Varios artigos aparecidos ultimamente na prensa comercial serviron de introdución ás detencións da pasada semana contra cinco anarquistas acusados de cargos relativos a terrorismo e agora encarcerados en preventiva pola audiencia nacional.
Antes de pasar ao tema das detencións concretas, bastante necesario debido á incomprensible falta de información dos nosos medios sobre o caso, gustaríanos facer un pequeno repaso á ofensiva mediática previa ao golpe represivo. E é importante levar a nosa atención á preparación informativa do ataque policíaco, entre outras moitas cousas, porque sitúa galiza no centro das súas construcións conspirativas. E dicimos isto porque varios dos artigos xornalísticos, alusivos a un informe policial elaborado en abril, apuntan directamente cara esta terra nun alarde desinformativo que movería a risa de non ser polas nefastas consecuencias que podería carrexar. Desa forma, NESTE artigo da SER (cadea radiofónica que serve especialmente de voceiro policíaco) sinalan ao grupo "Novembro Negro", o cal eles radican en Compostela, como un dos novos integrantes do panorama subversivo "anarcoinsurreccionalista". A moito máis prosaica realidade é que, baixo este nome, se realizaron unhas xornadas divulgativas que percorreron varios centros sociais galegos con charlas, debates e encontros libertarios totalmente públicos e transparentes (mais información neste blog AQUÍ), a temática dos mesmos aludiu a tan sediciosos conceptos coma a medicación da infancia, a problemática hambiental, os centros de menores ou as loitas carcerarias. O mesmo artigo da emisora de PRISA sitúa os "puntos quentes" do anarquismo radical en Palencia, GALICIA, La Rioja, Cataluña, Madrid e Andalucía. Pero non fica aí a cousa, pois nun artigo de opinión asinado pola mesma Ana Terradillos que pergeñó o outro pastiche informativo (será un chistoso pseudónimo policial?), enumerando as provincias con actividade terrorista mencionadas polo enigmático informe policíaco sobre anarquismo, citaba Barcelona, A Coruña, Ourense, Pontevedra e Madrid. Vamos, que polo que a aquí concirne só falta Lugo.(O outro artigo da xornalista que nos ten "tAn aTerradillos" -AQUÍ).
Pero a nivel estatal a cousa vai máis alo, pois dende o, canto menos estraño, atentado á catedral da Almudena (máis información neste blog -AQUÍ) e as accións insurreccional-humorísticas dos consoladores bomba (máis info -AQUÍ) a prensa se puxo as botas con elucubracións absurdas sobre o "triangulo anarquista mediterraneo" formado por Italia, Grecia e Eapaña. Sobre este tema recomendamos a lectura DESTE artigo de opinión aparecido en Aversión e traducido ao galego por Abordaxe.
Agora pensabamos falar aquí das detencións de Sabadell, cada vez máis evidentemente ligadas á mentada campaña de intoxicación mediática, pero finalmente decidimos conceder a este asunto a súa propia entrada exclusiva neste mesmo blog.
C.R.
22 may 2013
Cociñando a represión contra o anarquismo.
Etiquetas:
anarquistas,
galiza,
guerra social,
insurreccionalismo,
manipulacion,
represión
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario