15 jul 2013

[Trento, Italia]: Viva a Revolta en Turquía.

Colamos, despois de traducida, esta carta-analise de compas anarquistas de Trento, recollida de ContraInfo

A historia é longa, tanto como as humillacións que a clase dxs pobres sofre dende tempos inmemorables, tanto en Turquía coma en calquera parte.

Logo, o imprevisto. En Istanbul, na praza Taksim, algún centenar de persoas oponse á destrución dun parque cos seus seiscentos plátanos. Un pouco de espazo e de verde no medio dos escaparates, os bancos, as mercadorías e xs turistas. A violencia da policía durante o desaloxo do parque é brutal. Pero a represión, esta vez, fai que se desborde a rabia. A revolta explota en todo o país, contra o primeiro ministro Erdogan, contra o terrorismo de Estado, contra as condicións de vida cada vez máis miserables. Miles de persoas volven á praza, día tras día, unha e outra vez, a pesar dxs feridxs, xs arrestadxs, xs mortxs. Máscaras antigás no rostro e pedras nas mans, xs rebeldes teñen todas as idades e todas as razóns do mundo. Para recordar que Istanbul está á volta da esquina, a dous pasos de nós, alguns e algunhas rebeldes da praza Taksim escriben axs Non TAV de Val de Susa e cantan o Bella Ciao.

Os políticos e xornalistas locais finxen indignarse pola brutalidade da policía turca, polas mangueiras e os lacrimóxenos usados contra a multitude. Certos métodos, evidentemente, van ben en Valsusa e non en Turquía.

Para Erdogan, lxs rebeldes son todxs "terroristas". Un apelativo que aquí serve para criminalizar as minorías rebeldes e revolucionarias, alí aplícase a unha ampla parte da poboación.

Primeiro foi o Norte de África o que se sublevou: sábese, é o "terceiro Mundo". Despois, Grecia: aí, dise, é distinto. Despois Islandia, Inglaterra, mesmo a socialdemocrática Suecia. E Brasil, onde a miseria e os homicidios de Estado non se poden seguir ocultando detrás do Espectáculo dos mundiais de fútbol.

Mentres que no mundo, o "feito anómalo" comeza a ser a resignación e non a revolta, en Turquía mozxs e ancians continúan baténdose. Con rabia, coraxe e alegría.

Mentres, nos e vos preguntamos que tería que pasar aínda en Italia para que salte o tapón do aguante, para que o lamento entre na rúa aberta da rebelión, queremos responder aos irmáns e irmás de Turquía.

Porque, por se non o entendedes, nos falan tamén a nós.

Anarquistas

1 comentario:

  1. Interesante Entrevista: Anarquistas na Insurreição Turca por CrimethInc. - 4 de julho de 2013.

    Publicada en Indymedia portugal

    http://pt.indymedia.org/conteudo/newswire/25443

    ResponderEliminar