Facemonos eco destas convocatorias de hoxe en A Coruña, Compostela, Foz e Pontevedra que colamos do blogue do Comité Galego de Solidariedade Internacionalista "Mar de Lumes":
O que falta por saber é cal será o momento en que a maquinaria de guerra occidental entrará definitivamente en funcionamento, despois de meses apoiando loxisticamente os autoproclamados «rebeldes» en connivencia con Israel, Arabia Saudita e Catar. Do que non cabe dúbida é de que a decisión está tomada e que salvo que a presión no sentido contrario sexa a suficiente, ese ataque imperialista se producirá máis cedo que tarde. Non hai mais que ver a tomada de posicións que están realizando
Por iso, de Mar de Lumes, entendemos fundamental manter con mais razón aínda as convocatorias de concentracións solidarias co pobo sirio e de repulsa ao imperialismo que están xa convocadas na Coruña, Compostela e Pontevedra e participar con mais intensidade nas asembleas que se están organizando de cara a concretar os actos de repulsa en Vigo, Lugo e outras cidades do país.
Estas son, polo momento, as accións programadas.
A Coruña. Luns 2, 20h30. Praza de Ourense. Concentración.
Compostela. Luns 2, 20h30. Praza do Toural. Concentración.
Foz. Luns 2, 20h30. Praza do Concello. Concentración.
Pontevedra. Luns 2, 20h30. Praza da Peregrina. Concentración.
Agárdase que, para vindeiros días se produzan tamén concentracións de repulsa en Vigo, Lugo, Ferrol e Ourense, aínda non confirmadas, mais onde tanto Mar de Lumes como outras organizacións convocantes están xa en contacto.
Estas accións han de vir somarse ás condenas que noutros países están facendo públicas outras organizacións de solidariedade, países como os membros da ALBA e movementos sociais diversos, mais convencidos de que sexa cal sexa o momento escollido, un ataque imperialista non é mais que unha criminal demostración da barbarie do sistema.
Imperialismo fóra de Siria!
Pola paz e a soberanía dos pobos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario