
A maiores da convocatoria para unha manifestación especificamente anarquista na tarde do primeiro de maio en Ourense, da que xa nos fixemos eco neste blog (aquí), agora chéganos información da convocatoria dun Bloque Autónomo na manifestación coruñesa da CGT e a CUT.
Ao parecer, varios grupos de carácter anticapitalista e autónomos de partidos nin sindicatos, decidiron chamar á participación neste bloque que sumarase a manifestación que ás 12:30 sairá da praza de Pontevedra de A Coruña convocada polos mencionados sindicatos.
Ao ser pola mañá, a anterior convocatoria non impedirá participar nos actos anarquistas previstos en Ourense que, recordamos, comezarán ás 15:00h na praza de San Marcial cun comedor vegano seguido dun Mitin e rematarán cunha manifestación ás 18:00h con saída na mesma praza.
No referido ás convocatorias en Galiza das dúas anarcosindicales soubemos das seguintes mobilizacións:
Por parte da CNT:
-Compostela:
Manifestación. Saída ás 12:30h dende a Alameda.
-Pontevedra:
Manifestación. Saída ás 13:00h dende a Praza da Ferrería. Sería unitaria xunto con CGT, CC.OO, UGT e SGTS.
-Vigo:
Manifestación conxunta CNT, CUT, STEG, SF (Sindicato de Ferroviarios) e CGT.
Saída ás 11:00h da praza de Fernando o Católico.
E pola parte da CGT:
-A xa referida manifestación conxunta coa CUT da Coruña ás 12:30 na praza de Pontevedra.
-A tamén mencionada manifestación de Vigo, xunto con CNT, CUT, STEG e SF, ás 11:00h na praza de Fernando o Católico.
-A manifestación unitaria de Pontevedra que, o mesmo que a CNT, convocan con CC.OO, UGT e SGTS.
Por outra banda, o Indymedia galego recolle unha convocatoria para un "Bloco Autónomo Anticapitalista pra o 1º de Maio en Compostela, saída en manifestación da Praza Roxa as 12:30" (aquí). Sería na mani da CIG.
Aquí vos deixamos o cartaz da convocatoria do Bloque Autonomo de Coruña feito polo C.S.O. Palavea, un dos promotores do mesmo (a hora é ás 12:30 non ás 12:00):

Seguiremos informando e actualizando coa información que nos chegue.
Leer más...