Colamos, depois de traducido, a entrevista que lle fixeron compas do colectivo Acción Libertaria de Colombia e que recollimos da sua web:
ACCIÓN LIBERTARIA: Que é Loita Común?
LOITA COMÚN: É unha organización anarquista revolucionaria que tivo o seu inicio no ano 2000, en resposta ás ondas de protestas masivas en contra da globalización neoliberal, co nome de Federación Comunista Libertaria do Nordés (NEFAC). Naquel entón uníronse varios colectivos comunistas libertarios co propósito de crear unha organización anarquista revolucionaria que se enfocase en participar e axitar nas loitas sociais do nordés de América do Norte, incluíndo os Estados Unidos e Canadá. Por razóns estratéxicas separámonos en distintas organizacións. Agora existe a Unión Comunista Libertaria en Quebec, Canadá e a Federación Comunista Libertaria- Loita Común nos EUA. Actualmente hai catro grupos federados nos tres estados de Massachusetts, Nova York e Rhode Island. Ademais hai varias militantes particulares en Connecticut, Maine, Maryland, Nova Jersey, Pennsylvania, Vermont e Virxinia.
AO: Como entende o anarquismo Loita Común?
LC: Entendemos o anarquismo como unha crítica do dominio dun grupo ou persoa sobre as demais. Iso inclúe o dominio económico do capitalismo, pero tamén o dominio do Estado, o patriarcado, o imperialismo e a supremacía branca.
AO: Sabemos que as súas apostas están dirixidas ao estudo e desenvolvemento teórico, á propaganda do anarquismo e á inserción nas loitas populares como desenvolveron este traballo?
LC: Nós dedicamos moita enerxía e énfase á inserción social. Somos activas principalmente en movementos de traballadoras, loitas pola vivenda digna, movementos de estudantes e traballadoras de institucións educativas e loitas anti- penitenciarias e anti-criminalización. O noso obxectivo é participar nestes movementos para que sexan máis exitosos, pero tamén para apoiar e promover os elementos máis libertarios, máis revolucionarios deles. Cremos que a conciencia revolucionaria se desenvolve máis profundamente no contexto de loita e enfrontamento coas estruturas do dominio. Á vez entendemos que é importante ter espazos para reflexionar sobre as nosas experiencias nas loitas sociais. Entón organizamos grupos de estudo e foros públicos para dialogar máis coas nosas aliadas. Temos tamén un boletín chamado Liberdade. Neste publicamos artigos xornalísticos, declaracións e análise sobre os movementos sociais.
AO: Que outros grupos anarquistas hai en EU? Como se relaciona Loita Común con eles?
LC: Existen moitos grupos pequenos de anarquistas e revolucionariaos anti-autoritarixs nos Estados Unidos. Nós estamos a participar nun proceso de reagrupamento con varias organizacións. O noso propósito é formar unha organización de costa a costa baseada en principios libertarios e nunha estratexia unida de inserción social. As demais organizacións participantes son a Alianza Solidariedade Obreira (WSA), Miami Autonomía e Solidariedade, Colectivo Rosa Silvestre, Organización Anarquista Catro Estrelas, Rochester Vermello e Negro e Amañecer. Cada grupo ten a súa propia historia e xeografía, pero cremos na necesidade de ampliar a escala de coordinación do noso traballo.
AO: E a nivel internacional, que relacións teñen?
LC: A nivel internacional, somos parte da rede de Anarkismo.net. Tamén dialogamos máis activamente con organizacións e militantes anarquistas en América Latina, o Caribe e o mundo árabe. Estamos interesadasos en compartir, aprender e coordinar máis coas nosas compañeiras a través das fronteiras.
AO: Como se desenvolve a loita sindical no nordés de estados unidos? Que relación ten Loita Común cos sindicatos?
LC: A loita sindical na nosa rexión consiste principalmente nos sindicatos de traballadoras da industria de servizo e das traballadoras inmigrantes. Mentres as burocracias destes sindicatos son lacaios do partido Demócrata, houbo un aumento na sindicalización das traballadoras de baixos ingresos e máis militancia táctica nas campañas. Isto poderíase ver como resultado da crise económica e tamén da onda de
resistencia causada polo movemento "Occupy". Algunhas militantes de Loita Común facemos parte de sindicatos, tanto dos da corrente principal como sindicatos radicais, por exemplo, o sindicato dos Traballadores Industriais do Mundo (IWW). Entendemos o noso papel como militantes de base e catalizadorxs de estratexias combativas que enfrontan tanto á patronal coma á burocracia sindical.
AO: Cal é a situación actual do movemento social en EU? Teñen aceptación e influencía as ideas libertarias?
LC: É difícil falar dun movemento social unitario ou monolítico nos EUA. A maioría das organizacións que se poderían considerar como parte dun movemento social son pequenas, débiles e competitivas. Hai dúas grandes limitacións para o desenvolvemento de movementos populares neste país. Unha é o predominio das organizacións no, por que aínda que frecuentemente inician campañas organizativas da clase traballadora, son restrinxidas pola competitividade e as estruturas xerárquicas requiridas pola lei. Outra limitación é que moitas activistas radicais prefiren criticar dende as marxes en vez de entregarse a unha loita prolongada, na cal que teñen que traballar e dialogar con xente que non necesariamente comparte os seus ideais revolucionarios. Unha novidade que cambiou moito a narrativa e as posibilidades foi o movemento "Occupy". Aínda que foi limitado por moitos factores, tamén abriu un espazo para novas formas de loita, polas críticas ao sis1- Marcha do 1 de maio 2012 en Providence, Rhode Islandtema capitalista e pola participación popular en algo que se podería chamar un movemento. Moitas revolucionarias consideran que o momento de "Occupy" xa pasou, pero saímos con moitas leccións, relacións e máis conciencia popular.
AO: Cal é a súa lectura da reelección de Obama? Conta co apoio da clase traballadora?
LC: A reelección de Obama é indicativa dalgunhas correntes sociais importantes. Primeiro, envolvida en toda a batalla electoral está a emerxencia de novas forzas sociais na sociedade estadounidense. Para moita xente as eleccións de 2012 representaron a confrontación entre a sociedade branco-supremacista e a "nova maioría, " a xente de cor. Obama e as demócratas teñen máis apoio da clase traballadora que as súas opoñentes republicanas porque a retórica é máis atractiva, á xente traballadora. Non obstante, a realidade é que a súa administración é fundamentalmente a favor do capitalismo neoliberal e o imperialismo ianqui.
AO: A que desafíos se enfrontan na actualidade?
LC: O movemento anarquista en EUA foi moi desorganizado, ineficaz e insular, entón un desafío é tratar de establecer estratexias de inserción social máis desenvolvidas con respecto a movementos sociais. Somos poucas persoas (ao redor de 50), por iso non somos suficientes militantes para poder introducir as ideas libertarias en movimentos amplos.
AO: Queren engadir algo máis?
LC: Un saúdo ás compañeiras de Bogotá, Colombia e América Latina. Temos que coordinar máis e mellor entre os nosos humildes esforzos porque estamos a loitar en contra dos mesmos sistemas de opresión aínda que vivimos en distintos lados das fronteiras.
Arriba os e as que loitan!
No hay comentarios:
Publicar un comentario