8 may 2011

Alegación para as multas da marcha a Teixeiro 2011

Como xa dixemos varias noticias máis abaixo, están a chegar as multas por participar na XI Marcha á prisión de Teixeiro (a que debería corresponder a decembro de 2010 pero que, pola ilegalización da primeira convocatoria, rematou facéndose en xaneiro do 2011). Ao ser moitos os multados, 51 ao parecer, e a falta de incluírvos a todos nunha mesma listaxe de correos (da que axiña vos daremos cumprida información), aquí deixamos un modelo de alegación pra presentar á subdelegación do goberno de A Coruña (en calquera Rexistro oficial: Xunta, correos...) no seu debido prazo e unha vez recheo cos teus datos concretos (atópanse na multa).
Para as futuras alegacións é importante anotar as datas en que recibides a notificación e na que presentades a alegación. Tamén é cousa boa levar dúas copias para quedar cunha sellada polo Rexistro.

Para calquera dúbida contactade co noso correo.

-A continuación tendes a ALEGACIÓN (copiadela noutro documento para imprimila cos vosos datos onde están os puntiños e a vosa sinatura ao final):

__________________________________________________



Á SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN A CORUÑA

Exp.: ............

........................................................................................., con NIF ...................... e enderezo, a efectos de notificacións sito en .....................................................................C.P............., concello de .............., provincia de................, comparece e, como millor proceda,

DI:
Que, por medio do presente escrito presento ALEGACIÓNS contra Acordo de iniciación de expediente sancionador Nº ........................... e SOLICITO A REMISIÓN DA COPIA DO EXPEDIENTE ADMINISTRATIVO obrante neste organismo ao domicilio designado no encabezamento, en virtude do lexítimo exercicio do dereito á defensa e poño de manifesto que ESIXO A TRAMITACIÓN DO EXPEDIENTE EN LÍNGUA GALEGA, isto en base aos seguintes,
FEITOS

PRIMEIRO- Con data de ............................, foime notificado acordo de iniciación de expediente sancionador nº .............. por presunta infracción do art. 23.n) da LO 1/1992 de 21 de febreiro sobre Protección da Seguridade Cidadá, en base á imputación dunha serie de feitos totalmente dispares entre sí e que non constitúen, en sí mesmos, nin siquera todos xuntos, os elementos necesarios para a tipificación da sanción como grave.

SEGUNDO.- O único certo é que eu me atopaba ese día, o 8 de xaneiro de 2011, nun autobús que se dirixía a unha marcha convocada ante o cárcere de Teixeiro para a que, eu pensaba, contábase co correspondente permiso. Unha vez alí, soubemos que a marcha desde a gasolineira de PARADELA ao Centro Penitenciario de Teixeiro non estaba autorizada e, polo tanto, NON SE FIXO.
Como a chegada ao lugar foi en autobús cun servizo que estaba contratado para chegar a unha hora, as 18:00, e recollernos 3 horas máis tarde, ás 21:00, tivemos que quedar onde a Garda Civil o interceptara agardando a súa volta.

TERCEIRO.- Non houbo marcha, nin desordes nin graves alteración nas vías ou espazos públicos xa que as persoas que alí estabamos non nos movimos do lugar en que a Garda Civil nos deixou baixar do autobús previamente interceptado por eles. Non existe, nese tramo da vía que une a N-634 co Lugar de Paradela, nin aceiras nin arcén mais o certo é que tampouco hai case ningún tráfico rodado salvo o específico que vai ou ven do centro penitenciario. Se existíu algún risco foi única e exclusivamente, o permitido polos propios axentes da Garda Civil que, por unha banda, permitíronnos estar alí e, por outra, rodeábannos totalmente con multitude de axentes e coches.

CUARTO.- Nego rotundamente ter realizado ningún dos feitos que se relatan no expediente xa que nin portaba pancartas, nin bandeiras nin realicei queima de obxecto algún, tampouco existiron desordes nin alteracións nas vías ou espazos públicos.

QUINTO.- Interesa a esta parte a práctica da seguinte dilixencia de proba:
 1)Informe da Seción Fiscal de Garás da Comandancia da Garda Civil de A Coruña ou de quen corresponda, no que se indique cántos efectivos da garda civil estaban destinados o día 8 de xaneiro de 2011 ao Lugar de Paradela ante o Centro Penitenciario de Teixeiro e os seus arredores, onde se cuantifiquen expresamente o número de veículos, de axentes e a súa distribución especificando o motivo do despregue de medios e as ordes recibidas.
 2) Informe dos axentes actuantes no que se indiquen as circunstancias concretas da miña identificación en relación aos feitos imputados, aportando acta orixinal de identificación do denunciado no momento de producirse a mesma.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

I. Constitución. Art. 24.1
III. RD 1398/1993 de 4 de agosto polo que se aproba o Regulamento do Procedemento para o exercicio da Potestade sancionadora, respecto da práctica de proba que se pide.
II. Demáis concordantes e Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, salientado, ao respecto da remisión do expediente e da língua na que esixo a comunicación:
Art 35. Dereitos da cidadanía.(...)
A) A coñecer, en calquer momento, o estado da tramitación dos procedementos nos que teñan a condición de interesados, e obter copias de documentos contidos neles.
B) A identificar ás autoridades e ao persoal ao servizo das Administracións Públicas baixo cuia responsabilidade se tramiten os procedementos.
C) A obter copia selada dos documentos que presenten, aportándoa xunto cos orixinais, así como á devolución destes, salvo cando os orixinais deban obrar no procedemento.
D) A utilizar as línguas oficiais no territorio da sua Comunidade Autónoma, dacordo co prevido nesta Lei e no resto do Ordeamento Xurídico.
E) A formular alegacións e a aportar documentos en calquer fase do procedemento anterior ao trámite de audiencia, que deberán ser tidos en conta polo órgano competente ao redactar a proposta de resolución.
F) A non presentar documentos non exisidos polas normas aplicables ao procedemento de que se trate, ou que xa se atopen en poder da Administración actuante.
G) A obter información e orientación acerca dos requisitos xurídicos ou técnicos que as disposicións vixentes impoñan aos proxectos, actuacións ou solicitudes que se propoñan realizar.
H) Ao acceso aos rexistros e arquivos das Administracións Públicas nos termos previdos na Constitución e nesta ou outras Leis.
I) A ser tratados con respeto e deferencia polas autoridades e funcionarios, que haberán de facilitarlles o exercicio dos seus dereitos e o cumplimento das suas obrigas.
J) A exisir as responsabilidades das Administracións Públicas e do persoal ao seu servizo, cando así corresponda legalmente.
K) Calesquera outros que lles recoñezan a Constitución e as Leis.
Art. 36. Língua dos procedementos.
1. A língua dos procedementos tramitados pola Administración Xeral do Estado será o castellano.
Nembargantes o anterior, os interesados que se dirixan aos órgaos da Administración Xeral do Estado con sede no territorio dunha Comunidade Autónoma poderán utilizar tamén a língua que sexa cooficial nela.
Neste caso, o procedimento tramitarase na língua elexida polo interesado.Si concurriran varios interesados no procedimento, e existira discrepancia en canto á língua, o procedemento tramitarase en castellano, si ben os documentos ou testemuños que requiran os interesados expediranse na língua elexida polos mesmos.

Polo exposto,

SOLICITO A ESTE ÓRGANO, admita este escrito e, na sua virtude, tendo por feitas as solicitudes que contén, teña por presentadas ALEGACIÓNS contra o acordo de iniciación do expediente sancionador nº .............., declarando a nulidade do mesmo, acordando o arquivo do expediente sancionador incoado e, de non ser así, acorde remitir copia do expediente administrativo á INTERESADA en língua galega e a práctica da proba que se pide no apartado QUINTO, notificándoseme toda resolución ao respecto, a fin de que poida exercer o meu lexítimo dereito á defensa.
Asdo.:



1 comentario:

  1. Eu recomendo que se morades onde haxa um registro da Xunta, entreguedes lá o escrito pois é um serviço debalde, entanto que em correios vam-te cobrar o envio e nom estám as coisas como para dar-lhes um centavo.

    Em Compos o registro geral está fronte a estaçom de buses e está aberto de luns a venres, de 9 a 19 h e sábados, de 9 a 14 h.

    ResponderEliminar