5 may 2011

Outro ataque á sede da UGT (A Coruña)

Un grupo de entre 15 e 20 persoas irromperon na sede da ugt na Coruña arredor das 10 desta mañá e , tras localizar o despacho de Luis Baneira (secretario xeral da Federación de Servicios Públicos de FSP-UGT), arroxaron bolsas de lixo polo chan así como petardos e amoníaco. Os testigos dín que ó chegar ó terceiro andar cubrironse as caras pra logo saír correndo apresuradamente. Nalgunha nova da prensa comercial, de onde nós collimo-la información, falarían duns supostos restos dun "coctel molotov caseiro" (¿?, nós non coñecemos os industriais), ainda que noutros periódicos non recollen tal cousa. Tamén falarían de que lle botaron ácido á cara de Luis Baneira, cousa rara pois xa lle deron o alta (¿ou sería ácido cítrico?).
Polo de agora ninguén reivindicou a acción aínda que ,quizáis, podería ter relación con algún conflicto sindical.
Por outra banda non é o primeiro ataque do que é branco este sindicato, ó que xa hai uns meses lle tiraron un coctel molotov na porta de entrada (noticia neste blog-aquí) así como hai uns días na súa sede en Ferrol (aquí).



Información e foto tirada da prensa burguesa.

2 comentarios:

  1. Polo que aparece no portal web de europa press, esta acción tería relación cós STL (sindicato de traballadorxs da limpeza) mas eu non tinha conhecemento de que estivesen en luita.

    ResponderEliminar
  2. Ácido cítrico xDDDDDD

    ResponderEliminar