Tal como contaramos neste blogue de Abordaxe, o anarquista grego Kostas Sakkas decidira dar comenzo a unha folga de fame ao ter superado o límite de tempo de prisón preventiva (18 meses) e seguir encarcerado tras levar mais de dous anos e medio á espera de xuízo, basicamente, por simple posesión de armas, se ben a "inxustiza grega" segue empeñada en calificar a Kostas como membro das OR CCL e culpabilizalo das accións desta organización, se ben, tanto ele como as propias CCL negan a sua pertenencia a dita organización (ver acá o seu comunicado do comezo da folga). Agora colamos esta noticia que traducimos de ContraInfo sobre a sua situación atual:
O 25 de xuño, o tribunal de apelacións rexeitou a petición de Kostas Sakkas. Entanto os xuíces ratificaban a prolongación da prisión preventiva de Sakkas outros 6 meses, un dos médicos que o tratan no hospital xeral de Nikaia informaba que o folguista de fame anarquista perdera 10Kg.
Convocase unha manifestación para o sábado 29 de xuño en Atenas para exixir a sua liberación inmediata. O cartaz colado como foto desta noticia éo da convocatoria da manifa e reza así: “2 anos e medio en prisión sen xuizo. O compa pon o seu corpo na liña de resistencia ante o totalitarismo moderno do Estado e do Capital. A sua luita é a luitha de todo o movimento, a luita de todxs xs oprimidxs.”
Dende o momento en que Kostas tomou a sua decisión, permaneceu na sua cela en folga e depois foi trasladado ao hospital das prisións de Koridalosao ata o 17 de xuño pola mañán, en que tivo que ser evacuado e ingresado no hospital xeral de Nikaia, en Pireos, sendo a situación do compa crítica. (ver notícia en ContraInfo).
Ademais, neste tempo houvo varias accións na sua solidariedade tanto dende dentro dos muros como fora, dende compas presos que se sumaron à folga (ver noticia anterior) ou que colgaron unha faixa solidaria no mesmo cárcere de Larissa (ver acá) a faixas nas cidades ou ataques con materiais varios a oficinas bancarias (aquí e acá), a sedes de partidos e propiedades de responsables políticos, policias ou xornalistas adeptos ao réxime (ver acá, aquí e acolá).
No hay comentarios:
Publicar un comentario