1 may 2012

MÁIS ALÁ DO OBRERISMO, MÁIS ALÁ DO SINDICALISMO

Copiamos, traducimos e colamos este texto de Alfredo María Bonanno co gallo do 1º de Maio

O fin do sindicalismo corresponde á fin do obrerismo.
Para nos é tamén o final da ilusión cuantitativa do partido e da organización específica de síntese. A revolta do mañá debe buscar novos camiños.

O sindicalismo está en declive. Para ben ou para mal é unha forma estrutural de loita dunha época que está a desaparecer. O sindicalismo, modelo dun mundo futuro, é o último produto dunha versión corrixida e mellorada do vello mundo.
Movémonos cara a novas e profundas transformacións, tanto na estrutura produtiva coma na estrutura social. Os métodos de loita, as perspectivas e mesmo os proxectos a curto prazo tamén se están a transformar.

Nunha sociedade industrial en expansión o sindicato deixa de ser un instrumento de loita para converterse nun instrumento de apoio á propia estrutura produtiva.
O papel do sindicalismo revolucionario foi empurrar axs traballadorxs mais combativxs cara a diante pero ao mesmo tempo o de minguar a súa capacidade para ver a sociedade futura ou as necesidades creativas da revolución. Co sindicalismo todo seguiu empaquetado na dimensión da fábrica. O obrerismo non é tan só común ao comunismo autoritario. Mesmo nas áreas máis privilexiadas da loita de clases, o obrerismo aínda permanece como un dos hábitos mais arraigados e mais difíciles de perder.
O final do sindicalismo, polo tanto. Levamos dicindo isto 15 anos. Nun tempo isto causou críticas e ameazas, especialmente cando dentro desta crítica incluímos o anarcosindicalismo. Acéptannos máis doadamente hoxe; basicamente... quen non critica os sindicatos hoxe en día? Ninguén ou case ninguén.
A nosa crítica do sindicalismo era tamén a crítica do método cuantitativo que tiña todas as características do embrión do partido. Era tamén unha crítica das organizacións específicas de síntese. Era tamén unha crítica da respectabilidade de clase prestada da burguesía e filtrada a través de clixés da chamada "moralidade proletaria". Todo isto non pode ser ignorado...

Pois se moitxs compañeirxs están de acordo coa nosa actual crítica do sindicalismo, aquelxs que comparten unha visión de todas as consecuencias ás que dá lugar son só un/has poucxs.
Só podemos intervir no mundo da produción deixando de usar medios que nos coloquen en perspectivas cuantitativas. Xs sindicalistas, polo tanto, non poden afirmar que teñan organizacións específicas detrás traballando na hipótese revolucionaria.
O noso desexo de non caer na perspectiva cuantitativa lévanos a un método diferente de intervención, a construír un núcleo de fábrica ou núcleo zonal que se limite a manter o contacto cunha estrutura anarquista específica, e estea exclusivamente baseado na afinidade.
É dende a relación entre o núcleo de base e a estrutura anarquista específica como un novo modelo de loita revolucionaria xorde para atacar as estruturas do capital e o Estado mediante o recurso a métodos de insurrección.
Esta é a forma de organización que permite combater a nova estrutura produtiva. A fábrica vai desaparecer, novas organizacións produtivas están a tomar o seu lugar, baseadas principalmente na automatización. Xs traballadorxs do onte serán parcialmente integradxs nunha situación de apoio á máquina ou simplemente nunha situación de seguridade social a curto prazo, supervivencia a longo prazo. Novas formas de traballo aparecerán no horizonte. A fronte de traballadorxs clásica xa non existe. Como é obvio, tampouco o sindicato. Polo menos non na forma na que o coñecemos ata agora. Converteuse nunha empresa máis.
Unha rede de diferentes relacións, todo baixo o estandarte da participación, o pluralismo, a democracia, etc... iranse estendendo sobre a sociedade sometendo case todas as formas de subversión. Os aspectos extremos dos proxectos revolucionarios serán criminalizados sistematicamente.
Pero a loita tomará novos camiños, filtrásense cara a miles de novas canles subterráneas emerxendo en centos de miles de explosións de rabia e destrución.
Como anarquistas debemos ser coidadosxs, somos portadorxs dunha frecuentemente pesada hipoteca do pasado, non para permanecer distanciado dun fenómeno que remataremos non comprendendo e cuxa violencia podería un bo día mesmo nos asustar. E no primeiro caso debemos ser coidadosxs para desenvolver a nosa análise ao completo.

Nota .- Este texto de A.M.Bonanno é o prólogo do seu libro “Unha crítica dos métodos sindicalistas”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario