Despois de que na Marcha o cárcere de Teixeiro de decembro de 2009 a garda civil, non conforme con pincha-las rodas dos coches dos manifestantes, denunciase a casi 40 persoas por uns inexistentes “desordes graves na vía pública”, polo que foron sancionadas con 500 euros de multa cada unha, a delegación do goberno de A Coruña desestimou os recursos prantexados e leva a doce dos acusados a contencioso administrativo; iso si, rebaixando a cuantia da sanción a 300 euros pra cada un e retirando as sancións a trinta dos acusados. O final céntranse únicamente naqueles nomes que lles son máis coñecidos as forzas da orde, sen que a actuación dos que siguen no proceso fose diferente da dos que xa non están. (Noticia neste mesmo blog aquí).
O vindeiro xoves 28 de ABRIL, ás 13:00h, haberá unha concentración fronte a SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO de A CORUÑA en repulsa por ditos acontecementos.
É curioso o feito de que as identificacións dos participantes non producíronse na manifestación, se non que realizáronas en controis de carretera anteriores ós sucesos. Algúns dos multados nin sequera foron identificados de xeito físico, pese as actas falsas que adxúntanse ó espediente.
A seguinte Marcha a Teixeiro, que debido a ilegalización da primeira convocatoria tivo que facerse en xaneiro do 2011, aínda non se lle coñecen consecuencias penais, inda que é moi posible que axiña cheguen as sancións. Facendo caso o que dixeron os gardas civis o comezo da protesta, neste caso os “desordes” habituais irán acompañados de multas por camiñar pola rúa sen reflectante.
Seguindo co eido represivo, ainda que non estrictamente relacionado co anterior, o 29 de ABRIL ás 12:00h está convocada outra concentración en A Coruña, nesta ocasión xunto ós xulgados, contra a imputación ós familiares e solidarios con Diego Viña dun delito de “detención ilegal” e contra a “liberdade de culto”, por unha protesta durante a misa da patrona dos picolos. Diego Viña morreu en turbias circunstancias nos calabozos da garda civil de Arteixo e agora os denunciantes rematan denunciados mentres absolven os responsables de tan dramático suceso.
3 abr 2011
Continúa o proceso administrativo contra participantes da Marcha a Cadea de Teixeiro de hai dous anos (Galiza)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Difundo no blogue a info e alí estarei compañeirxs, lume ás prisións!!!
ResponderEliminar