13 may. 2013

[A Coruña] Protesta feminista contra acto da "Red Madre" (texto e fotos)

O Pasado venres 10 a casposa e antiabortista asociación "Red madre" celebraba no hotel "Attica" de A Coruña unha cea benéfica para recadar fondos para a súa organización, supostamente adicada a apoiar as mulleres embarazadas. Esta agrupación, afín ao Opus Dei e que disfraza o seu rancio antiabortismo de solidariedade coas nais sen recursos, acapara agora as subvencións e fondos públicos antes destinados aos centros de planificación familiar. Estes grupos integristas ultracatólicos benefícianse agora dos favores dun goberno que anunciou recentemente unha reforma da lei do aborto que faría as delicias de Francisco Franco, Escrivá de Balaguer ou o mesmísimo Torquemada.

Un grupo de feministas congregouse na porta do edificio para desenmascarar a estes fascistas encubertos con cartaces con lemas como "Non sodes pro-vida sodes anti-mulleres" ou "no meu corpo mando eu". Coreando consignas como "Fora rosarios dos nosos ovarios" ou "A virxe María tamén abortaría" as activistas entraron dentro do hotel ata seres expulsadas por traballadorxs do mesmo entre os exabruptos fascistoides dalgunha exaltada. A protesta rematou sen contratempos legais, a lo menos polo de agora...



C.R.

1 comentario:

  1. Aí aí... sangue pra os que cheiran a cilicio e padrenuestro!! Contra o patriarcado, feminismo organizado!!

    ResponderEliminar