16 dic 2011

XII Marcha a prisión de Teixeiro e Manifestación na Coruña


O vindeiro sábado 17 de decembro, como tódolos anos no sábado anterior a navidad, realizarase a tradicional marcha ó cárcere de Teixeiro. Este ano, como novidade, marcharemos máis tarde polas rúas da Coruña para que, a maiores de amosar a nosa solidariedade as persoas presas, poidamos achegar á cidadanía a cruda realidade do sistema carcelario, agochada polo estado da mirada da opinión pública.
A quedada en Teixeiro será as 16:00 no aparcamento da prisión, con moita puntualuidade pois as 20:00 comezará a manifestación en A Coruña, con saída do Obelisco.
É interesante sinalar, dada a represión sufrida en anos anteriores, que a concentración na cadea foi comunicada á subdelegación do governo e que non esperamos consecuencias legais, aínda que os camiños da "benemerita", como ben sabedes, son inescrutables. De tódolos xeitos é convinte permanecer atentos pois calquera posible novidade comunicarémola oportunamente.
Traete cousas pra facer ruido, todo o teu cariño para cos represaliados do sistema e toda a túa raiba contra o sistema carcelario.

Abaixo os muros de tódalas cadeas!!!!!!!!!

Información chegada ó noso correo.

3 comentarios:

  1. Resulta sempre difícil conseguir que a xente en xeral, se sensibilice cun tema tan agochado e marxinal como a represión carcelaria. Ista iniciativa pretende romper eses muros de silencio, é ademais constitúe toda unha tradición na Galiza e unha evidente molestia para mercenarios e carceleiros. Así que non podo outra cousa que aplaudir e secundar ista convocatoria.

    De tódolos xeitos, e tendo en conta como transcorreron as 2 últimas marchas celebradas e o queime acumulado. Paréceme bastante pretencioso extender a convocatoria ese mesmo día a Coruña, cando é sabido que as marchas soen durar arredor de 3 ou 4 horas, sen contar o desprazamento. Si se fixese en días distintos, sería moito menos queimante, e probablemente a movilización da Coruña moito mais numerosa.
    Tede en conta que estades facendo unha convocatoria dunhas 10 horas, e para os que vaian de Ourense unhas 12 horas. Penso que separando en datas as convocatorias conseguiríase que a movilización na Coruña tivese mais forza. Trátase de crecer en capacidade de convocatoria e de achegar a realidade carcelaria a cidadanía,diariamente, tamén éste tipo de movilizacións son necesarias, son símbolos da loita anticarcelaria e de confraternización coas persoas presas. Pero se cada ano tendemos mais a facer maratóns anticarcelarios de mais de 10 horas, o que imos a facer e queimar a xente perder capacidade de convocatoria e poñer en perigo(a medio prazo) a marcha a teixeiro. Saúdos dende o mais profundo respeto e coñecemento desta movilización.

    Saúde

    ResponderEliminar
  2. SAÍDA DE COMPOSTELA, DEBAIXO DA ESTACIÓN DE BUSES AS 14:30 (PUNTUALIDADE)

    ResponderEliminar
  3. En Coruña sairemos do C.S.O. Palavea as 14:00, así que se queres vir pasate pola okupa a iso das 13:30 pra repartirnos nos coches.

    ResponderEliminar