6 jun 2013

Noelia en Folga de Fame no CP Albolote (Granada) dende o 29 de maio

Lola, a nai de Noelia pede axuda para defundir isto e imos botarlle un cabo pois Noe volve a estar en folga de fame dende o pasado 29 de Maio (hoxe 6 de xuño fai 8 días)!!!.

Agora mesmo estará a ter lugar nos xulgados granadinos de La Caleta a declaración de Noe como imputada nunha denuncia contra ela dos seus carcereiros (isto xá é o colmo) e esperemos que foran ata alá bastantes persoas atendendo ao pedido de Convocatoria dunha Concentración Solidaria con Noe para denunciar a situación que está a viver (cando saibamos algo mais sobre isto volo comunicaremos).

Copiamos de seguido a denuncia da sua situación actual en folga de fame que recollimos da web Cárcere=Tortura e que colamos depois de ser traducida:

Noelia iniciou unha folga de fame o dia 29/05, como forma de loita ante os ataques que está a sufrir en Albolote relacionados co trato irrespectuoso dunha carcereira, problemas co carteo e sancións sen sentido.

O pasado luns 27 de maio non a deixaron saír ás clases ás que estaba a asistir, porque dicían que tiña "a música demasiado alta". Ademais disto, tivo problemas coas comunicacións. Noelia viu unhas cartas dirixidas a ela que non lle entregaran e cando preguntou porqué, a resposta dunha carcereira foi que llas daría cando a ela "le diera la gana". Esta mesma carcereira posteriormente tiroulle a comida á cela de mal xeito.

Tras estes feitos, prohibíuselle a asistencia ao curso, e negáronselle comunicacións (ata agora só puido comunicar coa súa nai).

Está a cumprir sancións de partes anteriores todas seguidas, sen tempo entre cada unha. Noelia manifesta que existe un continuo "pulso" entre ela e as carcereiras.

Ademais, dende o traslado, hai obxectos persoais que aínda non lle chegaron a Albolote (Granada), despois de aínda pagar o porte.

Intentouse falar co director para solucionar todo isto, ante o que non houbo ningún propósito de diálogo para aclarar a situación.

Por outro lado estanlle chegando notificacións de xuízos e declaracións sen comunicarllo ao seu avogado e sen que teña tempo de preparalos. De novo xogan as súas cartas dificultando a defensa á que segundo as súas leis ten dereito por non calar ante as torturas vividas.

As últimas informacións que nos chegan sobre ela é que está afónica, baixa de ánimos, que vai seguir coa folga de fame, e isto pódelle traer graves consecuencias para a súa saúde.

Non son feitos puntuais, é a forma que se ten de funcionar dende Institucións Penitenciarias. Por iso a loita non cesará e o noso rexeitamento a toda a institución tampouco.

Chamamos á solidariedade activa con Noelia

Porque somos moitas, temos imaxinación e non imos parar.

Solidariedade con Noelia e con todas as persoas presas en loita.

Abaixo os muros das prisións!!


Notícia colada por eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario