Mostrando entradas con la etiqueta Italia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Italia. Mostrar todas las entradas

10 sept 2013

[Italia] Operacion Ousadía: Stefano Fosco e Elisa Di Bernardo na rua!

Hai pouco máis dunha semana facíamos público neste blogue unha entrevista a Stefano e Elisa (recluid@s na altura nos cárceres italiáns) realizada polxs compas do xornal Aversión (ver aquí), agora, felismente, soubemos por ContraInfo que tanto Stefano Gabriel Fosco como Elisa Di Bernardo, administradorxs do blogue anarquista Culmine e que foran arrestadxs en 13 de juño de 2012 durante a chamada operación “Ousadía”, sairon do cárcere tras unha petición de liberación pola expiración do tempo de prisión preventiva. Ambxs compas – así como Giuseppe Lo Turco e Alessandro Settepani, excarcerados a mediados de juño deste año – fican suxeitxs a restriccións, como a obriga de asinar e manter unha residencia obrigatoria.

Polo de agora, das persoas arrestadas na operación "Ousadía", só Sergio Maria Stefani segue encarcerado na prisión de Ferrara, sendo o último preso desta operación represiva.

SERGIO À RUA XA!
Leer más...

2 sept 2013

[Itália] Entrevista con xs compas en prisión do Blogue Culmine

Traducimos do blogue da Federación Península Ibérica e Islas de CNA esta entrevista a Stefano y Elisa (recluid@s nos cárceres italianas) realizada polxs compas do jornal Aversión (aversion@riseup.net):

A entrevista céntrase no rol da contrainformacion e as dinámicas virtuais. Amb@s compas levaron adiante o proxecto do blog de Culmine durante varios anos e nesta conversación realizan un pequeno balance e avaliación do camiño recorrido. En Xuño do 2012 a policía política e o estado déixanse caer sobre un grande numero de compas na chamada "Operación Ousadía", acusad@s dalgúns ataques reivindicados pola FAI/FRI (Federación anárquica informal/Fronte revolucionario internacional); para a policía o rol de "Culmine" foi clave á hora de coordinar e dar espazo para as distintas accións.

Actualmente permanecen en prisión baixo esa investigación: Sergio Maria Stefani, Stefano Fosco e Elisa DI Bernardo

Saudamos indómitamente tanto a Elisa, Stefano como tamén ao resto de prisioneiros anarquistas en Italia que actualmente se encontran coa mordaza da censura e incomunicacion por parte da represión logo dos seus continuos escritos de combate dende o cárcere.

***Entrevista ao blog encarcerado Culmine***

Entrevistamos por carta a Stefano Fosco e Elisa Di Bernardo, os cales levaban o blog anarquista Culmine e que se encontran dende xuño de 2012 en prisión preventiva no contexto da chamada Operación Ardire.

Nos últimos anos, debido a cuestións que escapan a esta análise e que teñen máis que ver coa dirección que está a tomar o Sistema, pero que claramente afectan á nosa forma de relacionarnos, xurdiron blogs e páxinas web que viñeron a substituír a tarefa que ata o momento levaban facendo as nosas publicacións imprimidas. Como credes que iso está a afectar ás loitas e á percepción destas?

Culmine: Estamos plenamente convencidos de que estamos a vivir un período novo dentro do anarquismo. Os blogs e os sitios web permiten a difusión de comunicados, escritos e elaboracións de xeito veloz en todos os lugares do planeta, que permiten o intercambio de ideas e propostas entre compañeiros e compañeiras que probablemente non terían nunca a posibilidade de encontrarse fisicamente. Trátase dunha verdadeira revolución nas relacións entre anarquistas. Somos ben conscientes dos grandes límites presentes neste novo xeito de relacionarse, xa sexa porque o instrumento utilizado non é neutro, senón que está xestionado e controlado polo inimigo, como porque os riscos que hai son moi elevados, como aconteceu con Culmine, o cal non obstante non elixiu o anonimato.

O blog anarquista Culmine foi engaiolado o 13 de xuño de 2012 tamén polo seu traballo de contrainformación. Demasiado complexo é o traballo relativo ás loitas e a súa percepción. Hai que comezar co feito de que actualmente -en 2013-, todos os movementos utilizan Internet: políticos, ecoloxistas, culturais e ata antitecnolóxicos (este paradoxo merecería un afondamento, pero non é este o caso). Mesmo dentro dos anarquismos practicamente todos os grupos de calquera tendencia teñen relación coa rede, pero nos últimos tempos temos a irrupción das redes sociais, como Twitter ou Facebook, con efectos prexudiciais. De todas as maneiras, nunca pensamos que os blogs de contrainformación tivesen que substituír as publicacións en papel.

Parece que hoxe en día Internet abrangue moitos aspectos das nosas vidas e está a influír de xeito radical nas relacións humanas, contribuíndo enormemente ao illamento, a atomización e a alienación. Non credes que, dende o ámbito anarquista, faltan posturas críticas con este instrumento?

Culmine: Si, é verdade que Internet está fortemente presente nas nosas existencias, pero todxs nós, mesmo os e as anarquistas, utilizamos este instrumento na vida cotiá, aínda que sexa para viaxar ou ler un xornal. Non hai posturas de forte e dura crítica cara a esa tecnoloxía e non cremos que sexan suficientes unhas análises de crítica e desamor cara á rede, cunha actitude de snobismo elitista por parte duns poucos «que entenderon algo». Compartimos a urxencia do problema, ou sexa de que hai un risco de illarnos aínda máis e de que calquera aspecto da vida poida chegar a ser virtual, mesmo a confrontación humana, pero ao mesmo tempo non nos deixamos de imaxinar as potencialidades que hai na difusión das nosas ideas e prácticas iconoclastas en todos os cantos do planeta. Máis que nada fai falta unha debida reflexión sobre como programar a nosa existencia totalmente fóra da virtualidade. Trátase, a fin de contas, do dilema da anticivilización, aínda demasiado ancorada no modelo da nosa sociedade. A este propósito Culmine demostrou máis dunha vez apreciar a devandita temática, pero aprazando a un futuro indefinido un escrito propio de reflexión. Considerada a extrema dificultade actual para poder redactalo en conxunto e en tempos breves, non se descarta facelo proximamente.

Concretamente Culmine é o primeiro caso, que saibamos, de represión e encarceramento a un sitio web de contrainformación. A que credes que se debe? Por que Culmine e non outros sitios?

Culmine: En primeiro lugar a represión contra Culmine ten que ver coa lexislación antiterrorista italiana, herdeira das leis especiais utilizadas nos chamados «anos de chumbo». Hai que especificar que non estamos só imputadas por violación das leis de información ou por apoloxía, senón por proxectar, financiar e efectuar materialmente atentados explosivos.

Por que Culmine e non os demais blogs? Porque, ao noso parecer, Culmine nos anos da súa existencia se caracterizou polo feito de non censurar comunicados de accións directas de todo o mundo, dando espazo tamén á voz de moitos presos anarquistas. Non somos as únicas en facelo, vimos nacer moitos outros blogs ou sitios cos cales compartimos reflexións e experiencias. O engaiolamento de Culmine é un mal sinal que chega dende a represión xa que representa un escenario que podería repetirse tamén para outras experiencias similares a nivel contrainformativo. É significativo, por exemplo, que segundo a fiscalía foi unha proba do noso non arrepentimento logo do rexistro de marzo de 2012 (que xa anunciaba unha crecente represión) a nosa inmediata difusión dun comunicado para avisar aos demais blogs sobre o acontecido e a violación do mesmo Culmine.

Unha cuestión latente neste tema é a dos tempos. Internet obrígache a unha constante actualización e todo se fai a unha velocidade moi por enriba das capacidades humanas. Que sentido ten saber a tempo real o que sucede contemporaneamente en todo o globo terráqueo? A nosa capacidade de intervención na nosa realidade máis próxima é de por si moi limitada. Ata que punto isto non crea as mesmas ansiedades que, por exemplo, a caducidade dos aparatos tecnolóxicos ou as modas, que dun momento a outro perde valor e sentido?

Culmine: O problema das actualizacións continuas existe e un blog que non se actualiza con frecuencia deixa de ser visitado. É importante que os administradores dun blog teñan a intelixencia de seleccionar con coidado o material que reciben, dando máis ou menos espazo e importancia a determinados post. Certo, seguramente poderiamos sobrevivir (ademais de, por suposto, continuar loitando e contrainformando) sen saber o que acontece en tempo real no outro lado do mundo. Pero a idea sempre é que o intercambio de información e experiencias poida ser un estímulo para as outras realidades, como acaeceu nos últimos anos. Non obstante hai un límite que non pode ser superado, pola contra cae na virtualidade da loita e na total virtualidade das relacións humanas. Dende este punto de vista pensamos que as mobilizacións vía Twitter, pola súa extrema rapidez e trazabilidade non consenten algún tipo de reflexión, mesmo se xa chegou a ser máis utilizada durante as manifestacións, superando os mesmos SMS.

Salta á vista unha nova concepción do anarquismo de praxe moi influenciada pola web. Hai discursos e formas «de facer» que se ben non todos poden ser considerados nocivos, materializan dinámicas que parecen nalgúns casos reproducións mal asimiladas, e noutros meros xogos de rede.

Culmine: Nos últimos anos apareceu este novo xeito de entender, de vivir o anarquismo; trátase dun fenómeno tan novo que non se logra enmarcalo e as definicións, nesta fase, poden desviar. De todos os xeitos unha das definicións máis repetidas é a de anarquismo de praxe. Ao noso parecer non se pode dicir que a web tivo unha influencia sobre esta nova concepción, senón que axudou a difundir con rapidez o seu alcance, nas súas distintas diferenciacións e denominadores comúns. En si non é unha novidade. Xa no pasado houbo períodos nos que o anarquismo de acción se fixo escoitar con atentados, execucións, sabotaxes e ata secuestros de persoas. A novidade, respecto ao pasado, está na difusión de comunicados de reivindicación a tempo real en todos os lugares do planeta e no posible interese por parte doutras individualidades e grupos en accións dirixidas contra o mesmo obxectivo. Tamén neste caso se trata de fenómenos xa vividos. O exemplo máis rechamante, aínda que hai moitos máis, é o da campaña de solidariedade internacional con Sacco e Vanzetti. En distintas partes do planeta individualidades e grupos anarquistas estaban á espera de das novidades do corredor da morte norteamericano: naquel entón o instrumento de comunicación era o telégrafo, agora é Internet. Por suposto, son moitos os problemas que hai que solucionar con esta nova aproximación. É certo que a miúdo hai unha superficialidade nas análises e que da nada aparecen personaxes alleos a calquera percorrido anarquista (e aos cales hai que tratar coa debida sospeita). Non hai que menosprezar, ademais, os problemas da linguaxe, xa sexa polas traducións malas e feitas con présas (a miúdo realizadas con tradutores automáticos, que nós cremos que hai que utilizar só en casos de extrema necesidade) como por conceptos mal asimilados. Un exemplo poderíanos axudar: fálase moito, dentro do anarquismo de praxe, de guerrilla urbana e de loita armada. Actualmente non temos os instrumentos para analizar o que está a suceder, por exemplo, en Grecia, e por certo nin en Italia nin en moitos outros países hai as condicións para que se poida falar nin de guerrilla urbana nin de loita armada. Tamén sobre o concepto de nihilismo hai unha gran confusión (ao punto de que uns pseudonihilistas chegaron a negar calquera ética, abrindo a porta á mesma infamia) e equivocacións similares están a xurdir tamén fronte ao concepto de antixuridicismo anárquico! Estas equivocacións poden, efectivamente, desembocar nuns antipáticos «xogos de rede» que non obstante Culmine nunca alimentou.

Nós crecemos na anarquía por medio de debates, cartas con compañeiras e compañeiros presos, lendo opúsculos, viaxando, visitando bibliotecas, subscribíndonos a un xornal doutra parte do planeta, falando con antigos sabotadores e guerrilleiros, etcétera. Pero hoxe en día a formación pasa, en gran parte, polos blogs e as redes sociais. Que opinades?

Culmine: Que a actual «formación» aconteza para a gran maioría por Internet non se pode negar, pero é certo tamén que é unha cuestión xeracional (calquera período histórico-social utiliza os instrumentos que hai). As de Culmine chegamos a xestionar un blog logo de facer un camiño, dentro do movemento anarquista italiano, empezado bastante antes da chegada da rede. O que podemos dicir é que quen pertence a un movemento que se define revolucionario ten que ter sempre a capacidade de interactuar, pode que ata de xeito violento, coa situación social que o rodea.

Renunciar de golpe a Internet e a todos os demais instrumentos tecnolóxicos é absolutamente impensable (se ben ideal dende unha perspectiva anticivilizadora). Son os e as que se ocupan da contrainformación os que teñen que poñer as mellores enerxías para que os blogs e os sitios teñan artigos, libros, investigacións afondadas e esmeradas. Non hai outra saída, por agora.

Distinto é o discurso relativo ás perspectivas non inmediatas. Poderiámonos preguntar como e por que se chegou a esta situación, pero esta análise, debidamente autocrítica, abrangue as últimas décadas do anarquismo mundial. E pensamos que a este nivel a reflexión debe ampliarse a outras temáticas, máis alá desta sobre a dependencia tecnolóxica: Cal anarquismo? Insurreccionalismo ou individualismo? Nihilismo ou pesudonihilismo? Formalidade ou informalidade? Siglas, acrónimos ou anonimato? Antixuridicismo anarquista e ata onde unha persoa é antixuridicista? Social ou antisocial?

Esta entrevista intenta ser unha pedra lanzada ao aire coa intención de xerar debate. Queredes agregar algo máis?

Culmine: Queremos comunicar que o que aconteceu a Culmine non se debe a unha xestión imprudente pola nosa parte das medidas de anonimato na web. O noso era un blog público, é dicir, que non escondiamos nunca a nosa identidade, ao punto de que participamos en debates e en distintas actividades anarquistas públicas. A nosa idea é que as individualidades que xestionan blogs anarquistas, aínda máis se se ocupan de comunicados de accións e escritos de presos e presas, teñen que ser coñecidas dentro do movemento.

Cremos que tamén é importante proporcionar un espazo apropiado á autocrítica: erros cométense moitos. É necesario ter a capacidade de ser conscientes diso. Máis dunha vez topámonos, por exemplo, con falsos comunicados, provenientes de mitómanos ou esbirros, e ese é un risco moi elevado para os que se ocupan dos blogs. Neste caso, a experiencia adquirida en anos de loita axuda a comprender a veracidade dos escritos cos que te encontras.

Sempre puxemos atención en sinalar a fonte de nosos post xunto aos e as tradutoras que de tanto en tanto axudáronnos, pero isto para nós é parte dun modus operandi correcto e non superficial, necesario tamén en relación a publicacións en papel.

Malia a represión, malia os longos meses de prisión preventiva en seccións de alta seguridade, non renegamos do traballo de Culmine nestes anos e esperamos que outros blogs poidan continuar coa contrainformación. Ao mesmo tempo estamos máis que interesados nunha reflexión crítica e construtiva, dentro do movemento anarquista internacional, sobre os temas da entrevista de Aversión.

...............................................

Stefano atopase na actualidade na sección para presos anarquistas do módulo de alta seguridade do cárcere de Ferrara e Elisa no cárcere de mulleres de Roma.

Enderezos para escreberlles (tambén len e escreben en castellano):

Elisa Di Bernardo

Rebibbia femminile

via Bartolo Longo, 92

00156 Roma

Italia

Stefano Fosco

C.C. Via Arginone, 327

44122 Ferrara

Italia

trad. eDu
Leer más...

29 ago 2013

[Itália] O compa anti-TAV, Giobbe, em terceiro grado.

Dias atrás davamos conta de que Giobbe, redactor da revista de história, Nunatak, fora encarcerado tras ser identificado como o autor dumha presunta agressom a um agente da polícia nas proximidades da acampada anti-TAV em Val de Susa (ver acá), agora vimos de saber que foi excarcerado na tarde de antontem, 27 de agosto, se bem com as medidas cautelares de proibiçom de sair de Torino e obriga de volver a durmir no cárcere.

Também comentam em ContraInfo (es) de onde colamos esta notícia, que nesse mesmo dia 6 activistas forom alvo da repressom ejercida pela fiscalia de Torino que busca criminalizar a resistência contra a construçom dum tunel para o passo do TAV e, nesta ocasiom, basta-se com a denúncia dum camioneiro dum trailer que foi impedido a aceder às obras, ao pensar xs activistas anti-TAV que levava componhentes da “tuneladoura”.

Ampliaremos em quanto tenhamos mais informaçom

eDu
Leer más...

19 ago 2013

[Italia] Compa "NonTav" encarcerado.

Reproducimos, depois de traducilo, este Comunicado da Redacción de Nunatak – revista de historia, cultura e luitas da montaña, de corte anarquista e feita na Italia e que recollimos de Barcelona Indymedia:

Na tarde do martes 13 de agosto, Giobbe, o noso compañeiro e redactor de Nunatak, foi levado do seu domicilio en Dumenza (VA) e arrestado por orde da fiscalía de Torino. Rexistráronlle a casa e secuestrado roupa e obxectos persoais: os delitos que lle imputan son intento de roubo, secuestro, violencia, ameazas e resistencia a un oficial público, en relación a uns sucesos acontecidos en Val de Susa en novembro de 2012.

As investigacións, con case un ano de distancia, terían levado a identificar a Giobbe como o autor dunha presunta agresión nas proximidades de Chiomonte (n.do t.: lugar da acampada anti-TAV) a un axente de policía que coa súa cámara fotográfica andaba á caza de imaxes para usar contra o movemento Non Tav.

A mensaxe do Estado, esta vez, non deixa lugar a dúbidas ou malentendidos. Para tod@s @s que, como Giobbe, continúan coa cabeza alta sen deixarse intimidar polas tramas policiais e xudiciais, e que a diario encontran as razóns para combater en primeira persoa a nocividade do Capital, e contra @s que se implican na loita Non Tav a represión se subministra de xeito cirúrxico: unha continua, metódica elaboración de acusacións indiciarias para usar no momento xusto.

Unha práctica que nos últimos anos se presentou en diversas ocasións, entre outr@s, tamén contra algunh@s outr@s redactor@s da nosa revista. Seguro que é un bo método para quitar de diante por un tempo a quen se expón nas batallas pola liberación dos territorios de mans dos explotadores e os uniformados que os protexen.

Mentres tanto para nos está clara a convicción ao devolver esta mensaxe ao seu remitente e demostrar outra vez ao Estado e os seus servidores que a solidariedade pode ser un instrumento eficaz para relanzar, sempre con maior forza, a nosa loita por unha existencia liberada, contra quen devasta e reclúe, pola autodeterminación das comunidades, da montaña como de calquera outro territorio.

Por un mundo sen cárceres! Giobbe liberdade! Liberdade para tod@s!

Para escribir a Giobbe:

Davide Giacobbe

Casa Circondariale Lorusso Cotugno

Via Maria Adelaide Aglietta 35

10151 Torino (Italia)

Pódeselle escribir con normalidade en castelán, català e en italiano, entende perfectamente. Tambén pódenselle enviar telegramas. En canto a diñeiro, roupa, etc está xa servido.

OLLO!!! Non enviar nome de Giobbe pois non chegará. Aterse ao nome e dirección exacta.

.........................................

Colamos tambén este comentario (traducido) asinado por Pepe:

Nin caso aos policias... E solidariedade con o detido.

Escribo para dicir que pode que algunxs non lle dean importancia ao escribir aos prisioneiros pero para quen está dentro e sobre todo nos primeiros momentos máis aínda, cada postal, cada carta ou cada telegrama son unha bafarada de aire fresco e de liberdade que entra ata a mesma cela do detido.

Se non se quere alongar o seu discurso e non sabe ben o que dicir a alguén que non coñece persoalmente, dicirlle que só dous lineas nunha postal neses primeiros momentos de incerteza son aire limpo que respirar nun sitio onde falta o aire e ademas esta podre.

Animo a todxs a escribir as prisioneirxs tambén cando non se lles coñece.

Solidariedade a Giobbe e a todxs xs detidxs anarquistas.

Forza e coraggio Giobbe

Se golpean a unx respondemos todxs


.......................................
Ademais consideramos oportuno publicar esta referencia de Giobbe, que tambén colamos de IndyBarna:

Pequena introdución sobre Giobbe


Militante anarquista moi activo e querido sexa en Varese provincia onde reside, sexa en val di Susa onde loita contra o tav. Un dos editores da revista de cultura e resistencia de montaña chamada Nunatak (presentada en EH hai uns anos).

Precursor da Festa Antileghista na nosa provincia feudo da Leiga Nord.

Tomou parte activa na loita contra a presa de Itoitz e contra o desaloxo do gaztetxe Euskal Jai. Tamén presente en realidades como Can Masdeu (Barcelona) onde viviu e aprendeu castelán e catalá entre outras cousas.
.......................................
Máis información no mesmo enlace de IndyBarna do principio da noticia.
Leer más...

15 jul 2013

[Trento, Italia]: Viva a Revolta en Turquía.

Colamos, despois de traducida, esta carta-analise de compas anarquistas de Trento, recollida de ContraInfo

A historia é longa, tanto como as humillacións que a clase dxs pobres sofre dende tempos inmemorables, tanto en Turquía coma en calquera parte.

Logo, o imprevisto. En Istanbul, na praza Taksim, algún centenar de persoas oponse á destrución dun parque cos seus seiscentos plátanos. Un pouco de espazo e de verde no medio dos escaparates, os bancos, as mercadorías e xs turistas. A violencia da policía durante o desaloxo do parque é brutal. Pero a represión, esta vez, fai que se desborde a rabia. A revolta explota en todo o país, contra o primeiro ministro Erdogan, contra o terrorismo de Estado, contra as condicións de vida cada vez máis miserables. Miles de persoas volven á praza, día tras día, unha e outra vez, a pesar dxs feridxs, xs arrestadxs, xs mortxs. Máscaras antigás no rostro e pedras nas mans, xs rebeldes teñen todas as idades e todas as razóns do mundo. Para recordar que Istanbul está á volta da esquina, a dous pasos de nós, alguns e algunhas rebeldes da praza Taksim escriben axs Non TAV de Val de Susa e cantan o Bella Ciao.

Os políticos e xornalistas locais finxen indignarse pola brutalidade da policía turca, polas mangueiras e os lacrimóxenos usados contra a multitude. Certos métodos, evidentemente, van ben en Valsusa e non en Turquía.

Para Erdogan, lxs rebeldes son todxs "terroristas". Un apelativo que aquí serve para criminalizar as minorías rebeldes e revolucionarias, alí aplícase a unha ampla parte da poboación.

Primeiro foi o Norte de África o que se sublevou: sábese, é o "terceiro Mundo". Despois, Grecia: aí, dise, é distinto. Despois Islandia, Inglaterra, mesmo a socialdemocrática Suecia. E Brasil, onde a miseria e os homicidios de Estado non se poden seguir ocultando detrás do Espectáculo dos mundiais de fútbol.

Mentres que no mundo, o "feito anómalo" comeza a ser a resignación e non a revolta, en Turquía mozxs e ancians continúan baténdose. Con rabia, coraxe e alegría.

Mentres, nos e vos preguntamos que tería que pasar aínda en Italia para que salte o tapón do aguante, para que o lamento entre na rúa aberta da rebelión, queremos responder aos irmáns e irmás de Turquía.

Porque, por se non o entendedes, nos falan tamén a nós.

Anarquistas
Leer más...

10 jul 2013

O anarquista Francesco Puglisi detido en Barna e encirrado en Soto ven de ser extraditado a Italia

Acabamos de saber que Francesco Publisi, compañeiro arrestado en Barcelona polas condenas en relación con a revolta do G8 de Génova 2001, foi extraditado a Italia.

Tenría que estar de paso no cárcere de Rebibbia, mais esperamos a confirmación do seu destino definitivo.

Atentxs às actualizacións.

Máis información sobre este caso en Abordaxe (aquí, acá e acolá)
Leer más...

19 jun 2013

Solicitude de Axuda de Paola, compañera de Francesco “Jimmy” Puglisi, anarquista italiano detido en Barna e preso en Soto

Colamos de ContraInfo depois de traducido ao galego, este chamado de axuda enviado à web italiana anarquista Informa-Azione de Paola, a compa de Gimmy, detido há uns días en Barcelona (ver acá a noticia en Abordaxe) encausado polos feitos sucedidos en Genova en xullo de 2001 (hai 12 anos!!) con motivo da cimeira europea onde fora asasinado pola policía italiana Carlo Giuliani.

Ola, son Paola, a compa de Gimmy, Francesco Puglisi, arrestado hai pouco en Barcelona polos feitos do G8 de Xénova e quería comunicar un feito importante.

O primeiro é que vin o voso artigo sobre Gimmy e considero normal e ben que esteades a falar diso. Quería engadir que nestes días Gimmy conseguiu chamarme uns poucos minutos dende o cárcere de Madrid e que me comunicou que está en condicións dificilísimas, onde vive moi mal a situación porque o meteron nunha sección de antiterrorismo en illamento total, con os de Al Kaeda e Eta. Comunícame que está mal e deprimido, que lle custa comer, en poucas palabras que está fodido.

Díxome que a miña presenza é a única cousa que o faría sentir mellor ou que son o único apoio positivo en toda esta situación.

Díxome que o sábado 22 de xuño podo ir visitalo, que mo deixarían ver, pero o problema aquí é económico porque os únicos trens que fan o percorrido Barcelona-Madrid son trens de luxo, moi caros, díxome xente coñecida que ida e volta virían a custar preto de 150 euros. Eu non me podo permitir este gasto porque teño unha pensión de invalidez que é de 280 euros pero gasteina toda o primeiro de xuño para pagar o cuarto (cando por entón aínda estaba Gimmy comigo).

Pido desesperadamente axuda a todxs para poder ter este diñeiro sexa porque o quero ver pero non tanto por min senón pola situación precaria e delicada física e psiquicamente que vive Gimmy onde para axudalo necesita que vaia facer esta visita e falarlle para levantarlle a moral por canto poida axudalo a miña visita que seguramente para el sexa fundamental e vital.

Estaría a opción do autobús que é máis barata pero desgraciadamente téñoa que descartar a priori porque son 8 horas de viaxe pola noite e tendo "ferros" apoios cirúrxicos na columna vertebral, non podo durmir en posicións incómodas no autobús, non mo podo permitir, tamén porque para agravar a situación estará o feito de que despois da viaxe de ida e do vis a vis, terei que refacerme esta odisea a mesma noite ou mesmo durmir nun hotel para recuperarme da viaxe pero isto tamén ten custos así que estamos de novo como ao principio. En poucas palabras, fisicamente non mo podo permitir.

Así que vos deixo a miña conta bancaria onde podedes ingresar diñeiro que lle chegará directamente a Gimmy e tamén a miña tarxeta de crédito Postepay onde ingresar diñeiro que servirá para comprar o billete de tren.

Para a miña viaxe, Paola:

Código tarxeta Postepay: 4023 6005 9058 7608

Código fiscal: FRLPLA82L69i754O a última cifra é unha letra (nome e apelido) titular: Paola Ferla

Grazas infinitas en calquera caso, saúdos,

Paola.

Engadir que sería mellor enviar diñeiro a Paola canto antes para que poida asegurarse o sitio no tren.

Esperemos que Gimmy en tanto poida ver a Paola e que o noso apoio lles chegue con calor!

Derrubemos os cárceres!

FORA TODXS DOS CÁRCERES!

Escribámoslle e non deixemos que se sinta só a:

Francesco Puglisi
MADRID V (Soto del Real)
Centro Penitenciario
Carretera Comarcal 611
28791 Soto del Real (Madrid)
Leer más...

9 jun 2013

Detido anarquista italiano en Barcelona

Os medios empresariais recolleron profusamente a noticia da detención en Barcelona, o pasado martes, do anarquista Francesco Puglisi, prófugo da xustiza italiana dende hai case un ano. Está reclamado por varios delitos relacionados cos incidentes no contracumio de Xénova no ano 2001 e pola incautación, un ano antes, de dinamita e detonadores nun rexistro no seu domicilio. Por iso enfróntase agora a unha condena de doce anos de cárcere cando sexa extraditado ao seu país de orixe.

Información extraída da prensa comercial, da páxina do ministerio de interior e das escasa novas que atopamos en páxinas contrainformativas (-AQUÍ -AQUÍ e -AQUÍ)

C.R.
Leer más...

30 abr 2013

A cadena SER, actuando de vozeira da polícia, alarma con o "Triángulo do Mediterraneo Anarquista"

Grupos anarquistas españois deseñan estratexias conxuntas con italianos e gregos
A policía, en alerta ante o aumento de grupos anarquistas no noso país


Istos son o titular e subtítulo da noticia que asina una tal Ana Terradillos (aterradillos??), quen destaca que: "A policía está en alerta ante o aumento de grupos anarquistas no noso país. Infiltráronse en movementos sociais como o 15-M, a protesta dos mineiros ou as plataformas sociais creadas contra a reforma laboral. Recólleo un informe da Policía Nacional elaborado en abril que constata ademais que estes grupos estableceron redes de actividade con grupos de Italia e Grecia, os países dirixidos pola troika. Coñéceselles como o Triángulo do Mediterráneo. A policía ten constancia de que activistas italianos e gregos están a deseñar estratexias conxuntas con activistas españois "nun intento de organizar a súa actividade".

Quen isto abaixo asina, entende que a SER e a policía pouco aporta con este "descubrimento alarmante", pois nada novo aponta no seu intento de criminalizarnos (nunca deixamos de ter cornos e rabo de demos), pero é interesante botar unha ollada a esta sarta de sandeces, asín que colo e copio, unha vez traducido, o texto da cronista, e comento entre parentise as miñas personais impresons:

A policía cre que estes grupos "están a aproveitar a situación actual de crise para introducirse noutro tipo de movementos sociais que xa están organizados". Segundo este informe policial de abril ao que tivo acceso a SER, infiltráronse en movementos sociais como o 15-M, a protesta dos mineiros, a folga xeral que houbo en España o 29-M ou as plataformas sociais xeradas contra a reforma laboral ou os recortes en materia de educación ou sanidade. (as anarquistas nacimos depois do 15M, nunca antes existimos e nada facíamos, por iso decidimos infiltrarnos no que había)

Este documento policial constata ademais que o movemento anarquista intentou tomar o mando do 15-M nalgúns puntos do país e de forma infrutuosa. A situación actual de crise di o informe "é o caldo de cultivo idóneo para considerar que estamos nun período expansivo das actividades anarquistas". Están a tirar proveito, engade o informe, da publicidade que se concede a outro tipo de movementos sociais xa formados aos que pretenden contaxiar a ideoloxía anarco-insurrecionalista". Entre os nomes novos que aparecen en España está o Grupo anarquista "Mayo Negro", creado o pasado novembro en Sevilla e "Novembro Negro", creado tamén o pasado novembro en Santiago de Compostela. (o mando do 15M ??, pero había mandos??; "contaxiar a ideoloxía", somos enfermas contaxiosas!! ; "Mayo Negro" foi apresentado publicamente en Outubro de 2012 pero criado con anterioridade e non se agochan (acá a sua web) , pero vese que a xorna-lista non sabe buscar información, bastalle con o que lle di a policía; e "chan chan chan" en Compostela temos o grupo "Novembro Negro" !!, pero como?? ou a policía non sabe informar ou o de esta muller é de tranca.  "Novembro Negro" foi o nome das Xornadas Itinerantes galegas do ano pasado (ver acá neste mesmo blogue), haberá que decirlles a estes investigadores que tambén existen os grupos "Pechad@s en Democracia" de Ourense (ver acá) , "Pola Anarquía e a Extensión da Revolta" (ver aquí) ou, por non extenderme o grupo "Antidesarrollista" (acolá)

A policía ten constancia de que activistas italianos e gregos están a deseñar estratexias conxuntas con activistas españois "nun intento de organizar a súa actividade". O Triángulo do Mediterráneo está formado por grupos anarquistas de Grecia, Italia e España, países dirixidos pola troika. Segundo a policía, manteñen relacións "non só a nivel ideolóxico senón tamén como soporte estratéxico". Os seus activistas organízanse en pequenos grupos nos que cada compoñente, di a policía, goza de total autonomía individual". (Nada novo baixo o sol, seguen a voltas con o Triángulo, habería que dicerlle à xorna"lista" que noticia é algo "novidoso" , o de sempre non é noticia)

O seu modus operandi básico engloba dende a colocación de artefactos explosivos e o lanzamento de cócteles molotov ata o envío de cartas explosivas e paquetes bomba ou as explosións de bombona de cámping gas. Dende xaneiro do 2012 atentaron ata en doce ocasións con artefactos explosivos e cócteles molotov. Os escenarios atacados son sucursais bancarias, escolas de empresa como Esade, casas de expolíticos, estacións de tren e catedrais como a Catedral de Santa María la Real de la Almudena en Madrid. O artefacto que se encontraba nunha bolsa de lixo foi desactivado pola policía e reivindicado en nome dun comando autodenominado Comando Insurreccionalista Mateo Morral. Os puntos quentes son Palencia, Galiza, La Rioja, Catalunya, Madrid e Andalucía. (Foder, con o frío que fai estes días e eu sen saber que somos un ponto quente!! e coidado campistas!! que veñen as anarquistas a explotarvos as bombonas de cámping gas !! )

Europol elaborou tamén un informe subliñando estas conexións que, segundo a policía europea, as fan a través de Internet e de forma sistemática "para facer chamamentos, publicar demandas, organizar campañas e estender os postulados da súa ideoloxía". Os movementos anarquistas negaron a existencia deste triángulo e culpan a Europol de utilizalo como pretexto para encarcerar activistas acusándoos de terrorismo. (ah! vaia merda, eu que pensaba que os contactos eran certos e agora resulta que se fan por internet, será por facebook ou por twitter?? vou mirar de facerme amigo dos "Mayo Negro"!!)

A policía detectou en numerosas ocasións membros de grupos anarquistas de Italia e Grecia en diferentes puntos do noso país sobre todo en Madrid e Barcelona. Segundo este informe policial, hai constancia de que están a deseñar estratexias conxuntas con activistas españois "nun intento de organizar a súa actividade". (en fin iso xá o dixestes dois párrafos mais arriba, non tes nada novo??)

Os últimos encontros organizados no noso país é un ciclo de conferencias que se celebrou entre os días 16 de xaneiro e o 4 de febreiro con activistas gregos. Reuníronse en Ciudad Real, en Sevilla, en Cáceres, en Burgos e en Barcelona. Segundo a policía, os anarquistas gregos estableceron estratexias como as que se están a desenvolver en Grecia como "ataques a individuos ou establecementos nazis e agresións contra os membros do partido de extrema dereita Mencer Dourado", o lanzamento de cócteles incendiarios e os ataques a empresarios e capitalistas. (vaia eu non sabía que estiveran compas gregos por acá este ano, pena non telo sabido para convidalos a Compos, e vese que para a SER combater o nazismo é perigosísimo)

Á policía chamoulle tamén a atención outro encontro que se celebrou en xullo do ano pasado en Barcelona con destacados ciberactivistas gregos e italianos onde estudaron as ferramentas creadas polos programadores sirios para escapar do réxime. Detectouse a asistencia de nacionais italianos de diferentes colectivos anarquistas nas conferencias ou xornadas antiTAV en Barcelona, onde participaron entre outros Antonio Budini, Massimo Passamani e Daniele Pepino, coñecidos anarquistas insurrecionalistas italianos. (ah! chamalle a atención que as anarquistas, que non recoñecemos as fronteras, viaxemos e participemos en xornadas mais alén das fronteras artificiosas que as monarquías inventaron).

Tamén se detectaron españois nos outros países membros do Triángulo. O pasado 13 de xuño por exemplo os Carabinieri detiveron dez activistas entre os que se encontraba Gabriel Pombo dá Silva, un español membro do grupo Federación Anarquista Informal (FAI). Meses antes este grupo reivindicou varios atentados con explosivos en Italia, Alemaña e Francia. (bon isto é para quitarlle o cartón de xornalista!! ou de policía de investigación!!; Gabriel Pombo NUNCA FOI DETIDO polos carabineri, pois na altura estaba encarcerado en Acheen (Alemaña), outra coisa é que o quixeran "emplumar" como ideólogo que atuaba dende unha cela de aillamento!! prantexamento absurdo onde os haia, pero que a fiscalía italiana defende e, agora que está encirrado no estado español, mesmo chegou a pedir a extradicción, que foi denegada)

O anarquismo en Europa

A xustificación da violencia anarquista parte dunha formulación simple e global: A violencia é un instrumento para arrebatar o poder e a riqueza á minoría que os detenta, xa que esta non se vai deixar desposuír polas boas, polo que se dirixe contra a orde inxusta da sociedade, contra o estado e contra o capital. (tu mesma o dis: simple e global)

O anarquismo está presente en Europa en diferentes correntes. A primeira é o anarquismo insurreccionalista. Aceptan levar a cabo actos de sabotaxe, a colocación de artefactos explosivos de baixa intensidade e ataques de perfil máis elevado. A segunda corrente é o anarquismo autonomista que loita pola liberdade individual e opera en diferentes campos de actividade como o antifascismo, o anticapitalismo ou o antimilitarismo. Finalmente está o anarquismo solidario que actúa en apoio de campañas a favor dos camaradas nacionais e internacionais. (por fin alguén aclara as correntes do anarquismo europeio!! agora prantexaseme unha dúbida, se eu son solidário con unha campaña, non podo ser ao mesmo tempo antifascista??, por favor!! un pouco de rigor informativo non viría nada mal, ou é isto un exercicio de redacción dunha bolseira da SER??)

Os activistas máis activos están en Grecia

Durante este ano as accións de matiz anarquista recruáronse durante o mes de marzo, onde case a diario se produciron ameazas de bombas. O pasado sábado 9 de marzo un grupo de persoas atacaron con cócteles molotov unha comisaría da Policía e o domingo 10 un artefacto caseiro explotou nos locais dunha empresa de mensaxería. (e con isto remata a noticia!! todo un exemplo que, sen dúbida, será ensinado nas faculdades de comunicación!!, qué xenio, qué figura, qué arte!!, plás, plás, plás,...)

Se queres leer a noticia orixinal da SER (clica acá) e depois tira da Cadena.

Asina eDu
Leer más...

24 abr 2013

[Italia]: A celulá Damiano Bolano FAI/FRI reivindica o envío de 2 paquetes bomba

Recibimos e difundimos

OPERACIÓN CAZA AO ESPÍA

Atacamos Europol investigazioni cun paquete bomba. Esta axencia, como moitas outras, prové de equipamentos tales como micro-chips, micro-cámaras e outras perversións tecnolóxicas, ás forzas da orde, as que, coidadosamente, colocanos en casas, autos e outros lugares familiares dxs compas rebeldes e outrxs individuxs inimigxs da lei e os seus verdugos. Deste xeito, un aspecto singular da vida e das experiencias diarias convértese en material para acrecentar arquivos de investigación e é examinado polos servos uniformados, coa intención de analizalos de acordo aos standars do código penal, e usalos para arrebatarnos a nosa liberdade e encerrarnos nos campos de concentración do Estado.

Cremos que é tempo de romper coa infame cadea grazas á cal moitxs compañeirxs están presxs hoxe, e moitxs outrxs, xs que continúan loitando con xenerosidade e sen tregua, son forzadxs a convivir co constante risco de ser interceptadxs e espiadxs. Unha cousa debe ser clara para aqueles colaboradores da represión, axudar de calquera forma ao brazo armado do Dominio no cumprimento do seu traballo, significa ingresarse automaticamente na lista, con todas as consecuencias do caso.

Un paquete bomba foi enviado a outra merda coñecida co nome de "A Stampa", en primeira liña sempre para corroborar as reconstrucións dos Carabineri e a policía, especialmente cando se trata daqueles individuos que están activos na guerra contra o Estado. Sabemos ben que a represión sería menos efectiva sen a fundamental axuda dos xornalistas vendidos, e é por esta razón que decidimos unha vez mais facelos pagar pola súa responsabilidade. Estamos conscientes do feito que "A Stampa" é só un dos moitos xornais do réxime, polo tanto, calquera xornalucho é un posible obxectivo da nosa guerra contra o Estado e a Sociedade que cada día apoia e lexitima a súa existencia.

Con esta acción queremos continuar a campaña iniciada polxs compas do núcleo "Olga", coa ferida cara á prea Adinolfi de Ansaldo. Esta vez escollemos aos obxectivos entre aqueles que provén con extremidades tecnolóxicas necesarias para a represión, responsables tamén da nocividade e o sufrimento, como o polbo Ansaldo.

Dedicamos estas accións aos compañeiros encerrados na sección AS2 da prisión de Ferrara: Sergio, Alessandro, Alfredo, Nicola, Peppe e Stefano; ás compañeiras encarceradas en Rebibbia: Elisa e Paola; a Marco Camenish, a Gabriel Pombo dá Silva, aos compañeiros de Grecia da CCL e a Theofilos Mavropoulos.

A todxs xs anarquistas e rebeldes encerradxs nos cárceres en cada lugar do mundo. Continuaremos a nosa guerra tamén por vostedes!

Saudamos ás células da FAI/FRI, moitas agora, que atacan ao Dominio en cada ángulo do planeta.

VIVA A FAI/FRI
VIVA A ANARQUÍA

FEDERACION ANARQUISTA INFORMAL/FRONTE REVOLUCIONARIO INTERNACIONAL
CÉLULA DAMIANO BOLANO
Leer más...

11 abr 2013

[Italia] Comunicado de Sergio Stefani sobre a interrupción da sua folga de fame

Hai cousa de algo máis de 2 meses que publicaramos acá a decisión de Sergio Mª Stefani e Alfredo Cospito, presos anarquistas encirrados no módulo de alta seguridade 2 da prisión italiana de Alessandria, de comenzar unha folga de fame dado que non se lles permitía manter comunicacións com as suas respectivas compañeiras e amantes. Agora recibimos este seu comunicado onde Sergio conta os porqués de abandonala folga en 14 de marzo e a sua decisión de seguir na loita:

O 29 de xaneiro de 2013, decidín iniciar unha folga de fame despois de que o Tribunal de Milán (onde se trasladou o procedemento denominado "Operación Ousadía") decidiu denegarme a posibilidade de ter visitas con Katia, a miña compañeira. Así que conseguín vela soamente tres veces, un total de tres horas en case oito meses dende o momento do meu arresto. Ata o momento, volvéronme negar as visitas con ela despois dos últimos intentos realizados polo meu avogado.

O 14 de marzo, é dicir, tras corenta e cinco días de xaxún, comuniquei a miña intención de deixar a folga de fame. Nos últimos días os meus valores clínicos volvéranse preocupantes, o perigo de danos permanentes ou, mesmo, de coma glucémico parecía real, así que preferín non facer tal regalo ao meu inimigo. O que quero agora é evitar que ninguén interprete isto como unha derrota. Sempre crin, tanto fóra coma dentro, que cando un individuo decide actuar, loitar, atacar, obtivo xa a vitoria que, lonxe de calquera óptica de eficiencia ou cantidade, é emprender o camiño individual da liberación. Sigo crendo na acción directa, nas decisións ás que nunca renunciarei e nunca estivo nada tan lonxe de min como a idea do martirio ou a rendición. Loitar éncheme de alegría e recórdame onde se encontra o meu corazón, que latexa ao tolo na acción. Por iso, quero darvos as grazas as poucas compas que, dende fóra, estiveron preto de min sen choromicadas; os irmáns e as irmás no mundo que me saciaron e deronme forza coas chamas e a solidariedade revolucionaria que ofreceron cos seus ataques; aos meus "cómplices" prisioneirxs de guerra da sección AS2 de Alessandria, Ferrara e outras partes do mundo, estivestes preto, as vosas palabras nunca soaron baleiras e unido, ombro con ombro, a vos non tería podido caer nunca.

Gustaríame dar as grazas a muitxs máis compañeirxs pero, ao resto, a miña loita foi solitaria, ignorada e, quizais, ocultada deliberadamente. Sei ben que son incómodo como obxecto de solidariedade e non me sorprende. Pero a crítica debe servir para seguir adiante, para refacer o fío de vellas armas agora reaparecidas ou forxar novas, así que polo menos me dá pracer saber que, no último período, muitxs compañeirxs se someteron a autocrítica sobre a inexistencia da solidariedade cara aos presxs revolucionarixs e espero que, destas reflexións, xurdan novas propostas.

Pola miña banda, non encontro mellor xeito para reafirmar a miña vontade de non deixar de loitar nunca que aproveitar esta ocasión para anunciar a vontade de reactivar o proxecto dunha nova Cruz Negra Anarquista. Son meses nos que nos enfrontamos, algunhxs de nos, á necesidade dun instrumento de solidariedade que a caracterice coa calidade que, para nos, se redescobre, se reactiva e se vive: a solidariedade debe ser revolucionaria.

Polo demais, rematada a cuarta de folga de fame, simplemente aínda sigo crendo que rebelarse é xusto.

As palabras non poden salvarnos.
As palabras non poden romper as cadeas.
Só a acción fainos libres.
Destruamos aquilo que nos destrúe.


Sergio Maria Stefani
c.c. via Arginone 327
44122 Ferrara (Italia)
Leer más...

15 mar 2013

[Italia] Operación Ixodidae (Carracha): Resumo do proceso e declaración dxs compas

A desinfección non se conseguiu

O 27 de febreiro, o Tribunal de Trento absolveunos do cargo de "asociación subversiva con fins terroristas". O fiscal pedira de 3 anos e 4 meses a 5 anos, pero o torpe castelo de naipes derrubouse. Polo que a Massimo Passamani se lle revogou a prisión preventiva. Ao día seguinte, rematouse tamén o prazo da súa outra custodia preventiva (emitida polo tribunal de Torino, polos feitos de Chianocco, ou sexa, a expulsión dun equipo de televisión, o 29 de xaneiro de 2012, dunha barricada NON TAV en Val Susa) polo cal, despues de seis meses, encontra a "liberdade" e o seu posto de combate... (ah, para variar, como muitxs outrxs, ten prohibido ir a Val Susa).

Estamos xuntxs de novo grazas á solidariedade dxs muitxs companheiros, companheiras, e demais, que estiveron ao noso lado. Para elxs, o noso agradecemento e o noso vémonos, nas rúas ou nos camiños da rebelión e o apoio mutuo.

O noso pensamento está agora con xs companheirxs e irmanxs que aínda están encarceradxs.

A continuación (en "leer más") a ( longa e moito interesante) nosa declaración:

Declaración dxs anarquistas imputadxs en tribunal de Trento

O xogo dos roles sobre os que se basea a Xustiza de Estado prevé que vós nos acusedes e que nós, coa cabeza gacha, veñamos aquí para defendernos. Pero nós non aceptamos os roles, xa sexa porque non recoñecemos o Estado xa sexa porque o xogo está claramente trucado.

Se tivésemos que tratar con delitos específicos e coa exhibición das chamadas probas, este proceso non tería, nin tan sequera, empezado. E isto non o dicimos nós. Dino os documentos xudiciais.

Na orde de custodia preventiva que mantén aínda baixo arresto domiciliario a un de nós, defínense "escuras as razóns que a acusación alega, baseadas en simples consideracións abstractas".

Na solicitude das detencións remitida pola Fiscalía lese: "Debe considerarse que indicios de cara á existencia do delito asociativo ben poden deducirse de elementos probatorios relativos aos delitos-fins, mesmo cando estes sexan considerados insuficientes no mesmo exercicio da acción penal por tales delitos,". En termos aínda máis claros: a asociación "é premisa obrigatoria para avaliar con corrección e valorar que 'indicios' das circunstancias que, doutra forma, terían valor -neutro- dende o punto de vista probatorio".

En definitiva, sen necesidade de recorrer a unha fantasiosa asociación da que a Digos de Trento inventou mesmo o acrónimo ("GAIT", "Grupo anarquista insurreccional Trentino"), o que os fiscais Amato e Ognibene teñen na man dise rapidamente: un puñado de moscas. E isto a pesar do mastodóntico dispositivo de control tecnolóxico utilizado: 148.990 contactos telefónicos, 10.000 contactos ambientais, 18.000 comunicacións telemáticas, 14.000 datos GPS, 92.000 horas de vídeo, 12.000 fotos.

Os propios investigadores, pola súa banda, din que non teñen nin probas nin evidencias graves para determinar quen fixo as accións anónimas das que se nos acusa; por aquelas accións, deduciríase a existencia dunha organización, da cal nos formariamos parte; a nosa participación deduciríase, á súa vez, polas accións. E así sucesivamente, nunha especie de curto-circuíto lóxico.

Somos unha verdadeira dor de cabeza para os seus teoremas. O código define a asociación subversiva como "un lazo formalmente distinto para os participantes individuais", ou sexa, unha organización estable no tempo, cun organigrama, con roles, etc. -características, estas, que non poden conciliarse coa informalidade, a horizontal e a afinidade que dende sempre caracterizan as nosas relacións como as de muitxs outrxs compas. De feito, Digos e fiscais lánzanse, desafiando á gramática, ademais de á historia, a lanzar hipótese sobre unha organización "piramidal e xerárquica" compatible, milagre!, coa "espontaneidade anarquista".

Os teóricos do "G.A.I.T. " son a Digos e a Fiscalía, claramente nos, non. O "G.A.I.T." non existe de feito; e isto pola sinxela razón de que non pode existir de principio. Unha organización piramidal e xerárquica, con líderes, subordinados, tesoureiros e man de obra, é a negación mesma da idea, da ética e da práctica anarquista. Roles parecidos e o miserable mundo que leva con eles existen nas fiscalías, nos exércitos, nas institucións do Estado e na sociedade capitalista, non entre quens queren facer borrón de todo isto. Unha organización na que xs individuxs son os instrumentos intercambiables mataría as nosas ideas e os nosos sonos, mesmo antes de que a revolución empece. Cando falades de nos, pensades sempre en poder mirarvos ao espello. Pero nos somos a desorde dos vosos sonos, a negación vivente do voso mundo inxusto, aburrido e sen sentido. Estamos entre xs que non obedecen porque se negan a mandar. Estamos entre xs que nunha sala do tribunal non cambiaría nunca o seu sitio polo voso.

O xogo está amañado, dixeramos. Non porque este xuízo sexa máis "inxusto" que outros moitos, senón porque a maxistratura non é unha institución neutral da sociedade, senón o instrumento de dominación dunha minoría sobre o resto da poboación, dxs explotadorxs sobre xs explotadxs, dxs ricxs sobre xs pobres. Unha institución fiel durante séculos, como pode verse no nome mesmo dado á operación policial-xudicial contra nos. Sabedes mellor que nos, quen utilizaba o termo "zecche (carrachas)" para referirse axs comunistas, socialistas e anarquistas (1) -e de pouco serviu o ridículo latinismo co que ocultastes a vosa linguaxe fascista. Por outra parte, daquela época e daquela escola, é o artigo do código co que nos arrestastes (como outros dos vosos colegas fixeron con miles de compas); artigo que a vosa fermosa democracia nos últimos trinta anos non fixo outra cousa que agravar. Os datos relativos ás condenas impostas polo Tribunal Especial para a Defensa do Estado establecido por Mussolini non coinciden exactamente cos dos procesos por "terrorismo"?

Aquí temos a palabro máxico.

O Estado de Portella della Ginestra (2), da Praza Fonte (3), da Plazza della Loggia (4), da estación de Bolonia (5), do Italicus (6), de Ustica (7), etc. acúsanos a nós de "terrorismo", é dicir, de "violencia cega e indiscriminada cuxo obxectivo é conquistar ou consolidar o poder político" (esta é a definición que se encontraba no dicionario ata os anos setenta). O Estado dos bombardeos en Iraq, Kosovo, Afganistán, Líbano, Libia acusa xs anarquistas de querer "facer valer coactivamente" os seus principios. O Estado de praza Alimonda (8), de Diaz (9), de Bolzaneto (10), de Giuseppe Pinelli, de Franco Serantini (11), de Francesco Lorusso (12), de Stefano Cucchi (13), de Federico Aldrovandi (14), de Aldo Bianzino (15), de Francesco Mastrogiovanni (16), de Marcello Lonzi (17) e tantxs outrxs, demasiadxs, acúsanos a nós de "intimidar á poboación".

No mundo real, que non se ve polo ollo do fecho dende os que nos espiades a nós e ás nosas loitas, a millóns de explotadxs, de pobres, de excluidxs intimídalles diariamente, aterroriza, envelena, asasina a orde social que defendedes. Só en Italia, cada día catro trabajadorxs non volven á casa, e cento sesenta persoas morren cada ano nos cárceres onde nos encerrastes moitas veces e onde encontramos individuxs solidarixs e fraternais, seguramente, máis rectxs ca vós.

Fronte a esta guerra diaria conducida pola clase propietaria, quereriades que ninguén a tomase con bancos, coas axencias de traballo precario, coa tecnoloxía de control, cos instrumentos da morte e a devastación ambiental. A ira é o único capital que xs explotadxs acumularon na historia. E talvez non está moi lonxe o día no que vai ser moi difícil para vós atribuír aquilo que vos asusta a un puñado de anarquistas; o día no que será a poboación pobre e sometida a que se converta nun grande "asociación subversiva".

Pero volvamos aos documentos. Coas présas por secundar a vontade do Ministro do Interior, deixástesvos levar. Acusades a dous de nós de ter orquestrado e dirixido os enfrontamentos do 3 de xullo de 2011 en Val Susa. Somos NON TAV, e non dende onte, iso é certo. Pero para asediar as obras-forte do TAV en Chiomonte, 3 de xullo de 2011, había corenta mil persoas, e non, como escribistes sen vergoña nos vosos documentos "preto de 500 anarquistas". Curiosamente, a Fiscalía de Torino non nos acusa de ningún delito específico desa xornada, mentres que para a de Trento o teriamos planificado todo nós. Seríavos cómodo substituír unha poboación en loita, que dende fai vinte anos oponse á devastación a alta velocidade da súa terra, por un puñado de "carrachas". Desinfectar preferiblemente co gas CS do que a policía, carabinieri e policía de finanzas dispararon 4357 botes o 3 de xullo. O movemento NON TAV xa respondeu aos xornalistas e xuíces, "todos somos black-block", pero a autonomía e a horizontalidade dunha loita pola terra, a dignidade e a liberdade realmente non podedes toleralas.

A Digos esfórzase por escribir que xs participantes dos comités NON TAV serían, para nós, simplemente homes de palla e o movemento "unha reserva de recursos humanos utilizables". Non hai palabras para comentar tanto descaro. Só os homes de Estado e os capitalistas consideran a poboación "unha reserva de recursos humanos utilizables", dende logo, non os anarquistas. "Homes de palla", entón, non serán quizais os servos para quen lles ordena? Mirade as fotos dos vosos colegas que na Diaz masacraron a golpes mesmo ata persoas maiores mentres estaban deitadas, e preguntádevos de que están feitos eses homes de alí.

Entre as vosas falsificacións e a realidade dunha loita como a do NON TAV, onde xs compañeirxs puxeron todo o seu corazón, hai un abismo ético, humano, social.

Pero a Digos conseguiu acusarnos mesmo de ter instrumentalizado cinicamente a morte de Stefano Frapporti, un albanel de corenta e nove anos detido por dúas policías de paisano e encontrado, cinco horas máis tarde, morto na cela número 5 da prisión de Rovereto. Centos de persoas -familiares, amigxs e muitxs solidarixs - manifestaron durante meses a súa rabia na cidade. Nós xa fomos condenadxs por non mirar a outro lado, mentres a investigación sobre a morte de Stefano foi, como de costume, arquivada. Nos papeis da comisaría todo isto desaparece (igual que desapareceron as miles de persoas que loitaron en Val Susa o 3 de xullo de 2011): quedan só un "pequeno traficante" e xs anarquistas "instrumentalizadorxs". O círculo "Frapporti-Cabana" nacido a poucos metros de onde Stefano foi detido aquel maldito 21 de xullo de 2009 é a mellor resposta aos vosos insultos á intelixencia e á dignidade.

O voso espazo-tempo non é o noso. Mentres estamos aquí pensamos na xuventude rebelde que combate nas rúas de El Cairo. Pensamos nas mulleres e homes que, en Grecia, se alzaron para vivir sen o Estado e sen patróns. Pensamos nxs mozxs condenadxs a anos de cárcere por loitar en Xénova en 2001 e en Roma en 2011. Pensamos nas mulleres da India que se rebelaron contra a violencia machista e da policía. Pensamos en todas as mulleres e homes mortos no Mediterráneo porque buscaban un pouco de pan e de liberdade. Pensamos en todas as persoas asasinadas polas vosas bombas. Pensamos nxs nenxs palestinxs con ollos fermosos e grandes de corazóns. Pensamos nxs nosxs compas e irmáns que resisten coa cabeza alta nas prisións e matadoiros carcerarios de todo o mundo. Pensamos nos catro arrestados o 1 de febreiro en Grecia e torturados pola policía. Pensamos en todxs xs mozxs golpeadxs nas vosas comisarías e os vosos cárceres. Pensamos nxs escravxs asalariadxs nas fábricas militarizadas e nos campos de traballo chineses. Pensamos nos animais, nos bosques, nos vales e as montañas que os vosos bulldozers e os vosos beneficios devastan.

Pensamos en todo isto e non quereriamos avergonzarnos cando alguén nos preguntase un día: Mentres todo isto estaba a pasar, vós, que estabades a facer? ". Gustaríanos poder responder: "Fixemos a nosa pequena contribución coa cabeza, co corazón e coas mans".

Somos o voso imprevisto, a variable non considerada nos vosos cálculos.

Vimos de moi lonxe, e temos o mesmo sono que animaba xs campesiñxs insurxentes en 1525 en Alemaña: omnia sunt Communia -visto que vos gusta o latín.

Emitide, se queredes, as vosas sentenzas. Nós voamos máis alto.

Trento, vinte e sete de febreiro de 2013

(1) En Italia, dende sempre os fascistas chaman xs comunistas, socialistas e anarquistas: carrachas.
(2) En Portella della Ginestra, Calabria, o 1 de maio do 1946 os fascistas, protexidos polo Estado, mataron varios participantes na festa que realizaban.
(3) Piazza Fontana. Bomba fascista, o 12 de decembro de 1969, orquestrada por EUA, en colaboracion co Estado italiano, é o inicio -para algunxs- da "estratexia da tensión", despois será acusado e asasinado en comisaría o compa Giuseppe Pinelli, anarquista de Milán.
(4) Piazza della Loggia, en Brescia (norte de Italia) no '74 durante unha manifestación de obreiros, os fascistas puxeron unha bomba na praza onde remataba a manifestación, matando algúns obreiros, nunca condenouse aos fascistas por isto, é máis, sempre os protexeron.
(5) Bolonia, 2 de agosto de 1980, unha bomba dos fascistas na estación de tren remata coa vida de máis de 80 persoas, é a continuidade da "estratexia da tension", estratexia rexida por EUA coa complicidade de varios Estados europeos para impedir que a esquerda gañase, consiste en facer crer á poboación, a través de "masacres", ou sexa o asasinato de varias persoas salvaxemente que a ultradereita e a ultraesquerda son iguais, e que os partidos democráticos burgueses son a solución a estes asasinatos. É a época das leis especiais e do uso da guerra sucia por parte do Estado.
(6) En 4 de agosto de 1974, estoupou unha bomba no tren Italicus tren que provocou varias mortes e decenas de feridos, esta foi reivindicada por fascistas.
(7) Ustica, 27 de xuño de 1980, avión derrubado no espazo aéreo italiano, ás mans do exército francés ou da OTAN, todos os pasaxeiros morreron e nada se sabe de quen o causou, os servizos secretos europeos crían que no viaxaba Gadafi, o ex gobernador de Libia.
(8) Praza Alimonda, Xénova, onde os carabinieri mataron a Carlo Giuliani en 2001.
(9) Diaz, a escola Diaz en Xénova, onde a policía torturou a decenas de manifestantes durante o cumio do G8 en Xénova, 2001.
(10) Bolzaneto, comisaría de Bolzaneto en Xénova, decenas de torturadxs pola policía durante o cumio do G8 de 2001.
(11) Franco Serantini, anarquista de 20 anos torturado ata a morte polos carabineri en 1972.
(12) Francesco Lorusso, comunista asasinado pola policía italiana durante uns enfrontamentos na Universidade de Bolonia o 11 de marzo de 1977.
(13) Stefano Cucchi, detido 16 de outubro de 2009 e levado á prisión Regina Coeli e a poucos días despois apareceu morto por causas pouco claras no departamento de presos do hospital Pertini.
(14) Federico Aldrovandi, asasinado durante unha detención policial en Ferrara, o 25 de setembro de 2005
(15) Aldo Bianzino, apareceu morto a mañá do 14 outubro do 2008 no cárcere de Capanne.
(16) Francesco Mastrogiovanni, anarquista, morto aos 58 anos o 4 de agosto de 2009 no módulo de psiquiatría da clínica de San Luca de Vallo della Lucania en estrañas circunstancias.
(17) Marcello Lonzi, encontrado morto en prisión con claros signos de tortura en 2003
Leer más...

7 feb 2013

[Itália] Os presos anarquistas Sergio Maria Stefani e Alfredo Cospito, em greve de fame

Soubemos por Informa-Azione.info de que em 29 de janeiro passado, Sergio Maria Stefani e Alfredo Cospito, presos anarquistás encirrados no módulo de alta seguridade 2 da prisom de Alessandria, começaram umha greve de fame dado que nom se lhes permite manter comunicaçons com as suas respectivas companheiras e amantes.

Há que dizer que o Alfredo nunca estivo autorizado, desde o mesmo momento do seu arresto em 14 de setembro, a comunicarse com a sua companheira, dado que ambxs estám sendo investigadxs no mesmo procedemento. Sergio estava autorizado às comunicaçons com a sua companheira pero, ao ser ela encarcerada tra-la mesma investigaçom, nom puido ve-la até que a excarcelarom em 21 de dezembro, e depois da sua excvarceraçom chegaram a comunicarse tres vezes, até que a investigaçom se passou da fiscalia de Perugia à de Milano e esta decidiu nega-las comunicaçons.

Segue umha breve mensagem com a que quigerom fazer público a sua postura:

O mundo mercantil, a sociedade tecnoindustrial, a civilizaçom mesma sentam as suas bases, nom nxs individuxs que, por natureza própria, som diferentes e impredizeveis, senom na massa homogeneizada pola educaçom, a moral e as leis. Neste mundo, toda relaçom sinceira e profunda é sospeitosa, os laços de afinidade, sinónimo de asociaçom “criminal”, a solidariedade, reduzida à mera ejecuiçom dumha ordem. Pero nos negamo-nos a reduzir ao realismo os nossos desejos e a domesticar as nossas pasions. Vivemos as nossas vidas sem mediaçons, sem resignar-nos e isto desenhou nos nossos rostros o sorriso de alegria que nunca nos abandona. Por isso, nom podemos aceitar que ninguém tente cercenar os nossos laços e emprendemos esta greve de fame, saboreando a doçura do abraço das nossas companheiras.
Leer más...

14 ene 2013

[Itália] Operaçom Ousadia: Carta de Giulia Marziale desde a prisom de Rebibbia

Há momentos nos que chega o sol, atravessa os barrotes, filtra-se polo cristal, atravessa a botelha que tês sobre a mesa, alonga-se a treitos sobre a mesa, quenta-te um pouco a orelha.

Há momentos nos que, de noite, miras ao teito, escuitas o silêncio, oes o ruido do vazio do corredor, escuitas o assobio dumha porta fechada.

Há momentos nos que sentas a fumar um cigarro no pátio e miras ao ceu e pensas que se creras em deus, agradecerias-lhe por poder desfrutar de tanta beleça também desde aqui.

Há momentos nos que caminhas polos corredores e pensas que nom te sairám mais dos pulmons.

Há momentos, tantos momentos, nos que o teu corpo detem-se e a tua mente imagina-se que destrue tudo aquelo que te passa polas maos.

Há momentos nos que pagarias ouro por umha boa cerveja fria.

Há momentos nos que te chega, nom sabes bem de onde, um olor a terra, a folhas, a outono e lembras.

Há momentos nos que o sol do ceo de outono fai-te volver pensar nas montanhas e no alento dos teus cans.

Há momentos nos que, finalmente, todas as palavras vazias desaparecem, todas as máscaras caem.

Há momentos nos que caem todas as dos demais sem que eles saibam de-lo.

Há momentos nos que caes na conta de que este lugar mudou-te e outros nos que pensas que serás sempre a mesma; e descobres-te e redescobres-te.

Há momentos nos que reconheces a hora do dia na que o ruido escuita-se nos corredores e te percatas de que se está fazendo normal.

Há momentos nos que, na noite, acordas dum chimpo porque umha luz espia-te o teu sono.

Há momentos nos que vês a umha mae chorando porque nom pode fazer a coisa mais natural neste mundo: estar com as suas crianças.

Há momentos nos que choras polo pranto dessa mae, polos abraços negados, polas relaçons mutiladas, porque pensas que nunca pagará ninguém por tanta dor.

Há momentos nos que pensas que poderias mirar durante horas a cara das companheiras que estám contigo, porque sabes que se nunca sentis-te medo deste inferno é só por esses olhos.

Há momentos nos que pensas na dor de quem vem a vissitar-te, nas suas caras que, cada vez que se vam, consternadxs, dim: “estamos deixando-a acá”.

Há momentos nos que o sangue gela-se ao pensar na liberdade, porque pensas que nom poderás sacar contigo às tuas companheiras.

Há momentos, tantos momentos, nos que umha risa rompe como um trono, como umha fervença desde um alcantilado e cae fresca sobre a pel, sobre a cara, na cabeça.

Há momentos nos que vês volver o sorriso à cara dumha companheira e pensas que nom queres nada mais do dia.

Há momentos nos que te chega a voz de alguém que saiu ou fugou-se e os barrotes se agretam e o sorriso é burlom.

Há momentos, tantos, constantes, repetidos, nos que pensas num feixe de resíduos, em chaves rotas, em uniformes queimados e sintes a frescura dos pês descalços sobre a erva e a respiraçom é profunda.

Para escrever a Giulia:

Giulia Marziale
CC Rebibbia Femminile
Via Bartolo Longo 92
00156 Roma
Italia

Colado de Informa-Azione
Leer más...

7 ene 2013

[Itália] Reinvindicaçom de Ataque Incendiário a Companhia Láctea

Recebemos no nosso correio informaçom sobre esta notícia recolhida do blogue Veganxs:

No dia 31 de Dezembro de 2012, celebramos o nosso próprio ano novo na empresa de lácteos Centro Latticini (Centro de Lácteos) na cidade de Montelupo Fiorentino.

Umha empresa que obtem lucros sob a exploraçom da vida de milhares de inocentes todo o ano, porque coa producçom de leite e derivados os animais vem-se privados de qualquer mínimo direito à vida!

O Leite e os productos lácteos estám pingando sangue!!

Contra todas as formas de exploraçom animal!

ATUA AGORA.

Fronte de Libertaçom Animal.

Mais informaçom em
Segundo o noticiário, sete caminhons foram completamente destruídas pelo fogo e um oitavo foi danificado. "ALF" estava escrito na parede de um edifício. Quanto aos danos, foi estimado em meio milhom de euros. (fotos de Fotocronache Germogli; clique aqui . para mais fotos da açom)

O ataque é pelo menos o quarto nos últimos meses na regiom Toscana da Itália. No início de outubro, ativistas da ALF entraram em um matadouro em Colle Val d'Elsa e saboram o sistema elétrico de máquinas. Um caminhom foi destruído por um incêndio em uma empresa de carne em Troghi em 27 de outubro , e em 24 de novembro o fogo da ALF em um caminhom de um matadouro em San Giovanni Valdarno.
Leer más...

13 nov 2012

[Itália] Ailhamento para Maurizio Alferi polas informaçons fornecidas na internet

Vimos de saber por Contra Info que Maurizio Alfieri, preso no cárcere de Tolmezzo, foi castigado com 30 novos dias em situaçom de ailhamento polas informaçons publicadas na rede, e da que Abordaxe também figeramos parte.

A directora do cárcere, Silvia Della Branca, convocora a Maurizio com a escusa dumha informaçom sobre um translado, e quando este apresentou-se atopara-se ante o Conselho de Disciplina, o qual infligiu-lhe 30 dias mais de ailhamento.

Ainda que houvo referências a presuntas ameaças aos guardas, a directora dijo-lhe expressamente que istos trinta dias de ailhamento som um agasalho polo que Maurizio sacou do cárcere e se publicou na internet.

As compas italianas estám a organizar um protesto para o sábado 24 de novembro por fora do cárcere de Tolmezzo. Entanto, convidam a todxs a escrever a Maurizio para demonstrar aos seus verdugos que nom está só.

Maurizio Alfieri
Via Paluzza, 77
33028 Tolmezzo (Udine)
Italia
Leer más...

23 oct 2012

Itália: Prisioneiros informam de brutalidade no cárcere de Tolmezzo

Há algo mais de um mês publicamos em Abordaxe umha carta de Maurizio Alfieri prisioneiro no cárcere na que estivo detido em primeiro lugar Massimo Passamani até que foi presuradamente transladado, ne-la Maurizio dava conta das razons de tam imediato translado e informava da brutalidade da estructura e a violência dos carcereiros de Tolmezzo, e poucos dias depois faziamos pública umha carta de Mássimo, onde dava conta dos laços de solidariedade jurdida entre ambos. Agora recolhemos de Contra Info como segue a ser a situaçom dos prisioneiros em ailhamento deste cárcere que copiamos, traduzimos e colamos para conhecemento geral.

Maurizio, desde anos há, luita desde o interior do aparato punitivo contra o silêncio e a censura que rodeam as malheiras e as torturas diárias administradas polos vejadores de uniforme com a connivência dos jefes e directores. Também nas instalaçons de Tolmezzo vem de recolher testemunhas, escritos e sinaturas de diferentes prisioneiros da secçom de ailhamento. Dado o risco de que istos textos sejam incautados polos guardas, como sucedeu recém, optamos por recolhe-los e publica-los, omitindo os nomes dos prisioneiros para evitar represálias na sua contra. Sabemos que o juiz de vigiância de Udine nom está a tomar nengumha medida, se bem é consciente das violências perpetradas no cárcere de Tolmezzo.

O mínimo que podemos fazer é dar voz a estas histórias e dar força aos que luitam dentro das prisions. E, como muitas vezes os presos escrevem-nos cartas e postais som um sinal importante, também para os seus captores.

[Os seguintes textos estám em italiano: Denuncia colectiva dos presos, Declaraçom dum preso, Carta nº1, Carta nº2,Carta n º3, Carta nº4.]

Para escrever a Maurizio e aos presos da secçom de ailhamento do cárcere de Tolmezzo:

Maurizio Alfieri
c/o C.C. via Paluzza 77
33028 Tolmezzo (UD)
Italia

Para fazer presom sobre os torturadores de Tolmezzo, podedes escrever-lhes a eles também:

Massimo Russa – brigadier jefe do esquadrom de matons
Raffaele Barbieri – comandante das guardas que ordena as malheiras
Silvia Della Branca – directora do cárcere, cúmplice das violências e dos abusos

c/o C.C. via Paluzza 77
33028 Tolmezzo (UD)
Italia

Notícia colada por Edu
Leer más...

17 oct 2012

Itália, Operaçom Ixodidae: Massimo Passamani em arresto domiciliário e Daniela Battisti livre

Em quanto às medidas cautelares que seguem na Operaçom “Carracha/Zecca” (Operaçom Ixodidae), alegra-nos saber que tal como informa Contra Info na manhã do 9 de outubro Daniela Battisti foi libertada, entanto que a Massimo Passamani se lhe impôs o arresto domiciliário com tudas as restricçons possíveis.

Mais informaçom desta Operaçom Carracha neste blogue
Leer más...

3 oct 2012

[Itália] Operaçom Ousadia.- Dous escritos de Giulia desde o cárcere de Rebibbia

Recolhemos de Contra Info estas duas cartas desta luitadora, na primeira fala, com muita ironia, de como foi considerada perigosa terrorista e na segunda fai umha crítica a esses pseudojornalistas servis que criticarom a detençom na Rússia das Pussy Riot e que alabam as detençons na Itália das activistas anti-TAV. Clicando en "leer mas" tendes acesso a leitura destes dois moi interesantes textos


Desde um cárcere

Atençom! Atençom!

Isto, a 100 dias da minha detençom, é um pequeno aporte que quero fazer para poner-vos a todxs em guarda.

1) Se, por algum casual, tendes lâmpadas na casa, tende coidado, poderedes arrepentir-vos. Pero se nom podedes fazer menos que ter algumha, nom tenhades na casa outras lámpadas que aquelas que já estám colocadas. Quando algumha se funda, caminharedes na obscuridade e, só entom, poderedes mercar umha novas. Nom tanto, assegurar-vos de tira-las rotas, porque também essas, segundo indicaçom os agudíssimos Ros (NdeT.- polícias especiais anti-terroristas) e a fiscal, som umha forma óptima de fabricar bombas.

2) Se vedes oportuno embelecer a vossa presência física com pendentes, fijadevos em nom merca-los de cobre. E se, por casualidade, um amigo ou amiga vos quere regalar um par, desfazedevos deles sem demora, dado que som armas perigossísimas.

3) Se nom tendes a obssesiva costume de dar um lugar para cada cousa, senom que sodes desordenadxs e tendedes a ter umha caixa de ferramentas improvisada onde, entroutras cousas, tendes cravos e clips, que decir-vos? Evidentemente sodes perigosxs terroristas, preparadxs para montar bombas a cada momento.

4) Se vos passa de ter na casa travas para tende-la roupa, nom de plástico, senom de madeira, incinerade-las, queimade-las, esparcide as suas cinzas aos quatro ventos. Nom tendes nem ideia do que se agocha detrás delas.

Querendo falar a sério, tuda esta ladainha de pequenos avissos, mas nom carentes de importância, servem porque na noite em que fum detida atoparam na minha casa, onde moro com o meu companheiro (e na que eu nom estava presente) lámpadas de reposto, pendentes de cobre, cravos, clips e umha trava de madeira. Eles juntarom-no tudo, fotografarom-no e organizarom-no de tal jeito que parecera um conjunto de objectos para preparar artefactos explossivos. De feito, assim foi como apresentarom, os Ros e a fiscal, o material confiscado na minha casa, durante a audiência da revissom do meu arresto.

Nom falemos já do feito de que, nom havendo atopado nengum material escrito que descrevira como preparar tais bombas, digeram, estes grandes conhecedores da minha pessoa, que eu nom o precisava, "dado que tudo estava na minha mente, na minha boa memória!" . Qualquer comentário é superfluo, nom si?.

Gostaria de engadir um último ponto à lista, ainda que a primeira vista poidera parecer um pouco inerente aos anteriores:

5) Se este mundo da-vos nojo, se repudiades a guerra, a exploraçom e a devastaçom; se nunca tivestedes medo a dize-lo; se nunca tendes baixado a cabeça pensando “eu nom podo fazer nada”; se sempre pugestedes a cara; se tendes claro na vossa consciência de quem som os responsáveis das terríveis vidas que levamos; se estades convencidxs de que a sociedade na que vivemos está lobotomizada; se nom conseguides mirar umha jaula com indiferência; se o vosso coraçom se vos fecha, vos ferve o sangue, se vos nubla a vista ao pensar numha mulher, num home ou num animal encirrado, bah, tarde ou cedo, como di umha mulher encirrada acá comigo: "Tes-te que fazer ao cárcere".

E se este o meu ser, esta Giulia que estou descubrindo forte, digna, ainda mais convencida das suas ideias e desdenhosa com a aniquilaçom à que, quem me mantem encirrada, quereriam lançar-me; se este ser meu, eles querem etiqueta-lo como perigoso, que fabrica bombas, que participa em asociaçons subversivas (tal vez, afiliada à FAI-Informal, a pesar de que qualquer cousa que eu figerao, digera ou pensara, nom poida fazer pensar de jeito algum, numha mínima adesom ou participaçom pola minha banda) desenhadas para aterrorizar e sementar o pánico entre a gente, bah, eu nom lhe-lo permito e devolto-lhe tudo ao remitente.

Terrorista é quem encirra, quem golpea com a porra, quem devasta. E, assim, parafraseando umha cançom, que tremem os poderosos; ante os ánimos feros de todas estas “terroristas”, que nom tenhem medo de luitar contra tudo aquilo que realmente gera e fortalece o terror, a discriminaçom, a desigualdade, a devastaçom, a exploraçom.

Que tremam, que tenham medo! O seu verdadeiro temor é que sabem que qualquer jaula na que me metam arredor, já seja umha cela, um trabalho, a difamaçom, ou o ailhamento, nada me quitará as ganas de rompe-la e de seguir mirando o mundo com olhar lúcido, duro, vital e livre.

Que se estrugem bem os seus cerebros para encontrar aneis milhores para as minhas cadeias, eu serei mais forte. Porque tenho em mim um conhecemento, umha consciência do que som, que jamais melharám.

Que se especialicem no arte sublime (realmente, arte do nosso tempo) de reinventar o sinificado das palavras, alá onde guerra convirte-se em misiom de paz; lá onde as bombas som inteligentes e nom som perigosas e os pendentes de cobre e lámpadas, explosivos perigosos; lá onde o terrorismo nom define a quem encirra, mata, reprime senom a quem critica tudo isso; lá onde a devastaçom chama-se civilizaçom, progresso ou riqueza; lá onde nom aceitar o status quo da injustiza é sinónimo de perigrosidade social; lá onde axs imigrantes encarceradxs se lhes chama hóspedes.

As minhas palavras nom tenhem o peso da história do nosso tempo, da raiva, da insolência, das ganas de acabar com tuda crueldade, a ferocidade da jaula que encerra a vida de todxs nos, dentro e fora dos cárceres, escravxs dumha vida que nom queremos, dum mundo que se desmorona e que chama aos seus resíduos progresso.

Com quem luitam, com quem nom se submetem.

As bombas e o terror sementa-os o Estado, o Poder e a nossa santa Democracia.

Pola liberdade de todxs.

Una mujer libre.
Giulia.


Is There Anybody Out There? (Há alguem lá fora?)

Fai-me pensar que tudo o alboroto criado polo desafortunado destino das Pussy Riot, além da onda de indignaçom e solidariedade jurdida de todas as mentes democráticas de jornalistas, cantantes, homes e mulheres de governo, nascera do atenuante polo uso, no momento do “acto criminal”, de simpáticos passa-montanhas de cores.

Personalmente, estou case certa. Também porque, sejamos sinceirxs, as cores chamam mais a atençom, alegram-nos a vida, fam-nos ser mais comprensivxs e abertxs com xs demais.

Do contrário, nom se entenderia nunca como os jornalistas, os primeiros em catapultarse com “ousados” artículos idóneos para apresentar aos inimigos da sociedade (terroristas encarapuçadxs acusadxs de colgar faixas, de ofender à República e às suas instituiçons com perigosas acçons subversivas distribuindo cola e pintura nas paredes da cidade) nas primeiras páginas dos seus jornais, houveram abraçado a causa das Pussy Riot.

Seguramente, depende da cor do passa-montanhas!

Sim, porque na democracia tam obstentada por elxs e desde as alturas das que mandam as suas invectivas contra o mau malíssimo de Putin e o medieval Patriarca da Igreja de Moscova, umha situaçom semelhante nom se teria produzido nunca.

Ou melhor, teriam-se produzido se os passa-montanhas ou as sudadeiras com carapuça fossem negras. Se na igreja, em troques do nome de Putin, houveram berrado (e nom para alabar) o dalgum conhecido cosificador ou encadenador das nossas vidas, um ministro, um chefe da polícia, qualquer político, qualquer crego poderoso de Roma.

Nom sei quantos jornalistas indignados distos últimos tempos forom lêr o código penal da nossa santa democracia. Crio que, mais bem, poucos.

Por outra banda sabe-se, o trabalho é tanto, a defensa dos direitos democráticos (dos doutros paises) nom conhece límites, é umha dura carreira e nom se pode perder o tempo.

Mas eu que tenho o tempo, estando encirrada num cárcere por um tempo que nom se me quere dizer (detida na espera de juízo), pensei em botar-lhes umha mão a vostedes, cabaleiros, na sua nobre laboura.

Artículo 405 do Código Penal. Alteraçom das funçons religiosas de culto dumha confesom religiosa: "Quem impida ou perturbe o ejercício das funçons, ceremónias ou práticas religiosas de culto dumha religiom… será castigado com prisom de até dous anos". Engaderia o delito de estar encarapuçada (Lei n° 152, de 22/05/75): "Proibe-se o uso de cascos ou qualquer outro meio que dificulte o reconhecemento da pessoa num lugar público ou aberto ao público sem um bo motivo… em manifestaçons… a excepçom das deportivas. O infractor será castigado com pena de prissom de um a dous anos e multa de 1000 a 2000 euros". E, porque nom, vilipéndio a quem seja (religiom, presidente da república, república e as suas instituiçons)… Que cansanço.

Em resumo, se as Pussy Riot tiveram feito o mesminho em Itália, teriam tido um tratamento tal vez muito pior.

Agora, por suposto, nom me interesam as liçons de direito comparado, também porque o meu conhecemento deste aciago mundo, que nom me pertence, é moi limitado.

Só gostaria de "explorar o mundo de Sam Patrício das vossas democracias" para agitar em rio revolto. Se as minhas palavras tiuveram a força da minha raiva, provavelmente, seria muito mais eficaz, mais implacável na exposiçom das minhas argumentaçons.

Pergunto-me se os defensores da liberdade distos dias escreverám os seus artículos com ingénua consciência ou com o clásico sujo servilismo hipócrita que os distingue. Aquilo que lhes permite adicar páginas e páginas de agradecemento a quem salvou ao pais de terroristas perigosxs, sem se molestar em compreender o desenho real oculto tra-lo encarceramento de tantas pessoas, metendo as notícias dos seus patrons, agochadas com alguns adjetivos algo literários (a fim de fazer o artículo mais aceptável para os olhos dum leitor, a maior parte das vezes, descerebrado pero exigente) e construindo um mundo fictício.

Um servilismo que garante a sua integridade moral aos olhos da opiniom pública, que ve-lhes luitar contra as injustizas assassinas de Assad, contra a detençom das Pussy Riot, por Assange, para nom ter, assim, que dar explicaçons do seu sujo e verdadeiro trabalho dirigido na Pátria, o único polo qual a prensa tem o permiso de existir, ou seja, justificar, servir ao Poder, ao Estado e aos seus secuaces.

Assim, os rebeldes sirios som tais, os de Val di Susa som terroristas e violentos; as Pussy Riot som disidentes reprimidas polo sistema dictatorial ruso, entanto, quem em Itália é acusadx de fazer pintadas ou de colgar faixas contra a guerra, o governo ou os responsaveis dos desastres ambientais é um perigossísimo subversor da ordem democrática a quem há que meter no cárcere (incluso antes do juízo, por suposto).

Ai, sinto-o, esquecia-me! Provavelmente na democrática Itália, as Pussy Riot, além dos mentados artículos do Código Penal, veriam caer enriba de-las o, sem dúvida, tam querido 270bis, artículo sobre a cresta da onda. Também porque numha igreja, cantar contra o governo, sendo tres, qué é senom umha asociaçom subversiva com fins subversivos, com "a agravante de pedir a ajuda da virgem" (e acolá, se se passara a mãos dum cura/fiscal, também lhes caeria enriba "brujaria e herejia"?)?.

Claro que as minhas palavras caem no vazio das vossas escravas cabeças, caros jornalistas, vos desejo já seja poder continuar o vosso fundamental e necessário trabalho, ou nom mirar-vos nunca no espelho. Nom vaiades a ver um uniforme em troques da vossa roupa, umha cadeia onde deveriades ter o cerebro, umha porra em troques da vossa pluma.

Nom tanto, para evitar equívocos, solidariedade com as Pussy Riot, nom no nome da democracia e dos seus direitos, senom em nome da liberdade, contra os cárceres e os seus carcereiros, contra todos os benpensantes que sinalam com o dedo desde o outro lado da sua valha sem mirar o barro que chega aos seus pés.

Dito isto, espero que as Pussy Riot nom caiam numha rogatória internacional que as involucre numha asociaçom subversiva intergaláctica .

Um saúdo de Giulia
umha subversiva sem passamontanhas de cores, presa no cárcere de Rebibbia.

Bo fim de vrao!

Para escrever.lhe:
Giulia Marziale
CC Rebibbia Femminile
Via Bartolo Longo 92
00156 Roma
Italia

Colado e traduzido por Edu
Leer más...