22 dic 2009

Liberdade para a compa anarquista encadeada en Barcelona


O pasado 15 de decembro foi detida en Madrid a compañeira anarquista Tamara. De alí foi conducida á prisión de mulleres Wad-Ras en Barcelona por orde do xulgado de instrucción nº 25, tras ser acusada do envío dun paquete bomba a Albert Batlle i Bastardas, secretario de Servicios Penitenciarios de Catalunya, no marco da campaña de luita pola liberdade de Amadeu Casellas.

O xoves 17, despois de declarar a xuiza decretou prisión preventiva e foi trasladada á prisión de Wad-Ras en Barcelona. Esa mesma noite compañeirxs solidarixs se achegaron ata o cárcere berrando consignas e tirando petardos para facerlle chegar o seu apoio e demostrarlle que en ningún momento vai ficar soa.

O envío produciuse en outubro, no marco dunha campaña de luita contra o sistema penitenciario e en solidariedade co preso Amadeu Casellas, neses momentos en folga de fame, mentras un grupo de persoas solidarias se concentraban na rúa e fronte ao edificio, en solidariedad con Amadeu, e para solicitar unha entrevista co responsable. A presencia policial, foi a habitual neste tipo de concentracións e en ningún momento se avisou, nin axs concentradxs, nin axs traballadorxs do edificio.

Todos os medios de información difundiron que se trataba dun envío de escasa potencia e que por ese motivo foi explosionado de forma controlada no mesmo edificio polos artificeiros do Tedax dos Mossos de Esquadra, sen que ninguén se percatara da detonación. Tampouco se desaloxou o edificio, o que confirma a pouca efectividade da sustancia explosiva. Nalgún medio de comunicación e en diferentes foros, alguns funcionarixs que se atopaban traballando no edificio ese día, se queixaron de que ninguén lles advertira da situación, o que pon en dúbida a peligrosidade do suposto explosivo.

Ese mismo día, Albert Batlle atopábase no edificio, e un grupo de persoas do grupo de apoio entre as que se atopaba a nai de Amadeu, entraron ata o vestíbulo do edificio para solicitar unha entrevista que, pese ás promesas no lles fora concedida ainda. Nese mesmo intre, tamén fixo acto de aparición, a Conselleira de Justicia Montserrat Tura, que se reuniu con Albert Batlle, tras unha porta na zona do vestíbulo. En todo momento, se asegurou que o envío tiña mui pouca cantidade de explosivo, e por iso tanto o Director de Serveis Penitenciaris, como a Conselleira de Justicia, non tomaron medidas especiais e incluso se reuniron no propio edificio. O máis preocupante da situación, foi que todo o silencio e oscurantismo co que levaron esta situación, o que abre a sospeita a que fronte a unha situación que probablemente no comportaba un risco real, crearan toda unha alarma social para preparar unha acusación fiscal completamente desproporcionada: asasinato en grao de tentativa.

O venres pola mañá, cando a sua familia e amigxs se achegaron ata a prisión para visitala se enteraron de que fora trasladada á prisión de Can Brians.

Unha vez máis, o Estado utiliza as detencións e os encadeamentos para aterrorizar a aquelas e aqueles que plantan cara á sinrazón represiva dun sistema que necesita das prisións para controlar a pobreza e a rebeldía que el mesmo suscita.

De novo nos chamamos á solidariedade e á extensión da luita, pola liberdade de Tamara e de todas nos.

Info de

1 comentario: