Despois de facer unha busca das diferentes convocatorias do sindicatos que, na Galiza, teñen certa implantación en varios sectores laborais (CIG , CGT , CNT , CCOO , UGT , CUT ) e comprobar que todos sen distinción fan chamados contra a reforma laboral do PP, e mesmo, cada un ao seu xeito, alegan que hai que sair às ruas a defender os direitos laborais que con tanto traballo foran acadados polos nosos ancestros, tal como se a situación laboral anterior ao PP fose a hostia bendita, este que "copia, traduce e cola", decidin rematar esta serie de artigos titulados "Sementando para o 1º de Maio" con o texto "Abaixo o Traballo" (La comun@ [5º artículo]) asinado por "Severino de Jovenes" e extraido do fanzine "Contra el Sindicalismo- Mejorar esta realidad no nos vale e que di así:
Quede dito de entrada que o traballo foi a primeira condena tras a expulsión do paraíso que caeu aos homes: "Traballarás o pan coa suor da túa fronte"; ás mulleres destinóuselles outra: "Parirás os fillos con dor". Pero co Progreso do Progreso as mulleres mal chamadas liberadas fixémonos cargo das dúas condenas e para maior inri temos a moita gala e honra iso de alcanzar o noso posteciño de traballo, é dicir, un lugar neste vello mundo do Home".
Supoño que todas sabemos o malo que é o traballo, bo, sempre queda o sindicalista convencido que o simple cuestionamento do traballo lle faría perder o seu norte, pero para as máis, o traballo é unha merda que non nos queda mais remedio que tragar con ela, a pesar do seu mal sabor e fedorento olor, e que máis de unha quixeramos aparcar ata o fin dos nosos días. Non obstante a crítica ao traballo, continua sendo territorio de idealistas e soñadores, e un gran tabú para a gran maioría de profesionais da loita obreira dentro das filas libertarias, e non digamos xa dentro das filas da esquerda en xeral. Aínda así, ou por iso mesmo, fronte aos seus 40, 35 0 30 horas (Alguén dá menos?), fronte á súa semana de 4 días, e as súas míseras reformas, non deberiamos deixar de insistir na nocividade da base do sistema infiel-capitalista: o traballo.
O tRaBAllO PeRxuDiCA seriamentE A SaUde
"Así que o primeiro é cuestionar a conformidade do traballo, a necesidade do mesmo traballo (entendemos por traballo o que a xente corrente chama traballo: a venda da vida -a maioría do tempo da nosa vida- que ofrecemos en prol da produción ou reprodución maiormente de inutilidades, a cambio de diñeiro para poder compralas, como empurrados por unha especie de sacrificio ou pagamento dunha vella débeda ao parecer nunca satisfeita). Hai, por suposto, outros labores que, aínda que se lles chame impropiamente traballo, non responden a ese esquema dominante"
A canto estarías disposto a vender unha hora da túa vida?, que prezo teñen 8 horas da túa vida diarias?, tendo en conta que necesitamos unha media de 8 horas para durmir, unha para cada comida, e 8 pasámolas no tallo, (sen contar as horas extras, pagadas ou non, obrigadas pola empresa ou pola vida de merda que levamos cheas de letras, hipotecas, préstamos), a canto vendes o 75% do teu vida consciente?, é mais, se fosemos plenamente libres para elixir venderiamos a prezo de saldo ese 75% de vida consciente que nos pertence?, é máis, venderiamos a algún prezo calquera porcentaxe da vida?. A maioría de nós nin sequera somos conscientes da devandita venda, aínda que certamente non é que vendamos a nosa vida, é que nos obrigan a vendela ao prezo que poñen elxs, xs dirixentes do mundo, e non só vendémoslla a prezo de saldo senón que non somos capaces de imaxinar unha vida que non estea en venda, nin sequera nalgúns casos somos capaces dentro do inmenso mundo do ideal e da revolta de argumentar un discurso, fóra do mundo das miserias laborais, do mundo do traballo-explotación-produción-consumo fóra de reclamar o prezo xusto do noso suicidio.
É triste, por non dicir que é unha puta merda, ver como a esquerda extraparlamentaria e o anarcofolklore empéñanse en centrar o seu discurso na reforma dos medios de produción (xa que iso da conquista dos medios de produción hai anos que se deixou de lado). O discurso da maior parte do mundo céntrase nunha escravitude digna, que se máis soldo, menos horas, que se traballo digno, que se reparto do traballo (persoalmente paso da miña parte de traballo, iso se, quero a miña parte de riqueza), e non intentes sacalxs de aí porque se ven mais perdidxs que unha cabra nun garaxe. É mais que evidente que levamos asumido o rol de escravxs (dignxs ou non, escravxs á fin e ao cabo), e é que séculos de culturización cristiá, coa súa apoloxía do sufrimento, non podían desaparecer sen deixar rastro, e esa cruz cargada que é a apoloxía do martirio recórdanos unha e outra vez iso de que o traballo dignifica, o traballo é saúde, a quen madruga deus lle axuda, ou como rezaba o cartel de benvida de Auschwitz "O traballo faravos libres".
CoNSumO LOGo eXIsTo
Todo o que nos rodea está en venda. Os coches, os pisos, as persoas, o ocio, todo está á venda nesta sociedade de merda. O diñeiro, inicialmente inventado como instrumento para o ser humano, converteuse no deus omnipresente e omnipotente do que falan a maior parte das relixións, Jehová-Dollar, aquí máis coñecido como Yahvé-Euro, todo o pode, todo o ten, e esmaga implacable a todo aquel que non se prostre fielmente ante el. O consumo é a nova relixión maioritaria, tanto tes, tanto vales, as persoas somos aquilo que posuímos, onde vas pola vida sen un piso?, dinche, aínda non tes coche?, iso xa é inaudito. Aparecerán entón os enfermos do traballo, horas e mais horas para pagar letras e mais merdas á fin e ao cabo. O tandem produción-consumo apodérase das nosas vidas, é o noso pesadelo infernal, a pescada que se morde a cola, máis productos = máis consumo, máis consumo = máis diñeiro, máis diñeiro = máis traballo, máis traballo = menos vida. Como os lémmings nos tiramos polo precipicio baixo a atenta mirada do Capital.
SObrEViVO LoGo eXIstO
"Non podemos esquecer que o traballo é condena e o mais intelixente sería librarse del o mais posible"
Quen máis quen menos estamos dentro desta dinámica de morte. Lamentablemente non abonda con ser conscientes para saír deste círculo vicioso suicida. Sobrevivir converteuse nun reto para a maioría de nós, a miúdo, a simple supervivencia é capaz de esgotar os nosos esforzos, e é que as persoas empezamos a ser un estorbo para o capital. Tampouco podemos quitar o mérito, ás organizacións da distinta esquerda así como ao anarcofolklore confederal, de levar anos encamiñando os esforzos de inxenuxs militantes por camiños esgotadores e infrutíferos das pequenas reformas e a escravitude dignificada. Non necesitamos líderes, nin partidos, nin sindicatos, nin colectivos pro-causa para saber quen nos fode cada día, o día a día obrigounos a tragar con a nosa condición de escravxs. O mais digno para x escravx, é pois, rebelarse, e como escravxs rebeladxs, tal como espartacos dos nosos barrios, tallo, escola, etc, deberiamos facer da protesta un medio de vida, e é medio de vida na medida que a dignifica, pois se ademais de escravxs, somos escravxs durmidxs, escravxs agradecidxs, non merecemos nin a merda de vida que nos ofrecen. A revolta constante e difusa de cada conciencia que non espera que a salven e se salva así mesma. Queimar un banco non é entón un acto terrorista, senón unha acción do sentido común. O atraco, o roubo, a usurpación, a expropiación, son os doces que ofrecemos á nosa maltreita dignidade para tratar de recuperala. Non esperemos que ninguén nos salve da nosa vida de merda, empecemos cada quen a recuperala. Ataca a un banco cada día, atraca un banco para a túa vida.
Severino de Jóvenes
Nota da autora: Os textos que están en cursiva están extraidos do artigo ¡Que trabajo nos manda el señor! de Isabel Escudero, da revista Archipiélago nº48. Non é que sexa unha marabilla, pero ten algún anaco que non está mal.
Copia, traduce e cola.- Edu
Fanzine en pdf(en castelán): "Contra el Sindicalismo- Mejorar esta realidad no nos vale
30 abr 2012
Sementando para o 1º de Maio .- Abaixo o Traballo!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario