9 ene 2013

12 de xaneiro XIII Marcha a prisión de Teixeiro

Pois si, para os que xa pensabades que este ano non habería a xa tradicional marcha ao cárcere de Teixeiro, aquí tedes o cartaz para asegurarvos de que os bos costumes nunca se perden. Pode que un pouco tarde en comparación con outros anos pero os presos non quedarán sen a súa habitual porción de solidariedade natalicia.

Comunicada oportunamente ás autoridades (im)pertinentes para evitar as non menos tradicionais sancións, a marcha partirá o sábado 12 de xaneiro ás 12:30h da gasolineira pasado o polígono de Teixeiro (N634 Km663), para percorrer a pé a distancia que a separa do presidio e achegarlles aos reclusos os nosos máis sentidos berros solidarios.

Esa mesma tarde às 18,00 en Compostela haberá unha Manifestación que partirá da praza do Toral en Compostela baixo a lenda "Os ricos fanse máis ricos, mentras os pobres van presos". Neste enlace tedes acceso a un panfleto repartido polas ruas de Compos

De momento sabemos de duas saídas programadas para achegarse a Teixeiro:

Na Coruña as 10:00h na okupa C.S.O.A. Palavea (Rúa Río Quintas nº31, na N550 xunto a discoteca OH Coruña), para organizarnos entre os coches que teñamos e ir para Teixeiro.

En Compostela saida as 10:30' na parte de abaixo da estación de autobuses tambén co gallo de organizarse e repartirse entre os coches e sair para Teixeiro.

Redactado por C.R. con información recibida de primeira man.

2 comentarios:

  1. gasoliñeira?????


    jodeeeer!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Difundido en Contrainfo rapaces/zas: http://es.contrainfo.espiv.net/2012/12/29/galicia-xiii-marcha-a-la-prision-de-teixeiro/

    ResponderEliminar