30 abr 2013

A cadena SER, actuando de vozeira da polícia, alarma con o "Triángulo do Mediterraneo Anarquista"

Grupos anarquistas españois deseñan estratexias conxuntas con italianos e gregos
A policía, en alerta ante o aumento de grupos anarquistas no noso país


Istos son o titular e subtítulo da noticia que asina una tal Ana Terradillos (aterradillos??), quen destaca que: "A policía está en alerta ante o aumento de grupos anarquistas no noso país. Infiltráronse en movementos sociais como o 15-M, a protesta dos mineiros ou as plataformas sociais creadas contra a reforma laboral. Recólleo un informe da Policía Nacional elaborado en abril que constata ademais que estes grupos estableceron redes de actividade con grupos de Italia e Grecia, os países dirixidos pola troika. Coñéceselles como o Triángulo do Mediterráneo. A policía ten constancia de que activistas italianos e gregos están a deseñar estratexias conxuntas con activistas españois "nun intento de organizar a súa actividade".

Quen isto abaixo asina, entende que a SER e a policía pouco aporta con este "descubrimento alarmante", pois nada novo aponta no seu intento de criminalizarnos (nunca deixamos de ter cornos e rabo de demos), pero é interesante botar unha ollada a esta sarta de sandeces, asín que colo e copio, unha vez traducido, o texto da cronista, e comento entre parentise as miñas personais impresons:

A policía cre que estes grupos "están a aproveitar a situación actual de crise para introducirse noutro tipo de movementos sociais que xa están organizados". Segundo este informe policial de abril ao que tivo acceso a SER, infiltráronse en movementos sociais como o 15-M, a protesta dos mineiros, a folga xeral que houbo en España o 29-M ou as plataformas sociais xeradas contra a reforma laboral ou os recortes en materia de educación ou sanidade. (as anarquistas nacimos depois do 15M, nunca antes existimos e nada facíamos, por iso decidimos infiltrarnos no que había)

Este documento policial constata ademais que o movemento anarquista intentou tomar o mando do 15-M nalgúns puntos do país e de forma infrutuosa. A situación actual de crise di o informe "é o caldo de cultivo idóneo para considerar que estamos nun período expansivo das actividades anarquistas". Están a tirar proveito, engade o informe, da publicidade que se concede a outro tipo de movementos sociais xa formados aos que pretenden contaxiar a ideoloxía anarco-insurrecionalista". Entre os nomes novos que aparecen en España está o Grupo anarquista "Mayo Negro", creado o pasado novembro en Sevilla e "Novembro Negro", creado tamén o pasado novembro en Santiago de Compostela. (o mando do 15M ??, pero había mandos??; "contaxiar a ideoloxía", somos enfermas contaxiosas!! ; "Mayo Negro" foi apresentado publicamente en Outubro de 2012 pero criado con anterioridade e non se agochan (acá a sua web) , pero vese que a xorna-lista non sabe buscar información, bastalle con o que lle di a policía; e "chan chan chan" en Compostela temos o grupo "Novembro Negro" !!, pero como?? ou a policía non sabe informar ou o de esta muller é de tranca.  "Novembro Negro" foi o nome das Xornadas Itinerantes galegas do ano pasado (ver acá neste mesmo blogue), haberá que decirlles a estes investigadores que tambén existen os grupos "Pechad@s en Democracia" de Ourense (ver acá) , "Pola Anarquía e a Extensión da Revolta" (ver aquí) ou, por non extenderme o grupo "Antidesarrollista" (acolá)

A policía ten constancia de que activistas italianos e gregos están a deseñar estratexias conxuntas con activistas españois "nun intento de organizar a súa actividade". O Triángulo do Mediterráneo está formado por grupos anarquistas de Grecia, Italia e España, países dirixidos pola troika. Segundo a policía, manteñen relacións "non só a nivel ideolóxico senón tamén como soporte estratéxico". Os seus activistas organízanse en pequenos grupos nos que cada compoñente, di a policía, goza de total autonomía individual". (Nada novo baixo o sol, seguen a voltas con o Triángulo, habería que dicerlle à xorna"lista" que noticia é algo "novidoso" , o de sempre non é noticia)

O seu modus operandi básico engloba dende a colocación de artefactos explosivos e o lanzamento de cócteles molotov ata o envío de cartas explosivas e paquetes bomba ou as explosións de bombona de cámping gas. Dende xaneiro do 2012 atentaron ata en doce ocasións con artefactos explosivos e cócteles molotov. Os escenarios atacados son sucursais bancarias, escolas de empresa como Esade, casas de expolíticos, estacións de tren e catedrais como a Catedral de Santa María la Real de la Almudena en Madrid. O artefacto que se encontraba nunha bolsa de lixo foi desactivado pola policía e reivindicado en nome dun comando autodenominado Comando Insurreccionalista Mateo Morral. Os puntos quentes son Palencia, Galiza, La Rioja, Catalunya, Madrid e Andalucía. (Foder, con o frío que fai estes días e eu sen saber que somos un ponto quente!! e coidado campistas!! que veñen as anarquistas a explotarvos as bombonas de cámping gas !! )

Europol elaborou tamén un informe subliñando estas conexións que, segundo a policía europea, as fan a través de Internet e de forma sistemática "para facer chamamentos, publicar demandas, organizar campañas e estender os postulados da súa ideoloxía". Os movementos anarquistas negaron a existencia deste triángulo e culpan a Europol de utilizalo como pretexto para encarcerar activistas acusándoos de terrorismo. (ah! vaia merda, eu que pensaba que os contactos eran certos e agora resulta que se fan por internet, será por facebook ou por twitter?? vou mirar de facerme amigo dos "Mayo Negro"!!)

A policía detectou en numerosas ocasións membros de grupos anarquistas de Italia e Grecia en diferentes puntos do noso país sobre todo en Madrid e Barcelona. Segundo este informe policial, hai constancia de que están a deseñar estratexias conxuntas con activistas españois "nun intento de organizar a súa actividade". (en fin iso xá o dixestes dois párrafos mais arriba, non tes nada novo??)

Os últimos encontros organizados no noso país é un ciclo de conferencias que se celebrou entre os días 16 de xaneiro e o 4 de febreiro con activistas gregos. Reuníronse en Ciudad Real, en Sevilla, en Cáceres, en Burgos e en Barcelona. Segundo a policía, os anarquistas gregos estableceron estratexias como as que se están a desenvolver en Grecia como "ataques a individuos ou establecementos nazis e agresións contra os membros do partido de extrema dereita Mencer Dourado", o lanzamento de cócteles incendiarios e os ataques a empresarios e capitalistas. (vaia eu non sabía que estiveran compas gregos por acá este ano, pena non telo sabido para convidalos a Compos, e vese que para a SER combater o nazismo é perigosísimo)

Á policía chamoulle tamén a atención outro encontro que se celebrou en xullo do ano pasado en Barcelona con destacados ciberactivistas gregos e italianos onde estudaron as ferramentas creadas polos programadores sirios para escapar do réxime. Detectouse a asistencia de nacionais italianos de diferentes colectivos anarquistas nas conferencias ou xornadas antiTAV en Barcelona, onde participaron entre outros Antonio Budini, Massimo Passamani e Daniele Pepino, coñecidos anarquistas insurrecionalistas italianos. (ah! chamalle a atención que as anarquistas, que non recoñecemos as fronteras, viaxemos e participemos en xornadas mais alén das fronteras artificiosas que as monarquías inventaron).

Tamén se detectaron españois nos outros países membros do Triángulo. O pasado 13 de xuño por exemplo os Carabinieri detiveron dez activistas entre os que se encontraba Gabriel Pombo dá Silva, un español membro do grupo Federación Anarquista Informal (FAI). Meses antes este grupo reivindicou varios atentados con explosivos en Italia, Alemaña e Francia. (bon isto é para quitarlle o cartón de xornalista!! ou de policía de investigación!!; Gabriel Pombo NUNCA FOI DETIDO polos carabineri, pois na altura estaba encarcerado en Acheen (Alemaña), outra coisa é que o quixeran "emplumar" como ideólogo que atuaba dende unha cela de aillamento!! prantexamento absurdo onde os haia, pero que a fiscalía italiana defende e, agora que está encirrado no estado español, mesmo chegou a pedir a extradicción, que foi denegada)

O anarquismo en Europa

A xustificación da violencia anarquista parte dunha formulación simple e global: A violencia é un instrumento para arrebatar o poder e a riqueza á minoría que os detenta, xa que esta non se vai deixar desposuír polas boas, polo que se dirixe contra a orde inxusta da sociedade, contra o estado e contra o capital. (tu mesma o dis: simple e global)

O anarquismo está presente en Europa en diferentes correntes. A primeira é o anarquismo insurreccionalista. Aceptan levar a cabo actos de sabotaxe, a colocación de artefactos explosivos de baixa intensidade e ataques de perfil máis elevado. A segunda corrente é o anarquismo autonomista que loita pola liberdade individual e opera en diferentes campos de actividade como o antifascismo, o anticapitalismo ou o antimilitarismo. Finalmente está o anarquismo solidario que actúa en apoio de campañas a favor dos camaradas nacionais e internacionais. (por fin alguén aclara as correntes do anarquismo europeio!! agora prantexaseme unha dúbida, se eu son solidário con unha campaña, non podo ser ao mesmo tempo antifascista??, por favor!! un pouco de rigor informativo non viría nada mal, ou é isto un exercicio de redacción dunha bolseira da SER??)

Os activistas máis activos están en Grecia

Durante este ano as accións de matiz anarquista recruáronse durante o mes de marzo, onde case a diario se produciron ameazas de bombas. O pasado sábado 9 de marzo un grupo de persoas atacaron con cócteles molotov unha comisaría da Policía e o domingo 10 un artefacto caseiro explotou nos locais dunha empresa de mensaxería. (e con isto remata a noticia!! todo un exemplo que, sen dúbida, será ensinado nas faculdades de comunicación!!, qué xenio, qué figura, qué arte!!, plás, plás, plás,...)

Se queres leer a noticia orixinal da SER (clica acá) e depois tira da Cadena.

Asina eDu

3 comentarios:

  1. cando escrebim isto, estivera buscando algunha referencia à xira de compas gregos entre os días 16 de xaneiro e o 4 de febreiro, mais non atopara nada; agora e à raiz desta "noticia" na SER, souben dela porque as organizadoras da mesma, CAS (Coordinadora Anti Privatización de la Sanidad de Madrid ) tiraron unha nota de prensa exixindo unha rectificación inmediata à cadena SER, que podedes leer acá:

    http://www.casmadrid.org/index.php?idsecc=noticias&id=4110&titulo=NOTICIAS

    E para saber da xira acolá:

    http://www.casmadrid.org/index.php?idsecc=actos&id=90&limit=&titulo=ACTOS

    ResponderEliminar
  2. En KaosenlaRed publicou "Rata de Kloaka" esta acertada crítica:

    "La Ser también contra el anarquismo" , que podedes leer à ìntegra neste enlace:

    http://www.kaosenlared.net/component/k2/item/55265-la-ser-tambi%C3%A9n-contra-el-anarquismo.html

    ResponderEliminar
  3. En Diagonal tambén fan unha crónica do "informe artículo" da "Policía periodista" titulado:

    ¡Que vienen los anarquistas! e asinado por J. Garín, ao que tendes aceso acá:

    http://www.diagonalperiodico.net/blogs/j-garin/vienen-anarquistas.html

    ResponderEliminar