22 feb. 2013

Arder ou queimar - Interesante artículo publicado no xornal anarquista "Aversión"

Recibimos na nosa caixa de correo esta aportación publicada no nº 6 (dez 2012) do xornal anarquista "Aversión" que só editase en formato papel, e depois de traduzila, copiamos e colamos:

Arder ou queimar

Fai xa tempo que transitamos polo capítulo da «derrota», polo camiño da apatía, co perfeccionamento do réxime, despois de que as transicións democráticas acabasen de matar a resistencia activa e a loita sen concesións, contando que o inimigo se volveu máis difuso para uns, outros vestíronse coas súas roupas e unha gran masa que quizais non sabe como escapar ás gadoupas da impotencia, do medo, opta por manter a vista perdida cara a quen sabe onde.

{Arder}
Hai un par de anos que estou a darlle voltas ao tema dos suicidios de persoas que están a punto de ser desafiuzadas, e en especial vénme á mente o caso dun home de 45 anos que hai 2 anos colgouse no parque fronte ao piso de protección oficial propiedade de ADIGSA que okupaba xunto á súa familia dende había 9 meses no barrio do Gornal en Hospitalet de Llobregat, Barcelona, cando estaba a punto de ser desaloxado (como moitas outras familias no barrio). Os desafiuzamentos continuaron e, aínda que a autodefensa veciñal aumentou, os suicidios tamén. Uns con máis eco mediático que outros. Pensaba no encerro e na automutilación. Cando estamos tras as reixas o único que temos é o noso corpo. Non podemos defendernos, non podemos atacar a quen nos fai dano e moitas veces -humanas e animais- no desespero, facémonos dano a nós mesmas.

{Queimar}
Hai pouco outras dúas noticias chegaban aos meus oídos, en Valencia un home duns 50 anos asaltou unha sucursal bancaria armado «cunha maza de obra de grandes dimensións» e, ao berro de que os bancos lle arruinaran a vida, destruíu a golpes o caixeiro exterior, a porta e varios cristais e mobles do interior, para logo arremeter contra os dous policías que intentaban detelo, feríndoos mesmo (ver acá a noticia neste mesmo blogue). Algo similar aconteceu hai uns días na localidade burgalesa de Sotopalacios: un home de 62 anos que, farto e canso das arrandeadas dos bancos, decidiu prenderlle lume a unha sucursal da entidade Caja de Burgos-Caixabanc. Dirixiuse ao banco, tranquilamente fixo saír aos empregados, encheu o local con 20 litros de gasolina, pegoulle lume e marchou á casa (ver acolá a noticia neste mesmo blogue).

Que pasa cando deixamos de arder e comezamos a queimar? Que pasa cando, unha vez conscientes de quen son os responsables das nosas míseras situacións de subsistencia e dos que os defenden, pasamos ao ataque? Unha especie de alquimia é capaz de transformar a impotencia e a resignación en odio e acción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada