29 may. 2013

[Vigo] Acto de rúa xoves 30 de maio de 11:00' a 13:00' na Praza da Constitución

Damos conta desta convocatoria que nos envian as compas da Oficina Dereitos Sociais-Coia:

A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria, GAS (Grupo de Axitación Social) e o Grupo O Imán queremos informar aos medios de comunicación da organización o vindeiro xoves 30 de maio dun acto de rúa na Praza da Constitución co obxectivo de denunciar o crecente empobrecemento que sufrimos inxustamente unha gran parte da cidadanía e esixir ás institucións públicas, neste caso Concello e Xunta, que cumpran coa súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna.

Ao acto asistirá tamén a compañeira Beatriz Figueroa que nesa data levará 9 días en folga de fame diante das portas do INEM de Navia denunciando que "El SERGAS te cura el cáncer, el INSS y el INEM te matan de hambre."

Non podemos calar ante unha realidade terrible que cada vez é máis común: mentres moitas familias nos vemos na obriga de afrontar o día a día cuns mínimos ingresos ou mesmo sen eles, resultando imposible facer fronte ao pago de bens tan básicos como os alimentos, o aluguer, os recibos de auga e luz..., continuamos a recibir en demasiadas ocasións unha resposta negativa cando nos achegamos aos servizos sociais en busca dunha solución, cando menos parcial, aos nosos graves problemas. “Non hai cartos”, escoitamos con frecuencia. Pero mentres, hai cartos a esgalla para proxectos que nada teñen que ver cos dereitos fundamentais da cidadanía; e mentres, por exemplo, continúa sen ser executado o plan de axudas sociais para familias con escasos ou nulos recursos, aprobado o pasado xaneiro por un importe de 3,2 millóns...

O acto se desenvolverá entre as 11:00 e as 13:00 horas cunha mesa informativa sobre a campaña “Vivir con dignidade é un dereito”, coa que pretendemos denunciar a dramática realidade que están a padecer moitas familias no noso barrio e en toda a cidade a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada