27 abr 2012

Nomean presidenta da "Axencia Española de Seguridade Alimentaria" a unha directiva de Coca-Cola

Se hai unhas semanas falabamos de como o goberno nomeou como ministro de defensa a un alto cargo dunha empresa armamentística (aquí), agora chamamos a atención sobre a designación dunha directiva de Coca Cola como presidenta da "Axencia Española de Seguridade Alimentaria".

Por se fose pouca cousa o feito de entregar a supervisión da nosa seguridade alimenticia a unha empresa transnacional tristemente famosa polas súas nefastas prácticas corporativas (esquilmar e contaminar acuíferos, perseguir e asasinar sindicalistas...), o goberno decidiu entregarlles tamén o Instituto Nacional de Consumo, ao fusionar este coa antes mencionada entidade.

E se Pedro Morenés, ministro de defensa, fallou a favor da súa antiga empresa unha absurda reclamación multimillonaria contra o estado pola prohibición de fabricar bombas de racimo, agora Coca Cola España non pensa modificar un compoñente canceríxeno que foi retirado do produto na súa versión norteamericana. Vese que o que provoca cancro en E.E.U.U. non é o mesmo que o que o provoca aquí, ou polo menos así o pensan aqueles que deberían velar pola nosa saúde.

Pero se o ministro de defensa deixou o seu anterior cargo en Instalaza S.A. para xurar o seu actual cargo, Ángela López de Sábado e Fernández, a nova presidenta da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, nin sequera cesou definitivamente no seu posto en Coca Cola, se non que pediu simplemente unha escedencia.

Nada novo baixo o sol, se todos xa sabiamos que aquí mandaban os mercados, por que non facer visible o evidente?: un "broker" como ministro de economía (que inclúe no seu "impresionante" palmares o paso por Lehman Brothers, unha das empresas causantes da actual crise económica), unha ministra de traballo que xamais traballou, un fabricante de armas como ministro de defensa, ... e agora unha directiva de Coca Cola vixiando o noso consumo e a nosa seguridade alimenticia. Só fáltalles nomear presidente do goberno ao pallaso de Mc Donalds.


A maioría da información collémola de "terceira información" (aquí).

No hay comentarios:

Publicar un comentario