Como moitos lectores saberedes moi ben, especialmente aqueles que secundáchedes as diversas convocatorias de Marchas a Teixeiro dos últimos anos, a subdelegación do goberno empecinouse obcecadamente en sancionar unha e outra vez aos solidarios anticarcerarios. Dese xeito chegaron multas, en maior ou menor medida, a participantes das últimas cinco Marchas; nas tres primeiras por non estar as protestas legalizadas e nas demáis polas máis peregrinas acusacións que souberon inventar, coma absurdas multas de aparcamento aos coches dos participantes, polos paos das bandeiras ou por levar un cutter. Da última convocatoria aínda non chegaron sancións, pero están a tempo, e, polo dito polos picoletos alí presentes, este ano poden ser de órdago (iso sí, máis que nada aos convocantes, pois esta sí que estaba comunicada). A todo isto temos que engadir os pinchazos de máis de vinte rodas dos coches dos solidarios cos que nos obsequiaron hai catro anos os picoletos... ou os carcereiros... ou ambos os dous corpos represivos en fraternal contubernio (Máis info sobre as sancións dos últimos anos e as Marchas a Teixeiro neste blog aquí, aquí, aquí, aquí,aquí, aquí e aquí).
O caso é que a moitos dos sancionados da XI Marcha a Teixeiro (prevista para decembro do 2010 e realizada finalmente en xaneiro do 2011 merced a oportuna ilegalización da primeira convocatoria pola subdelegación do goberno) chégalles agora a denegación do recurso de alzada, finalizando a vía administrativa e deixando coma derradeira opción o contencioso. Lamentablemente, o noso benquerido ministro xusticieiro Gallardón, farto de que os pobres puideramos esixir os nosos dereitos coma se fósemos persoas, decidiu instaurar as tasas xudiciais para deixar a defensa xurídica únicamente nas mans dos que máis a precisan: os ricos e poderosos. Dese xeito agora para que un xuíz poida escoitar as nosas demandas de que nos quiten unha absurda multa de 300 euros por uns "desordes públicos" que en realidade nunca aconteceron, debemos pagar previamente 200 eurazos de tasas xudiciais (ademais da multa en cuestión, que logo, se gañamos, xa nos devolverán si se acordan).
Deixamos aquí este enlace a "universidade popular" onde podedes atopar o xeito de solicitar a "xusticia gratuita" e evitar o abono da devandita tasa: -AQUÍ. A entrada elaborouse a raíz do caso das multas de Teixeiro, pero vale para calquera outra vez que te desestimen o recurso de alzada.
Pois ala, que o disfrutedes con saúde!
C.R.
28 mar 2013
Para os sancionados da XI Marcha a Teixeiro: ante a desestimación do recurso de alzada.
Etiquetas:
abuso forzas da orde,
carcel,
galiza,
marcha teixeiro,
prision,
protesta
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario