Dous paquetes bomba estouparon hoxe, un nunha oficina dunha operadora eléctrica de enerxia nuclear en Suíza e o outro nun cuartel dos paracaidistas en Italia, sen que polo de agora coñézase reivindicación algunha nin se teñen relación entre eles.
O primeiro paquete explosivo detonou ás oito da mañá, na cidade suíza de Olten, na oficina de Swissnuclear, a sección de enerxia nuclear do consorcio Swisselectric. Duas empregadas mancáronse, aínda que de xeito superficial, polo que atendéronas no hospital de feridas no peito e a cabeza.
Nese intre tiña lugar unha manifestación de Greenpeace fora do edificio. Os representantes da organización ecoloxista rexeitaron o suceso.
As catro da tarde, no cuartel dos paracaidistas de Ruspoli en Livorno, Italia, outra carta bomba causou importantes feridas nas mans e queimaduras nos brazos e na cara a un teniente coronel da brigada paracaidista Folgore, polo que podería perder varios dedos.
Aínda non se coñece a autoría dos atentados nin se gardan relación algunha.
Información tirada de cúlmine (aquí e aquí) e da prensa comercial.
31 mar 2011
Paquetes bomba en Suiza e Italia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario