28 feb 2013

Cadernos de explotación, nº1: Traballar é unha cousa horrorosa

Traballar é unha cousa horrorosa. Todas as persoas que rompen o lombo diante das máquinas de coser, as que embrutecen o cerebro diante dos ordenadores, as que súan nos locutorios, as que se mutilan cargando caixas cuxo contido nin coñecen, as que choran no retrete para borrar ese horrible sorriso que teñen que poñer diante do cliente e todas as demais que perden parte da súa forza realizando repetitivamente eses movementos que non lles achegan nada máis que algo de diñeiro que pasará da conta bancaria do patrón á do propietario, todas aquelas persoas que, polo menos, son capaces de admitilo. O traballo é unha mestura de tristura, aburrimento, dor, frustración, encerro e caras falsas. É unha acción en contra dos nosos corpos, o noso desenvolvemento, a nosa subsistencia e, contrariamente aos lugares comúns, da nosa supervivencia. Así que si, o traballo é unha cousa horrorosa. Quizais algunhas persoas em postos de executivas, empresarias, artistas, científicas ou demais, me contradigan nesta afirmación, pero a verdade é, hai algo máis nelas que escravas felices por ter en conta as súas obxeccións na súa vida diaria?

Dito isto, hai anos que traballo algo menos de quince horas á semana. Non traballo porque pense que hai que traballar, traballo porque, polo momento, é a obriga que me encontrei ante a chantaxe do diñeiro. Máis exactamente, son camareiro nun restaurante dun barrio rico de París cunha clientela de snobs de todo tipo (menos pobres, quizais), é dicir, van as fans da vida ao novo rico con ganas de exhibir uns cantos feixes diante das suas conxéneres. Cada xornada de traballo é a mesma repetición de xestos funcionais, son centos de persoas coas que hai que intercambiar sorrisos crispados e diálogos sen sinceridade nin interese (mutuo) nos que se nos considera simples medios, non fins. Para a clientela, só somos un medio para obter comida, somos as súas intermediarias (entre tantas outras) entre as súas carteiras e o banco do patrón restaurador. Está claro que é difícil, co tempo, xogar ao xogo que consiste en aceptar que non somos nada, que só somos servas que fan aparecer cun asubío (só esperamos iso) ou un estalo de dedos e ás que se lles dá ordes e mandatos que disimulan en forma de pregunta, porque no fondo a idea de ter escravas é insoportable para moitas cando se presenta de forma demasiado evidente. Cando unha clienta pide pan, non pide, esixe, e nós temos que obedecer no acto. Imaxinádevos, pois, que unha camareira responda: "non, non teño ganas de servilo ou ben "non, nada me inspira as ganas de prestarlle servizo".

Pero, que é a clientela? Para ser sincero, non teño nin idea. Éme imposible definir esta nova clase, ese estado de ser tan absurdo e, polo tanto, tan integrado. O cliente ou a clienta é unha persoa que cambia certa cantidade de diñeiro (ou non sei que outro valor de cambio) e ten o dereito de obter, co apoio das leis, un servizo calquera. A clientela debe obter este servizo, non hai condicións nin negociacións posibles. Cando unha clienta pagou ou vai pagar, unha crenza moito máis enraizada que calquera outra crenza supersticiosa, quere dicir que obterá o que se lle debe. Por exemplo, un cliente pídeme unha torta, polos pelos, porque só queda un anaco. No momento de servila, esta esvárase dunhas mans cansadas por unha xornada esgotadora repetindo os mesmos movementos, antes de caerse redondo. Eu descúlpome como é costume e póñome a catro patas para limpar mentres este, dende arriba, me bota pestes sobre ata que punto ten présa e ata que punto o que ten que facer é importante, mesmo primordial. Vólvolle dar a carta para que elixa outro prato, pero el quere unha torta, vólvolle explicar que era a última, pero non hai nada que facer, el quere unha torta e é un restaurante que serve tortas, así que el ten que ter a súa torta, é así. O cliente pide e esixe, está no seu dereito de ter unha torta, o contrato social garántello, a lei enmárcao. O patrón explícanos que "o cliente é o rei", xusto ese é o tema, o tema de toda unha vida, un tema que leva en si a invariabilidade da autoridade: dende que hai un rei, hai que servilo, entón, se o cliente é o rei, hai que servir ao cliente.

Coas compas de traballo menos verdes neste xogo da explotación e as/os máis desenganadas/os, adoitamos facer a observación de que os/as clientes poderían vernos soltar chorros de sangue por todos os poros do noso corpo, chorar, sufrir, caer e aínda así non farían nada, están condenadas a comer, teñen que ter de comer. É o seu dereito, é noso deber. De feito, a primeira cousa que ten que saber facer un camareiro ou unha camareira é calar a boca, tragar calquera orgullo, calquera imaxe de si mesmo/a que mostre algo de dignidade, dominar os seus impulsos violentos e agresivos, pois.

Toda esta merda para conservar un traballo que non soportamos? O paradoxo é xigantesco, é a da dominación. De feito, non gardamos a compostura porque queiramos conservar o emprego, senón por conservar o salario, por moi miserable que sexa, e esa é outra máis das capas de obrigas, xusto despois da que consiste en aceptar que hai que ter diñeiro para vivir baixo a dominación capitalista omnipresente.

Estas liñas non queren ser importantes, nin se publicarán con regularidade, senón segundo o grao de necesidade de publicalas do autor, non son máis que as liñas dun individuo frustrado ata a medula que se dedica a refrear a súa violencia, que soñaría con tirarlle o prato ao careto de todos eses comellóns pero que aínda non ten nada que perder, en todo caso, o salario. Hai que conservar o emprego porque hai que conservar o salario e conservar o emprego non ten gran cousa. Tirarlle un prato ao careto chorreante deses infames gozques dos clientes reis non forma parte desas cousas.

Pero, quen sabe? Quizais algún día...

Non serviam

Copiado e traduzido de ContraInfo
Leer más...

27 feb 2013

[Suíça]: Comunicado de Marco Camenisch sobre a sua Nom Liberaçom

Recolhido de ContraInfo, traduzimos:

Princípios de agosto de 2012
O jefecilho do matadeiro de Lenzburg di-me a vozes que as autoridades ejecutivas ZH lhe pediram conselho/opiniom sobre a liberdade condiçonal em dezembro de 2012 e que, por isso, tinha que saber se eu acepiaria “passos de descenso” (de “resocializaçom”), por ej. permisos, trabalho externo, semiliberdade, ou si a minha línha era ” liberaçom ou nada”. Declarei que aceitaria bem tais passos.

19 de novembro de 2012, 1. represálias/provocaçom às vissitas
O jefecilho proibe as vissitas a umha companheira revolucionária comunista de Zúrich que me vissita em Suíça desde há case umha década a pesar de que “sempre” tivo antecedentes de “delitos” políticos e, incluso, vinhera durante o seu periodo de detençom em liberdade vigiada, sob a excusa dumha condena política que tivo a 17 meses de prisom, quando os medios informaram que era definitiva em última instância (Tribunal Federal).

07 de dezembro de 2012
Com muita presa, a encarregada e o supervisor das autoridades de Zurich evitam a “audiência legal” polo que transgredem o TAR (Tribunal Administrativo de Revissom) que decidira volver a mandar a juízo a primeira nom liberaçom condiçonal (véa-se a minha informaçom da Sentência do Juízo 8.11.2012 do TAR de Zúrich sobre a liberaçom condiçonal, de 25 de novembro de 2012). Volvim proponher a minha posiçom (imposibilidade subjectiva dumha recuperaçom da “luita armada”, necessidade/legitimidade da luita armada revolucionária).

Janeiro de 2013
Devido a aclaraçons burocráticas sobre as vissitas, umha “assistente social” do matadeiro em Passant perguntou-me se eu estava informado do meu translado. Tra-la minha negaçom engadiu para suavizar o régime ejecutivo, é dizer, para “passos de descenso, resocializaçom” e que, mais adiante, informaria-me melhor.

28 de janeiro de 2013, de tarde, 2. represálias/provocaçom às vissitas
As duas companheiras e os dois companheiros que aguardam para as vissitas (umha companheira anarquista de Zúrich e um companheiro anarquista de Torino, que me vissitam desde hace casi umha década, e um companheiro e umha companheira mais novas de Tesino, que me vissitam desde há uns tres anos) na entrada do cárcere sofrem a emboscada de quatro madeiros (tres do Cantom de Argovia e um, quizais, federal) com umha hora de registros que incluem também espidos. O compa de Torino, sob a excusa do FEM em Davos, teria a proibiçom de entrar na Suíça durante dez dias, dos que em 28.01.13 seria o derradeiro. Jamais recebera nengumha notificaçom, pois segundo os madeiros nom poideram envia-la por falha de endereço. Nom se sabe, nontanto, que tipo de mágia fai que receba regularmente, desde este matadeiro, o permiso de vissitas que deve monstrar obrigatoriamente na porta no momento da vissita. Assim sob a excusa desta proibiçom, os madeiros cúmplices da prisom nom lhe permitem a entrada à hora de vissitas que restava (temos 2 horas de vissita cada semana). Às outras tres pessoas, se é que entendim bem, quizais vos informem elxs melhor ou, se nom, em primeira pessoa, a madeira sonsacou, chantajeando-lhes com a cancelaçom total das vissitas, já reduzidas à mitade, os números e os contidos dos seus teléfones. A seguinte vissita de primeiros de fevereiro, confirmou-se um control “regular” à entrada, ainda que mais “meticuloso” do “normal”.

05 de fevereiro de 2013
Desde as autoridades de Zúrich, primeira instância, recebo a segunda denegaçom (com data de 1 de fevereiro de 2013) da minha liberdade condiçonal, “fotocópia” da primeira, pero como “motivaçom engadida” se refirem à “audiência” de 7 de dezembro de 2012. Ao final, engadem que ao matadeiro de Lenzburg pedem-lhe conselho/opiniom sobre a minha liberdade condiçonal a apresentar em dezembro de 2013. Traducçom: superflua. As fotocópias lhes chegarám a várixs compas na Suíça, para o acesso público. Se apressentarám os devidos recursos e apelaçons do caso.

Ainda que este objectivo imediato e parcial de todas as vossas estupendas iniciátivas de solidariedade em luita nom se alcançou ainda e ainda que “nunca” o fosse!, pero o “ponto” central nom é este. Senom que estas iniciativas som umha parte inseparável da luita social pola liberaçom total. Que nesta luita som eficaces mais lá dos seus objectivos e resultados específicos, imediatos e vissíveis. O demonstram a repressom, as repressálias e a fúria do inimigo, também e nom por último quando te rebelas contra os seus refens/presxs de guerra pola liberaçom social. Que o inimigo nos combata, sinifica que na guerra pola liberaçom total estamos no bo caminho.

É guerra à guerra, à guerra perpétua, global e total polo domínio, a exploraçom e a opressom! É umha guerra na que ainda mais que para qualquer outro tipo de guerra vale: …nas cosas mais perigosas, como a guerra, os erros que provenhem da bondade som justo os piores…
(Clausewitz)!

Nom ha contradicçom no feito de que a ternura, a bondade e o amor estám entre as características e motivaçons centrais para cada guerreirx pola liberaçom total; pero nom debem debilitar a lucidez, a resoluçom e a energia da luita, senom fortalece-la!

Com amor, determinaçom e solidariedade,
Marco Camenisch
matadeiro de Lenzburg, Suíça 10 de fevereiro de 2013
Leer más...

Agressom neonazi contra a Biblioteca Social "Hermanos Quero" de Granada - Comunicado


Copiamos, traduzimos e colamos do blogue desta Biblioteca Social:

Comunicado da B.S. "Hermanos Quero" sobre a agressom do passado domingo 24 de Fevereiro:

O passado domingo 24 de fevereiro arredor das 20:30 horas, durante a palestra-debate "O motim de 4 Camins e o juízo aos torturadores" a cárrego dum colectivo barcelonés, celebrada na Biblioteca Social "Hermanos Quero" as 20 pessoas que se atopavam no ato viverom umha agressom fascista.

Em questom de menos dum minuto, as pessoas assistentes vimos como de repente rachava um cristal da porta e segundos depois rompia-se um outro, saltando os cristais por todo o local e ferindo na fronte a um companheiro, e de seguido foi lançada umha bengala, que se puido apagar rapidamente sem maiores consequências.

Ao sair, arredor de 6 pessoas completamente alheias à palestra (várixs vizinhxs, um comerciante e várixs viandantes) comentavam que fora cousa de entre 10 e 20 pessoas, nom estamos certas de quantos eram, todos encarapuçados, armados com paus e de estética neonazi.

Minutos depois aparecerom um total de dois carros patrulha e uns 6 efectivos da Polícia Nacional, provavelmente a raiz da chamada dalgum vizinho. Entanto dois deles nom dabam creto do sucedido, outro -quem nas aparências estava ao mando- nom só nom amosou nengum interés por aclarar a situaçom, senom que mesmo punha em questonamento o que xs vizinhxs contavam.

Entendemos este feito como umha agressom nom só à Biblioteca senom a todo um entorno político. Esta agressom é umha mais- como outras tantas que houvo tanto em Granada como noutras cidades- e animamos a seguir com o trabalho político nos locais, os colectivos e nas ruas, estando moi atentxs para nom permitir que isto se volva a passar.

E rematam este comunicado agradecendo as monstras de solidariedade que tenhem recebido e que desde acá sumamo-nos.
Leer más...

[Vídeo] Centro de minores de Galdar (Gran Canaria): Vestixios dunha prisón


Hoxe en día é un predio abandonado dende que en agosto de 2011 fora fechado de sorpresa e sen previo aviso do persoal (ver notícia acá), agora, xá rotas as suas vallas e aberto de par en par, aínda podense apreciar os vestixios do que foi un lugar de castigo para xovens que viveron a experiencia de estar internos neste cárcere de máxima seguridade, aos que dan en chamar eufemisticamente "centros de minores con réxime cerrado". Convidamos a ollar o video e a fixarse nas celas de castigo de 1x1 metros, e a facerse a seguinte pregunta: É un lugar axeitado para pretendidamente rehabilitar conductas "erradas" duns minores? Xulgade vos mesmas.....
Leer más...

26 feb 2013

A loita por Aurelia aínda non rematou, queda moito por acadar.

Crónica e reflexión da loita contra o desafiuzamento de Aurelia Rey en A Coruña:

O feito de que onte, xusto despois de rematar de ler o comunicado que daba conta do pacto confidencial entre Aurelia e os seus caseiros, os activistas que resistiron durante a pasada semana ao cumprimento da orde xudicial se lanzasen, deseguido, a okupar as instalacións de Servizos Sociais do concello, pretende deixar clara unha inequívoca mensaxe: que a loita por darlle unha solución digna ao caso de Aurelia aínda non rematou... nin moito menos. Aínda queda por conseguir que as institucións cumpran co suposto papel que deberían ter e que tan caro nos sae aos que involuntariamente as mantemos, ou, no seu defecto (e quizais moito mellor) facer nós, como pobo autoorganizado, aquilo que nunca debemos deixar en mans de, como diría Aurelia, "tanta corrutela do Huntamento".

E é que malia o dito pola plataforma "STOP Desafiuzamentos" (desbordada polas características do momento en auténtica asemblea popular) e por tanto político real ou figurado de distinta plumaxe, o acordo de antonte non foi un rotundo éxito, nin moito menos. Aos que sufrimos a pé de portal do cansazo e o estrés desta angustiosa e intensa semana, preñada de emocións encontradas, nos deixa un sabor agridoce na boca. Por un lado a sensación de terlle evitado á octoxenaria Aurelia o vía crucis do desafiuzamento e a entrada forzosa nunha residencia, onde os "expertos" do concello tivesen podido experimentar con ela as súas “menguelianas" técnicas de desautorización social. Polo outro a dolorosa sensación de negociar á baixa os termos dunha ignominia auspiciada polos tribunais e bendicida polo concello.

A nosa loita non só era por Aurelia, senon polas miles de Aurelias de aquí e de todas as partes que pelexan, agora afortunadamente nas rúas e non nos escuros despachos de chupatintas e mangantes, por un futuro sen desafiuzamentos. Pero iso non nos permite colgar unha vella de 85 anos do pau da bandeira para axitar a conciencia social; foi por iso que o interese de Aurelia foi sempre o primeiro e pesou sobre outras consideracións á hora de negociar.

Sobre os termos do pacto alcanzado cos ******* propietarios nada comentaremos, pois poderosas razóns o fan confidencial (malia o irresponsable interese por desvelalo mostrado por certos medios máis ou menos "afíns") e así nós deixarémolo estar. Espero que os lectores saiban comprender que isto non responde a consideracións políticas se non máis ben a moito menos viles motivacións.

Os feitos relativos ao intento de desafiuzamento de Aurelia Rey, a pasada semana en pleno centro da cidade da Coruña, creo que son de todos coñecidos pola desmesurada atención mediática que suscitaron:

Centos de Coruñeses dábanse cita o pasado luns 18 fronte ao portal desta simpática octoxenaria para evitar a orde de desafiuzamento conseguida coas malas artes dos seus caseiros a raíz do non pagamento dun mes do aluguer. Ao berro de "Aurelia non se vai, Aurelia se queda! " tomáronse o relanzo do portal, a beirarrúa e os dous carrís da rúa "Padre Feijoo” onde se atopa o inmoble. A policía, que malia o comunmente dito non é parva (se non máis ben filladeputa), tiña preparado un intelixente plan. Unhas dotacións policiais xunto con persoal do xulgado e un cerralleiro deixáronse caer pola zona, aparentaron desistir e a xudicatura anunciou públicamente a paralización do desafiuzamento. Unha vez desconvocada a protesta, e cando alí só quedaban unhas poucas persoas, os antidisturbios reaparecen por sorpresa, cortando a rúa en ambos os dous extremos e dispostos a acometer as súas maléficas intencións. Afortunadamente os compañeiros que quedaban xunto ao portal tiveron o tempo xusto de parapetarse no seu interior asegurando as dúas follas da porta cunha potente cadea. A multitude volveu concentrarse encolerizada ata desbordar ás bravas un dos cordóns policiais, algúns dos bombeiros negáronse a intervir e mesmo apoiaron explícitamente aos concentrados (e cando dicimos algúns é porque é algúns, posto que un servil xefecillo do parque si que cumpriu finalmente co seu nauseabundo deber, deshonra eterna para semellante lambecús). Malia que cedeu a cadea que separaba a Aurelia das garras policiais, os compañeiros do portal apuntalaron cos seus corpos a porta (e a xustiza social) evitando as acometidas das forzas represivas. A situación na rúa xa empezaba a desmadrarse, premendo a berros e empuxóns as liñas policiais, que a duras penas conseguían manter un cada vez máis reducido e bamboleante perímetro de seguridade. Os representantes do xulgado, tras rodar polo chan mentres vían os seus papeis voar en varias ocasións, non quixeron descubrir o que podería facer a masa popular enfebrecida ao ver como se levaban en volandas a unha vella da súa casa por non pagar un mes de aluguer e paralizaron finalmente o desafiuzamento. Logo todo foron abrazos, bágoas e brinde coa sidra caducada que Aurelia gardaba no máis profundo dun dos seus armarios.

Malia que algún político aquel día, por moito que como anarquistas nos custe recoñecelo, si que estivo a loitar na rúa como un máis pola paralización do desafiuzamento, a partir do día seguinte xa chegaron as chupadas de cámara e os "arrimo o ascua á miña sardiña" que, como era de esperar, non podían faltar en semellante cambalache.

O que iniciara un reducido grupo de persoas agrupadas en torno a "STOP Desafiuzamentos Coruña" xestionábase agora por unha nutrida asemblea cidadá conformada por activistas de todas as procedencias.

O portal de Aurelia converteuse en campamento perpetuo da resistencia e as escaleiras en cuartel xeral das interminables asembleas de organización. Aquilo parecía o exército de Pancho Villa, esquerdistas, quincemeros e antisistema relacionábanse con politicuchos locais, frikis espontáneos e reporteiros de prensa rosa no interior dun portal máis transitado que a boca do metro de Atocha.

Finalmente, unha semana máis tarde a negociación cos propietarios puxo fin a todo aquilo xusto antes da batalla final que todos estabamos a agardar. Pero a solución ao conflito aínda non se acadou. O pacto é cos propietarios, pero os servizos sociais que se adicaron a mentir descaradamente sobre o seu papel neste suceso, aínda teñen moito que explicar. Uns servizos sociais coruñeses dirixidos polo avogado de Bankia para desafiuzamentos (non é coña nin esaxeración, é o pluriemprego do concelleiro ao cargo) que non encontra mellor solución que internar a unha persoa que se vale perfectamente por si mesma nunha residencia, vítima como é do moobing inmobiliario. Uns servizos sociais que durante todo o conflito fixeron un baile de cifras sobre as casas de protección social das que dispoñen que oscilaron entre setenta e ningunha. Uns servizos sociais aos que como anarquistas non podemos pedir outra cousa máis que que se disolvan en prol dun mundo mellor e xestionado dende abaixo, pero aos que si podemos pedir contas de que coño é o que fan co noso diñeiro e sobre as súas represivas e fascistas solucións aos conflitos cidadáns.

A todo iso debeuse a okupación de onte das oficinas de Servizos Sociais do Concello por unha trintena de activistas que non querían deixar que o conflito de Aurelia se resolva co remate do telexornal que anuncia o acordo cos propietarios. Porque non queremos que todo isto se resolva en falso sen encontrarlle a Aurelia un novo e digno fogar onde vivir. Non serán, dende logo, os servizos sociais os que atopen a solución, pero si que son dignos acredores da ira popular e o desprezo daqueles que loitamos e loitaremos por parar a eiva dos desafiuzamentos e por facer deste un mundo mellor.

P.D- Non obstante moitos dos anarquistas que participamos en todo isto non podemos evitar o feito de sentirmos un pouco sucios. Sucios por participar nunha batalla que, malia ser meridianamente xusta, está claramente mediatizada polas diversas tendencias políticas opositoras ao concello, nun claro intento de rendibilizar a loita dos coruñeses en contra dos desafiuzamentos. Sucios por compartir trincheira con aqueles que lexislan e reprimen e aos que, con toda seguridade, a liña que os separa de acometer eles mesmos esta clase de inxustizas non a marca outra cousa que o resultado electoral. Sucios por darlle os medios de desinformación de masas, e aínda por riba aos máis sensacionalistas e alienantes nunha maior medida, un papel preponderante na estratexia de resolución deste conflito. Sucios por converter a loita social nunha perversa mediación entre vítimas e verdugos, consentindo por compaixón a burocratización do conflicto. Sucios porque loitamos contra os desafiuzadores de agora xunto cos desafiuzadores do mañá.

Tristes ironías que deben facernos pensar e buscar mellores medios de intervención social, pero nunca deixar de loitar.

C. Ribas
Leer más...

Recopilatorio Charlas na Galiza: "Din que Reisertan pero Exterminan - O Cárcere a Debate"

Há uns días neste mesmo blogue anunciabamos a Charla de Lugo organizada pola Asamblea Anarquista de Lugo, no CSO Madia Leva, agora, tras receber outros correos con as convocatorias de Compostela e a Corunha, reunimos todas as convocatória neste mesmo post:

Asín no trascurso desta semana falarase das torturas e maus tratos baixo custodia nestas palestras que terán lugar en:

- Mércores dia 27 às 17h en A Corunha, no CSO Palavea (antes haberá comedor pro-presxs às 14.30h)
- Xoves, día 28 en Compostela, xornada dupla: às 17.30h no salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación e a partir das 20.30h no CSO Casa do Vento ( con posterior ceador pro-presxs )
- Venres, día 1 de marzo en Lugo ás 20h, no CS Madia Leva
En "leer más" ampliamos a información con as diferentes ponentes e disponibilizamos os cartazes específicos de cada localidade.

Participarán para isto, a nai e o pai de David Blanco (morto en comisaría en raras circunstancias en Xixón) e a nai de Noelia Cotelo. Esta última atópase no cárcere de Ávila, no cal neste último tempo non paran de machacala: abusaron sexualmente dela, provocáronlle lesións, negáronlle a atención médica cando a está a precisar continuamente, dificúltanlle as comunicacións, etc. Interrumpeu a folga de fame fai ao redor dunha semana estando en perigo de coma hipoglucémico pero sigue combatendo e denunciando a súa situación.

Por outra banda en Lugo estará Baldomero Lara (ex-preso FIES) e na Corunha e Copostela, Buter presentará o último número de Punto de Fuga, a publicación anticarceraria de moitos anos de traballo e adicado esta vez sobre todo á tortura.

Estades convidadas a participar!

Leer más...

[Vídeo] Homenagem a Juan Pablo Jiménez, sindicalista assassinado em Chile

As compas da organizaçom anarquista chilena "Productora de Comunicacion Social" enviam-nos este vídeo homenagem a este sindicalista e membro da Radio Popular Enrique Torres, quem foi assassinado dum disparo na sua cabeça quando em joves, 21 de fevereiro passado, estava a preparar no seu gavinete da empresa umha demanda por prácticas antisindicais da empresa eléctrica AZETA (subcontrata de Chilectra) para a que trabalhava, dado que ao dia seguinte venres 22 tinha audiência para seguir com umha denúncia por abuso laboral e por condiçons deficientes de seguridade no trabalho ( os operários de AZETA som os encarregados de reponher o serviço eléctrico, e desenvolvem as suas labouras em condiçons de alta perigosidade. Dizer que, para colmo, a brigada de homícidos da PDI (polícia de investigaçons) atribue o assassinato a umha "bala perdida" (supostamente a bala procedia de afora e foi impactar à cabeça de Juan Pablo), o gerente da empresa, Daniel Belmar, qualicou o assassinato como umha "triste coincidência" e o governo chileno limitou-se a qualificar-lo como "preocupante" em boca do ministro do Intérior, Andrés Chadwick.

Dizer que este sábado 23, centos de pessoas despedirom a Juan Pablo com raiba e com a convicçom de que há que seguir na luita, porque "É preferível luitar e perder, que perder sem ter luitado" e foi nesse acto no que as compas da "Productora de Comunicacion Social" gravaram este vídeo-homenagem:


Notícia redactada por Edu segundo informaçom recabada de:

- Productora de Comunicacion Social
- Radio Enrique Torres
- Soy Chile
- La Nación
Leer más...

25 feb 2013

O fascista assassino de Yolanda González agora colabora com as forças policiais

Copiamos e colamos de EsCULca:
Emilio Hellín Mouro, condenado a 43 anos de cárcere pela morte a tiros em Madrid de Yolanda González Martín, uma jovem do bairro bilbaino de Deustua e militante do Partido Socialista dos Trabalhadores (PST), é agora um destacado colaborador da Policia civil e outras forças policiais, entre elas a Ertzaintza. O assassinato de Yolanda fora reivindicada pelo Batallón Basco Español.

O autor material dos disparos, o exmilitante de Fuerza Nueva Emilio Hellín Mouro, trabalha na atualidade para os Corpos e Forças da Segurança do Estado em casos judicializados e forma os seus agentes em técnicas forenses de espionagem e rastreio informático, segundo informa na sua edição de ontem El País, que revela que se trocou o nome pelo de Luis Enrique.

Com a identidade variada, é agora um dos principais assessores do Serviço de Criminalística da Policia civil, participa em investigações judicializadas sobre «terrorismo» e delinquência, dá cursos de formação a agentes deste corpo, do Corpo Naconal de Polícia, o Ministério de Defesa, Ertzaintza e Mossos d'Esquadra, dá conferências a membros das Forças e Corpos da Segurança do Estado em organismos oficiais e cobra pelos seus serviços do Ministério do Interior.

Segundo este jornal, também assiste como perito à Audiência Nacional e a numerosos julgados de diferentes cidades espanholas. A sua especialidade é o rastreio de provas em telemóveis, computadores e dispositivos digitais que intervieram em atentados, homicídios, sequestros, delitos económicos, financeiros ou informáticos,

Ninguém parece saber que o hoje experto e assessor deu «um passeio a Yolanda González por uma Espanha grande, livre e única», tal e como reivindicou o Batallón Basco Español, um dos grupos da guerra suja.

«Não conheço o passado deste senhor, só sei que respondeu sempre a todo o que lhe pedimos», limita-se a dizer um comandante da Policia civil perguntado pelo citado diário.

Hellín Mouro cumpriu só uma pequena parte dos 43 anos a que foi condenado. Já em 1987, sete anos após a morte de Yolanda e apesar de ter protagonizado já uma fuga, foi-lhe concedida uma permissão penitenciária, que aproveitou para voltar a escapar, desta vez ao Paraguai, onde trabalhou para os serviços militates e policiais. Foi detido pela Interpol e devolvido ao Estado espanhol em 1990.

Os pais de Yolanda González continuam a viver em Deustua, onde nasceu e viveu Yolanda antes de se transladar a estudar a Madrid. O seu irmão falou para “El País”: «Estou perplexo. É indignante que este homem realize essa atividade. Não sei se se terá arrependido; todo mundo tem direito a uma nova oportunidade, mas, se o faz com uma nova identidade, só ratifica o tipo de personagem que é. Está claro que neste país as pessoas vinculadas à extrema direita gozam de privilégios».

O passado 1 de fevereiro, no 33º aniversário da sua morte, vizinhos do bairro de Deustua tributaron uma nova homenagem a Yolanda
Leer más...

[Compostela] Martes 28 às 20:00' - "A Estratexia do Caracol" no Cinema-Forum da "Ghavilla"

2ª Proxección no Cinema-Forum de "A Ghavilla". Unha oportunidade de visonar este filme en pantalla grande con sonido estéreo e en boa companhía con a comodidade da Biblioteca, xunto a un bo ambigú. Qué máis se pode pedir??

A Estratexia do Caracol ( Sergio Cabrera 1993 Colombia ) 116 min.

O caracol, animal que leva sobre as suas costas o seu fogar, non só é a cristalización da idea do acceso libre e igualitario à vivenda digna, da conquista e defensa dese direito tan básico, senón das posibilidades certas que temos todas de construir o noso fogar que, no caso dos seres humanos, realizase cooperativamente.

“A Estratexia do Caracol” non só é un filme que desenvolve un guión máis que interesante e criativo, umhas personaxes queribeis e umha ambientación e fotografía espectacular, senón que se constitue numha reflexión acerca das estratexias e obxectivos que tenhen as comunidades humanas de enfrontarse e resolver os problemas, baseados no apoio mútuo: “de cada un según a sua capacidade” nos di aquél vello miliciano anarquista espanhol achegado a terras colombianas, ao que o “Perro”, candidato a leguleio, responde “que esta estratexia non ten precedentes” e nunca a terá no marco democrático representativo.

“A Estratexia do Caracol” xulga a realidade latinoamericana e non só a colombiana, con palabras precisas, entonación firme e segura. Amosa a diversidade na unidade. A posibilidade da unidade da diversidade. A sociabilidade popular baseada nas confianzas e necesidades humanas, individuais e colectivas. Que non importando as circunstancias adversas a que nos enfrontemos, moi superiores ao individuo, sempre nos teremos os uns aos outros, a solidariedade por riba do autoritarismo, da astucia e picardía popular à regulamentación legal, da posibilidade de realización dumha sociedade libre e cooperativa ainda en medios desfavorabeis. Porque tal como nos sinala esta estratexia, máis alá da regulamentación política e a determinación histórica-legal, sempre existe a posibilidade grazas à vontade e a solidariedade humana, “levantando un novo teito non porque as leis asín o demanden, senón porque o necesitamos”.
Leer más...

"Acordo amigábel e confidencial" entre Aurelia e a familia Pereira

Recollemos de SermosGaliza ao respeito da comparecencia da plataforma Stop-desafiuzamentos de A Corunha nesta mesma mañá do luns 25 de febreiro perante o portal de Aurelia nunha roda de imprensa na rua:

Foi o avogado da anciá quen se presentou perante a imprensa. Cualificou o acordo coa familia Pereira de "acordo amigábel e confidencial". "Non vai haber despexo forzoso". Aurelia Rey non será desafiuzada, após un "acordo amigábel e confidencial" cuxos detalles son privados. Porén a familia Pereira terá que indemnizar Aurelia con 5 mil euros e, pola súa banda, a octoxenaria terá de prazo até o 1 de maio para abandonar a vivenda en que morou os últimos 34 anos.

"Chegouse a unha solución pactada cuxos termos preferimos manter na confidencialidade mais que paraliza unha sentencia firme en proceso de execución, o que supón un fito moi importante na loita contra unha lei inxusta", subliñou o avogado, quen enfatizou, así mesmo, que é esta a primeira vez en que se logra paralizar a execución xudicial dun desafiuzamento forzoso cunha sentenza firme de por medio e após dúas tentativas de lanzamento.

"Trátase dunha saída que non é a perfecta, pero que logra por vez primeira evitar un desaloxo forzoso. Agora faremos un seguimentos para ver se hai axuda por parte do concello", acrecentou o letrado de Aurelia namentres ela "descansa logo duns días moi tensos".

Stop-desafiuzamentos cualifica de "fito" a paralización do despexo

Perante os medios compareceu tamén un dos integrantes de Stop-desafiuzamentos quen, moi emocionado, agradeceu a "veciñanza, comerciantes, medios, bombeiros e activistas que fixeron isto posíbel". Entre bágoas, remarcou que "seguiremos na loita para non permitir nin un abuso máis". A súa rápida intervención rematou con berros de 'Si se pode'.

Malia non debullaren os termos do acordo asinado entre inquilina e propietaria, este non incluiría unha vivenda. Con todo, Stop-desafiuzamentos anunciou a súa intención de solicitar para a coruñesa unha vivenda social por parte do Concello, e fixérono inmediatamente. Tan pronto concluíu a rolda de imprensa na que comunicaron a fin da súa mobilización diante da casa de Aurelia, transladaron esta cara ás dependencias municipais da concellaría de Servizos Sociais.

Unhas 30 persoas lograron entrar na concellaría antes de seren informadas de que o seu titular, Miguel Lorenzo, non podería recibil@s hoxe, polo que decidiron ficar no interior até seren ouvidas as súas reclamacións, quer polo director técnico de Servizos sociais quer polo concelleiro, ou até que o Concello non estableza "unha data en firme" para unha reunión entre a concellaría e dúas persoas representantes de Stop-desafiuzamentos.

Por volta dunha ducia de axentes da policía local bloquearon a entrada ao Concello e tratan de desaloxar @s activistas. Ao lles preguntar polos termos do acordo alcanzado coa familia Pereira, membr@s da plataforma cidadá recalcaron que, malia non seren públicos os detalles, "se estamos aquí é porque Aurelia necesita axuda".
Leer más...

Os manejos da organizaçom da concentraçom "Corcoesto si, Mina si”

Como já se tem passado na Galiza noutras ocasions por motivos diferentes (como a manifa de há 3 anos de "Galicia Bilingue") semelha que, para convencer-nos do que nom queremos como galegas, tem que vir gente doutras zonas do estado a manifestar-se.

Assim o denunciam a Plataforma "Salvemos Cabana" ou a revista digital "Alerta Minera", que informam que na concentraçom deste sábado passado em Coristanco, que segundo dados de testemunhas fidedignas constou dumhas 150 pessoas (em torno a 200 segundo a Guardia Civil, casi 300 para o vozeiro da Mina "La Coz de Galicia", e mais de 400 para os promotores), mas destacava-se ne-la a presência dumha suposta plataforma asturiana "Trabajo Ya. Mina Sí", que foi desenhada desde o entorno próximo à empresa que quer fazer umha mina de ouro em Salave, perto da vila asturiana de Tapia de Casariego: "Exploraciones Mineras del Cantábrico S.L./Asturgold", e que já organizara no passado 11 de novembro umha outra manifa nessa vila e na que vários centos de pessoas, que na sua maior parte tampouco nada tinham que ver com essa localidade, atravessaram a vila com chifres e faixas a favor da mina de Salave entre a sorpresa e o malestar da gente do lugar.

Assim agora os promotores do ámbeto da empresa "Mineira de Corcoesto S.L. / Edgewater" tem por nome: "Corcoesto Sí. Mina Sí", e dim ser dumha presunta entidade vizinhal da parróquia de Corcoesto (Cabana de Bergantinhos), que em datas recentes provocara um sonoro escándalo ao conhecerse que, na sua maior parte, estava integrada por persoal da empresa mineira (lêr acá).

Segundo denúncia da Plataforma "Salvemos Cabana" o acto contara desde o dia antérior com um veículo com megafonia pro-mineira nos concelhos colindantes, com o reparto intensivo de brochuras ou mesmo com o aluguer dum autobus debalde para acudir ao evento, e destacam que a concentraçom foi maiormente participada por gente que nada tinha a ver com a zona e declaram sentir que "resulta penoso ver cómo sob a escusa da profunda crise e a desesperaçom da gente por atopar emprego a qualquer preço, pode-se organizar umha campanha de manipulaçom pública tam indigna e lamentável, dum projecto insostível no tempo e que em último término redunda no máximo benefício duns poucos inversores internacionais".

'Salvemos Cabana' lembra que frote aos 8-10 anos que o projecto mineiro de Corcoesto pode estar activo, grande parte dos 271 postos de trabalho prometidos, serám de subcontratas e de curta duraçom, deixando em troques uns passivos ambientais "absolutamente inasumíveis" com mais de 100.000 toneladas de resíduos tóxicos contaminados com cianuro e metais pesados que podem ter graves efectos sobre a saude e um perigo constante de rotura da balsa mineira que faria perigar as fontes de sustento de miles de pessoas em toda essa comarca.
Leer más...

Conde Roa o ex-sherif de Santiago de "Corruptela" imputado na Operaçom "Manga"

Tudo apontava a esta conclussom depois do registro efectuado na sua morada no dia no que o seu melhor colega de parranda fora detido dentro da operaçom subsidirária da Pokemon, que deu-se em conhecer com o nome de "Manga", tudo apontava a que o chulesco ex-alcalde que ameaçara com fechar os centros sociais com a lenda "Van a sentir nuestro aliento en la nuca" tinha que estar imputado polos possíveis delitos de prevaricaçom e tráfego de influências ao igual que quem fora o seu melhor colega, Ángel Espadas "o Açoute do Botelhom do Campus", quem agora fica em prissom e pendente de juízo por esses mesmos cargos.



E ainda que causara estranheza o feito de que nom fosse imputado no mesmo día que su compi de correrias nocturnas, caia de caixom que, quem saira na defessa do "angelinho" quando fora pilhado pola polícia estando moi bébedo e parado diante dum semáforo, e quem, pese a ver-se na obriga de desbanca-lo da lista eleitoral por esta borracheira, o pugera como jefe de gavinete da gaivota compostelá com gavinete próprio e muito tráfego de influências, ia ter que declarar mais cedo que tarde por essas mesmas prevaricaçons relaçonadas com contratos do proprio concelho realizados no tempo que durou o Conde como alcalde, dado que tivera que dimitir depois de ter sido filtrada á imprensa as suas fortes dévedas com Fazenda.

Assim em 4 de março terá que personar-se diante da juíza de Lugo como imputado desta nova Operaçom "Manga" e pese a que o seu advogado declare nos falsimedios que Gerardo está "moi tranquilo e encantado" de prestar declaraçom, eu dúvido das palavras deste ex-sherif bravucom a quem lhe sairom tudos os tiros pola culata.

Asdo Edu
Leer más...

22 feb 2013

[Grécia] Cartas do preso anarquista Nikos Romanos

Recolhido e traduzido de AlasBarricadas

Nikos Romanos é um dos quatro companheiros detidos em 1 de fevereiro de 2013 por um duplo atraco realizado na localidade de Velvedo perto de Kozani.

O primeiro texto é a transcripçom do que digera Nikos durante a concentraçom que se figera para él (pero também em geral contra os cárceres) em domingo 17 de fevereiro fronte ao cárcere de minores donde se atopa encirrado. O compa chamara por teléfone e xs 70 solidarixs que estavam presentes puideramn ouvir-lhe a través da equipa de alto-falantes.

A segunda carta foi a que escrevera Nikos ao fiscal encarregado do caso das CCL (Conspiraçom de Cédulas do Lume) como resposta a umha citaçom judicial que está por vir. Argyri e Fivos, quem som mentados ao final desta carta som dois moços que estám em busca e captura acusados de pertencia à CCL e atracos. A sua orde de captura foi emitida em 18 de fevereiro.

1.- Intervençom de Nikos Romanos durante a concentraçom fronte ao cárcere de Avlona

Vou começar com um par de palavras respeito ao meu caso. Desde o primeiro momento tentou-se vitimizar-nos, ocultar as nossas escolhas e apresentar-nos como “uns jovens que se deixaram levar”. Trata-se dum intento que foi iniciado polos que están tramando a propaganda estatal pero foi continuado polos círculos reformistas e formaçons esquerdosas como Movimento Anti-autoritário e Andarsya. Por umha banda os medios de informaçom de massas estám agudizando a sua estratégia de despolitizar a acçom anarquista e transformar as nossas escolhas que figemos numhas histórias molhadas em lágrimas da imprensa rosa e por outra banda os reformistas de M.A. e Andarsya, sem dizer sequer umha palavra sobre as combativas práticas de luita, chorimicam sobre nos, deste modo contribuindo à despolitizaçom do nosso caso.

Para mim a detençom de quatro anarquistas armados sem que houvera batalha constitue umha derrota que nom admite nengumha vitimizaçom mais. Desde anos e anos existe umha rica experiência histórica, umha tradiçom guerrilheira segundo a qual xs revolucionarixs luitam até o final. Trata-se da concepçom que promove a umha auténtica opçom do choque contra o Poder. Umha opçom que tem logrado formar um sinificativo legado histórico de luita revolucionária.

Evidentemente a responsabilidade poriesto temo-la nos e ninguém mais. Os motivos que nos impulsaram a esta eleiçom forom explicados no texto que temos publicado. (ver acá neste mesmo blogue)

Pois, em quanto à torturas, claro que é importante analizar as intençons estratégicas que o Poder tem para contra nos. Pero quando esta análise acaba ocultando às escolhas de luita que nos levarom ao cárcere, reproduze-se simplesmente um morbo polo espantoso, sem perspectiva revolucionária nengmha.

Para mim, a resposta às torturas e assassinatos de compas (sem que queira igualar a diferente gravidade que entre sí tenhem estas duas cousas) som as represálias lançadas contra os inimigos da liberdade. Represálias que ao mesmo tempo estám conectadas com a acçom anarquista multiforme, assim criando uns focos de resistência permanentes.

Agora vou tentar de transmitir a minha vivência para faze-lo comprensível a todxs. A dor psíquica do submetimento e de entregar-se sem verquer sangue nom se pode comparar com a malheira polas mãos de madeiros. A malheira pom-te furioso, entanto que aquilo primeiro obsesiona-te e persegue-te.

Rematando, quero saudar a todxs xs compas que se movilizarom repartindo brochuras, montando concentraçons e demonstraçons, colando cartazes, prendendo lumes e quentando os nossos coraçons.

Para rematar, mando toda a minha solidariedade ao grevista de fame Spiros Dravilas e informo que 37 pessoas do cárcere de Avlona declararom o seu apoio à sua luita por um respiro de liberdade.

2.- Texto de N.Romanos respeito à sua conexom com a CCL


Dentro duns poucos dias esse inquisidor moderno Mokas vai-me citar para que “declare” sobre a minha pertencia à Organizaçom Revolucionária Conspiraçom de Cédulas do Lume.

A razom por que deixo clara a minha posiçom é para manifestar diante dos meus compas as minhas eleiçons e posturas de luita. As responsabilidades penais de actas de acusaçom nom me importam. E isso digo-o nom desde a posiçom dum mártire santo senom como umha opçom anarquista do enfrontamento com as leis e com a máfia judicial.

Nom reconheço os seus procedementos nem o direito de que me julguem uns infrahumanos como Mokas, o qual para mim nom tem sequer direito a viver. Em quanto poida, tenho a intençom de ofender-lhe e atacar os seus procedementos e fazer destacar, agora já como prisioneiro, o conflicto revolucionário que se leva a cabo contra o Poder a cotio. A intransigente postura fronte aos juízes constitue um momento mais do combate no estado de guerra que vivemos.

Polo tanto declaro que nom fum membro da O.R. Conspiraçom de Cédulas do Lume e que tenho os meus desacordos com as posiçons desta organizaçom. Este feito nom foi a razom suficintemente séria como para impedir-me umha conexom companheirista com as compas da CCL. Umha conexom que me empurrou a compartilhar com elxs pensamentos, preocupaçons, experiências e saberes técnicos. Compartilhar vivências de ataque contra a dominaçom e os seus aliados.

Trazei-me e sego a trazar-me um caminho polos territórios onde a luita anarquista levanta toda a sua estatura e desprega a sua forza rebelde.

Neste trajecto contradictório pero agradável, a minha escolha de estar presente nas infraestructuras revolucionárias (e naturalmente nom a dos erros técnicos que figem) nom constitue a prova que me “incrimina” senom todo um honor.

A estratégia repressiva tenta negar à autonomia que tenhem os grupos anarquistas de acçom direita e baseándose num modelo centralista utiliza à CCL para “justificar” as práticas do ataque por parte de corrente insurreçonal mais amplo.

Umha situaçom semelhante viveram também os combatentes na Itália com as persecuiçons penais lançadas polo fiscal Marini. A caça de brujas montada por Marini levara a umhas condenas exterminadoras e medidas cautelares duras dictadas para os anarquistas. Um ejemplo mais que demonstra que os termos do “diálogo” nom devem ser legais senom armados.

O nosso posiçonamento é um intento de promover umha percepçom que nom se interesa por questons legalistas (sempre no grado do factível) senom que vai focada na raiz que reproduce todas essas montagens e manipulaçons: o nosso inimigo comum.

As práticas insurreçonais devem enriquecer-se e o nível de violência tem que se multiplicar.

Solidarizo-me com os membros encarcerados da CCL e alço-lhes o meu punho desde a prisom onde me encontro capturado. Força companheiros!

Saudos companheristas a todos os grupos guerrilheiros, às cédulas da FAI/FRI e a todas individualidades rebeldes que há polo mundo.

VIVA A ACÇOM DIREITA

VIVA A ANARQUIA

Postdata 1. Quando estejass inquedo, toma um respiro profundo e mira cara arriba. Na estrela que vas ver agocham-se as nossas esperanças e detrás delas os nossos sorrisos. Polo momento segue amando, atacando e luitando. Em cada caso já o sabes. Quem tenhem esperança morrem tomados da mão, assim tem que ser.

Nom há nada entremeio, isto é o único certo. Até entom fai da vivência a tua brújula para viver.

Força e sorte, Argyri e Fivos.

Postdata 2. A única notícia agradável nos últimos dias era o possitivo processo de recuperaçom do companheiro Panagiotis Argyrou. Os meus pensamentos estám cotigo companheiro.

Nikos Romanos

Cárcere de Avlona

O endereço completo para escrever a Nikos Romanos é a seguinte (vai com caracteres latinos para que o entendam em correios):

Eidiko Katastima Kratisis Neon Avlona

T.K. 19011

Avlonas, Attiki

Greece
Leer más...

"O Gaiás pase algo".- Unhas notas de humor (e unha letra inxgeniosa)



A letra:

O Gaiás que as follas recubran o teu corpo cando caias/
para que en ti poidamos facer un festival/
O Gaiás que a música deixe de ser miragre que baixa do ceo/
O Gaiás que a danza poida seguir sen ti/
O Gaiás que o teatro deteña os teus pasos//

O Gaiás se che acabe o desprezo constante/
A palabra imprecisa, a mentira perfecta/
O Gaiás pase algo que te borre de pronto/
Unha Lingua galega, unha xira nas redes/
O Gaiás polo menos (que) te impute Lara Cifuentes/
Para non verte tanto, para non verte sempre/
sentado na Xunta ocupando retretes//

O Gaiás que non poida lembrarte nin de coñas//

O Gaiás que os artistas dean berros que caian na túa alma/
O Gaiás que o teu nome se nos esqueza a nós/
O Gaiás que as paredes non reteñan o teu cargo de mediocre cansado/
O Gaiás que a cultura expulse da AGADIC/
o teu vello goberno de mentiras e sobres/

O Gaiás se che acabe o desprezo constante/
A palabra imprecisa, a mentira perfecta/
O Gaiás pase algo que te borre de pronto/
Unha Lingua galega, unha xira nas redes/
O Gaiás polo menos (que) te impute Lara Cifuentes /
Para non verte tanto, para non verte sempre/
sentado na Xunta ocupando retretes/

O Gaiás que non poida lembrarte nin de coñas.
Leer más...

Arder ou queimar - Interesante artículo publicado no xornal anarquista "Aversión"

Recibimos na nosa caixa de correo esta aportación publicada no nº 6 (dez 2012) do xornal anarquista "Aversión" que só editase en formato papel, e depois de traduzila, copiamos e colamos:

Arder ou queimar

Fai xa tempo que transitamos polo capítulo da «derrota», polo camiño da apatía, co perfeccionamento do réxime, despois de que as transicións democráticas acabasen de matar a resistencia activa e a loita sen concesións, contando que o inimigo se volveu máis difuso para uns, outros vestíronse coas súas roupas e unha gran masa que quizais non sabe como escapar ás gadoupas da impotencia, do medo, opta por manter a vista perdida cara a quen sabe onde.

{Arder}
Hai un par de anos que estou a darlle voltas ao tema dos suicidios de persoas que están a punto de ser desafiuzadas, e en especial vénme á mente o caso dun home de 45 anos que hai 2 anos colgouse no parque fronte ao piso de protección oficial propiedade de ADIGSA que okupaba xunto á súa familia dende había 9 meses no barrio do Gornal en Hospitalet de Llobregat, Barcelona, cando estaba a punto de ser desaloxado (como moitas outras familias no barrio). Os desafiuzamentos continuaron e, aínda que a autodefensa veciñal aumentou, os suicidios tamén. Uns con máis eco mediático que outros. Pensaba no encerro e na automutilación. Cando estamos tras as reixas o único que temos é o noso corpo. Non podemos defendernos, non podemos atacar a quen nos fai dano e moitas veces -humanas e animais- no desespero, facémonos dano a nós mesmas.

{Queimar}
Hai pouco outras dúas noticias chegaban aos meus oídos, en Valencia un home duns 50 anos asaltou unha sucursal bancaria armado «cunha maza de obra de grandes dimensións» e, ao berro de que os bancos lle arruinaran a vida, destruíu a golpes o caixeiro exterior, a porta e varios cristais e mobles do interior, para logo arremeter contra os dous policías que intentaban detelo, feríndoos mesmo (ver acá a noticia neste mesmo blogue). Algo similar aconteceu hai uns días na localidade burgalesa de Sotopalacios: un home de 62 anos que, farto e canso das arrandeadas dos bancos, decidiu prenderlle lume a unha sucursal da entidade Caja de Burgos-Caixabanc. Dirixiuse ao banco, tranquilamente fixo saír aos empregados, encheu o local con 20 litros de gasolina, pegoulle lume e marchou á casa (ver acolá a noticia neste mesmo blogue).

Que pasa cando deixamos de arder e comezamos a queimar? Que pasa cando, unha vez conscientes de quen son os responsables das nosas míseras situacións de subsistencia e dos que os defenden, pasamos ao ataque? Unha especie de alquimia é capaz de transformar a impotencia e a resignación en odio e acción.
Leer más...

21 feb 2013

Gabriel Pombo dispersado ainda mais!! Trasladado a Villena (Alacant)

Recolhemos do blogue de Cruz Negra Anarquista Mediterráneo Sur:

Nom só mantenhem ao compa em FIES-5, denegam-lhe vissitas e dificultam-lhe as comunicaçons... semelha que nunca tenham suficinte, e agora afastam-no ainda mais da sua terra, da sua gente, da Galiza, trasladám-no de Soto del Real (Madrid) a Villena (Alacant), 370 Km mais longe!! (mínimo de 4 horas mais de viagem para vissitar-lhe).

Assim é como castigam a dignidade

Castigam ao preso e castigam ao seu entorno familiar e amizades com estas medidas de dispersom arbitrárias e injustificadas, amosando umha vez mais a verdadeira intençom desta casta de infames que se consignam a disposiçom das nossas vidas.

Quem sementa tormentas…

O novo endereço do compa:

Centro Penitenciario Alicante II,

Ctra. N-330, km. 66,

03400 Villena (Alacant).
Leer más...

4 anos de prisom para Telmo e 2 anos de prisom e 33.000 euros para Miguel

Recolhemos à ìntegra da web do Comité de Solidariedade e Apoio a Miguel e Telmo(CSAMT) publicado ontem dia 20:

Na manhá de hoje*, tivemos conhecimento da sentença contra os dous sindicalistas do metal viguês acusados de atacar um escritório do INEM em Vigo no ano 2010. Embora a procuradoria tenha mantido umha petiçom de 10 anos de prisom para Telmo e 5 anos para Miguel Nicolás, finalmente a decisom judicial hoje* conhecida fixa em quatro anos a pena para Telmo Varela, por "posse de explosivos". Há que lembrar que leva 2 anos seqüestrado nas prisons espanholas e que, com esta sentença de 4 anos, deveria sair em liberdade de forma imediata. Porém, o Estado espanhol continua a reprimir com dureza e, numha manobra de atraso da sua saída da cadeia, foi transferido de prisom umha vez conhecida a sentença.

Pola sua parte, Miguel é condenado a dous anos de prisom, por "danos", ao qual há que somar a petiçom dumha indenizaçom que ascende a 32.958,69€.

O CSAMT quer transmitir toda a solidariedade e apoio aos dous companheiros e apelar ao Povo Trabalhador Galego a somar-se à luita anti-repressiva.

A luita obreira nom é delito.

Nom pode ser, obreir@s nas cadeias, corruptos no poder.

*(NdAb- onde di hoje refere-se a ontem dia 20)
Leer más...

E MAÑÁ MÁIS... (aínda que a urbanista Aurelia Rey non estudase na ETSAC nin estea colexiada no COAG)

Copiamos, traduzimos e colamos este moi interesante texto dun "urbanista" do blogue Horizonte de Sucesos sobre o "mobbing inmobiliario de toda a vida" que está sofrer Aurelia ao ter a sua morada de sempre nunha zona de interés urbanístico e comercial no seu bairro por empresas como Inditex e Fnac:

Os intentos de desafiuzamento de Aurelia Rey que se están a producir estes días no nº 9 da rúa Padre Feijóo da Coruña son un acontecemento perfectamente consecuente cun sistema urbanístico-inmobiliario inxusto, pero asumido como inevitable por boa parte da opinión pública.

Esta vez non se trata da estafa hipotecaria común (promovida polas políticas estatais de fomento da propiedade e o endebedamento cidadán como única forma de acceso á vivenda) que hoxe dominan o debate público pola incontrolable difusión de imaxes bochornosas de desafiuzamentos e suicidios relacionados coa cuestión. Neste caso, falamos do mobbing inmobiliario de toda a vida, é dicir, da utilización da enxeñaría legal máis sofisticada para levar a cabo unha operación urbanística de primeira orde: a substitución dunha poboación precaria e normalmente envellecida por outra máis afortunada na ruleta de distribución de rendas, formada por colectivos máis novos, probablemente máis guapos e "creativos", e seguramente máis consumidores, é dicir, bos cidadáns.

En termos urbanísticos (e aínda que comeza a fraguarse moito antes), o contexto deste desafiuzamento ten un punto de inflexión na creación dunha nova centraliade comercial a nivel metropolitano no barrio onde vive Aurelia dende hai 34 anos. Un ámbito que, a través da reconstrución do mercado municipal da Praza de Lugo, se insire nun rápido proceso de reconversión nun "centro comercial aberto" capaz de atraer ás principais marcas transnacionais, neste caso, a todos os colectores-Inditex e algunha outra empresa global como Fnac. Un proceso que, xunto coa construción de media ducia de novos centros comerciais na área metropolitana, rematou por desprazar a centraliade comercial dende a Peixaría (Rúa Real, San Andrés, etc.) cara a este primeiro ensanche da cidade.

A partir deste momento (2006), a presión sobre a zona dispárase de forma "natural", producindo unha revalorización inmobiliaria do ámbito culminada hai uns meses co anuncio da compra da maioría dos baixos comerciais da rúa Compostela por Inditex, co obxectivo de continuar o proceso de transformación do barrio en infraestrutura comercial de grande escala, agora xa como aventura capitalista comandada por un conglomerado empresarial cuxo máximo accionista é o suposto terceiro cidadán máis rico do mundo (e veciño da cidade).

Neste contexto, os intentos de desafiuzamento de Aurelia non son máis que unha consecuencia dun sistema no que as plusvalías xeradas pola actividade urbanística pública (neste caso, a reconstrución dun mercado municipal e a creación dunha praza peonil rodeada de baixos comerciais -grazas ao soterramento do tráfico rodado-) son capturadas en exclusividade polos propietarios do chan, e non polo común da cidadanía, que somos os que en realidade as producimos a través dos investimentos realizados polas institucións públicas.

A partir de aí, diferentes estratexias legais nacidas, sobre todo, a raíz de normativas como a "Lei de medidas de fomento e axilización procesual do aluguer e da eficiencia enerxética dos edificios" ou a "Lei de medidas de axilización procesual" (eufemismo do coñecido "desafiuzamento express") aprobadas polo PSOE en 2009 e 2011, convértense en instrumentos facilitadores do acoso á poboación indesexable dende o punto de vista da maximización dos beneficios para os arrendadores.

Unha cuestión apoiada ademais en discursos confusos como o das chamadas "rendas antigas", que, por exemplo neste caso (126 €), supón máis do terzo recomendado dos 356 € que cobra a inquilina como pensión, polo que non só non se trata unha renda antiga, senón que é demasiado alta para unha persoa que non se acaba de mudar a unha vivenda "por enriba das súas posibilidades", senón que leva residindo nela dende hai máis de tres décadas.

A suposta inxustiza cos arrendadores que esgrime a doutrina capitalista ante estas situacións baséase no suposto de que os prezos dos alugueres os debe fixar unicamente o flutuante valor do chan, e non as capacidades económicas dos inquilinos xa establecidos nun lugar. Unha cuestión que, ao ser primordial para a "sostibilidade" dun mercado tan especulativo como o inmobiliario, foi introducida na aparetaxe legal correspondente ata o punto de deixar en mans das administracións públicas a responsabilidade exclusiva de prover de aloxamentos a prezos sociais para a poboación precaria. E isto é algo que ten importantes consecuencias para a cidade, dado que o sistema de consecución de chan público co que funcionamos na actualidade (baseado principalmente en "crecer para conseguir" e, polo tanto, ligado ás grandes operacións en chans urbanizables nos bordos urbanos) nos leva a que estas poboacións poidan ser expulsadas á periferia cada vez que o mercado decida transformar un determinado barrio como proxecto empresarial urbano.

A conclusión que dende o urbanismo se pode sacar deste fenómeno parte dun principio moi claro: o patrimonio urbano non está formado unicamente por obxectos ou espazos, senón tamén por formas de vida que cultural e tecnicamente achegan valor á cidade. Polo tanto, o desafiuzamento de Aurelia non é un tema desvinculado da urbanística ao que só podemos atender como cidadáns indignados. O urbanismo ten suficientes argumentos técnicos para demostrar a importancia do fomento e a conservación das formas de vida como a que representa esta cidadá:

1) Aurelia non é só un individuo, senón parte dunha rede de relacións sociais tecidas nun barrio durante décadas: eliminar unha peza implica consecuentemente o debilitamento da estrutura da que forma parte.

2) Aurelia non é só unha anciá máis nun gueto xerontolóxico, senón parte unha fauna humana diversificada composta por elementos asimilables tanto ao local coma ao global: os seus movementos cotiáns (que non son os do garaxe ao centro de traballo periférico como o de moitos dos seus veciños) achegan unha necesaria diversidade (inclusiva) entre os novos yuppys que abarrotan as vinotecas cool, ou entre os modernos con bolsas de tesouros recén adquiridos en Fnac ou Zara.

3) Aurelia non é só unha diferenza xenérica e pasiva entre outras, senón unha que forma parte dunha máquina de resistencia inconsciente cara ao proxecto capitalista (non democrático) co que se deseña o futuro dun determinado barrio da cidade. Esa calidade de peza natural, non vinculada á reflexión senón á acción vital disidente, convértea en relevante case como forma de urbanismo en si mesma, é dicir, como calquera outro instrumento urbanístico co que influenciamos o devir urbano derivado das lóxicas dominantes e problemáticas do Estado e o Mercado.

Estes motivos son máis que suficientes para que os urbanistas teñamos algo que opinar ao respecto, mesmo sen entrar en cuestións como a indignidade social que representa a expulsión dunha anciá do barrio onde quere e pode seguir vivindo, ou como a loita porque o dereito á vivenda digna da que falan a Constitución Española (art.47) ou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (art.25) se faga efectivo máis alá das palabras.

Por certo, para os representantes do COAG (Colexio Oficial de Arquitectos da Galiza) e a ETSAC (Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade de a Corunha) que tanto claman ultimamente pola dignificación da profesión e o seu achegamento á sociedade: mañá é outro día. E as formas de vida patrimoniais de moitos barrios da cidade seguirán necesitando o noso apoio (en forma de argumentos técnicos feitos públicos) unha xornada máis...
Leer más...

[Marín] Comunicado do CSO Liceo ante o seu feche


Dende a asamblea do xa desaparecido CSO Liceo queremos comunicar o cese de toda actividade no mesmo, dende o xoves 31 de xaneiro,os motivos son os seguintes:

A persoa representante dxs propietarixs do inmoble chegou, nun momento no que non había nadie no edificio, acompañada dos medios, dos traballadores dunha empresa contratada anteriormente e da policía local de Pontevedra, para colocar unas planchas de aceiro nas principales entradas do CSO.

A representante non só tapiou os principais accesos, senón que retirou do inmoble varias das nosas pertenzas. E todo isto co proceso penal aberto, sen orde do xuiz.

Ante isto nós tiñamos unha solución ben doada, denunciar, gañar tempo, e de paso tentar sacar da porta por una larga tempada a toda a madeira (que xa levaban tempo enriba nosa). A pesar disto, na asemblea de urxencia que convocamos, saíron á luz os pensamentos que viñamos tendo nos últimos tempos. É dicir, a falta de ánimo para seguir coa okupación, por mor dos poucos que eramos (menos que ó principio), os conflictos internos e a falta de organización.

A pesar disto, dos erros que puidemos ter, dos conflictos coa policía local ou do acoso por parte do concello de Pontevedra, cabe destacar a boa experiencia que o CSO Liceo foi para todxs nós, e agardamos que tamén para vós, e sentímonos orgullosxs de crear, durante estes 10 meses un espacio liberado na vila de Marín.

Saúde
Leer más...

20 feb 2013

[Lugo] 1 de marzo às 20:00' .- Charla Anticarceraria: O Càrcere a Debate


Coa presenza de

- Baldomero Lara (expreso anarquista en réxime FIES)

- Dolores, nai de Noelia Cotelo (moza presa en Brieva, obxecto de torturas e maus tratos)

- e o pai e a nai de David Blanco.( mozo morto en dependencias policiais en Xixón en estranhas circunstancias)



Organiza:
Asamblea Anarquista de Lugo.

O 1 de marzo ás 20h no CS Madia Leva.
Leer más...

[A Corunha] Vídeo da Mobilización contra o desafiuzamento de Aurelia

Colamos de GalizaContraInfo


Ao redor das dez da mañá de antonte luns 18, preto de 300 de persoas se concentraban na rúa Padre Feijoo convocadas pola plataforma Stop Desafiuzamentos da Coruña para evitar que boten da súa vivenda a Aurelia, unha muller de 85 anos. Cara o mediodía a xente celebraba a nova de que a comisión xudicial decidira a paralización temporal do desaloxo, mais ás dúas, cando umhas poucas activistas estaban no lugar, aparece un amplo dispositivo policial para cortar a rúa e executar a orde xudicial. En resposta varias decenas de persoas volven a concentrarse no lugar. As tres da tarde a xente racha a barreira policial producíndose diversos enfrontamentos cos antidisturbios e a policía local. Sobre as tres e media os corpos represivos e funcionarios xudiciais retíranse ante a imposibilidade de romper a cadea que pechaba o portal e pola presión exercida polas veciñas e veciños da cidade.

Galería de imaxes aquí

De momento a situación está en calma mais con vixianza por quendas de activistas en apoio de Aurelia e como medida para evitar unha outra xogada trapeira dos xulgados.
Leer más...

RECORDATORIO [Ourense] 21-23 Feb.- Xornadas "Centros de Menores: Pechadxs en Democracia II"

Organizadas polo Colectivo "ANAN@S, apoiando @s menores" con a colaboración de A.C. A Zalenvá e o C.S.O. A Kasa Negra terán lugar estas xornadas na aula 2.6 do Edificio de Ferro do Campus Universitario de Ourense o vindeiro Xoves 21 e Venres 22 de 17:00' a 19:00', onde o xoves contaremos coa Asemblea Contra os Centros de Menores de Madrid que nos falarán de "Centros, ¿protección ou negocio?", e o venres estará a Xuntanza Antiprohibicionista coa palestra de "Suministro de drogas "legais" e os seus efeitos" e depois con Relatos contados en primeira persoa.

Ademáis o Sábado 23 de 11:00' a 14:00' e de 17:00' a 19:00' na Casa da Xuventude teremos a oportunidade de conhecer ao colectivo Saltando Charcos de Burgos e o seu proxecto de rúa "La Otra Escuela", contaremos con a proxección dun Documental e posterior Debate e tambén nos falarán de "Secuelas en 1ª persoa" e das suas "Experiencias e proxectos" deste grupo de mozxs que encontraron no hip-hop e no breakdance un medio para a expresión das súas inquedanzas e que actuarán no C.S.O Kasa Negra esa mesma noite ás 20hs.

Saltando Charcos configúrase como un proxecto solidario con menores, mocidade e as súas familias que por diferentes causas, xa sexan, económicas, políticas ou sociais encóntranse nunha situación de desventaxa social. Trátase dunha iniciativa que participa de forma activa na vida comunitaria do barrio.

Agardámosvos para descubrir, confrontar, cuestionar, repensar, discutir, transformar...

Non é preciso inscribirse, chega coa vosa asistencia curiosa e rebelde...

Gracias e saúdos!!
Leer más...

[Xixón] Neonazis expulsos a berros da manifa polo direito à vivenda do 16F

Colamos con agrado este vídeo e que cunda o exemplo:

Umha vintena de neonazis tentaron introducirse no medio da multitudinaria manifestación polo direito à vivenda e contra os desafiuzamentos convocada en Xixón este sábado pasado, 16 de febreiro. A sua breve aventura foi cortada en seco polxs manifestantes, que rexeitaran de plano que os razistas pretenderan parasitar os motivos desta convocatoria con a sua mensaxe populista e xenófoba. A Policía Nacional interviu para protexer aos neonazis e permitirlles que se retiraran aos poucos de irrumper na manifestación. Como opina algún comentarista do video: "Interesante o compadreo entre fascistas".
Leer más...

Aviso a persoas solidarias. Control a través de cámaras web e microfonos dos portatiles

Recebemos no nosso correio este singular aviso do que damos conta:

Dende como mínimo hai un par de semanas, persoas que traballan de forma solidaria na defensa das persoas presas, viron como nos seus ordenadores se activaba de forma automática o micrófono e a cámara web propia do portátil.

Todxs somos conscientes de que os teléfonos móbiles non ofrecen ningunha seguridade, pero queremos poñer en común estes feitos que se descubriron de forma causal para que o teñan en conta aquelas persoas que o consideren oportuno.

Entre outras cousas, observamos como nos ecualizadores se mostraban os rexistros de son e a cámara non nos permite usala por estar a usala un equipo remoto.

Do mesmo modo se observaron problemas temporais en varias contas de correo ás que non se podía acceder por haber "outra persoa usando a conta".

Sen máis, saude e liberdade.

Anónimo.

pdt.- Na redacción de Abordaxe atopamos pola rede este video de arriba que demostra que o que acá se di non é froito de paranoias, senon que é algo sabido hai tempo polos "Hackers", que, se ben neste caso, fala de "malware" e de venda das tuas imaxes a webs de "adultos", tambén menciona que se conhecen "muitos casos de espionaxe" e se calqueira pode espiar, qué non poderán facer os expertos interesados en criminalizar a solidariedade??. Tambén aporta unha solución fácil para evitar ser gravadxs ou ouvidxs.
Leer más...

Hoxe e Manhán 20 e 21 de Febreiro.- Actos en Solidariedade con Noelia Cotelo nos XVP

Recebemos da AFAPP Galiza esta comunicación de Chamado Solidario con Noe publicado na web Carcel=Tortura, que traduzimos e colamos:

Como vimos informado, a situación de maus tratos e torturas cara Noelia Cotelo Riveiro, continuan. Pese abandonar a Folga de Fame cando se lle manifestaron graves problemas de saude, a día de hoxe, Noe segue sendo castigada e ten as comuniacións con familiares e amizades suspendidas durante 3 meses.

Por isto, por todo o que se leva sucedendo e como protesto e rexeite de que sabemos que continuarán os maus tratos e torturas, tanto a ela como ao resto de compas presas, convocase para hoxe Mércores 20 e manhá Xoves 21, accións en solidariedade con a companheira Noelia.

Varias concentracións e atos faranse nos Xulgados de Vixiancia Penitenciaria de cada localidade, dado que é alá onde está o caso de Noelia sen ser resolto nen revisado. De momento non temos constancia de actos programados na Galiza. Informaremos deles en canto saibamos algo.

¡¡Noelia non está soa e non o estará!!
Leer más...

19 feb 2013

Abordaxe no listado de publicacións dixitais anarquistas

Recebemos estes días na nosa caixa de correo a información segundo a cal, a nosa revista en papel (e apresentada neste blogue en formato dixital), ven de ser incluida na List of digitized anarchist periodicals, umha web alemana que adicouse a recoller toda canta revista ou xornal digital anarquista hai na rede de redes.

Asín, entre un bo feixe de publicacións anarquistas de todo o mundo a que tendes acesso nesta web, figura a nosa revista, da que, se todo vai ben, estamos en cernes de tirar un novo número. Leer más...

[Compostela] Hoxe Martes 19 feb às 20:00 "Os Catrocentos Golpes" de Truffau no comenzo do Cinema Forum de "A Ghavilla"

Comenzamos en "A Ghavilla" este Cinema Forum Anarquista con a proxección do filme “Os Catrocentos Golpes” de F. Truffaut, realizado en 1959 con unha duración de 92 min.

A idea deste Cinema Forun é compartillar o pase do filme (o comenzo será pontoal às 20:00', salvo imprevistos) e depois ter un debate ou comentar ao respeito da temática do filme.

A entrada é debalde e haberá servizo de ambigú para axudar a sufragar os gastos do local.

Para darvos máis ganhas de vir en "Leer más" tendes un escueto resumo da sinopse deste filme:

Este filme testemunhal da segunda posguerra europea posue certo carácter autobiográfico e forma umha simbiose con o pequeno protagonista, Jean-Píerre Léaud. Foi rodado en cenarios naturais e con moi poucos meios, rompendo o estilo do cinema de «qualité» que imperaba na Francia daquel período.

Os críos e adolescentes de Truffaut rondan a sua autobiografía. Os seus non son aceitados pola sociedade: non son antisociais, senon asociais... están a marxe, pero non en contra.

«Os catrocentos golpes é a crónica dumha soedade e desamparo. A historia dun meninho que palpa o sensabor do olvido e que busca a sua propria identidade no instinto da liberdade. François Truffaut, quen comprendeu como poucos cineastas o que lle fixera o sentido da frustración na nenez, descobre con fino talento cinematográfico a psicoloxía do desarraigo que aninha na entranhable personaxe central detsa dura narración.»
Leer más...

Roi A. B. preso en loita, ganha recurso !!

Recebemos da AFAPP da Galiza esta comunicación ao respeito:

Roi A. B., preso que denunciara no ano pasado por torturas no cárcere de A Lama e que fora trasladado a Ourense cunha restricción de Vis a Vis por 6 meses coa súa nai e o seu fillo, ven de ganhar o recurso que apresentou contra esta medida ao estimar o xuíz que tal medida non tiña razón de ser.

Alegrámonos por esta pequena victoria que fan que a vida dos nosos compañeirxs sexa un pouco máis soportable.

En "Leer más" tendes acesso aos feitos denunciados por Roi o ano pasado

Roi en 4 de abril do ano pasado, presentara no Xulgado de Garda denuncia por torturas, maltrato e lesións na cadea de A Lama depois de que en 27 de marzo fora golpeado e arrastrado polo chan por varios funcionarios e sofrera feridas que precisaran puntos de sutura na cella esquerda, erosións graves na cara e hematomas nos pulsos e nocellos, e que fora, a posteirori, amarrado á cama polos pés e as mans e golpeado nas plantas dos pés e no estómago, permanecendo nesa situación 15 horas e que despois fora ingresado nunha cela de isolamento sen que fose visitado polo médico (ver notícia neste mesmo blogue acá).
Leer más...

Gabriel Pombo segue en reximen FIES 5 mas nunha cela individual

Notícias da AFAPP indican que pese a que rulara a noticia de que Gabriel Pombo saira do rexime FIES, non é tal, mais o que si logrou foi dispor dunha cela individual nun módulo ordinario no cárcere de Soto del Real, tal como Gabriel viña demandando.

Tambén soubemos que, por razóns que descoñecemos, quitáronlle a Gabriel os Vis a Vis que tiña previsto coa súa familia, ante as súas protestas alegan que ten que ser a DXIP quen de o visto bo.

Continuamos pois con a campanha de solidariedade e envío de faxes a este cárcere madrilenho. Neste enlace de Tokata tendes a vosa disposición un Modelo de texto en solidaridade con Gabriel Pombo da Silva para mandar por fax, carta, postal, chamadas telefónicas, etc.

Seguiremos informando.
Leer más...