5 may 2011

Chegan as multas pola última Marcha a cadea de Teixeiro.

Xa estan aquiiiiiiiiiii!
Desgracia anunciada que todos sabiamos, comezan a chegar as sancións por "desordes graves" (301 euretes) que prometérannos os simpáticos muchachos da garda civil na nosa última incursión de protesta ó cárcere coruñés.
Como xa sucedera na X marcha á cadea de Teixeiro (onde ademais da sorpresa das multas os picoletos obsequiáronnos cos pinchazos de máis de vinte rodas dos coches dos manifestantes), nesta XI edición da protesta non quixeron ser menos corteses que o ano anterior e agasállannos con 51 novas multas (por 301 = ¡15351 eurazos capicúos!) para aqueles que osamos amosar a nosa solidariedade coas persoas presas e a nosa repulsa a tan nefasta institución.
¡Que mellor forma de levanta-lo país que facendo pagar a crise a aqueles que cuestionan os designios do poder! así, de paso, aleccionamos a esa incómoda disidencia empecinada en afearlles a conducta ós nosos benqueridos "funcionarios".
Pois sí, aqueles bendecidos con tan honrosa misiva que non duden en porse en contácto con nós pra que lles orientemos no longo viacrucis xudicial que están a punto de emprender.
É importante anotar as datas nas que chegan as notificacións e nas que se presentan as alegacións.
Axiña daremos máis información pra poñernos todos en contacto e de como alegar as sancións.
Máis info sobre a XI Marcha a Teixeiro neste blog-aquí e -aquí
Sobre as multas da X marcha -aquí, -aquí e -aquí

5 comentarios:

  1. Recurride as multas ante o Xulgado Contencioso, podedes pedir abogado de oficio; o máis probable é que o desestimen máis gañaredes tempo

    ResponderEliminar
  2. Non llera enteira a noticia; supoño que vós darán recurso de alzada, unha vez desestimado iste trala presentación das alegacións, teredes un prazo de dous meses pra recurrrir ante o Xulgado contencioso-administrativo

    ResponderEliminar
  3. Solidaridade e apoio xs compas sancionadxs!.

    Que a represión e o medo non destrúan a solidaridade e que a solidaridade destrúa ó encerro!, abaixo os muros de Teixeiro, abaixo os muros das prisións!.

    Viva a anarquía e lume!

    ResponderEliminar
  4. asolidariedadeemaisquepalabraescrita12 de mayo de 2011, 20:06

    Pois haber si se traduce en feitos

    ResponderEliminar
  5. Pois a ver si e certo

    ResponderEliminar