26 feb. 2013

Recopilatorio Charlas na Galiza: "Din que Reisertan pero Exterminan - O Cárcere a Debate"

Há uns días neste mesmo blogue anunciabamos a Charla de Lugo organizada pola Asamblea Anarquista de Lugo, no CSO Madia Leva, agora, tras receber outros correos con as convocatorias de Compostela e a Corunha, reunimos todas as convocatória neste mesmo post:

Asín no trascurso desta semana falarase das torturas e maus tratos baixo custodia nestas palestras que terán lugar en:

- Mércores dia 27 às 17h en A Corunha, no CSO Palavea (antes haberá comedor pro-presxs às 14.30h)
- Xoves, día 28 en Compostela, xornada dupla: às 17.30h no salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación e a partir das 20.30h no CSO Casa do Vento ( con posterior ceador pro-presxs )
- Venres, día 1 de marzo en Lugo ás 20h, no CS Madia Leva
En "leer más" ampliamos a información con as diferentes ponentes e disponibilizamos os cartazes específicos de cada localidade.

Participarán para isto, a nai e o pai de David Blanco (morto en comisaría en raras circunstancias en Xixón) e a nai de Noelia Cotelo. Esta última atópase no cárcere de Ávila, no cal neste último tempo non paran de machacala: abusaron sexualmente dela, provocáronlle lesións, negáronlle a atención médica cando a está a precisar continuamente, dificúltanlle as comunicacións, etc. Interrumpeu a folga de fame fai ao redor dunha semana estando en perigo de coma hipoglucémico pero sigue combatendo e denunciando a súa situación.

Por outra banda en Lugo estará Baldomero Lara (ex-preso FIES) e na Corunha e Copostela, Buter presentará o último número de Punto de Fuga, a publicación anticarceraria de moitos anos de traballo e adicado esta vez sobre todo á tortura.

Estades convidadas a participar!

4 comentarios:

  1. Que pasou en Compos coa palestra na Facultade de Ciencias da Educación? Pasei por alí ás 17:45 e no salón de actos dixéronme que alí non tiñan noticia de que fose haber unha palestra anticarcelaria nin nada semellante e que confirmase se era ese mesmo día.

    ResponderEliminar
  2. E quando fus-te?? No mesmo joves ??

    Eu nom fum a essa palestra, mas sei de gente que foi e contou-me que havia um bo feixe de gente (mais do que soe ser habitual quando se fala de críticar òs cárceres).

    Poida que igual mudaram de aula.

    Tu dis que perguntas-te no salom de actos?? e a quem?? ( por qué nom perguntas-te na conserjeria, que é onde tenhem informaçom).

    Assim que passar nom se passou nada, houvo palestra concorrida na faculdade de CC da Educaçom e também bastante penha depois no CSO A Casa do Vento.

    Pena que o que perderas!!

    ResponderEliminar
  3. hai duas faculdades de educación en compostela.. unha no campus norte (maxisterio) e outra no sur (ed. social e pedagoxia).. a palestra foi na segunda

    ResponderEliminar
  4. Aaaaamigo... eu fon ó norte. Merda! xD

    Bueno, é o que hai. Unha mágoa.

    ResponderEliminar