2 sept 2013

[Itália] Entrevista con xs compas en prisión do Blogue Culmine

Traducimos do blogue da Federación Península Ibérica e Islas de CNA esta entrevista a Stefano y Elisa (recluid@s nos cárceres italianas) realizada polxs compas do jornal Aversión (aversion@riseup.net):

A entrevista céntrase no rol da contrainformacion e as dinámicas virtuais. Amb@s compas levaron adiante o proxecto do blog de Culmine durante varios anos e nesta conversación realizan un pequeno balance e avaliación do camiño recorrido. En Xuño do 2012 a policía política e o estado déixanse caer sobre un grande numero de compas na chamada "Operación Ousadía", acusad@s dalgúns ataques reivindicados pola FAI/FRI (Federación anárquica informal/Fronte revolucionario internacional); para a policía o rol de "Culmine" foi clave á hora de coordinar e dar espazo para as distintas accións.

Actualmente permanecen en prisión baixo esa investigación: Sergio Maria Stefani, Stefano Fosco e Elisa DI Bernardo

Saudamos indómitamente tanto a Elisa, Stefano como tamén ao resto de prisioneiros anarquistas en Italia que actualmente se encontran coa mordaza da censura e incomunicacion por parte da represión logo dos seus continuos escritos de combate dende o cárcere.

***Entrevista ao blog encarcerado Culmine***

Entrevistamos por carta a Stefano Fosco e Elisa Di Bernardo, os cales levaban o blog anarquista Culmine e que se encontran dende xuño de 2012 en prisión preventiva no contexto da chamada Operación Ardire.

Nos últimos anos, debido a cuestións que escapan a esta análise e que teñen máis que ver coa dirección que está a tomar o Sistema, pero que claramente afectan á nosa forma de relacionarnos, xurdiron blogs e páxinas web que viñeron a substituír a tarefa que ata o momento levaban facendo as nosas publicacións imprimidas. Como credes que iso está a afectar ás loitas e á percepción destas?

Culmine: Estamos plenamente convencidos de que estamos a vivir un período novo dentro do anarquismo. Os blogs e os sitios web permiten a difusión de comunicados, escritos e elaboracións de xeito veloz en todos os lugares do planeta, que permiten o intercambio de ideas e propostas entre compañeiros e compañeiras que probablemente non terían nunca a posibilidade de encontrarse fisicamente. Trátase dunha verdadeira revolución nas relacións entre anarquistas. Somos ben conscientes dos grandes límites presentes neste novo xeito de relacionarse, xa sexa porque o instrumento utilizado non é neutro, senón que está xestionado e controlado polo inimigo, como porque os riscos que hai son moi elevados, como aconteceu con Culmine, o cal non obstante non elixiu o anonimato.

O blog anarquista Culmine foi engaiolado o 13 de xuño de 2012 tamén polo seu traballo de contrainformación. Demasiado complexo é o traballo relativo ás loitas e a súa percepción. Hai que comezar co feito de que actualmente -en 2013-, todos os movementos utilizan Internet: políticos, ecoloxistas, culturais e ata antitecnolóxicos (este paradoxo merecería un afondamento, pero non é este o caso). Mesmo dentro dos anarquismos practicamente todos os grupos de calquera tendencia teñen relación coa rede, pero nos últimos tempos temos a irrupción das redes sociais, como Twitter ou Facebook, con efectos prexudiciais. De todas as maneiras, nunca pensamos que os blogs de contrainformación tivesen que substituír as publicacións en papel.

Parece que hoxe en día Internet abrangue moitos aspectos das nosas vidas e está a influír de xeito radical nas relacións humanas, contribuíndo enormemente ao illamento, a atomización e a alienación. Non credes que, dende o ámbito anarquista, faltan posturas críticas con este instrumento?

Culmine: Si, é verdade que Internet está fortemente presente nas nosas existencias, pero todxs nós, mesmo os e as anarquistas, utilizamos este instrumento na vida cotiá, aínda que sexa para viaxar ou ler un xornal. Non hai posturas de forte e dura crítica cara a esa tecnoloxía e non cremos que sexan suficientes unhas análises de crítica e desamor cara á rede, cunha actitude de snobismo elitista por parte duns poucos «que entenderon algo». Compartimos a urxencia do problema, ou sexa de que hai un risco de illarnos aínda máis e de que calquera aspecto da vida poida chegar a ser virtual, mesmo a confrontación humana, pero ao mesmo tempo non nos deixamos de imaxinar as potencialidades que hai na difusión das nosas ideas e prácticas iconoclastas en todos os cantos do planeta. Máis que nada fai falta unha debida reflexión sobre como programar a nosa existencia totalmente fóra da virtualidade. Trátase, a fin de contas, do dilema da anticivilización, aínda demasiado ancorada no modelo da nosa sociedade. A este propósito Culmine demostrou máis dunha vez apreciar a devandita temática, pero aprazando a un futuro indefinido un escrito propio de reflexión. Considerada a extrema dificultade actual para poder redactalo en conxunto e en tempos breves, non se descarta facelo proximamente.

Concretamente Culmine é o primeiro caso, que saibamos, de represión e encarceramento a un sitio web de contrainformación. A que credes que se debe? Por que Culmine e non outros sitios?

Culmine: En primeiro lugar a represión contra Culmine ten que ver coa lexislación antiterrorista italiana, herdeira das leis especiais utilizadas nos chamados «anos de chumbo». Hai que especificar que non estamos só imputadas por violación das leis de información ou por apoloxía, senón por proxectar, financiar e efectuar materialmente atentados explosivos.

Por que Culmine e non os demais blogs? Porque, ao noso parecer, Culmine nos anos da súa existencia se caracterizou polo feito de non censurar comunicados de accións directas de todo o mundo, dando espazo tamén á voz de moitos presos anarquistas. Non somos as únicas en facelo, vimos nacer moitos outros blogs ou sitios cos cales compartimos reflexións e experiencias. O engaiolamento de Culmine é un mal sinal que chega dende a represión xa que representa un escenario que podería repetirse tamén para outras experiencias similares a nivel contrainformativo. É significativo, por exemplo, que segundo a fiscalía foi unha proba do noso non arrepentimento logo do rexistro de marzo de 2012 (que xa anunciaba unha crecente represión) a nosa inmediata difusión dun comunicado para avisar aos demais blogs sobre o acontecido e a violación do mesmo Culmine.

Unha cuestión latente neste tema é a dos tempos. Internet obrígache a unha constante actualización e todo se fai a unha velocidade moi por enriba das capacidades humanas. Que sentido ten saber a tempo real o que sucede contemporaneamente en todo o globo terráqueo? A nosa capacidade de intervención na nosa realidade máis próxima é de por si moi limitada. Ata que punto isto non crea as mesmas ansiedades que, por exemplo, a caducidade dos aparatos tecnolóxicos ou as modas, que dun momento a outro perde valor e sentido?

Culmine: O problema das actualizacións continuas existe e un blog que non se actualiza con frecuencia deixa de ser visitado. É importante que os administradores dun blog teñan a intelixencia de seleccionar con coidado o material que reciben, dando máis ou menos espazo e importancia a determinados post. Certo, seguramente poderiamos sobrevivir (ademais de, por suposto, continuar loitando e contrainformando) sen saber o que acontece en tempo real no outro lado do mundo. Pero a idea sempre é que o intercambio de información e experiencias poida ser un estímulo para as outras realidades, como acaeceu nos últimos anos. Non obstante hai un límite que non pode ser superado, pola contra cae na virtualidade da loita e na total virtualidade das relacións humanas. Dende este punto de vista pensamos que as mobilizacións vía Twitter, pola súa extrema rapidez e trazabilidade non consenten algún tipo de reflexión, mesmo se xa chegou a ser máis utilizada durante as manifestacións, superando os mesmos SMS.

Salta á vista unha nova concepción do anarquismo de praxe moi influenciada pola web. Hai discursos e formas «de facer» que se ben non todos poden ser considerados nocivos, materializan dinámicas que parecen nalgúns casos reproducións mal asimiladas, e noutros meros xogos de rede.

Culmine: Nos últimos anos apareceu este novo xeito de entender, de vivir o anarquismo; trátase dun fenómeno tan novo que non se logra enmarcalo e as definicións, nesta fase, poden desviar. De todos os xeitos unha das definicións máis repetidas é a de anarquismo de praxe. Ao noso parecer non se pode dicir que a web tivo unha influencia sobre esta nova concepción, senón que axudou a difundir con rapidez o seu alcance, nas súas distintas diferenciacións e denominadores comúns. En si non é unha novidade. Xa no pasado houbo períodos nos que o anarquismo de acción se fixo escoitar con atentados, execucións, sabotaxes e ata secuestros de persoas. A novidade, respecto ao pasado, está na difusión de comunicados de reivindicación a tempo real en todos os lugares do planeta e no posible interese por parte doutras individualidades e grupos en accións dirixidas contra o mesmo obxectivo. Tamén neste caso se trata de fenómenos xa vividos. O exemplo máis rechamante, aínda que hai moitos máis, é o da campaña de solidariedade internacional con Sacco e Vanzetti. En distintas partes do planeta individualidades e grupos anarquistas estaban á espera de das novidades do corredor da morte norteamericano: naquel entón o instrumento de comunicación era o telégrafo, agora é Internet. Por suposto, son moitos os problemas que hai que solucionar con esta nova aproximación. É certo que a miúdo hai unha superficialidade nas análises e que da nada aparecen personaxes alleos a calquera percorrido anarquista (e aos cales hai que tratar coa debida sospeita). Non hai que menosprezar, ademais, os problemas da linguaxe, xa sexa polas traducións malas e feitas con présas (a miúdo realizadas con tradutores automáticos, que nós cremos que hai que utilizar só en casos de extrema necesidade) como por conceptos mal asimilados. Un exemplo poderíanos axudar: fálase moito, dentro do anarquismo de praxe, de guerrilla urbana e de loita armada. Actualmente non temos os instrumentos para analizar o que está a suceder, por exemplo, en Grecia, e por certo nin en Italia nin en moitos outros países hai as condicións para que se poida falar nin de guerrilla urbana nin de loita armada. Tamén sobre o concepto de nihilismo hai unha gran confusión (ao punto de que uns pseudonihilistas chegaron a negar calquera ética, abrindo a porta á mesma infamia) e equivocacións similares están a xurdir tamén fronte ao concepto de antixuridicismo anárquico! Estas equivocacións poden, efectivamente, desembocar nuns antipáticos «xogos de rede» que non obstante Culmine nunca alimentou.

Nós crecemos na anarquía por medio de debates, cartas con compañeiras e compañeiros presos, lendo opúsculos, viaxando, visitando bibliotecas, subscribíndonos a un xornal doutra parte do planeta, falando con antigos sabotadores e guerrilleiros, etcétera. Pero hoxe en día a formación pasa, en gran parte, polos blogs e as redes sociais. Que opinades?

Culmine: Que a actual «formación» aconteza para a gran maioría por Internet non se pode negar, pero é certo tamén que é unha cuestión xeracional (calquera período histórico-social utiliza os instrumentos que hai). As de Culmine chegamos a xestionar un blog logo de facer un camiño, dentro do movemento anarquista italiano, empezado bastante antes da chegada da rede. O que podemos dicir é que quen pertence a un movemento que se define revolucionario ten que ter sempre a capacidade de interactuar, pode que ata de xeito violento, coa situación social que o rodea.

Renunciar de golpe a Internet e a todos os demais instrumentos tecnolóxicos é absolutamente impensable (se ben ideal dende unha perspectiva anticivilizadora). Son os e as que se ocupan da contrainformación os que teñen que poñer as mellores enerxías para que os blogs e os sitios teñan artigos, libros, investigacións afondadas e esmeradas. Non hai outra saída, por agora.

Distinto é o discurso relativo ás perspectivas non inmediatas. Poderiámonos preguntar como e por que se chegou a esta situación, pero esta análise, debidamente autocrítica, abrangue as últimas décadas do anarquismo mundial. E pensamos que a este nivel a reflexión debe ampliarse a outras temáticas, máis alá desta sobre a dependencia tecnolóxica: Cal anarquismo? Insurreccionalismo ou individualismo? Nihilismo ou pesudonihilismo? Formalidade ou informalidade? Siglas, acrónimos ou anonimato? Antixuridicismo anarquista e ata onde unha persoa é antixuridicista? Social ou antisocial?

Esta entrevista intenta ser unha pedra lanzada ao aire coa intención de xerar debate. Queredes agregar algo máis?

Culmine: Queremos comunicar que o que aconteceu a Culmine non se debe a unha xestión imprudente pola nosa parte das medidas de anonimato na web. O noso era un blog público, é dicir, que non escondiamos nunca a nosa identidade, ao punto de que participamos en debates e en distintas actividades anarquistas públicas. A nosa idea é que as individualidades que xestionan blogs anarquistas, aínda máis se se ocupan de comunicados de accións e escritos de presos e presas, teñen que ser coñecidas dentro do movemento.

Cremos que tamén é importante proporcionar un espazo apropiado á autocrítica: erros cométense moitos. É necesario ter a capacidade de ser conscientes diso. Máis dunha vez topámonos, por exemplo, con falsos comunicados, provenientes de mitómanos ou esbirros, e ese é un risco moi elevado para os que se ocupan dos blogs. Neste caso, a experiencia adquirida en anos de loita axuda a comprender a veracidade dos escritos cos que te encontras.

Sempre puxemos atención en sinalar a fonte de nosos post xunto aos e as tradutoras que de tanto en tanto axudáronnos, pero isto para nós é parte dun modus operandi correcto e non superficial, necesario tamén en relación a publicacións en papel.

Malia a represión, malia os longos meses de prisión preventiva en seccións de alta seguridade, non renegamos do traballo de Culmine nestes anos e esperamos que outros blogs poidan continuar coa contrainformación. Ao mesmo tempo estamos máis que interesados nunha reflexión crítica e construtiva, dentro do movemento anarquista internacional, sobre os temas da entrevista de Aversión.

...............................................

Stefano atopase na actualidade na sección para presos anarquistas do módulo de alta seguridade do cárcere de Ferrara e Elisa no cárcere de mulleres de Roma.

Enderezos para escreberlles (tambén len e escreben en castellano):

Elisa Di Bernardo

Rebibbia femminile

via Bartolo Longo, 92

00156 Roma

Italia

Stefano Fosco

C.C. Via Arginone, 327

44122 Ferrara

Italia

trad. eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario