Mostrando entradas con la etiqueta insurreccionalismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta insurreccionalismo. Mostrar todas las entradas

19 sept 2013

A "Memoria da fiscalía" carga de novo contra o "anarquismo insurreccional"

Como tódolos anos por esta datas, a fiscalía xeral do estado publica as súas memorias. Da conta nun inmenso e infumable "tochazo", presentado con borbónico postín (AQUÍ), das actuacións da Fiscalía Xeral do Estado durante o ano anterior. Como tódolos anos alertan do perigo do "Anarquismo insurrecionalista" (e tamén, no tocante a estas terras, do "independentismo radical") e, como tódolos anos, nós, dende "Abordaxe", adicámoslle unhas cantas liñas.

Para empezar, nesta ocasión a búsqueda foi máis pesada e farragosa, porque se ben outros anos tiveron a xentileza de poñer un apartado de "Terrorismo" para facilitar a pesquisa; desta vez tivemos que buscar, páxina por páxina, ata atopar o asunto, ben agochado na sección relativa a audiencia nacional. Non sabemos se esto se debe a que, coa mansedumbre etarra, o tema xa non ten tanto tirón (aínda que coas penas que se gastan calquera ó diría) ou para aburrir mortalmente aos que queiramos atopar tan heréticas cuestión entre tanto "latinajo" e verborrea xurídica.

Así é que na páxina 169 do inmenso "tochón" (que podedes descargar para o voso disfrute, enteriño ou por partes, AQUÍ) comezan a falar do tema en cuestión. De primeiras aclaran que os delitos por terrorismo son só unha pequena parte das atribucións da audiencia nacional, nun patético intento de desmentir o que todos sabemos: que este tribunal de excepción non é senon o "lifting" democrático do infame "tribunal de orden público" de épocas pretéritas (aínda que moi presentes na vixente actualidade). Tras sesudo repaso do relativo a ETA, os GRAPO e o islamismo yihadista chegan, na páxina 192, ao independentismo Radical, centrado exclusivamente en Resistencia Galega.

Neste apartado comezan dicindo que "Como en anos anteriores as accións violentas con finalidade terrorista e/ou de alteración da orde pública na Comunidade Autónoma de Galicia vénse desenvolvendo dende dúas perspectivas: a dos grupos anarquistas e de extrema esquerda e a do independentismo radical." dos que, segundo explican un pouco máis adiante, só as de Resitencia Galega son competencia da audiencia nacional pola "finalidade de subversión da orde constitucional que pretenden coas súas accións" (¿?).

Despois de considerar a "Resistencia Galega" a sucesora do «Exército Guerrilleiro do Pobo Galego Ceibe», aluden ás dificultades que lles orixina a consigna de "negar a existencia da organización terrorista" o que conleva unha "resposta punitiva excesivamente leve en relación coa gravidade dos feitos cometidos". É de supoñer que agora estarán contentos con penas de case 20 anos, superiores ás usualmente aplicadas por asasinato, pese a que nunca feriron a ninguén.

Falan do "notable descenso da actividade terrorista" de Resistencia Galega durante o 2012, o que vinculan coas operacións policiais do ano anterior (catro accións, tres menos que no 2011). Tamén, saltándose o marco temporal da propia memoria, non se resisten a ufanarse da detención de Senlheiro no 2013 debida, según dín, a vixilancia dun "posible lugar de ocultación de efectos delictivos". Tamén adiantan, con sorprendente clarividencia digna do mesmísimo oráculo de Delfos, que no presente ano poderíase acadar "a primeira sentenza condenatoria na que se considere acreditada a existencia de «Resistencia Galega» como organización ou grupo terrorista."

Rematado o capítulo independentista, na páxina 195, chégalle o turno ao "Anarquismo insurreccional", do que sitúan tres das catro accións supostamente cometidas no 2012 aquí, en Galiza. Cousa rara, pois antes dicían que do sucedido en Galiza só Resistencia Galega era competencia da Audiencia Nacional.

Aclaran que no estado diminuíron en nove as accións con respecto ao ano anterior, o que tamén achacan á represión, e sitúan en Barcelona o episodio non sucedido por estas terras. Pero alertan de que non se pode baixar a garda, pois as circunstancias do movemento a nivel internacional poderían resultar en máis accións futuras.

Relacionan a actividade insurrecionalista co eido antirrepresivo e suman a Francia e a Alemaña ao xa consabido "Triángulo Mediterráneo" formado por Grecia, Italia e o estado español.

Pero como a cousa ten a súa importancia, sobre todo se a comparamos coa ofensiva mediática iniciada últimamente contra o anarquismo (da que nós falamos xa abundantemente, por exemplo AQUÍ, AQUÍ ou AQUÍ), pois deixamosvos aquí o texto enteiro para que o disfrutedes con saúde (e, a ser posible, liberdade):


4.1.4.5 Anarquismo insurreccional

A detención de elementos vinculados con este fenómeno terrorista no cuarto trimestre do ano 2011, influíu notablemente no
descenso das actividades violentas anarquistas levadas a cabo en 2012.
Non obstante, por causas conxunturais ou por outras circunstancias vinculadas á evolución do movemento anarquista internacional,
que transcende as fronteiras españolas, é probable que, no futuro se leven a cabo accións violentas protagonizadas por elementos anarquistas insurreccionalistas.

A actividade violenta do colectivo anarquista vai estar influenciada, principalmente, ao igual que en anos anteriores, pola evolución procesual ou penitenciaria dos anarquistas que se encontran cumprindo penas de prisión, en España ou no estranxeiro. Tamén influirán como elemento iniciador, acontecementos de repercusión internacional, actos de solidariedade con anarquistas doutros países, etc. que transcende as fronteiras españolas, é probable que, no futuro se leven a cabo accións violentas protagonizadas por elementos anarquistas insurreccionalistas.

Un escenario a observar será o denominado «Triángulo Mediterráneo Anarquista» onde, nos últimos anos, se estenderon
as actividades destes grupos a países como Francia e Alemaña.

Nesta dinámica de solidariedade entre elementos anarquistas en toda a conca mediterránea, nos últimos meses observouse un
aumento das actividades propagandísticas da loita levada a cabo polos activistas gregos, con visitas programadas ás principais cidades españolas para os primeiros meses de 2013, o que pode levar a mobilización e captación de novos elementos para levar a
cabo actividades violentas.

A actividade violenta do colectivo anarquista estivo motivada, principalmente, ao igual que en anos anteriores, pola evolución procesual ou penitenciaria dos anarquistas que se encontran, en España ou no estranxeiro, cumprindo penas de prisión, polos acontecementos de repercusión internacional e polos actos de solidariedade que leven a cabo con anarquistas doutros países que sexan detidos ou resulten mortos en enfrontamentos coas Forzas de Seguridade. A este respecto hai que ter moi presente o aumento das actividades anarquistas no que deu en denominarse Triángulo Mediterráneo Anarquista e que, en 2010 se estenderon, sequera como obxectivo, a outros países como Francia.

Se han producido cuatro acciones de esta naturaleza, nueve menos que el año anterior (uno en la provincia de Barcelona, y tres en la Comunidad autónoma gallega, sin que se haya producido ninguna detención en relación con tales hechos. No se ha formulado ninguna acusación y no se ha dictado ninguna sentencia por hechos de esta naturaleza.


Artígo elaborado por C.R.

Máis informes da fiscalía en Abordaxe AQUÍ e AQUÍ.

Leer más...

18 sept 2013

Umha burla maneira de informar: "El independentismo y el anarquismo dan más trabajo a la Fiscalía"

Com este cabeçalho entre aspas titula o jornal "La Gaceta" (Intereconomía) tudo um ejemplo de manipulaçom informativa que poderia passar aos anais da imprensa comercial como matéria de estúdio de como fazer-se jornalista mentireiro.

O primeiro a destacar da notícia, além do "chamativo" titular, é que, supostamente, estám a falar da apresentaçom da memória fiscal do ano 2012 durante o Acto de apertura do Ano Judicial que se celebrou este passado luns 16 de setembro, com a apresentaçom do Fiscal Geral do Estado, Eduardo Torres-Dulce, da Memória da Fiscalia Geral do Estado correspondente ao ano passado, 2012.

Pois bem; o caso é que, para maior escárnio, no corpo da notícia deste falsimedio escrevem: "Este año se han registrado menos procedicimientos abiertos que en 2012, según la Memoria de la Fiscalía General del Estado dada a conocer este lunes. La buena noticia está justificada en parte por el descenso de la actividad terrorista de ETA. En cambio, el terrorismo vinculado con el independentismo radical gallego y con el anarquismo insurreccional aumentan". Este ano menos que em 2012 ??, pero se os dados da memória som os de 2102 ?? Quereriam dizer menos que em 2011 ??, poidera ser, mas...:

Se mirades na Memória, AS ÚNICAS REFERÊNCIAS AO ANARQUISMO E AO INDEPENDENTISMO GALEGO falam dumha "disminuiçom da actividades terroristas" às que mesmo o Fiscal Geral referiu-se à "tendência menguante do peso específico do terrorismo no conjunto da sua actividade".

Assim em referência ao Independentismo Galego o Informe descreve (sic): "Durante el año 2012 ha descendido notablemente la actividad terrorista de «Resistencia Galega»" e com respeito ao Anarquismo Insurrecional fala, referíndo-se a "actividade violenta do colectivo anarquista", de que (sic): "Se han producido cuatro acciones de esta naturaleza, nueve menos que el año anterior (uno en la provincia de Barcelona, y tres en la Comunidad autónoma gallega, sin que se haya producido ninguna detención en relación con tales hechos. No se ha formulado ninguna acusación y no se ha dictado ninguna sentencia por hechos de esta naturaleza".

O resto do artículo, pois tanto tem. O curioso é que se olhades esta notícia em qualquer outro medio (mesmo desinformativos) o que destacam é o feito de que o Fiscal Geral pediu-lhe a Gallardón que reflexione sobre o borrador do Código Procesal Penal, dado que considera que é umha "grave inconsequência" dado que “anúncia a viragem histórica do nosso ordenamento cara um sistema acusatório puro" e fai umha especial mençom ao "problema" da Corrupçom como umha das questons "que mais debilitam a fortaleza moral da nossa sociedade" e salientou as cifras mais destacadas da Memória: como o aumento num 120,79% dos fraudes cometidos por autoridade ou funcionário público, e o incremento num 23,85% das qualificaçons por delito de prevaricaçom administrativa.

Só como remate, dizer que também esquecerom de informar dos apupos que recebeu a sua realeza Juan Carlos à sua chegada ao acto:

El Año Judicial comienza rodeado de protestas por europapress

eDu
Leer más...

25 ago 2013

Entrevista a membros de Conspiración de Células do Lume (Grecia)

Recollemos e traducimos de Contrainfo (AQUÍ) esta esclarecedora entrevista a membros presxs da guerrilla urbana anarquista grega "Conspiración de Células do Lume" realizada polo mencionado portal contrainformativo. É un interesante documento que nos permite achegarnos un pouco ao pensamento anarco-individualista e nihilista bastante popular por esas latitudes. En franca hostilidade non só contra o estado e o Poder senón tamén con calquera outra tendencia do movemento libertario, xs antisociedistas reclámanse a sí mesmxs como "anarquistas de praxe" ou "anarquistas ofensivxs", aínda que compre aclarar que outras tendencias anarquistas gregas consideradas máis "sociais" tamén contribuíron ás guerrillas urbanas, como é o caso de "Loita Revolucionaria" (texto dos seus membrxs AQUÍ). Aquí deixámosvos as reflexións das CCL:

Pequena entrevista da rede tradutora de contrainformación Contra Información cxs membros da Conspiración de Células do Lume


Dez compas actualmente encarceladxs en Grecia
Abril de 2013



Cales son, para vós, as formas máis sinxelas de expresión da solidariedade anarquista cxs prisioneirxs da guerra social?

Como xa dixemos, a prisión non é o monumento á derrota para un/a anarquista senón unha parada no camiño, onde cada compa coñece mellor, tanto ao seu inimigo coma a si mesmo.

A solidariedade anarquista rompe o muro da soidade e o illamento e dános forza interior fronte aos nosos carcereiros. Cando a solidariedade é auténtica, entón non se pode nin medir nin xerarquizar as súas formas.

Lonxe dos especialistas da solidariedade que a converten nunha farsa xocosa do humanismo e victimización mutilando todas as nosas características combativas, a solidariedade anarquista non se axusta nin a normas nin a receitas infalibles. O esencial da solidariedade é a continuación e agudización da ofensiva anarquista con todos os medios -dende un sacrílego e agresivo póster ata unha acción con bombas ou disparos contra os órganos do existente.

A solidariedade transmite a mensaxe sólida de que todo segue e, como xa dixeron outrxs compas antes que nós: "a solidariedade entre anarquistas non é só palabras... ".

Por qué contribuídes con todas as vosas forzas dende dentro de prisión á difusión das ideas e publicacións anarquistas?

Dado que a condición de cativerio nos impuxo moitas restricións e nos privou igualmente de moitas posibilidades para actuar ofensivamente como gustaríanos a nós, demos prioridade á difusión do discurso anarquista ofensivo, que segundo a súa forma e contido pode facerse tan cortante como un coitelo afiado.

Dado que tras os nosos arrestos caeron as máscaras, temos a oportunidade de proxectar e falar sobre o ataque directo e con todos os medios contra o existente, ao asumir a responsabilidade da nosa participación no grupo anarquista de acción directa Conspiración de Células do Lume.

Así, abrimos un diálogo vivo con todxs aquelxs compas que actúa ofensivamente contra a dominación. Consideramos que, deste xeito e a pesar das limitacións ás que nos enfrontamos como presxs en mans do Poder, contribuímos a moldear unha fronte ofensiva da internacional negra de lxs anarquistas de praxe.

A nosa contribución a algo así lévanos un "paso" máis preto da liberdade, dado que nos escapamos imaxinariamente, e a nosa mente e corazón acompañan cada ataque de acción directa contra a civilización do Poder. Así, sentímonos máis vivxs, máis vigorosxs e máis fortes, posto que o noso ánimo se reforza ao pensar que as cadeas do cativerio non poden reprimir o impulso da nosa alma insurrecta.

Esta é a razón pola que contribuímos con todas as nosas forzas á difusión das ideas e publicacións anarquistas.

Cal é a vosa postura en relación coa práctica da okupación?

As okupas sempre constituíron un medio para a insurrección anarquista. Lxs compas, ao okupar un edificio na metrópole, basicamente, liberan un dos seus puntos e abolen a uniformidade militar da planificación urbanística. Unha okupa pode ser un punto hostil contra a dominación da mercadoría, da publicidade, do espectáculo. Constitúe unha zona de guerra contra os fascistas, os madeiros, os cidadáns legalistas. Basicamente, é un punto físico onde se liberan ideas, sentimentos, creatividade e solidariedade. O tempo aquí determínano nosos desexos, non o reloxo das coaccións e as ordes.

Non obstante, unha okupa non é o centro da loita. De feito, a anarquía non ten centros senón só círculos en constante movemento...

Para nós, a okupación é un medio da anarquía, non o obxectivo. Desafortunadamente, algunhas okupas en Grecia autoproclámanse illotes de liberdade e marxinan o resto de formas de acción directa. Así, crean ao seu arredor un aparente oasis de liberdade no deserto metropolitano. Deste xeito, a continuación da existencia dunha okupa convértese nun fin en si mesmo para alguns anarquistas. O resultado é que alguns okupas, ante o posible perigo da represión as suas okupacions, caen en deliberadas reducións do discurso e negociacións reformistas co Estado e os concellos, única e exclusivamente, para salvar o seu edificio.

Hai pouco, no caso do desaloxo de Vila Amalias en Grecia, o partido de esquerdas, Syriza, sacou un comunicado de compaixón e apoio á okupa e ningun/a dxs okupas reaccionou a este feito. Ao contrario, houbo gran tolerancia e aceptación cara aos círculos reformistas que presentan as okupas como centros culturais alternativos. Para nós, unha okupa anarquista é un laboratorio vivo de subversión, rebelión e guerra contra o existente. É un punto de encontró entre compas que se comunica, intercambian pensamentos, organízanse e planifican novos ataques contra o Estado e a súa sociedade.

Unha okupa, pois, non son catro muros no interior dun edificio, nin as súas portas e ventás. Son as persoas que participan nela, os seus desexos, as súas inquietudes, os seus proxectos. Nada disto desaparece co peche ou a demolición dun edificio.

Que opinades sobre se caben ou non "alianzas" con compoñentes de esquerda, no antifascismo?


Para nós, a loita antifascista será anarquista ou non será nada. As diferenzas e os puntos de diverxencia que existen entre os compoñentes anarquistas e esquerdistas son fundamentais en todos os aspectos teóricos e prácticos, por iso, non pódense crear puntos de encontro, senón só puntos de ruptura e desacordos.

A esencia do ataque anarquista está lonxe do derrotismo, a victimización, as denuncias, características que prevalecían en formacións de esquerda. Calquera alianza con este tipo de formacións en nome dunha fronte antifascista o único que pode conseguir é a deliberada redución do discurso e a praxe anarquista.

Para nós, a loita antifascista significa que pasamos xs primeiros ao ataque contra os fascistas, utilizando todos os medios no seu contra, dende puños americanos e coitelos, ata bombas e balas.

A que ten que esperar alguén para pasar á "autodefensa" (ou, dito doutra xeito, á contraviolencia) e ao contraataque?


Cremos que cada persoa conforma por si mismx un universo enteiro. Dende esta óptica, todo é subxectivo. A nosa propia vida é a nosa narración persoal, a través dos nosos ollos. Por iso, non cremos nas condicións obxectivas que asimilan e aceptan a única e exclusiva verdade obxectiva e revolucionaria. Non existe unha realidade senón innumerables. Non aceptamos a produción masiva de conciencias revolucionarias, de experiencias subversivas nin de xestos liberadores. Queimamos os calendarios e sabotamos o tempo obxectivo. Cada un/ha de nós ten o seu "reloxo" interno individual que pode facelo explotar contra o existente.

Non fan falta nin a espera nin o momento máxico do espertar masivo, nin tampouco a demora para que nos sincronicemos coa lentitude dunha multitude que parece adorar as súas cadeas. Pasamos xs primeirxs ao ataque dende o momento en que sentimos a insatisfacción abrumar a nosa existencia. Desertamos da posición de vítima que constantemente defende e lanzámonos ao asalto polo sinfín da anarquía...

Canta importancia ten para vós a proxectualidade da abolición do traballo?

A tiranía do traballo e a súa ética perseguen as nosas vidas. A superación do traballo a través da súa negación é un primeiro paso esencial cara á conquista de nosa autonomía individual. Negámonos a ser unha estatística pasiva máis dentro do proceso produtivo. O traballo asalariado aliénanos da creatividade, a imaxinación e transfórmanos en engrenaxes sen vontade propia da máquina social que devora corpos, sangue, sonos e desexos. Odiamos as ordes dos supervisores e os minuteiros dos reloxos que determinan os xefes. O traballo é o tempo morto da nosa vida que nos mantén presxs baixo as cadeas da rutina. Non obstante, aínda máis insidiosa que a coerción do traballo mesmo é a moral do traballo. O traballo asalariado deixou de ser escravitude e converteuse en dereito, así que as masas de servos voluntarios se entusiasman coas súas propias cadeas.

Ao mesmo tempo, a corrente sociedista burocrática da anarquía atrápase a si mesma en lóxicas obreristas e a santificación do proletariado. Así, esta corrente móstrase covarde e incapaz de defender e promover a práctica anarquista dos atracos a man armada e as expropiacións. A anarquía oficial-civilizada prefire proxectar maneiras de autoxestión da miseria e a opresión a través de unións autónomas de obreiros, en vez de proxectar de modo claro a práctica do atraco e a negación total do traballo.

Para nós, os atracos a man armada dos templos económicos do Poder conforman unha parte integral da nova guerrilla anarquista urbana. Trátase da combinación da liberación individual de a opresión do traballo e da proxección colectiva pola abolición da escravitude asalariada. Non obstante, neste punto tamén hai que estar continuamente espertxs. O atraco a un banco en si mesmo non é máis que un lindo momento de adrenalina. Se o/a atracador/a só nega o traballo, pero ao mesmo tempo mantén dentro de si a cultura dominante, adorando a pasta e atraídx pola manía consumista, entón, a súa acción pode ser ilegalista pero non rexeita a moral social. O atraco, para nós, non é unha acción de enriquecemento doado, senón unha opción consciente para reapropiarse do tempo roubado e liberalo atacando os ídolos falsos do existente. Por iso, as escusas deben ir ao lado, ao igual que os moralismos obreristas e as vacilacións, para iniciar nos círculos anarquistas un verdadeiro debate sobre a insurrección anarquista armada e a abolición do traballo para sempre.

Existen desacordos entre as vosas propias individualidades? É dicir, entre xs membros da Conspiración de Células do Lume? Se é así, como volas arranxades para tomar decisións conxuntas?

A Conspiración de Células do Lume é un grupo de anarcoindividualistas e nihilistas que se encontran sobre desexos, eleccións e accións colectivos. Cada un/ha de nós, individualmente pero tamén todxs juntxs a nivel colectivo, promovemos os valores e as características da nova guerrilla urbana anarquista. Cremos que, a miúdo, as accións falan mellor que as palabras. Ademais, somos persoas que vimos de distintos camiños, distintas experiencias, distintos círculos sociais, pero que nos une o lume da praxe e a constante insurrección existencial da anarquía. A nova guerrilla urbana anarquista é unha elección que non dá marcha atrás. Imos adiante queimando as pontes que nos unen á orde e a tranquilidade do mundo da normalidade.

Claro, mesmo entre nós, nos nosos encontros, nos nosos debates, hai as veces desacordos que explotan, creando novos debates, novos acordos e desacordos. Pero só así vén a evolución, a través das contraposicións e a ruptura. A unanimidade dos acordos en masa conduce á uniformidade que, aparte de ser aburrida, tamén é fascista, dado que afoga as características únicas e especiais da nosa individualidade. A nosa decisión de actuar contra o existente deixa espazo para que os nosos desacordos se expresen creativamente cara á perspectiva da agudización do ataque anarquista e non do xurdimento de personalidades carismáticas que flotan nas augas estancadas da labia asemblearia e a indeterminación. Cos nosos desacordos non queremos convencernos xs uns/has a xs outrxs, senón que desexamos tanto escoitar como falar. Para nós, iso é a comunicación anarquista, é unha forma de expresión sen garantías nin certezas.

Todas as nosas relacións se poñen a proba diariamente para comprobar que paguen a pena e se seguen sendo unha opción que non se sacrifica no altar da rutina. Ademais, a Conspiración de Células do Lume non ten nin un comité central nin unha liña oficial invisible. É o encontro dos nosos desexos, lonxe dos "hai que" dunha unidade forzada. Por iso, cando ás veces un desacordo é máis forte que a perspectiva dun acordo, entón esta se libera creativamente a través dunha iniciativa autónoma. O concepto da iniciativa non só non é prexudicial para a Conspiración senón, ao contrario, renova as nosas relacións cara a unha plenitude total e creativa e a liberdade. É un paso máis cara ao sol da anarquía...

Cal é, para vós, o "punto cardinal" da corrente antisociedista e da batalla mesma contra o existente?

O pensamento anarquista subversivo a miúdo está mutilado pola tiranía de a moralidade social e os dogmas obvios. Fronte a nós, encontramos constantemente o bipolarismo do ben e o mal. No rol do mal aparece o Estado despótico e, no rol do ben e da vítima perpetua, a sociedade oprimida.

Pero, para nós, o Poder non é meramente unha banda reducida de directores, líderes e altos mandos, senón unha relación social difusa.

O Poder existe tanto no canón das armas da policía coma nas ordes do pai dentro dunha familia patriarcal. A autoridade non diferencia entre pequenos e grandes tiranos. Está presente en cada aspecto da vida social, dende o feroz Poder das leis ata o máis simple xesto dentro dunha relación persoal. Por iso, consideramos que a sociedade é o alxube diáfano do Poder.

Non obstante, o mantemento do Poder non se debe só á represión, senón tamén á súa aceptación de moitos.

Por iso, como anarquistas antisociais, queremos destruír a sociedade e a súa moralidade dominante. Cando dicimos "guerra contra a sociedade" non significa a morte masiva senón a morte dos roles sociais. Non obstante, a sociedade de masas é filla do Poder.

A cohesión social constrúese sobre a cultura autoritaria masiva que enxalza os ídolos do espectáculo, fala a lingua da publicidade, incita á segregación racial e crea a multitude solitaria sen rostro. Tal e como se hai escrito sobre as sociedades das metrópoles: "nunca vin as casas dos humanos estar tan preto e, aínda así, os humanos estar tan lonxe os uns dos outros e tan sós".

A anarquía antisocial golpea a pirámide autoritaria da sociedade e promove os círculos anarquistas das comunidades. A comunidade humana, en contraposición á sociedade, promove a comunicación, a creatividade, a imaxinación... A sociedade devora a singularidade do individuo dentro da multitude sen rostro, mentres que a comunidade destaca o compañeirismo colectivo a base do libre encontro das individualidades. É a expresión da vida segundo os desexos e a abolición das regras.


Recollido de "Contrainfo" e subido por C.R.
Leer más...

23 ago 2013

"A urxencia do ataque", por Nicola Gai

Colamos de ContraInfo esta interesante reflexión (unha vez traducida)publicada inicialmente na Revista Terra Selvaggia/Páginas anticivilizadoras no nº 27 de xulio de 2013 e que como di o autor: "Espero que as miñas reflexións sirvan para iniciar un debate entre compañeirxs cara a aclarar e quitarse de enriba todo o que nos limita na acción anarquista".

O feito de que vivimos nun mundo de merda onde o Estado e o Capital nos impoñen, basicamente sen problemas, todo tipo de monstruosidades está máis que claro. Tamén é certo que só unha pequena minoría da poboación intenta opoñerse, de forma máis ou menos consciente, á supresión de todos os espazos de autonomía e liberdade que fan que pague a pena vivir a vida. Como parte desta pequena minoría, nós xs anarquistas, conscientes da necesidade de destruír o que nos oprime: por que non somos máis determinadxs e incisivxs?.

Un dos freos máis grandes e serios á nosa acción é, seguramente, o medo a poñer, realmente, as nosas vidas en xogo. Moi a miúdo, este é un aspecto central da loita revolucionaria que non se aborda o suficiente, porque nos obriga a sacar contas connosco mesmxs e coas nosas debilidades. Exaltamos ás chamadas "pequenas accións", doadamente reproducibles, que seguramente non asustan á "xente" e, aínda que sexamos conscientes da urxencia e a necesidade do ataque destrutivo ao sistema autoritario-tecnolóxico, somos remisxs a involucrarnos ata o fondo, a considerarnos en guerra e actuar en consecuencia.

Seguramente, é máis doado encontrarse xunto a centos/miles de persoas para defender un territorio ameazado por algunha ecomonstruosidad que esperar sós ao seu deseñador por fóra de casa. Non falo de valor, todxs e cada un/unha de nós ten medo e pon en práctica as súas estratexias para controlalo e xestionalo; mesmo xs que participan nunha chamada "loita social" están a arriscar o cárcere ou resultar feridxs (hai centos de exemplos neste sentido), non considero que sexa esta a distinción, senón algo máis complicado, ou sexa, a decisión de emprender prácticas de loita que non consideran ningunha posibilidade de mediación co Poder, que expresan o completo rexeitamento ao existente.

Participamos en asembleas nas que nos facemos ilusións de contribuír a tomar algunha decisión aínda que, polo xeral, nos axustamos ao que suxiren xs compañeirxs dotadxs de máis carisma; inevitablemente, o compromiso é sempre cara a abaixo, despois de todo, temos que crecer todxs xuntxs (sempre) e non asustar a ninguén. Facémonos ilusións con contribuír a un proxecto colectivo, aínda que moi a miúdo non sexa o noso; o feito de que esteamos "entre a xente" créanos a ilusión de estar a traballar concretamente pola insurrección, a próxima aventura.

Podemos compartir as nosas responsabilidades cos demais e confiar en non quedar sós se as cousas se poñen feas. Non nos decatamos de canto da nosa liberdade individual perdemos, é máis, sentímonos segurxs polos límites impostos pola asemblea, podemos esconder a nosa indecisión detrás do risco de que a nosa impaciencia sexa prexudicial para o proxecto común.

Pero só cando decidimos poñer totalmente en xogo a nosa vida e, individualmente ou cos nosos afíns, golpeamos o Poder onde máis lle poida doer, só entón, teriamos o control real e poderiamos afirmar con alegría e serenidade que estamos a facer a nosa revolución. Poñer en práctica unha perspectiva de ataque directo libéranos dos grifóns das loitas defensivas, permítenos infinitas perspectivas de acción e liberdade.

Non estou a facer a simple exaltación estética do acto individual, son consciente de que a insurrección é un feito colectivo, que estalará cando xs oprimidxs se levanten en armas, pero o tema é o método co que contribuír a provocala, a nosa vida é demasiado breve e o traballo de demolición, demasiado grande e necesario como para que se poida esperar ata que todxs estean preparadxs. É máis, estou convencido de que só soprando o lume e co exemplo da acción, nos poderemos achegar a tal momento.

Outro freo que vexo á posibilidade de ataque dxs anarquistas é a forma na que moitxs compañeirxs se achegan ao social, ás chamadas "loitas sociais". Ao meu entender, a miúdo pártese dunha consideración equivocada, subestímase a xente, isto lévanos a ver o social como algo que traballar, ao que hai que achegarse con cautela para non o asustar e, pouco a pouco, levalo a posicións máis avanzadas ata que, unha vez preparado, nos encontremos xuntxs nas barricadas da insurrección.

Eu estou convencido de que xs anarquistas forman parte do social e de que deben relacionarse como iguais cos "outrxs", combatendo todas estas actitudes "paternalistas" que, inevitablemente, desembocan na política. Xs anarquistas deben golpear e atacar con todas as súas forzas, outrxs con tensións similares tomarán exemplo da nosa acción, encontrarán novxs cómplices e, cando finalmente tamén xs demais explotadxs decidan levantarse, estalará a insurrección.

Debemos ser nós xs que ditemos os prazos e os momentos de loita, canto máis incisivxs e capaces de golpear nos puntos exactos sexamos, maiores serán as posibilidades que teremos de que se propaguen as prácticas de ataque directo. Isto non quere dicir que non hai que participar nas loitas que xorden de forma espontánea, senón que témolo que facer cos nosos métodos: a sabotaxe e a acción directa.

Se en certa localidade as persoas saen á rúa para opoñerse a certa nocividade, non é necesario que tratemos de coñecelas unha por unha, que preparemos comida con elxs e, pasiño a pasiño, tratar de conseguir que suban algúns centímetros a barricada que construíron. Isto non achegará a prospectiva insurreccional, é máis, debilitará as nosas forzas, debemos golpear a empresa que a constrúe, aos que a deseñan, aos que a financian.

Debemos deixar claro que calquera pode tomar as rendas da súa vida e destruír aquilo que o destrúe. Debemos enfrontarnos á policía, non só cando intenta desaloxar a concentración correspondente, senón provocala e atacala, facer ver que é posible, que se pode/débese golpear primeiro aos que nos oprimen. Algún/nha podería argumentar que o meu xeito de ver as cousas e entender o accionar pode incubar os xermes do autoritarismo ou do vangardismo.

Ao contrario, creo que contén, en si mesmo, o antídoto a estes dous males que aflixen á acción revolucionaria. Non se disfrazan os propios desexos, dise claramente o que se é e o que se quere e, sobre todo, nunha relación de igualdade cos demais, se demostra que armando as propias paixóns, calquera pode opoñerse concretamente a este estado de cousas. A política, na miña opinión, ocúltase xusto en limitarse para seguir o ritmo aos demais, en deixar de lado certos discursos para non "asustar" ás persoas que non se senten preparadas para entendelos.

Debe quedar claro que xs anarquistas buscan cómplices cos que sublevarse e non unha opinión pública moderadamente favorable a vagos discursos sobre a liberdade e a autoxestión. Outra das críticas que a miúdo se lles fai a quen practican o ataque contra o Estado e o Capital, de forma máis ou menos intelixente, máis ou menos acertada, é a de meterse nunha espiral de acción/represión cos aparatos do Poder sen dar pasos adiante no camiño da insurrección.

Certamente, é difícil negar que canto máis representemos un perigo para o Poder, máis se emperrará este en reprimirnos, pero isto, por desgracia, é natural e tal concatenación de causa-efecto soamente se deterá cando a multiplicación e a propagación dos ataques provoque a ruptura insurreccional.

Pensar que a revolución será só o resultado da toma de conciencia dxs explotadxs, despois de décadas de "adestramento" no ximnasio das loitas intermedias, guiados por unha minoría de iluminadxs que xs levan da man, indo a penas un paso por diante delxs, e aprazando continuamente o momento do conflito armado, é pura ilusión.

Esta práctica é dúas veces perdedora porque, renunciando á acción directa, renunciamos a vivir plenamente a nosa vida, a facer aquí e agora a nosa revolución. En segundo lugar, é perdedora porque deixa entender que o Estado dará tempo as oprimidxs a que se decaten de organizarse da súa condición, de coñecerse, e logo, talvez, de sublevarse, antes de esmagalxs.

Un pequeno exemplo diso sería a República libre da Maddalena [da loita Non Tav de Val Susa]: varrida antes de que ninguén puidese crer que representaba un perigo real para a autoridade estatal. Ademais, o Estado, talvez, máis poderoso que a forza militar, dispón dunha arma eficaz: a recuperación. Un exemplo, cando o problema da vivenda é urxente, as loitas e okupaciones multiplícanse e se os desaloxos non resolven o problema, o Poder pode xogar a carta da legalización. Que farán xs explotadxs cos que loitamos cóbado con cóbado unha vez que teñan un teito sobre a cabeza?

Quizais pidan máis, continúen rebelándose, pero contentaranse máis doadamente e nós estaremos obrigadxs a tirarnos de cabeza á próxima loita esperando que esta vez nos vaia mellor... Só cando a nosa acción non prevé a posibilidade de mediacións, cando a nosa loita vai directa a destruír o que nos oprime, o Estado non nos poderá enganar coa recuperación: ou ten a forza para esmagarnos ou deberá sucumbir.

Se temos a capacidade de tratar de difundir a práctica do ataque e da acción directa, se sabemos botar gasolina ao lume das tensións sociais, avivándoas e intentando evitar a recomposición, talvez, consigamos realmente incendiar o terreo.

Antes de concluír, querería determe noutro aspecto que, ás veces, parece ser un freo para a nosa acción: a análise dos efectos e as transformacións do dominio.

Con demasiada frecuencia, parece que esta non sirva para darnos maior capacidade de incidir na realidade, senón para alimentar medos e sensación de impotencia fronte á magnitude do desafío e a monstruosidade das nocividades que afrontar. Canto máis analizamos os aspectos totalitarios e prexudiciais da tecnoloxía, máis denunciamos os proxectos autoritarios do Estado e menos afiamos as nosas armas.

Aterrorizamos xs que lles gustaría actuar con investigacións máis ou menos profundas sobre os últimos descubrimentos do control. Non estou a soster que non sirvan as análises e os afondamentos, senón que non deben converterse en fins en si mesmos, exercicios de capacidade intelectual separados da acción directa. Para que serve publicar listas interminables de empresas responsables da destrución da natureza se ninguén as ataca? Xa por si sós, a inmensidade e a impotencia dos aparatos estatais e económicos, a miúdo, fannos dubidar da posibilidade de golpealos con eficacia.

Desastres ambientais como a marea de petróleo no Golfo de México ou Fukushima parecen dicir que non se pode facer nada para deter a guerra da sociedade industrial contra o ser humano e a natureza. A pesar de todo, non somos indefensxs, mínimxs instrumentos de análise, a acción directa e a decisión duns/dunhas poucxs poden demostrar que non todxs nos resignamos a aceptar pasivamente e, ao mesmo tempo, indicar aos demais explotadxs que aínda é posible opoñerse. Por exemplo, a acción dxs compañeirxs do núcleo Olga da FAI/FRI dinos que é posible solidarizarse cos afectadxs pola catástrofe nuclear, tamén dende o outro lado do mundo, e golpear concretamente a industria do átomo.

Espero que as miñas reflexións sirvan para iniciar un debate entre compañeirxs cara a aclarar e quitarse de enriba todo o que nos limita na acción anarquista. Coraxe e forza para xs compañeirxs que practican a acción anónima, coraxe e forza para aquelxs que dan nome á súa propia rabia, coraxe e forza para aquelxs que, coas súas accións, dan vida á FAI/FRI: Hai todo un mundo por demoler.

Nicola Gai
Casa Circondariale di Ferrara
Via Arginone 327
44122 Ferrara
Italia
Leer más...

4 jul 2013

A Recuperación Nihilista

Recibimos, dun leitor asiduo deste blogue, un correio notificándonos a publicación (xá hai 3 meses) deste texto-crítica anónimo publicado en Indymedia Barcelona e que xa xerou algunhas polémicas, Así, na sua consideración (e na nosa), interesalle dar difusión ao considerar positiva a súa leitura ao ser un aporte bastante interesante para un debate constructivo. De tal xeito, traducimos ao galego e publicamos à ìntegra:

Ao criticar ao nihilismo[1], non queremos desprezar esta corrente filosófica e revolucionaria nin á xente que se identifica con ela. Máis ben, queremos sinalar un rol que desempeña a miúdo. Isto non é unha característica intrínseca do nihilismo, pero é unha característica histórica que se repite con frecuencia. Primeiro, queremos afirmar que estamos inspirados polos golpes potentes realizados polos compañeiros nihilistas, dende Conspiración Células do Lume e outros grupos contemporáneos, ata históricos grupos como Narodnaya Volna. Considerámonos parte da mesma loita e facemos esta crítica dende a solidariedade.

De todos as correntes radicais anticapitalistas, o nihilismo pode ser a única que foi denominada e ata certo punto creada polo espectáculo en si mismo.[2] O termo "nihilismo" orixínase nun libro polo escritor ruso Turgenev (un escritor interesante, pero ao final un progresista e non un radical), quen usou isto para describir aos novos revolucionarios anarquistas e socialistas que ían aparecendo entón en Rusia. Eles eran xente que cria en nada- "nihil".

A adopción deste nome como unha identidade ideolóxica sería coma se, dentro de 100 anos, radicais de todo o mundo se chamasen a se mesmos koukouloforistas ou encarapuchistas. Noutras palabras, nas súas orixes, nihilismo é un termo aplicado pola prensa para ridiculizar ou xerar temor en torno a unha corrente política.

Unha característica do nihilismo orixinal foi o seu absoluto rexeitamento do cristianismo e de calquera crenza ou superstición non racional, e, como tal, unha forte adhesión ao racionalismo. Neste caso, lonxe de ser radical, a súa posición quedou caduca. Neste momento, o cristianismo xa estaba a ser substituído como relixión do estado pola ciencia mesma, polo racionalismo fetichizado dos nihilistas.

Para dicilo doutro xeito, o seu desexo de parecer moi radicais superou a súa capacidade de chegar, a través do pensamento crítico, a unha análise verdadeiramente radical que permitira identificar as raíces do sistema que odiaban.

Hoxe en día, un decátase do mesmo patrón. Os nihilistas odian (e con plena xustificación) á esquerda e todo o que se pareza -aínda que sexa un pouco- á esquerda ou aos seus prácticas.[3] Pero non se dan conta de que xa hai décadas, a esquerda está a desaparecer. Na actualidade, é o espectáculo o que ten unha importancia moito maior no desempeño da recuperación da loita. Ironicamente, pero fiel ás súas orixes, o nihilismo actual é a máis espectacular das loitas anticapitalistas.

O seu maior impacto é no espazo virtual: en Internet e nos medios.

Despois dunha onda de ataques en Barcelona reivindicados en Internet polo grupo "Anarquistas Nihilistas", moitos compañeiros anarquistas preguntáronse se esta impresionante serie de accións realmente aconteceu ou se foi unha montaxe. Non porque cremos que hai compañeiros nihilistas en Barcelona que son valentes e están preparados para atacar - sabemos que os hai -, senón que porque moitos dos ataques reivindicados aconteceron nos nosos propios barrios e non tivemos notícias máis que por un artigo en Indymedia. Un debe asumir que nunha cidade alienada, é normal que un non se decate dos acontecementos que suceden dunha rúa a outra, polo que podería ser unha coincidencia que a maior repercusión destas accións sucedese no Internet. Pero sabemos que os ataques que se cometeron dentro das loitas sociais tiveron unha maior repercusión: falouse deles nas rúas e serviron como referente -negativo ou positivo, non nos importa- para outras persoas fóra dos nosos círculos.

Posteriormente, o mesmo grupo comezou a publicar vídeos cos seus comunicados, o que demostra que as accións foron reais. Pero isto non aumentou a súa repercusión directa nas loitas, só demostrou máis claramente a súa espectacularidade.

Estamos de acordo cos nihilistas en que non hai que esperar ata que haxa movementos sociais para atacar o sistema, pero non estamos de acordo en que temos que rexeitar estes movementos e as persoas que as compoñen. Para nós, é importante coñecer estes outros e saber se son políticos de base ou persoas reais, e como tal, posibles cómplices.

Recordamos cando tiñamos 15 ou 12 anos, a felicidade, a sensación de emoción perigosa, que sentimos ao decatarnos de fortes ataques contra o sistema. Tamén por esta razón levamos a cabo ataques nos momentos máis visibles: para crear sinais para outras persoas, perdidas e inquedas como nós.

Está claro que os nihilistas non atacan simplemente por motivos persoais, por puro pracer ou por necesidade de atacar - unha motivación que apoiariamos totalmente - porque comunican os seus ataques a Indymedia coa intención de estendelos. Polo tanto, hai un elemento estratéxico nas súas accións. Pero estratexicamente, non se pode xustificar que unha loita verdadeiramente radical adoptase e mantivese as formas máis espectaculares e seguise permanecendo, sobre todo, no espazo virtual.

Cando as persoas que xa estaban a levar a cabo ataques incendiarios contra o sistema empezaron a utilizar as siglas da Federación Anarquista Informal (FAI), intencionalmente elixiron unha forma que lles daría unha forza virtual e aseguraron que a prensa tomaría nota da súa existencia. Cando as persoas que iniciaron a Conspiración de Células do Lume deixaron a práctica ben establecida dentro do espazo anarquista non-esquerdista (ou insurreccional) en Grecia, e en lugar de ter unha existencia temporal e de asinar cada comunicado cun novo nome (ou non escribir ningún comunicado), constituíronse nun grupo permanente cunha existencia simbólica e un protagonismo, asegurando o seu éxito nos medios de comunicación.

Só temos que mirar as loitas dos anos '60 e '70 para confirmar que a prensa - e como tal o Estado - non desexa enfrontarse a unha loita descentralizada e caótica sen un inimigo ben definido. Por isto financian os académicos: para definir sempre o seu inimigo. En todo caso, cando apareceu un grupo armado esquerdista que se consideraba a punta de lanza e quería dirixir toda unha loita heteroxénea, a prensa reaccionou de inmediato, convertendo o grupo nun símbolo da loita, fixándoos cun protagonismo central e unha presenza mediática forte. Dito doutro xeito, produciuse unha forte confluencia entre as estratexias da prensa e as destes grupos. Grupos como a FAI ou a CCL, ao tempo que actúan como os máis radicais, están realmente a volver a unha forma de loita que pertence á esquerda revolucionaria, e confían nos medios de comunicación para que lles dean unha forte repercusión. [4]

Algúns deles tamén comparten outra característica coa esquerda: como os marxistas, buscan o suxeito revolucionario que é o único capaz de rebelarse, e o único digno de respecto. Para Anarquistas Nihilistas de Barcelona, trátase de "os mozos criminais" aos que impoñen as súas ideas [5]. No caso dun grupo moi heteroxéneo, como "mozos criminais", imaxínanse unha conspiración ampla e revolucionaria consciente, a pesar de que estes nihilistas sen dúbida coñecen moi poucos mozos que coinciden coa descrición. E a pesar de que afirman que "Queremos unirnos con todos os elementos da loita", deixan moi claro que rexeitan a forma de loita, con suprema arrogancia, de todas as persoas que non son nihilistas ou afíns a eles.

Outro aspecto curioso destes grupos: a miúdo, os seus comunicados, impregnados co ton dos máis revolucionarios, están dirixidos ao inimigo. Están escritos a un ti que inclúe o Estado, os ricos e os reformistas. O público preferido de moitos nihilistas, na práctica, é aquel que debe ser destruído. Pero a negación non é posible onde hai diálogo de calquera tipo. A pesar diso, ás veces os nihilistas celebran a súa transparencia ou lexibilidade ao Estado. Por exemplo, "esta afinidade e complicidade [...] encóntrase e recoñécese a través do desexo común dos ataques aquí e agora, a través de sinais de fume entendibles ás veces só por nós mesmos e os nosos inimigos". [6]

Hai que dicir que, a pesar de que este xeito tan coherente de vivir a guerra social é admirable e inspirador, é unha concepción da guerra moi similar á concepción que ten o mesmo Estado: un conflito entre dous antagonistas que se resolve a través de accións armadas pola destrución da infraestrutura, o persoal e a capacidade de organización dun deles. A diferenza fundamental co Estado é que a motivación nihilista é o desexo de liberdade e non o desexo de poder. A motivación nihilista baséase na valentía e o ideal, e como tal, non ten límites, mentres que a motivación autoritaria está limitada polas posibilidades calculadas de gañar. Os nihilistas irán á guerra mesmo cando saben que non poden gañar, e iso é admirable. A diferenza coas guerrillas maoístas é que o esquema nihilista non inclúe a eventual incorporación das masas á organización político-militar da guerrilla. Ese é outro punto a favor do nihilismo. Pero a pesar destes dous elementos minimamente libertarios, a concepción nihilista da guerra social leva á militarización do conflito (o desenvolvemento do conflito de acordo cunha lóxica estadista) e como tal, o aumento do poder do Estado para "ler", entender, rodear e reprimir o inimigo. Para aclarar a crítica, a diferenza do maoísmo ou de calquera outra corrente revolucionaria pero autoritaria, non cremos que o nihilismo é capaz nin está disposto a reproducir un Estado, pero leva a loita a un terreo estatal.

Non se pode propoñer a creación dun novo mundo sen a destrución do actual. E non podemos planificar a forma do novo mundo xa que de momento non podemos imaxinar as condicións futuras. Ademais, planeando a forma do mundo - ou a planificación da forma de calquera colectividade maior que o noso círculo de coñecidos - estamos a facer un exercicio autoritario. Pero o Estado non só existe nas súas estruturas materiais, senón tamén nas relacións sociais que se reproducen, e unha relación non pode ser destruída sen a simultánea creación dunha nova relación. Pódese derrubar un edificio sen construír outro, pero non se pode rematar cunha relación de alienación sen crear outro tipo de relación. Sempre hai unha relación entre os corpos e seres no mesmo espazo. Sen falar da creación de novas relacións sociais, non podemos falar honestamente sobre a destrución do Estado. Para dicilo doutro xeito, chegamos a unha bifurcación entre a proposta de atacar o Estado e a proposta de destruír o Estado. A proposta que fala máis de destrución, a proposta nihilista, pode ser incapaz de realizar isto, xa que se dedica unicamente ao ataque. Sería unha visión moi triste da "revolta permanente": atacar os símbolos do Estado sen ser capaz de tocar a base do seu poder.

Debido a que é unha práctica de ataque e non de destrución (xa que a destrución de cousas non físicas senón sociais tamén requiriría un aspecto creativo, aspecto que non propoñen os nihilistas [7]), isto leva doadamente a bordo o concepto de violencia. O discurso sobre a violencia de moitos nihilistas (e non de todos) é un diálogo de contrarios co discurso pacifista dos cidadáns. É un diálogo entre o anxo e o demo, pero non obstante un diálogo. En lugar de rexeitar a dicotomía do espectáculo respecto á violencia, toman o polo oposto do pacifismo dentro do mesmo paradigma creado por el. O truco máis vello da democracia é o control dos termos do debate para que as dúas opcións que se mostran, a boa e a mala, reproduzan a lóxica do poder e do Estado. Non é posible chegar a unha visión radical dentro do paradigma estadista. A pesar disto, o nihilismo, dende as súas orixes estivo no polo do demo, a opción do mal definida e sinalada polo espectáculo mesmo. O conflito transcendental do nihilismo é o seguinte: elixir a postura do malo que leva a cabo todas as funcións que dan sentido á oposición pacifista e cidadá, ou elixir o proxecto da negación radical dos fundamentos do sistema e, como tal, a negación da xerarquía patriarcal das tácticas, a categorización e a fetichización da violencia e as formas alienadas e espectacularizadas de comunicación.

A recuperación nihilista é unha recuperación dos momentos simbólicos das loitas heteroxéneas dentro dun discurso da violencia, que é a mesma tarefa que a prensa realiza no que respecta a estas loitas, a pesar de que a prensa o fai para xerar medo e o nihilismo faino para xerar unha ilusión simplificada e virtualizar da súa propia forza, dentro dunha narrativa heroica de combate entre a Autoridade e o Rebelde.

Esta narrativa e a espectacularización anteriormente mencionada son alimentadas tamén pola selección de obxectivos de ataque: a miúdo son personaxes ou símbolos do protagonismo do Estado (como os políticos ou as fachadas dos ministerios) en lugar das engrenaxes do Estado. Este enfoque da loita é outra cousa que os grupos nihilistas como CCL ou Narodnaya Volna de hai un século compartían con grupos de esquerda como Brigate Rosse e a RAF. Encántanos a idea de que os bastardos que nos gobernan sintan medo ou mellor aínda, os bicos amargos da bala ou o coitelo, pero cremos que non é nin intelixente nin libertario dirixir unha gran parte dos nosos ataques contra as máscaras do poder, e dun xeito tan profesionalizar que é case imposible para este tipo de ataques ser xeneralizado.

Tendo en conta que moitos deles optaron por unha xerarquía patriarcal de tácticas, por unha visión de si mesmos como os protagonistas dun combate heroico contra o Estado, e que están condicionados por un rexeitamento total da esquerda (con isto queremos dicir, que non diferencian entre a esquerda como unha forza institucional e os movementos ou persoas que a esquerda pretende institucionalizar), é practicamente inevitable que se enfronten a outros anti-autoritarios que non son da mesma liña cunha soberbia esaxerada e que os confundan cos inimigos.

Aos emisarios e mártires da loita armada, a pesar de que poden representar liñas moi distintas e ata contraditorias, como Lambros Foundas de Grecia ou Marcelo Villarroel de Chile, os nihilistas os aglomeran e aceptan como compañeiros, como os únicos que loitan, e falan do resto coma se fosemos pacifistas e reformistas.

Sabemos que este non é o caso. Sabemos dos moitos lumes que prendemos, e de moitas outras cousas igualmente importantes que fixemos. Cando eles responden ás nosas críticas coma se fosemos vendidos, sabemos que só teñen medo ao debate. É posible que algúns deles teñen todo o seu sangue no corazón e ningunha no cerebro. Pero estamos cansos de que eles sempre estean a romper a solidariedade. Teñen que aprender a criticar a outras liñas de loita sen adoptar a arrogancia e o elitismo que pertence a unha vangarda.

Somos anarquistas que criticamos a parte da nosa tradición que vén da esquerda, pero tamén estamos agradecidos por todos os erros desta tradición, xa que son oportunidades para aprender. Cremos na negación total de todas as bases do sistema actual. Con isto queremos tamén entender a negación do seu espectacularización, a súa alienación e illamento, a conquista e a aniquilación da imaxinación, a dicotomía entre a violencia e a non violencia, e o seu concepto de militarización que tamén influíu nas nosas propias loitas.

Rematamos cun saúdo solidario ás compañeiras e compañeiros de Anarquistas Nihilistas, Lobos Negros e todas as persoas que realizan ataques nas rúas de Barcelona. Esperamos que sigan vosas accións e críticas, pero tamén que se melloren as vías de comunicación e solidariedade que nos unen.

Acerca de certas páxinas anarquistas

Anteriormente publicamos un artigo anexo a este ("Comunicado por accións anarquistas en Barcelona e resposta aos compañeiros nihilistas" http://barcelona.indymedia.org/newswire/display/463376/index.php)[8]. Advertimos que páxinas como Liberación Total e War on Society se negaron a publicalo. Era un comunicado sobre accións directas acompañado por un texto crítico a certos conceptos de loita no ámbito anarquista. Ambas as dúas páxinas publican case exclusivamente textos deste tipo. Preguntámonos, en que momento debatestes e decidistes que accións de coidado, de transmisión da memoria colectiva da nosa loita, de creación de relacións comunais e de apoio mutuo, non constitúen accións importantes? En que texto ou conversación argumentastes o porqué só importan os ataques? E en que momento analizastedes e concluistedes que isto non constitúe unha xerarquía patriarcal de tácticas, ou que o patriarcado non constitúe un sistema de poder imprescindible na evolución do Estado e do capitalismo? A caso podedes articular unha visión propia da raíz do Estado e do capitalismo que non pase polo patriarcado? A verdade é que dubidamos que existe tal proceso de debate, de pensamento crítico ou de análise histórica. E a pregunta que ninguén pode responder: se a vosa falta de pensamento crítico provoca máis fracasos estratéxicos, os que van estar aí, apoiando e recuperando o fío da loita, como tantas outras veces xa esquecidas?

Pero o que realmente nos dá noxo é que outras veces publicastes os nosos textos, non obstante esta vez parece que preferides que gardemos silencio. Loitamos nas rúas cóbado a cóbado, non obstante cando criticamos a visión de loita que algúns tedes, metédenos no mesmo saco con reformistas, esquerdistas, cidadáns e pacifistas. E o que máis noxo dá é que se morremos nesta loita, posibilidade tanto para nós que para vós, nos converteredes nos novos símbolos da vosa visión parcial da loita.

Por favor, un pouco máis de autocrítica, compañeiros!

Notas ao pé

[1] Por nihilismo, entendemos unha corrente de loita que non está ben definida, pero pode ser recoñecida a través de certa afinidade nas seguintes cuestións 1) Un rexeitamento ao capitalismo, ao Estado, á esquerda, á sociedade (entendida como o conxunto de forzas que organizan a vida diaria), e a calquera forma de dominación ou pacificación dos conflitos. 2) Unha práctica que se centra exclusivamente nos ataques físicos e fortes contra a paz social, os edificios ou os axentes do sistema, e en segundo lugar, na organización da propaganda e a comunicación acerca destes ataques co propósito de fomentar a súa reprodución noutros lugares (un encontra unha visión clara da segunda prioridade no comunicado dos presos de CCL en Grecia, "Carta da CCL en solidariedade cos compañeiros reprimidos en Italia", publicado o 5 de abril do 2012). 3) A crenza na negación total do sistema, de tal maneira que a formulación de propostas ou visións respecto á auto-organización ou á creación dun mundo ou comunidade libertarios tamén son rexeitadas. 4) Un pesimismo con respecto á revolución que podería renunciar á posibilidade de "gañar", e mesmo o concepto de revolución, pero que en calquera caso funda a motivación para loitar non nas posibilidades de realizar unha revolución, senón máis ben na necesidade persoal de atacar e non vivir como un escravo.

[2] Os "indignados" tamén poderían estar cualificados, agás que para chegar a ser radicais e anticapitalistas, os participantes deste primeiro movemento tiveron que superar a súa propia identidade de ser cidadáns indignados.

[3] Nos seus comunicados de abril e maio, 2012, Anarquistas Nihilistas critican contundentemente á esquerda. O comunicado de 1 novembro, 2012 de "Coordinadora Nihilista II" de Barcelona reivindica a sabotaxe duns 130 caixeiros automáticos durante os tres meses anteriores, xunto con "Lobos Negros". O texto non nomea a esquerda senón fala dunha "actitude de activista" e dos sindicatos. Os autores gardan a súa maior crítica para a CGT, sindicato anarco-reformista. A crítica céntrase nun acontecemento na manifestación do día anterior, cando a seguridade da mani parte a cara dun mozo que tiraba ovos. A crítica á pacificación realizada pola CGT é precisa: esta tendencia súa de pacificar, demostrado de sobra, é un perigo que moitos anarquistas esquecen, tranquilizados pola súa bandeira vermellanegra. Coordinadora Nihilista sinala a hipocrisía da multitude en aceptar este feito, cando se tivese sido a policia partindo a cara do mozo, todos tería berrado sobre a democracia. É un bo argumento, pero a súa indignación co uso da violencia por parte da CGT é problemática porque un sindicato pode pacificar unha multitude con medios moito menos visibles.

[4] Por exemplo, nótase certa preocupación e decepción, no terceiro comunicado da CCL-FAI de México, que o procurador, ao igual que os medios de comunicación, "tamén se une ao silencio e á minimización ocultando a nosa loita".

[5] ou noutro parágrafo, "os protagonistas son eses mozos salvaxes, problemáticos, desarraigados, eses mozos de minorías étnicas e clases sociais baixas, que nun berro nihilista-revolucionario empezamos a abrir os ollos. " Podería ser que algúns - aínda que non todos - dos autores deste comunicado pertencen á demografía mencionada, pero, por un lado, só unha pequena parte do resto da xuventude criminal está familiarizada co nihilismo revolucionario ou de acordo con ela, e por outro lado, a demografía é unha tarefa do Estado, do marxismo, ou dos políticos de identidade. A cita extráese do comunicado de "Anarquistas Nihilistas de Barcelona", do 25 de abril do 2012. No seu comunicado do 9 de maio do 2012, deixan claro que falan de "eses rapaces" como persoas alleas por quen loitar e sinalan que Loitamos por todos eles por que son os únicos que-aínda que inconscientemente ou non-se rebelan contra a sociedade capitalista, que sofren as agresións fascistas e policiais. " Pódese constatar que non é certo que "o rapaz que ten que manter a súa familia o só, que pasa os seus días na rúa buscando comida ou na ferralla" non é o único que se rebela contra a sociedade capitalista, pero é el que os Anarquistas Nihilistas decidiron destacar como o suxeito revolucionario e ademais unha vítima por quen hai que loitar. Xa que eles loitan en nome do único rebelde verdadeiro, todos os demais non somos rebeldes de verdade se discrepamos cos compañeiros nihilistas sobre como loitar.

A diferenza do comunicado do maio ("A cidade das bombas volverá arder"), o de abril ("Nova onda de ataques incendiarios e sabotaxes... ") é realmente bonito. "para nós, os nosos compañeiros son a rapazada que en lugar de ocupar as súas escolas e lanzar proclamas reformistas, deciden destruír estas rebentando as (x)aulas e queimando os libros manipuladores, " Por fin que llo diga!

Pero seguen na súa contradición manipuladora, por un lado reclamando solidariedade ampla ["Queremos xuntarnos con todos os elementos de loita" e "As accións son dedicadas a todos os que na folga do 29 de marzo recibiron pelotazos, foron detidos, encarcerado, xulgado e golpeado".] e por outro lado non recoñecendo as loitas distíntas ás súas. Por exemplo, moitas persoas golpeadas ou detidas na folga que mencionan son progres ou esquerdistas. Entón, son compañeiros ou non? Só merecen a solidariedade ao converterse en mártires?

[6] O texto de introdución á edición en español do libro sobre o CCL, Reventando o existente, reflexións do combate minoritario, 2011, p.6.

[7] "Anarquistas Nihilistas" de Barcelona non se consideran incapacitados pola súa falta de sonos, senón máis "perigosos".

[8] En Abordaxe foi publicado nesta entrada
Leer más...

12 jun 2013

[Atenas, Grecia]: Ataque explosivo ao vehículo da directora das prisións de Koridallos, no distrito de Dafni (7/6/13) e Declaración dxs membros presxs da CCL sobre o bombazo

Colamos despois de traducidas estas duas noticias recollidas de ContraInfo (aquí e acá):
PROXECTO FÉNIX
Liberdade para xs anarquistas de praxe encarceradxs en Italia

I. "O regreso da Conspiración de Células do Lume dende as cinzas"

Só naqueles momentos onde a nosa tensión pola liberdade se reúne coa práctica é onde logramos verdadeiramente vivir a anarquía, aquí e agora. Lamentablemente o sono que levamos no corazón é demasiado grande como para evitar o risco de encontrarse co monstruoso muro da autoridade, erixida en defensa do Estado e o capital. Cando realmente poñemos en xogo a nosa vida, inevitablemente, acabamos de enfrontarnos coa dureza que hai na loita: A morte e o cárcere.
Nicola Gai, compañeiro italiano acusado no caso da Célula Olga-FAI (maio de 2013)

A Conspiración de Células do Lume - FAI/FRI, en colaboración con xs compas das Bandas de Consciencia, honrando a nosa vella e inmemorial amizade, voamos o automóbil privado da directora das prisións de Koridallos, Maria Stefi, como mostra de solidariedade auténtica con xs nosxs dez irmanxs encarceradxs, Giorgos PÁX., Olga, Gerasimos, Christos, Michalis, Giorgos, Haris, Theofilos, Panagiotis, Damiano, que asumiron a responsabilidade na participación na Conspiración.

Despois de case dous anos de silencio no territorio grego, a CCL regresa. Nunha fronte común coas Bandas de Consciencia, os núcleos da FAI ("Fronte Antifascista", "Célula Ilesa de Vinganza", "Célula Lobo Solitario", etc.) e a Seita de Revolucionarixs, apoiamos e fortalecemos a conspiración internacional da Federación Anarquista Informal (FAI)/Frente Revolucionario Internacional (FRI).

A bomba que colocamos no vehículo da directora das prisións de Koridallos son as primeiras gotas antes da tormenta. Ademais, como se escribiu no último comunicado da CCL contra o Ministro de Xustiza grego.

Certamente, a necesidade dunha estratexia é agora máis clara que nunca antes. Un raio nunca viaxa en liñas rectas repetitivas. Relampaguea inadvertido. Ata un aparente "silencio" non significa a retirada senón a calma antes da tormenta...
(Sector clandestino, Federación Informal Anarquista/Conspiración de Células do Lume [Febreiro 2011])

Agora, pois, chegou a hora de volver facer ruído. Ruído contra a militarización das prisións e as continuas redadas da desgraciada escoura da EKAM (Unidade especial antiterrorista). Ruído pola inquisición dos consellos penitenciarios, onde fiscais e directores envelenan a xs presxs con esperanzas baleiras, ao mesmo tempo que os rexeitamentos da solicitudes de días de saída ou liberdade condicional se acumulaban unha sobre outra. Ruído por todxs esxs insignificantes que pensan que vestindo o uniforme de carcereiro xa teñen Poder para dar ordes. Ruído polo silencio aterrador da maioría de xs presxs que fai moito cambiaron a liberdade e a dignidade por unha dose de cabalo, por días de salario, por un traslado máis "favorable", ou por un celular novo... Ruído polo prolongado silencio e a inercia dun "espazo" ao que lle gusta chamarse anarquista, pero que é, en realidade, tan pequeno-burgués e decadente como a civilización da sociedade que supostamente combate.

II. Crónica dunha guerra anunciada

Durante os últimos meses, un novo réxime prevalece nas prisións gregas. O ministerio de Xustiza, os directores e fiscais das prisións promoven o modelo de militarización do "sistema correccional". Ata a data houbo ducias de redadas por parte das forzas da EKAM, armadas ata os dentes, nas celas dxs presxs, como parte da restructuración das prisións. Non son poucas as veces que estes covardes con pasamontañas e todo o equipamento policial mostran as súas "galadas" golpeando persoas alxemadas. No bordel correccional de Grevena, os porcos usaron ata aparatos taser (armas de electroshock) contra presxs alxemadxs ás costas. Nas prisións de Koridallos, a redada nocturna cuns corenta ou cincuenta policías da EKAM levouse a cabo grazas por "inestimable cortesía" da directora Maria Stefi e a fiscal Troupi, sen faltar as provocacións e as agresións, a unha distancia segura.

Sabemos que alí, dentro das súas prisións, nunca cae a noite. Alí dentro, os recordos rabuñan e a un/unha esquécese como é o ceo sen barrotes nin arames de pugas. Se a morte tivese cor, deberíase usar para pintar as súas prisións. Porque é ese o reino da morte lenta que sentes cada día. Cae das paredes nos corredores, resoa cada vez que se pecha unha porta, chora silenciosamente nas celas de castigo...

Non hai razón para continuar a "crítica" ao seu sistema "correccional". Dixémolo no pasado, cando colocamos unha bomba de vinte quilos na parede exterior da prisión de Koridallos hai tres anos. Claro que xs nosxs irmas da CCL definitivamente o din mellor que nos, mediante os seus escritos, participando no diálogo internacional da FAI-FRI.

Non obstante, non esperamos nada mellor do imperio do Poder que se sazona coa "nobreza" da democracia. Todos os seus oficiais realizan perfectamente as súas tarefas. Os xuíces sentados nos seus tronos imperiais distribúen penas que chegan a retar á media científica da vida humana: "Dupla cadea perpetua"… "Douscentos anos de prisión"... "Oitenta anos de prisión"... Á fin e ao cabo, para elxs, os nomes dxs acusadxs non son máis que molestas manchas de tinta nos seus gordos autos xudiciais, que hai que borrar.

Máis abaixo, encóntranse os directores de prisión. Os pequenos deuses das institucións penitenciarias que dan as súas ordes detrás das súas oficinas distantes coa confianza do "señor da casa". Pero tamén, este "negocio" é deles.

Ao seu lado encóntranse os fiscais das prisións, a "man de deus". A súa firma abre as portas "do ceo" ou "do inferno". "Liberdade condicional... rexeitada". "Cinco días de permiso... rexeitado". "Rexeitado"… "rexeitado"… "rexeitado"… é a única palabra que saben dicir.

Pero todos estes son inimigos. O único que se lle pide ao teu inimigo é a guerra total. Todo o peso do machado da crítica e o peso da náusea das preguntas sen resposta cae sobre xs habitantes do país dos cárceres. Cae sobre xs propixs presxs que, na súa maioría, acepta pasivamente a súa encarceración nos alxubes da democracia. Lonxe da subcultura da figura imaxinaria revolucionaria dxs presxs "luuitadorxs", como unha enaltecida proxección do que se vive aquí, a realidade das prisións soa espantosamente fea: pasividade... delación... atomización... adulación aos carcereiros... drogas... racismo... descaro covarde... auto-lamentarse... falsidade...

Aínda así, esta patética multitude transfórmase nun instante e vólvese "combativa" cando se trata dun pico de cabalo, de débedas e préstamos, da dominación de cada clan. Aí é cando a inventiva dxs presxs triunfa. Unha peza de metal convértese nun mortífero coitelo nas mans máis hábiles e unha calceta con peso nunha arma para a guerra civil dxs presxs, que aprenderon moito mellor como comer a carne xs unxs dxs outrxs alí dentro que aquí fóra.

Coa mesma enxeñosidade impresionante, esconden nos lugares menos comúns a heroína e outras drogas que queiran meter. Como sexa, este enxeño falta á hora de vingarse dos que xs encerraron e xs privaron da súa liberdade. Cantxs ex e novxs presxs intentaron vingarse, dedicáronse a unha vinganza práctica dos seus carcereiros? Cantxs encontraron as direccións dalgún alto mando ou prepararon unha emboscada contra algún fiscal que tirase á papeleira as súas solicitudes de permiso ou de liberdade condicional?

Por iso, chamamos ás minorías de presxs que aínda ten dignidade a planear decenas de actos de vinganza.

III. A conspiración internacional da FAI/FRI

Nos, pola nosa banda, coa bomba contra a directora do cárcere de Koridallos, coordinamos os nosos ataques a través da rede internacional da FAI/FRI. O comezo foi cando nosxs irmanxs en Chile, da Célula Antiautoritaria Insurreccional "Panagiotis Argirou", que apuntaron o 12 de maio contra a Asociación Nacional de Funcionarios Penitenciarios.

A FAI/FRI é unha conspiración internacional de anarquistas de praxe que prende lume ás posicións de defensa dxs anarquistas sociais e reformistas. Libérase do mofo que se asentou na anarquía dos anfiteatros e enche o aire con olor a pólvora, a anarquía negra, a noite, a explosións, disparos, sabotaxes. Non obstante, é por iso que nos últimos comunicados da Europol se mostra á fronte Revolucionario Internacional da FAI e a Conspiración como o principal perigo anarquista.

A difusión e a organización informal da nova anarquía en núcleos autónomos de acción directa é o que realmente atemoriza ás policías de todo o mundo. Por iso, o Estado e os inimigos da anarquía non esquecen doadamente xs combatentes anarquistas que están presxs baixo a autoridade das súas prisións.

IV. Sobre xs irmanxs que faltan...

En Alemaña, o compa Thomas Meyer-Falk -encarcerado por participación en atraco co obxectivo de apoiar proxectos subversivos- cumpriu xa a súa sentenza, pero segue encarcerado. No seu caso, aplicouse unha vella lei da Alemaña nazi, segundo a cal o/a prisioneirx, despois de mesmo cumprir toda a pena aplicada, pode continuar indefinidamente en prisión, se se lle considera "perigoso para a sociedad"… Thomas Meyer-Falk coa súa actitude inflexible e o seu rexeitamento a axeonllarse ante o Poder, se lle segue considerando perigoso para a máquina social (1).

Ao mesmo tempo, encóntrase preso en España o noso irmán Gabriel Pombo Da Silva -trasladado dende Alemaña hai un par de meses- e, en Suíza, o noso irmán Marco Camenish. Os nosos dous irmáns levan confinados moitos anos nas galeras da democracia debido á súa acción anárquica e subversiva. Gabriel -con moitas loitas contra os FIES (2)- está acusado de enfrontamento con policías na cidade alemá de Aachen e Marco está acusado de ecotaxes (3), fuga de prisión e enfrontamento armado con gardas fronteirizos. Aínda que se lles debería outorgar a liberdade condicional, a máquina estatal internacional intenta mantelos en cativerio, vinculándoos á operación Ousadía, inspirada polo Estado italiano. Un caso policial contra a rede da FAI/FRI, no que, xunto a Marco e Gabriel, se acusa xs presxs italianxs e Compas nosxs, Giuseppe ("Pepe"), Stefano, Elisa, Sergio, Alessandro, ademais do cal entre xs "investigadxs" están tamén algunxs dxs nosxs irmanxs da CCL, que se encontran nas prisións gregas.

Agora o aparato estatal grego e a súa xustiza están a probar similares alquimias en Grecia. O noso irmán e membro da CCL, Gerasimos Tsakalos, está dxs primeirxs na lista negra de fiscais e xuíces. Actualmente, leva 31 meses en prisión preventiva -o límite é de 18- e engadíronlle outros 6 meses á espera de xuízo, describíndoo como "particularmente perigoso". Non obstante, os charlatans da xustiza proban tamén novos experimentos. Abriron outro caso, o dobre atraco de Velvendos (Kozani), acusando a Gerasimos de instigador, engadíndolle outra orde de prisión preventiva á espera de xuízo. É dicir, acúsano de instigador do atraco a un banco que aconteceu cando el xa estaba no cárcere.

Tampouco esquecemos que o ano pasado, cando estaban a chegar á súa fin os 18 meses de prisión preventiva, o farrapeiro chamado Mokkas (fiscal especial de investigacións preliminares) lle volveu impoñer esta medida de forma consecutiva mentres o compa estaba no hospital realizando unha folga de fame.

Todo isto reforza a certeza que temos, agora máis que nunca: A liberación dxs nosxs compas terá lugar a través da violencia, con armas, con terrorismo anarquista e a agudización da nova guerrilla urbana anarquista... e, entón, pobre de quen obstaculice o camiño da liberación dos nosxs compas.

V. Todo continúa...

A loita non remata só porque algúns insignificantes se cansan e agora mostran s suas anarcomedallas na pasarela do lama de Exarchia, nin se detén porque algunxs se caguen do medo e acomódanse nos seus acochos, ou nas súas pseudoasembleas. Para nos, non existe un terreo medio. Aquel/a que declara as súas intencións anarquistas encóntrase ante un dilema decisivo, ou actuar ou abandonar para sempre a anarquía. Anarquía dende a retagarda das cafetarías e os chismes non existe... Ou actúas ou calas...

Pechando a reivindicación da nosa reaparición xunto coas Bandas de Conciencia, queremos dedicar o noso ataque con toda a nosa Forza a nosxs irmanxs presxs nas celas do estado italiano e, paralelamente, enviamos o noso sinal conspirativa a Alfredo Cospito e Nicola Gai, acusados dos disparos a Adinolfi (4), acto reivindicado polo núcleo Olga - FAI/FRI.

As palabras de coherencia dxs irmanxs en guerra son as únicas que teñen verdadeiro peso. O chamado "anarquismo social" xira entorno á ferramenta da "asemblea", convertida en escenario de autoritarismo, terreo de cultivo de xefes e xefeciños cuxo único obxectivo é a autorreferencialidade. Xs politiquerxs anarquistas fan de todo para dominar, nas súas orixes, o novo que avanza. O novo que avanza é a concreción da organización informal.
Alfredo Cospito

Coraxe e forza axs compañeirxs que anonimamente golpean ao Estado e o Capital, coraxe e forza axs que dan un nome á súa propia rabia, coraxe e forza axs compañeirxs que dan a vida á FAI/FRI. Imos dar alma e corpo á internacional negra, hai todo un mundo que destruír... Viva a anarquía.
Nicolai Gai

Irmanxs, o encontro está confirmado...
Volveremos -antes do que se espera...

Conspiración de Células do Lume - FAI/FRI.
Bandas da Consciencia - FAI/FRI.
Núcleo Sole - Baleno.


(Sole e Baleno -María Soidade Rosas e Eduardo Massari- eran dous compas anarquistas acusadxs nos anos '90 de sabotaxes e accións anarquistas contundentes. Baleno, "suicidouse" na súa cela. Pouco tempo despois, Sole "suicidouse" durante o rexemen especial de arresto "domiciliario" que lle impuxeran. O seu recordo vive en nos, nas nosas balas, na nosa dinamita...)

(1) En Bulgaria, o noso compa Jock Palfreeman segue cativo no cárcere, despois dunha pelexa con 15 fascistas que estaban a torturar a un caló. Un fascista caeu morto no enfrontamento e outro foi ferido seriamente. Nos, pola nosa banda, enviamos un sinal de solidariedade a Jock e unha promesa de que non está só.

(2) Réxime de detención especial

(3) Acción sabotadora ecolóxica

(4) Alto executivo dunha empresa nuclear

Atenas: Declaración dxs membros presxs da CCL sobre o bombazo contra a directora das prisións de Koridallos
Este texto lérono xs membros presxs da CCL o 10 de xuño de 2013 nos xulgados, ao inicio do proceso:

Queremos devolver dende aquí dentro, polo noso lado, o sinal guerrilleira axs irmanxs da colaboración entre a Conspiración de Células do Lume e as Bandas de Consciencia e saudar a fronte común de todxs xs anarquistas de praxe que apoian a rede internacional da FAI-FRI. COMPAS, con este ataque, volvémonos encontrar. Cancelastéis o noso estado de cativerio. Brindástenos instantes de auténtica liberdade. Encontrámonos outra vez, todxs xuntxs, arredor da mesma mesa. Debatemos, escollemos o obxectivo, deseñamos a operación, atacamos, asumimos a responsabilidade...

Todxs xuntxs, cómplices na rexeneración da NOSA Conspiración, todxs xuntxs na promesa que demos de que este só é o principio. A Conspiración de Células do Lume segue libre nos nosos corazóns, nos nosos sorrisos, nas balas das nosas armas ata o final, para sempre...

Viva a Conspiración de Células do Lume / Bandas de Consciencia / Célula Sole - Baleno

Viva a Internacional Negra dxs anarquistas de praxe

Leer más...

5 jun 2013

Bruxelas, Bélgica: Operação Cinzas – Registos em casas de compas anarquistas

Em Bruselas como em Sabadell

Colamos de ContraInfo (pt):

No dia 22 de Maio de 2013, cerca das 6 da mamhã, dezenas de polícias da unidade anti-terrorista da polícia federal judicial investigaram e registaram 3 domicílios – onde vivem compas anarquistas e anti-autoritários/as, para além da biblioteca anarquista Ácrata. Todas as pessoas presentes (11) foram retidas e levadas aos escritórios da polícia federal, se bem cerca das 13:00, soltaram toda a gente, sem terem comparecido perante o juíz de instruçom.

As acusaçons som: pertença a organizaçom terrorista, associação de malfeitores e incêndio(s) voluntário(s). A operaçom foi batizada “cinzas (cendres)” e é dirigida pela juíza de instrução Isabelle Panou, tristemente célebre pela sua larga carreira ao serviço do Estado.

A polícia levou numerosos documentos,objetos pessoais, computadores pessoais, e tudo o que fosse relacionado com a informática, os telemóveis, o material de agitaçom, etc. Durante as declaraçons, nas quais todos/as se negaram a colaborar – parece que a investigaçom remonta a lutas, revoltas e atividades desde 2008 até hoje – em especial, contra as prisons, a construçom do novo centro encerrado de Steenokkerzeel, os transportes públicos (STIB), as instituiçons europeias e os eurocrátas, a construçom de um RER (rede ferroviária express) em Bruxelas, a NATO, a máquina de expulsom, os agentes executivos e a construçom de umha mega-prisom em Bruxelas. Também estám a apontar contra publicaçons como Hors-Service ou, mais em geral, escritos, cartazes, etc, difundidos por anarquistas e anti-autoritários.

Perante estas acusaçons de terrorismo e o seu chorrilho de intimidaçons e perseguiçons, nom se pode abandonar as ideias e os atos que visam a destruiçom de toda a autoridade e a alegria que esta batalha produz.

Continuaremos a lutar pela liberdade, até ao derrube deste mundo mortífero que nos oprime e explora.

Nada está terminado, tudo continua

Ataquemos a quem nos oprime


Bruxelas, 23 de Maio de 2013

Na foto: Pintada de Lisboa com amor, em solidariedade com os/as compas assaltados/as e detidos/as em Bruxelas.
Leer más...

22 may 2013

Cociñando a represión contra o anarquismo.

Varios artigos aparecidos ultimamente na prensa comercial serviron de introdución ás detencións da pasada semana contra cinco anarquistas acusados de cargos relativos a terrorismo e agora encarcerados en preventiva pola audiencia nacional.

Antes de pasar ao tema das detencións concretas, bastante necesario debido á incomprensible falta de información dos nosos medios sobre o caso, gustaríanos facer un pequeno repaso á ofensiva mediática previa ao golpe represivo. E é importante levar a nosa atención á preparación informativa do ataque policíaco, entre outras moitas cousas, porque sitúa galiza no centro das súas construcións conspirativas. E dicimos isto porque varios dos artigos xornalísticos, alusivos a un informe policial elaborado en abril, apuntan directamente cara esta terra nun alarde desinformativo que movería a risa de non ser polas nefastas consecuencias que podería carrexar. Desa forma, NESTE artigo da SER (cadea radiofónica que serve especialmente de voceiro policíaco) sinalan ao grupo "Novembro Negro", o cal eles radican en Compostela, como un dos novos integrantes do panorama subversivo "anarcoinsurreccionalista". A moito máis prosaica realidade é que, baixo este nome, se realizaron unhas xornadas divulgativas que percorreron varios centros sociais galegos con charlas, debates e encontros libertarios totalmente públicos e transparentes (mais información neste blog AQUÍ), a temática dos mesmos aludiu a tan sediciosos conceptos coma a medicación da infancia, a problemática hambiental, os centros de menores ou as loitas carcerarias. O mesmo artigo da emisora de PRISA sitúa os "puntos quentes" do anarquismo radical en Palencia, GALICIA, La Rioja, Cataluña, Madrid e Andalucía. Pero non fica aí a cousa, pois nun artigo de opinión asinado pola mesma Ana Terradillos que pergeñó o outro pastiche informativo (será un chistoso pseudónimo policial?), enumerando as provincias con actividade terrorista mencionadas polo enigmático informe policíaco sobre anarquismo, citaba Barcelona, A Coruña, Ourense, Pontevedra e Madrid. Vamos, que polo que a aquí concirne só falta Lugo.(O outro artigo da xornalista que nos ten "tAn aTerradillos" -AQUÍ).


Pero a nivel estatal a cousa vai máis alo, pois dende o, canto menos estraño, atentado á catedral da Almudena (máis información neste blog -AQUÍ) e as accións insurreccional-humorísticas dos consoladores bomba (máis info -AQUÍ) a prensa se puxo as botas con elucubracións absurdas sobre o "triangulo anarquista mediterraneo" formado por Italia, Grecia e Eapaña. Sobre este tema recomendamos a lectura DESTE artigo de opinión aparecido en Aversión e traducido ao galego por Abordaxe.

Agora pensabamos falar aquí das detencións de Sabadell, cada vez máis evidentemente ligadas á mentada campaña de intoxicación mediática, pero finalmente decidimos conceder a este asunto a súa propia entrada exclusiva neste mesmo blog.


C.R.
Leer más...

14 may 2013

[Grécia]: Acerca de antifascismo

A seguinte reflexão foi publicada por um anarquista-egoísta-niilista no Atenas Indymedia: (e nos recolhemo-la de Contra Info em português):

“Nem sequer pensava em dar-me ao trabalho de participar no debate, mas alguns dos comentários mais recentes de um “companheiro antifascista” causaram-me espécie.

Em primeiro lugar a fim de determinar, inegavelmente, as características de uma ação antifascista, creio que deve determinar-se o conteúdo do conceito de fascismo.

O fascismo é, acima de tudo, um soco na cara do/a “revolucionário/a” que reconhece, nos fantasmas da sociedade e nas classes, nos rostos dos sujeitos revolucionários/as e que aspira a revoltas e revoluções. E a hipocrisia, de fato, é a situação pela qual mais uivam, em relação ao fascismo, a maioria dos anarquistas sociais.! Porque, na essência, a guerra não passa de uma perseguição contínua contra as sombras … não se dão conta, é claro, como são hipócritas, que as suas proclamações sobre o fascismo social, na realidade, são uma guerra contra o seu próprio conteúdo. Pois, qual é a causa geradora do fascismo senão a massa?

O fascismo não é uma praga anti-social, é um elemento intrínseco da sociedade. A massificação e a mentalidade da massa, a necessidade de “pertença” são carne e osso do fantasma que tem acorrentado milhões de vidas , e também é carne sua a ideia de superioridade. E como é que o/a “revolucionário/a”, na verdade, contribui nesta direção, o pobre que arde com a chama da insurreição social e as visões da justiça e da igualdade (cadeias que são insuportáveis mesmo para verdaderos/as “compas” ) e que ainda assim, enxerta consciência de classe e obreirismo às massas? É esta prática distinta da do Estado que vacina aos seus súbditos nacionalismo e pátria? Naturalmente, nenhum/a niilista consegue parar de rir às gargalhadas perante este absurdo horrível.

Os/as sociais consideram que o fascismo levou a sociedade para a cama enquanto esta se limita a masturbar-se. E em lugar de atacar con fúria contra a sociedade, utilizam-na como a sua própria projeção, como uma identificação da sua “luta”.

E não são mesmo pelos sociais que anseiam as sociedades socialistas/ comunistas? Por mais que maldigam e façam a vista grossa, a verdade encontra-se perante os olhos deles/as. O fascismo e o comunismo (não os confundam, não estou a falar só dos do tipo autoritário) são iguais ao nível dos valores morais, salvo quando o primeiro propõe a força bruta e o segundo se rege pelo espírito servil do cristianismo. Enquanto o fascismo é a morte do espírito, o socialismo é a morte da força.

E a sociedade posiciona-se e essa é a razão pela qual é exatamente assim. Um fantasma, um corpo sem corpo, não é nada mais do que um bando de homens de palha. E esperam algum tipo de ajuda deste pântano social…embora exigam que a sociedade se levante contra o seu próprio ser! Contra a sua própria natureza, essa natureza profundamente fascista.

Consideram que uma mudança de mentalidade é possível? Mas então, o que é que procuram senão a manipulação do rebanho (nem sequer importa se se trata de uma orientação em termos sociais, morais ou de estratégia)? Procuram converter-se em pastores sociais.

E no que se refere aos “politofilakés” (guardas-cidadãos ou milícias), as coisas estão claras para mim. Não é possível organizar estes sistemas, já que a palavra em si mesma contém o terminus politis (cidadão ou civil, ou nacional), que chegou a ter consciência política e está diretamente ligado aos prestadores desta mesma consciência política, o Estado e a política. Pode realmente um cidadão ser antifascista? Por extensão, pode realmente um anarquista ser um cidadão?

Não podem ser ambas as coisas, responderão os/as sociais, os/as mesmos/as que convertem a anarquia no álcool social em busca da superioridade numérica contra o fascismo, ou seja, os fascistas agressivos, já que cada cidadão é potencialmente um. Embora se esqueçam que a plebe social carece de qualidade, pelo que os seus/suas guardiões/ãs cidadãos/ãs antifascistas não serão mais que uma manada invalidada e auto-destrutiva.

Citação: O fascismo é qualquer ato injusto, anti-democrático e violento, ideologia, emoção ou hábito em política, na sociedade, na família e relacionamentos.

Bem, então, muitos de nós são fascistas! Desde os grandes rebeldes F. Nietzsche e M. Stirner, o filósofo rebelde R. Novatore até aos niilistas de hoje, os/as companheiros/as sinceros/as que voltem os seus olhos para o aqui e agora, que abracem o fogo e dêem rédea solta aos seus ataques malditos contra o Estado, a sociedade, a pátria, a ordem, a moral, a ideologia e qualquer outra cadeia.

Quão fascista sou, então, a quantidade de um fascista é o Anticristo, que nasce do Fogo e da negação e se dirige para o altar pagão de Nihil? Assim, quão fascista é a Beleza e Força, ambos valores em si mesmos que os feios e os fracos deixaram de lado e substituíram por fantasmas como a justiça, a igualdade e a solidariedade!

É acaso o antifascismo um problema para as massas? Quem pode concordar com estas, tendo também presente que o antifascismo é profundamente anti-Estado, anti-político e anti-social? Agora, tudo isto pode soar muito bobo para os/as sociais! A despolitização do autor: é ou não é um pré-requisito para o antifascismo, um antifascismo eficaz, não um estereótipo de um autista? Porque não é a política que educa os/as cidadãos/ãs? Supõe-se que sim. Para mim, todos os seres humanos imbuídos de consciência política deixam de ser indivíduos, seres com vontade individualista e egoísta, para se converterem em cidadãos no sentido da pessoa, do núcleo social. Será possível que um arlequim miserável, da casa, atue como um antifascista? Ao mesmo tempo que não é apenas um vetor, mas também uma fonte de fascismo …?

O mesmo se aplica tanto aos esquerdistas (como se fossem distintos/as se cidadãos/ãs também) como aos/às anarquistas sociais, como elitistas e devastadores, o que for que isso possa parecer. Porque quando o individualismo está ausente e, por conseguinte, o indivíduo é dominado pela necessidade de aceitação social, da “pertença”, então esta também marca o nascimento de um outro ismo (no sentido do sistema, do pensamento ideologizado) e, por extensão, a essência do fascismo: o rebanho massificado.

Voltarei…”
Leer más...