29 sept 2011

Cárcere = Tortura

Reproducimos un comunicado que chegou o noso correo (en castelán e italiano) e que nos traducimos o galego, onde exponse as loitas que algúns presos, sobre todo a partires de outubro, iniciaran contra as torturas e malos tratos dentro das cadeas. Nos cárceres galegos varios reclusos tamén sumáronse as protestas que tomarán forma maioritariamente de xaxúns e chapeos.
Comunicado:

“A tortura é un conxunto de prácticas físico-psíquicas violentas contra o ser humano, perpetradas por axentes do estado, cuxa aplicación última, lograda mediante a aplicación do terror (a técnica), é tratar de acadar do corpo martirizado que a padece, a submisión absoluta á que os torturadores deciden que “deben ser”, “dicir”, “pensar” os torturadxs.”

Para romper a impunidade dos carcereiros

CONTRA A TORTURA E OS MALOS TRATOS

O 1 de Outubro da comezo de maneira coordinada en diferentes cárceres do estado español, a loita dxs presxs contra as torturas e os malos tratos ós que vense diariamente submetidxs.
Son 52 as persoas, de momento, que repartidas por estas cadeas protagonizan tódolos primeiros días de cada mes, un xaxún e diríxense mediante escritos ós Deputados e Senadores (Congreso dos Deputados, Cortes Xerais), entre outros, denunciando esta práctica, dado que son principalmente eles os responsables “políticos” da persistencia da tortura/morte nas prisións españolas, o mesmo que xuíces, fiscais, corpos de seguridade do estado e sobre todo carcereiros.
Hai a lo menos 8 persoas que xa comezaron cos xaxúns e hai quen os realiza semanalmente. E para moitos (antes sequera de comezar os xaxúns) as represalias non se fixeron agardar. Xa practicáronse desde cacheos, intervencións da correspondencia, “cundas” (traslados de cárcere), ata illamentos e intimidacións entre outras.
É imperiosa a necesidade de sumarse á loita, tanto desde os cárceres como nas rúas. O apoio que se dé a esta beira do muro é imprescindible para que os berros das persoas presas non caian no silencio. Por iso animámosvos a estar pendentes das vindeiras convocatorias que se lancen con esta fin.
http://abajolosmurxs.blogspot.com/
“…han de saber que hai voces que non calan e que aínda que sexamos poucos, cada vez seremos máis, soamente fai falla que o medo á súa maquinaria represiva desapareza…”
Preso en loita



No hay comentarios:

Publicar un comentario