2 abr. 2011

A Federación Anarquista Informal reivindica cartas bomba en Italia, Suíza y Grecia.

A F.A.I. reivindicou, mediante comunicados adxuntos nos paquetes, a autoría dos tres atentados do pasado xoves. Dous deles, dos que xa informamos na noticia anterior (aquí), mancaron levemente a sendas empregadas da sección nuclear da compañía Swisselectric en Olten, Suíza, e,con maior gravidade, a un teniente coronel da brigada paracaidista Folgore da base de Livorno, Italia. A terceira carta bomba, que non chegou a estoupar, localizárona no escáner de control de paquetes do cárcere de Korydallos, Grecia, e tiña como destinatario ó seu director.
As tres reividicacións incluidas nos paquetes, escritas en italiano, asinábanas a “Federación Anarquista Informal-Red Internacional” e aludían a anarquistas presos en Chile, Suíza e Alemania. A FAI estivo detrás de outros atentados con paquetes explosivos contra as embaixadas de Suiza, Chile e Grecia en Roma o pasado decembro (nova neste mesmo blog aquí).
As duas empregadas suízas feridas evolucionan favorablemente, segundo fiscal que instrúe o caso “e un milagre que salvasen a vida”; o oficial italiano perdeu cinco dedos entre as dúas mans, ten feridas na cara e nas pernas así como danos nos ollos.

Información tirada de: Afilando nuestras vidas (aquí), Culmine (aquí, aquí e aquí) e da prensa comercial.







No hay comentarios:

Publicar un comentario