Colamos, depois de traducido, este texto do blog de Yassin Swehat (cidadá siro-hispano residente en Compostela) que é a testemunha dumha persoa (que prefire manter o anonimato) e que asistiu o vernes 30 à concentración contra a "guerra imperialista contra Siria" en Madrid e que consideramos moi interesantes dado que critica abertamente a atitude ditatorial de Asad e o feito de que a poboación siria leva sendo masacrada dous anos e medio por o réxime de Asad e ninguém denunciou nada ata agora: "Veño a denunciar que a poboación siria leva sendo masacrada dous anos e medio e toda a xente que está aquí non o denunciou en ningún momento".
Ata aí, todo podería ter sido unha concentración normal en contra dos intereses estadounidenses que pretenderían xustificar a "agresión". Non obstante, a xente que alí había non me soaba en absoluto das manifestacións que durante ano e medio se estiveron a celebrar fronte á embaixada siria de Madrid para condenar a represión do réxime sirio contra o seu pobo e que se suspenderon tras a expulsión do embaixador sirio, sen que por iso se suspendese a brutal agresión do réxime contra o seu pobo que levantárase contra a ditadura.
Máis aínda, moitos dos asistentes me soaban doutro tipo de actos nos que se defendía a lexitimidade do réxime, se secundaban as súas "reformas", se apoiaba a súa "iniciativa de diálogo" e se chamaba á resistencia contra os "mercenarios salafistas e yihadistas radicais", ademais de asegurarse que todo en Siria "é mentira" e "é unha montaxe". É aí onde quedou patente que non se trataba dunha manifestación de meras tinguiduras antiestadounidenses, senón dun acto de apoio ao réxime no que a porcentaxe de sirios era aproximadamente do 2%.
Levei un cartel en árabe, o único que alí había e nel tamén podía lerse ese "Non á guerra", pero eu engadín algo que toda a xente que alí se encontraba levaba dous anos, non só non denunciando, senón negando directamente: "Non á guerra xenocida asadiana contra o pobo". Dúas mulleres libias achegáronse a min, sorprendidas por un cartel que evidentemente desentoaba (se se sabe árabe, claro, o que demostra os poucos que se sumaran ao evento -eses poucos lanzáronme algunha que outra mirada molesta, tamén hai que dicilo). Suxeríronme que non llo traducise a ninguén, mentres emocionadas por ver algo así sorrían. O seu consello foi útil, aínda que xa o pensaran antes. O meu cartel, para os hispanofalantes, dicía: "Non á guerra contra o pobo", que eles interpretaban como parte da súa protesta (pero na súa lóxica non se pode estar a favor da revolución e en contra da intervención á vez, porque, de partida, non hai revolución).
Aos poucos, un mozo sirio, que viña de visita a Madrid, se me achegou e preguntoume: "Pero isto é pro-Asad ou non?" E díxenlle: "Eu dende logo estou en contra do xenocidio que comete contra o seu pobo". O rapaz sorriu e presentouse. Mentres falabamos, achegouse un xornalista dun coñecido medio que si vou citar xa que se fixo eco da manifestación: eldiaro.es Preguntó por que estaba alí, e respondín sen pudor: "Veño a denunciar que a poboación siria leva sendo masacrada dous anos e medio e toda a xente que está aquí non o denunciou en ningún momento. Falan da intervención e inxerencias estadounidenses, pero non da intervención de Rusia, Irán ou Hezbollah. Basicamente, podes dicir que vingo a boicotear porque non é xusto que todas esas mortes froito da represión do réxime que bombardea e dispara dende o primeiro día do levantamento non sexan denunciadas por estas plataformas". E engadín: "Non" terxiverses "as miñas palabras eh?" "Non tranquila, se me parece moi ben sinalalo como contrapunto, que di a túa pancarta?" "De verdade ou de mentira?" "De verdade, muller, xa que estamos...". Aí quedou todo e, despois de darlle un nome que quizais sexa meu ou non, iso é o de menos, dispúxose a entrevistar o rapaz sirio. Desa conversación nada sei, porque chegou outro amigo a sumarse e púxenme a falar con el, sempre mantendo a pancarta en alto.
De súpeto, o rapaz sirio, que perdeu moitos membros da súa familia pola represión (algo que me contou con bágoas nos ollos), sacou unha bandeira revolucionaria. E aquí é onde quería chegar porque é insultante a forma en que o citado xornal (que, por certo, non recolle nin unha soa das miñas declaracións) recolleu o asunto. El sacouna e dixo Free Syria. De inmediato, comezaron a dicirnos que nos fosemos (os que entenderan o meu cartel aproveitaron o momento, como é obvio). Eu saín ilesa, pero un sirio dos manifestantes arremeteu a patadas e puñazos ao aire contra el, quitoulle a bandeira e sen ningunha dúbida teríalle pegado, se non tivese sido porque a policía, alertada por outra persoa, os separou. Segundo o xornal, os manifestantes "reprocháronlle" a súa actuación ao sacar a bandeira. Creo que entre o reproche e a violencia hai unha distancia bastante ampla e que a linguaxe non é inocente. Máis aínda, un rapaz que me axudou a saír do balbordo antes dos golpes díxome: "Sal porque te van pegar, vaite agora antes de que vingan a darte". Agradezo o seu xesto de corazón, sobre todo despois de ver aquel sirio encolerizado dando golpes ao aire e intentando coller a bandeira revolucionaria, que o rapaz sirio se negaba a deixar por medo a que a queimasen.
Con isto quero lanzar dúas preguntas ao aire:
Por que se se saca unha bandeira que non gusta, de forma pacífica, se arremete a paus e a berros contra quen o fai? Acaso aprenderon do réxime sirio a reprimir a opinión contraria?
E, por que o xornal edulcorou a situación, obviando a violencia, e se negou a reproducir as miñas palabras?
No hay comentarios:
Publicar un comentario