29 may. 2013

[Vigo] Sábado 1 de xuño as 12:00'. Pobos unidos contra a troika.

Hai días recibiramos de ECOAR Vigo na nosa caixa de correos unha petición de publicar un artigo para dar pulo a Manifestación Contra a Troika, depois da nosa resposta positiva, agora recibimos este artigo ao que damos consabida e gostosa publicidade, ademais copiamos da sua web o video que podedes visionar clicando en "leer más" e o cartaz da foto:

O vindeiro 1 de xuño, a cidadanía de máis dez países europeos (Portugal, Escocia, Eslovenia, Italia, Grecia, Alemaña, Bretaña, Francia, Inglaterra, Chipre, España, Galicia, Catalunya e País Vasco) sairá á rúa para rebelarse contra as medidas impostas pola Troika (Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional e Comisión Europea). No caso de Vigo, a mobilización terá lugar ás 12:00h., partindo da Praza de España, con percorrido até a Porta do Sol.


Saiamos na procura de sistemas que acepten a libre participación democrática de todas e cada unha das persoas que compoñen a nosa sociedade; sistemas nos que os dereitos humanos estean por enriba dos intereses económicos ou de poder; sistemas nos que o medio ambiente sexa un ben a preservar; sistemas nos que a dignidade das persoas sexa respectada con independencia da súa situación social ou económica. Sistemas, en definitiva, nos que a soberanía estea en mans de quen debe estar: do pobo.

O vindeiro 1 de xuño, saiamos á rúa para dicir que todxs nós estamos contra este sistema que dende vai xa tempo está en contra nosa. O vindeiro 1 de xuño, todxs unidos contra a troika.

1 comentario:

  1. En Compostela, foi a Asemblea Aberta quen convocou a mobilización internacional na capital galega para "volver remover o descontento contra as medidas de austeridade patrocinadas pola Troika e aplicadas polos gobernos que padecemos". A marcha sairá ás 18 horas da Praza Roxa

    ResponderEliminar