Afectados polas preferentes interrumperon hoxe o pleno do parlamentiño galego con berros de “ladróns”, “mintireiros” e "ata a morte". Avisan que como non reciban os seus cartos “haberá sangue e mortos”. Os deputados do PP abandonaron o hemiciclo.
“Quedei sen nada. Roubaronme todo e e isto non vai quedar así. Aquí vai a haber sangue”. Era o berro desesperado dun afectado polas preferentes. Era dono dun coñecido restaurante en Compostela. Primeiro foi expropiado para facer o trazado do AVE. Aínda non cobrou. Agora non pode quitar os seus aforros porque están no “corraliño” de NGB. “Estou sen nada. Perdín o meu negocio. Cinco persoas que estaban ao meu cargo están na rúa. Os meus fillos están desesperados”.
O home seguía berrando. A súa muller apoiabao. E, abaixo, no hemiciclo, o presidente en funcións, Miguel Santalices, decidía suspender a sesión. Os seus compañeiros de escano, con Pedro Puy á cabeza, decidiron deixar a Cámara. Só quedaron a escoitar os berros, as súplicas e as queixas dos afectados os deputados da oposición. Tamén Santalices, que foi o único do PPdeG, que aguantou as críticas que ían dirixidos ao seu partido e, especialmente, a Feijóo.
O home seguía berrando; "co pouco que teño vou comprar unha escopeta de caza e logo xa veremos. Logo non digan que facemos tolerías. Igual nos están obligando a facer isto... E se sorprenden dos que se matan porque non teñen nada". E continúaba coa súa desesperación; "e xa houbo a un que foi apuñalado", dixo en alusión a un director bancario apuñalado en Baiona.
De cando en cando asomaba pola porta do hemiciclo a cabeza dalgún deputado popular. Mesmo Puy Fraga saíu para encararse cos que protestaban. Pero, os afectados seguían alí, berrando, amosando o seu descontento por unha decisión do Goberno central que os deixa sen, polo menos, o 40% dos seus aforros. “E quen nos vai devolver o que nos roubaron?”, preguntaba outra das afectadas do Baixo Miño.
Finalmente, e logo de máis de dez minutos de protestas, o grupo, de sete persoas marchaba do Parlamento.
Previamente, Argimiro Martínez, voceiro da plataforma de afectados do Baixo Miño, xa advertía do que ía pasar. “Que teñan coidado, que imos comezar a irlle pola casa”, dicían en alusión aos políticos do PP. “E que teña coidado Feijóo que poderá ir a O Rosal. Entrar entra, pero saír non sae, a non ser que vaia cun exército”.
E é que os afectados responsabilizan ao presidente galego e español de parte do que lles está acontecendo por “mintireiros e manipuladores”. Ana Belén Álvarez, tamén da plataforma do Baixo Miño, foi máis alá. “Se ten que morrer alguén, vai morrer… Nós seguiremos loitando e non nos vai parar ninguén. Vai a haber sangue e o río Miño vai correr cheo dela”.
Notícia colada de Galicia Confidencial
Crónicas interesantes em El Diario.es:
ResponderEliminarAfectados gallegos por preferentes interrumpen pleno y advierten de que "habrá sangre" si no recuperan dinero
http://www.eldiario.es/economia/Afectados-preferentes-interrumpen-advierten-recuperan_0_81192214.html
La desesperación de las preferentes revienta en el Parlamento
http://www.eldiario.es/galicia/desesperacion-preferentes-revienta-Parlamento_0_81192199.html
Que noxo de xente interclasista. Anarcoque?????????
ResponderEliminarClaro, pobre do empresario que se viu "obrigado" a despedir cinco persoas que tiña "ao seu cargo", claro, que non as explotaba e todo moi guai e moi orgánico entre o patrón e o obreiro.
Ladróns de que? Especuladores roubando especuladores?