30 abr 2012

Máis convocatorias libertarias para este 1º de Maio en Galiza


A maiores da convocatoria para unha manifestación especificamente anarquista na tarde do primeiro de maio en Ourense, da que xa nos fixemos eco neste blog (aquí), agora chéganos información da convocatoria dun Bloque Autónomo na manifestación coruñesa da CGT e a CUT.
Ao parecer, varios grupos de carácter anticapitalista e autónomos de partidos nin sindicatos, decidiron chamar á participación neste bloque que sumarase a manifestación que ás 12:30 sairá da praza de Pontevedra de A Coruña convocada polos mencionados sindicatos.
Ao ser pola mañá, a anterior convocatoria non impedirá participar nos actos anarquistas previstos en Ourense que, recordamos, comezarán ás 15:00h na praza de San Marcial cun comedor vegano seguido dun Mitin e rematarán cunha manifestación ás 18:00h con saída na mesma praza.

No referido ás convocatorias en Galiza das dúas anarcosindicales soubemos das seguintes mobilizacións:

Por parte da CNT:
-Compostela:
Manifestación. Saída ás 12:30h dende a Alameda.
-Pontevedra:
Manifestación. Saída ás 13:00h dende a Praza da Ferrería. Sería unitaria xunto con CGT, CC.OO, UGT e SGTS.
-Vigo:
Manifestación conxunta CNT, CUT, STEG, SF (Sindicato de Ferroviarios) e CGT.
Saída ás 11:00h da praza de Fernando o Católico.

E pola parte da CGT:
-A xa referida manifestación conxunta coa CUT da Coruña ás 12:30 na praza de Pontevedra.
-A tamén mencionada manifestación de Vigo, xunto con CNT, CUT, STEG e SF, ás 11:00h na praza de Fernando o Católico.
-A manifestación unitaria de Pontevedra que, o mesmo que a CNT, convocan con CC.OO, UGT e SGTS.

Por outra banda, o Indymedia galego recolle unha convocatoria para un "Bloco Autónomo Anticapitalista pra o 1º de Maio en Compostela, saída en manifestación da Praza Roxa as 12:30" (aquí). Sería na mani da CIG.

Aquí vos deixamos o cartaz da convocatoria do Bloque Autonomo de Coruña feito polo C.S.O. Palavea, un dos promotores do mesmo (a hora é ás 12:30 non ás 12:00):


Seguiremos informando e actualizando coa información que nos chegue.

8 comentarios:

  1. En Compostela a mani da cig sae da praza roxa, co que non coincide coa da cnt, que sae da alameda.

    ResponderEliminar
  2. Confirmo que a CNT de Compostela fai manifestación pola súa conta. Sae as 12:30 da alameda.

    ResponderEliminar
  3. Xa corriximos o erro. Grazas polo aviso.

    ResponderEliminar
  4. Amplio a informacion, a CNT de Compostela, ferrol e betanzos xunto coa CUT de compostela saen en manifa conxunta desde a alameda as 12:30h.

    ResponderEliminar
  5. Seugo? teño entendido que a CUT de Compostela vai a Vigo, e non teñen nada na súa web.

    ResponderEliminar
  6. Pola web galega do sindicato, a CNT de Ourense vai na mani da CIG. 12:30 na Ponte Romana. E despois vai á específica da tarde.

    ResponderEliminar
  7. En Pontevedra CNT e CGT convocan unha mani ás 13:00 con saída da praza da Ferrería, xa que non quixeron manifestarse xunto con CCOO e UXT. A CIG vai soa

    ResponderEliminar
  8. This was such a great read. I appreciate the time and effort you put into creating quality content. Visit this site Canuckle Game for more informative content.The way Canuckle incorporates Canadian geography, culture, and history into the game is fantastic. It’s both fun and educational!

    ResponderEliminar