Hai tradicións que nunca se perden. Cando chega o nadal non só o turrón volta ó fogar, tamén voltan as multas da marcha á prisión de Teixeiro. Os simpáticos picoletos, tan entrañables coma unha lobotomía sen anestesia, xunto co seu “capo” o delegado do goberno, sempre nos alegran o nadal cunha boa ristra de multas para todos aqueles que osamos cometer a terrible impertinencia de solidarizarnos coas persoas presas.
Mira que este ano puxémosllo difícil, pois desta vez todo foi conforme á lexislación e a normativa establecida: comunicamola a tempo á subdelegación do goberno, non prendemos antorchas nen bengalas, non tiramos ningún petardo (dende dentro da manifestación, porque uns completos descoñecidos sí que lanzaron foguetes por sitios aledaños, ¡mal! anónimos descoñecidos ¡Moi mal!), non interrumpimos o tráfico nin camiñamos de noite pola calzada… aínda así os simpáticos beneméritos atoparon o xeito de calzarnos a todos esa sempiterna “receta” sen a cual as marchas a Teixeiro xa non serían o mesmo. ¿Cómo? vos preguntaredes, pois moi sinxelo ¡con multas de tráfico!
Pois sí queridos lectores, cando o código penal quedase corto o código de circulación é a solución: 80 pavos de ala por “estacionar el vehículo dentro de la parte transitable del arcén en vía interurbana”. Toma Jeroma! Non son os trescentos napos ós que nos tiñan acostumados, pero, dende logo, hai que recoñecerlles a súa capacidade para a sanción creativa. Claro, coma algún dos coches non estaban completamente metidos nos toxos e parte dalgunha roda pisaba algún centímetro de arcen ¡pois multas pa todos!
O ano anterior foron 60 multas por desordes graves, o anterior a ese sumáronse ás multas os pinchazos de máis de 20 rodas dos coches dos asistentes, un ano atrás, aínda que poucas, tamén caeron recetas… ¡acaso pensábamos nós que por un “quitamealláesaspajas” como legalizar o evento íamos ficar de rositas! Infelices, si é que as veces de tanto escoitar o discurso dos indignados case nos cremos iso da democracia. Menos mal que están os beneméritos, xunto cos seus cabecillas os políticos, para poñer as cousas no seu sitio. Aquí as legalizacións pásanas polo forro do tricornio. Os que están na cadea algo farían e se queres protestar pois en vez de a “Kas Laranxa” votas a “Kas Limón”.
O máis curioso de todo é que cando aparcábamos os coches a ningún dos numerosísimos “picolos” que alí se atopaban se lle ocorreu advertirnos de que infrinxíamos norma algunha, nin sequera cando algún compañeiro preguntoulles ó respecto; tampouco sancionaron alí a ninguén, nin nos fixéron firmar nada, nin colocaron papel algún nos parabrisas; nin sequera pasou ningún garda anotando as matrículas (pois as deberon de sacar das grabacións); así que, polo que se ve, a ocurrencia debeulles vir máis tarde ¿falando co delegado do goberno, quizáis?
Gustaríame saber a cantos paisanos con terreos pola zona, a cantos cazadores ou senderistas multaron estes xusticieiros enmascarados (pois moitos levaban a braga tapándolles a cara) por similares infraccións. Imaxino que a astronómica cifra ascenderá a entre cero e ningún.
O peor de todo é que non podemos asegurar que a cousa fique aquí, polo que nós sabemos aínda poderían chegar outras sancións polas máis variadas acusacións (¿exceder os decibelios co megáfono? ¿levar cans sen correa?¿tirar colillas ó chan?) os senderos da benemérita son inescrutables e nunca podes subestimar o poder da mala leche.
Pero temos que estar agradecidos, pois os desvelos que estes suxeitos tómanse para facernos dano é proba do odio que nos teñen; odio do que espero sempre sexamos acreedores pois o levamos coma unha medalla, sacando peito e coa cabeza ben alta, porque así estamos seguros de que algo estamos facendo ben.
Así que moitas grazas, desgraciados, por amosarnos unha vez máis a razón pola que loitamos, estade seguros de que atoparemos o xeito de devolvervos o cumprimento.
C.R.
Máis info sobre a Marcha a Teixeiro neste blog: aquí,aquí ,aquí e aquí.
Se queredes saber máis acerca das multas- aquí e aquí.
28 ene 2012
¡E outro ano máis! Chegan as multas pola última Marcha a Teixeiro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario