Se hai apenas unha semana que publicabamos neste mesmo blogue a queixa de Esculca sobre as condiçons do penal de A Lama (ler acá), agora é a quenda doutro macrocárcere galego: Teixeiro.
Asín este "Observatorio para a Defensa dos Direitos e Liberdades" ven de enviar à "Defensoría del Pueblo" e Á "Dirección do Penal" sendos escritos nos que denúncia as pésimas condicións de Teixeiro e que copiamos e colamos acá:
No cadro do seu traballo de observación nos centros penitenciarios situados na Galiza, EsCULcA comprobou recentemente graves deficiencias nas infraestruturas do de Teixeiro e serias carencias nos programas de actividades que o penal debe proporcionar ás persoas presas, o que motivou a presentación de queixas perante a dirección do centro e a Defensoría del Pueblo.
En materia de infraestruturas, as queixas recollen a preocupación do noso Observatório polo estado de absoluto abandono en que se encontran as celas que ocupan os penados clasificados en primeiro grao, réxime de vida pechado, o que supón un grave risco para a saúde e mesmo a vida destas persoas por canto –en virtude do réxime em que foron clasificadas- pasan a maior parte do tempo encerradas. A isto é preciso sumar a situación da propia galeria, con numerosas goteiras que provocan que a humidade sexa intensa e as temperaturas extremadamente baixas en inverno.
Por outra parte, o noso Observatorio ten coñecemento da inexistencia des programas de actividades para os presos clasificados en primeiro grao de tratamento, o que repercute negativamente nestas persoas que, polo seu grao de clasificación, son precisamente as que mais necesitadas están de actividades tratamentais. Segundo as nosas noticias, os propios internos solicitaron á Dirección do penal a implantación e desenvolvemento dun programa de actividades en reiteradas ocasións, e o mesmo fixeron o educador e a escola que funciona no interior, mais até agora non foi tomada medida algunha para solucionar tan grave carencia.
Tamén en materia de asistencia sanitaria, o noso observatorio recibiu numerosas queixas que igualmente se fan constar na denuncia. Moitas delas referidas aos prolongados períodos de tempo que as persoas internas deben agardar antes de seren examinadas e tratadas por especialistas en psiquiatria ou odontoloxía. Tendo en conta que estas persoas carecen doutras alternativas sanitarias, EsCULcA entende que é inadmisíbel que sexan obrigadas a esperar meses sen recibir a adecuada atención médica.
EsCULcA reclama nos seus escritos a adopción inmediata das medidas precisas para subsanar tan graves deficiencias.
Ver aqui e aqui o texto dirixido á dirección do centro.
Ver aqui e aquí o texto dirixido á Defensoría del Pueblo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario