Ola, son Paola, a compa de Gimmy, Francesco Puglisi, arrestado hai pouco en Barcelona polos feitos do G8 de Xénova e quería comunicar un feito importante.
O primeiro é que vin o voso artigo sobre Gimmy e considero normal e ben que esteades a falar diso. Quería engadir que nestes días Gimmy conseguiu chamarme uns poucos minutos dende o cárcere de Madrid e que me comunicou que está en condicións dificilísimas, onde vive moi mal a situación porque o meteron nunha sección de antiterrorismo en illamento total, con os de Al Kaeda e Eta. Comunícame que está mal e deprimido, que lle custa comer, en poucas palabras que está fodido.
Díxome que a miña presenza é a única cousa que o faría sentir mellor ou que son o único apoio positivo en toda esta situación.
Díxome que o sábado 22 de xuño podo ir visitalo, que mo deixarían ver, pero o problema aquí é económico porque os únicos trens que fan o percorrido Barcelona-Madrid son trens de luxo, moi caros, díxome xente coñecida que ida e volta virían a custar preto de 150 euros. Eu non me podo permitir este gasto porque teño unha pensión de invalidez que é de 280 euros pero gasteina toda o primeiro de xuño para pagar o cuarto (cando por entón aínda estaba Gimmy comigo).
Pido desesperadamente axuda a todxs para poder ter este diñeiro sexa porque o quero ver pero non tanto por min senón pola situación precaria e delicada física e psiquicamente que vive Gimmy onde para axudalo necesita que vaia facer esta visita e falarlle para levantarlle a moral por canto poida axudalo a miña visita que seguramente para el sexa fundamental e vital.
Estaría a opción do autobús que é máis barata pero desgraciadamente téñoa que descartar a priori porque son 8 horas de viaxe pola noite e tendo "ferros" apoios cirúrxicos na columna vertebral, non podo durmir en posicións incómodas no autobús, non mo podo permitir, tamén porque para agravar a situación estará o feito de que despois da viaxe de ida e do vis a vis, terei que refacerme esta odisea a mesma noite ou mesmo durmir nun hotel para recuperarme da viaxe pero isto tamén ten custos así que estamos de novo como ao principio. En poucas palabras, fisicamente non mo podo permitir.
Así que vos deixo a miña conta bancaria onde podedes ingresar diñeiro que lle chegará directamente a Gimmy e tamén a miña tarxeta de crédito Postepay onde ingresar diñeiro que servirá para comprar o billete de tren.
Para a miña viaxe, Paola:
Código tarxeta Postepay: 4023 6005 9058 7608
Código fiscal: FRLPLA82L69i754O a última cifra é unha letra (nome e apelido) titular: Paola Ferla
Grazas infinitas en calquera caso, saúdos,
Paola.
Engadir que sería mellor enviar diñeiro a Paola canto antes para que poida asegurarse o sitio no tren.
Esperemos que Gimmy en tanto poida ver a Paola e que o noso apoio lles chegue con calor!
Derrubemos os cárceres!
FORA TODXS DOS CÁRCERES!
Escribámoslle e non deixemos que se sinta só a:
Francesco Puglisi
MADRID V (Soto del Real)
Centro Penitenciario
Carretera Comarcal 611
28791 Soto del Real (Madrid)
No hay comentarios:
Publicar un comentario