10 feb 2011

Ataque incendiario á sede da UGT (Coruña)


Na madrugada de onte, 9 de febreiro, unha sabotaxe contra a sede sindical da UGT na Coruña causou danos menores na porta do local. Segundo a prensa comercial, que recolle declaracións de sindicalistas oficiais e de "fontes cercanas á investigación", unha botella pequena de auga rechea de líquido inflamable foi o medio empregado pra provoca-lo lume.
Membros dos TEDAX e da policía científica recollían probas onte á mañá nas inmediacións da sede, situada na confluencia de Fernandez Latorre coa praza de Catro Camiños, no centro da cidade herculina.
É de supoñer que a acción está relacionada coa actitude servil do sindicalismo oficial e o seu vergoñento pacto co goberno no eido das pensións, aínda que o feito non foi reivindicado polo de agora.
Non é o primeiro ataque a dependencias sindicais na cidade da Coruña, pois fai quince días a mesma sede amanecía manchada de pintura verde e hai tempo que numerosas pintadas adornan as fachadas de todo-los sindicatos oficiais. Lembramos tamén que o pasado setembro xa foran atacadas as sedes sindicais da cidade (nova e comunicado neste mesmo blog aquí).

Por outra banda, semella que estanse a multiplicar as accións incendiarias na provincia, tendo en conta os ataques sufridos nas sedes do PSOE de Carral e Betanzos (nova en "Galizalivre" aquí) e a recente sabotaxe contra o xulgado de vixiancia penitenciaria, tamén na cidade de Betanzos (nova neste mesmo blog aquí). En Teo, en noiteboa, un artefacto explosivo escachou outra sede do PSOE, o atentado foi reivindicado por independentistas (nova en "Galiza livre" aquí e comunicado aquí). Máis recentemente, en Santiago de Compostela, un grupo anarquista reivindicou un ataque con pedras á sede do BNG o día da folga (nova neste blog-aquí).



No hay comentarios:

Publicar un comentario