Recebemos nun comentario doutra notícia este enlace a Kaosenlared onde dase conta da intervención de Rosario no programa «Protagonistas», de ABC Punto Radio, onde esta muller fixo umha chamada de desesperación na que contou que o seu home suicidarase ao ficar no paro e non atopar alternativas: «Mi marido se quitó la vida hace 20 días por los problemas económicos que teníamos. Cobraba el subsidio por desempleo, solo tenía 45 años y le decían que ya era mayor para trabajar». «Él decidió coger el camino más fácil y dejarnos a mi, a mis hijas y a mis nietos». .
Podedes escutar o audio completo neste enlace.
A tal respeito queremos colar acá parte do texto introductorio do fanzine "Textos contra o traballo"
"A orixe etimolóxica da palabra traballar é o de "tripaliare", do latín, que é torturar; a mesma orixe de traballo "tripalium" (especie de cepo ou instrumento de tortura).
Tamén é evidente a relación entre traballo e enfermidade; a cada tipo de traballo correspóndelle unha enfermidade laboral; cantas persoas minusválidas por culpa do maldito curro, cantas mortes en "accidentes", mellor dito asasinatos, laborais por traballar nas condicións máis precarias posibles e máis baratas para os empresarios e cantas persoas feridas ou mortas por defender o seu posto de traballo (de tortura).
O que un número cada vez maior de traballadoras, que só teñen a súa forza de traballo para sobrevivir, se vexan botadas ao desemprego, é dicir, liberadas da tortura pero botadas á miseria, debe facernos, polo menos, pensar. Se ninguén traballa por gusto, xa que todo o mundo traballa forzadamente e por obriga, o paro debería ser desexable para todo o mundo, pero isto non é así debido á sociedade mercantil de clases onde o traballo asalariado, a tortura diaria, serve para que uns poucos, cada vez menos, freguen as mans e se leven enormes beneficios a cambio de mínimos salarios polo barato que vende a xente a súa forza de traballo, consecuencia da enorme oferta desta e do medo ao paro.
A situación é cada vez máis un sen sentido. A organización humana perdeu toda a súa razón de ser; esta debería servir para cubrir absolutamente todas as necesidades de todas as persoas polo mero feito de existir. A sociedade-mercantil non cobre necesidades reais e só serve para producir e intentar vender mercadorías mediante o mundo perfecto das ilusións publicitarias.
É hora de parar a máquina capitalista e ver o que necesitamos realmente, como o obtemos e para que.
Abolición do traballo asalariado e de a mercadoría!"
Todo para todas, xa!
25 abr 2012
Sementando para o 1º de Maio .- "O meu home quitouse a vida pola crise"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario