28 abr 2012

Disturbios en Montreal (Canadá)

Se durante os últimos meses Quebec foi escenario de fortes mobilizacións estudantís cun aumento progresivo na radicalización da protesta e na súa conseguinte represión, as pasadas semanas alcanzaron o climax con dúas xornadas de fortes disturbios en apenas cinco días de diferenza.


O día 20 de abril confluíron dúas protestas no Salon de l'emploi du Plan Nord (Feira do Emprego do Plan Norte), un macro proxecto industrial de minaría a ceo aberto altamente destrutivo para zonas virxes do norte de Quebec. Unha delas convocada pola coalición estudantil CLASSE, que acometeu o asalto do pazo de congresos, mentres que a outra, con base anticolonial, anticapitalista, ecoloxista e ecoanarquista, á que se sumaron grupos indixenistas, visitou varios lugares implicados no saqueo do norte da rexión. As protestas remataron con fortes disturbios no centro de Montreal que se prolongaron durante varias horas e que cobraon unha sorprendente virulencia.

O día seguinte a feira volveuse suspender por novas protestas, esta vez convocadas por grupos nacionalistas e indíxenas, que se saldaron con detencións masivas de preto dun centenar de manifestantes.

Apenas catro días máis tarde, o mércores 25, as protestas estudantís transformáronse nunha nova batalla campal que se saldou con 85 detencións e estragos en bancos, estacións de policía e oficinas das forzas armadas. Segundo a prensa comercial canadense, as protestas orixináronse tras a ruptura das negociacións entre os estudantes e a administración. Tres policías terían resultado feridos no combate corpo a corpo cos manifestantes, que terían usado técnicas de "Black Bloc".



Noticia elaborada en base a información da prensa comercial canadense, da páxina "ContraInfo" (aquí e aquí) e de "Sabotagemedia", en francés ou inglés, (aquí e aquí). Tamén podedes consultar esta entrevista a estudantes libertarios de Quebec en "A las barricadas" (aquí).

C.R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario