forma efectiva.
En base a esto, solicitamos al Juzgado que contraste la información sin tener en consideración el rango o status social de la persona denunciante-denunciada, que investigue lo sucedido a fondo haciendo uso de todos los mecanismos que tenga a su disposición, como pueden ser citar a declarar a médicos, funcionarios, personas presas, etc… primando en todo momento un trato justo y equitativo.
Familiares, Amigas y Amigos, Compañeras y Compañeros de Noelia Cotelo Riveiro
Miércoles 17 de Abril de 2013
Leer más...
Etiquetas:
abuso forzas da orde,
mulher,
prision,
solidariedade
12 abr 2013
Mércores 17 Xornada Solidaria con Noelia Cotelo
Recibimos da AFAPP Galiza esta convocatoria que colamos para axudar a defundir:
AILLADA, TORTURADA, DISPERSADA NA PRISIÓN DE ÁVILA
Agredida Sexualmente esposada na cama, Agredida na ducha entre 10 carceleiros, Golpeada por todo o seu corpo, Golpeada na zona xenital aberta de pernas a forza, un ollo e un oido reventado, daño nas cervicais ... Desatención médica, Desatención educativa, Celdas sen fenestras no inverno ... Queren acabar coa rebeldia e a insumisión, Queren acabar coa liberdade dunha Muller presa en loita, todo isto coa complicidade dos médicos e do director da prisión
---------------------------------------------------------------------------------
o Mércoles 17 realizarase o xuizo contra os carceleiros por torturas e a recoñecerá o médico forense.
Que lles quede claro que Noe Non Está Soa, que Noelia escoite a nosa voz, o noso amor.
Si a Solidariedade ten sentido, é Agora. Si a Loita fainos máis fortes, Loitemos.
------------------------------------------------------------------------
*CONCENTRACIÓN NOS XULGADOS DE A CORUÑA e DENUNCIA SOLIDARIA DA NAI DE NOELIA 11´00 Hrs
*ENVIO DE FAXES AO JVP DE VALLADOLID Fax: 983 27 29 40
*ACCIONS DESCENTRALIZADAS SOLIDARIAS
-------------------------------------------------------------------------
Queremos a Noelia Libre e Viva
Nin suicidios Nin sobredosis, Maltrato e Tortura,
Carceleiros responsables do que poida suceder
Máis info en:
AFAPP Galiza
Cárcel=Tortura
Abordaxe

protesta,
solidariedade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)