22 abr. 2013

1181 Quilómetros, Comunicado AFAPP-Gz Novas Noelia Cotelo..

Colamos à ìntegra o comunicado da AFAPP-Galiza ao respeito das últimas notícias sobre Noelia Cotelo que indican que vai ser transladada de cárcere, non a Galiza, como quixeramos e sería o lóxico (e o legal, segundo as suas propias leis), senón a o C.P. Albolote (Granada):

1181 QUILÓMETROS

En primeiro lugar dende afapp-gz e os familiares de Noelia queremos agradecer todas as mostras de apoio que recibimos, tanto de asociacións como a nivel individual de moitas persoas. A loita por Noelia é unha loita por todalas persoas presas que sofren as inxustas políticas de encerro, políticas cada día máis cuestionadas que esperamos coa forza de todas cambiar.

Queremos que saibades todas as persoas que acudistes á concentración da Coruña, que Noelia puido escoitar os vosos berros solidarios a través do teléfono nun momento en que se atopaba baixa de ánimos e isto subiulle a moral e alegroulle o día. Por iso queremos deixar claro, cada acción solidaria que na rúa pode parecer pouco é moi agradecida polas persoas que están sufrindo dentro.

Lamentamos informar que Institucións Penitenciarias continúa coa súa política de dispersión. A Noelia xa lle avisaron: “haz el paquete que te vas de cunda”, por desgraza non a traerán para Galiza como queremos, afástana aínda máis, lévana a Granada, a 1181 km da súa residencia, 1181 km separaranlle da súa familia

Alegrámonos de que Noelia próximamente salga de Brieva, cárcere de psicópatas e torturadores. Preocupámonos polo resto de mulleres presas que se quedan alí, obrigadas a estar caladas, consentir abusos psíquicos, físicos e sexuais. Portarse “ben” se non queren acabar como Noe, golpeadas, vexadas, illadas. Esperamos que chegue o día en que se faga xustiza e estas mulleres poidan recuperar a súa dignidade.

Non sentimos a dispersión de Noelia como unha derrota, moito avanzamos estes meses, a difusión e concienciación social incrementáronse, a crítica ao sistema carcerario expandiuse, e de novo se evidencia, a Dirección Xeral de Institucións Penitencias é o que é, unha ferramenta en mans do sistema capitalista, que non mira polas persoas senón por manter a sociedade nos parámetros que aos mesmos gobernantes interésanlles. Medo e terror, as súas principais armas.

Proximamente Noelia será sacada da súa cela, custodiada coma se fose a muller máis perigosa do mundo ata o furgón policial, onde será entregada á Garda Civil para que realicen o traslado, pasará longas horas “engrilletada” a un asento de ferro, sen posibilidade de moverse en caso de accidente ou necesidades fisiolóxicas, dentro dunha gaiola de ferro sen fiestras nin ventilación. Se todo vai ben chegará a Albolote, sacarana de esta gaiola de ferro e entregarana a outros funcionarios. Comeza o ritual de novo..

Dende o primeiro día queremos que en CP Albolote saiban que estamos moi pendentes de Noelia e todas as persoas presas, dende o primeiro día enviaremos faxes esixindo que:

Lle autoricen a entrada dun médico independente.
Lle autoricen a comunicar coa súa familia e amigxs.
Lle autoricen a continuar os seus estudos.
Lle autoricen a realizar actividades.


Por todo iso, unha vez máis necesitamos da vosa solidariedade, estade atentas, informaremos...

Novidades Xudiciais Noelia Cotelo

Caso 1
O Xulgado Nº 1 de Ávila reabriu o que pechou o Nº2 sobre a agresión e abuso sexual do 23 de Outubro.
A razón, dixo a xuíza, foi que recibira varias cartas de internos en prisión que denunciaban os feitos. Así que parabéns para os compañeiros que mandaron cartas. Tamén se mostrou moi interesada durante a declaración no tema do abuso sexual, insistindo en que lle dese tódolos detalles.
Por este caso viuna o forense e fíxolle fotos.
Nesta semana pediremos as probas que se nos negaron a vez anterior, gravación de cámaras e testifical de Lola.

Caso 2
Este mesmo xulgado ocúpase do suposto atentado que Noelia cometeu contra o director do C.P de Ávila, Jesús Martín Moreno. Hai denuncias cruzadas sobre os feitos xa que nós tamén denunciamos a malleira sufrida por Noelia neses días.
Por este caso tamén a visitou o forense.

Caso 3
A última malleira sufrida a pasada semana foi denunciada o Mércores 17 no Xulgado de Ávila e de forma solidaria pola nai Dolores no xulgado da Coruña. Aínda non sabemos que xulgado a tramitará.

O día 30 de Abril citaron a Dolores a declarar ao JVP da Coruña en relación a unha denuncia dun Centro Penitenciario, non sabemos cal.


¿SON Os CÁRCERES A SOLUCIÓN Ou PARTE DO PROBLEMA?


afapp-gz.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada