30 abr 2013

A cadena SER, actuando de vozeira da polícia, alarma con o "Triángulo do Mediterraneo Anarquista"

Grupos anarquistas españois deseñan estratexias conxuntas con italianos e gregos
A policía, en alerta ante o aumento de grupos anarquistas no noso país


Istos son o titular e subtítulo da noticia que asina una tal Ana Terradillos (aterradillos??), quen destaca que: "A policía está en alerta ante o aumento de grupos anarquistas no noso país. Infiltráronse en movementos sociais como o 15-M, a protesta dos mineiros ou as plataformas sociais creadas contra a reforma laboral. Recólleo un informe da Policía Nacional elaborado en abril que constata ademais que estes grupos estableceron redes de actividade con grupos de Italia e Grecia, os países dirixidos pola troika. Coñéceselles como o Triángulo do Mediterráneo. A policía ten constancia de que activistas italianos e gregos están a deseñar estratexias conxuntas con activistas españois "nun intento de organizar a súa actividade".

Quen isto abaixo asina, entende que a SER e a policía pouco aporta con este "descubrimento alarmante", pois nada novo aponta no seu intento de criminalizarnos (nunca deixamos de ter cornos e rabo de demos), pero é interesante botar unha ollada a esta sarta de sandeces, asín que colo e copio, unha vez traducido, o texto da cronista, e comento entre parentise as miñas personais impresons:

A policía cre que estes grupos "están a aproveitar a situación actual de crise para introducirse noutro tipo de movementos sociais que xa están organizados". Segundo este informe policial de abril ao que tivo acceso a SER, infiltráronse en movementos sociais como o 15-M, a protesta dos mineiros, a folga xeral que houbo en España o 29-M ou as plataformas sociais xeradas contra a reforma laboral ou os recortes en materia de educación ou sanidade. (as anarquistas nacimos depois do 15M, nunca antes existimos e nada facíamos, por iso decidimos infiltrarnos no que había)

Este documento policial constata ademais que o movemento anarquista intentou tomar o mando do 15-M nalgúns puntos do país e de forma infrutuosa. A situación actual de crise di o informe "é o caldo de cultivo idóneo para considerar que estamos nun período expansivo das actividades anarquistas". Están a tirar proveito, engade o informe, da publicidade que se concede a outro tipo de movementos sociais xa formados aos que pretenden contaxiar a ideoloxía anarco-insurrecionalista". Entre os nomes novos que aparecen en España está o Grupo anarquista "Mayo Negro", creado o pasado novembro en Sevilla e "Novembro Negro", creado tamén o pasado novembro en Santiago de Compostela. (o mando do 15M ??, pero había mandos??; "contaxiar a ideoloxía", somos enfermas contaxiosas!! ; "Mayo Negro" foi apresentado publicamente en Outubro de 2012 pero criado con anterioridade e non se agochan (acá a sua web) , pero vese que a xorna-lista non sabe buscar información, bastalle con o que lle di a policía; e "chan chan chan" en Compostela temos o grupo "Novembro Negro" !!, pero como?? ou a policía non sabe informar ou o de esta muller é de tranca.  "Novembro Negro" foi o nome das Xornadas Itinerantes galegas do ano pasado (ver acá neste mesmo blogue), haberá que decirlles a estes investigadores que tambén existen os grupos "Pechad@s en Democracia" de Ourense (ver acá) , "Pola Anarquía e a Extensión da Revolta" (ver aquí) ou, por non extenderme o grupo "Antidesarrollista" (acolá)

A policía ten constancia de que activistas italianos e gregos están a deseñar estratexias conxuntas con activistas españois "nun intento de organizar a súa actividade". O Triángulo do Mediterráneo está formado por grupos anarquistas de Grecia, Italia e España, países dirixidos pola troika. Segundo a policía, manteñen relacións "non só a nivel ideolóxico senón tamén como soporte estratéxico". Os seus activistas organízanse en pequenos grupos nos que cada compoñente, di a policía, goza de total autonomía individual". (Nada novo baixo o sol, seguen a voltas con o Triángulo, habería que dicerlle à xorna"lista" que noticia é algo "novidoso" , o de sempre non é noticia)

O seu modus operandi básico engloba dende a colocación de artefactos explosivos e o lanzamento de cócteles molotov ata o envío de cartas explosivas e paquetes bomba ou as explosións de bombona de cámping gas. Dende xaneiro do 2012 atentaron ata en doce ocasións con artefactos explosivos e cócteles molotov. Os escenarios atacados son sucursais bancarias, escolas de empresa como Esade, casas de expolíticos, estacións de tren e catedrais como a Catedral de Santa María la Real de la Almudena en Madrid. O artefacto que se encontraba nunha bolsa de lixo foi desactivado pola policía e reivindicado en nome dun comando autodenominado Comando Insurreccionalista Mateo Morral. Os puntos quentes son Palencia, Galiza, La Rioja, Catalunya, Madrid e Andalucía. (Foder, con o frío que fai estes días e eu sen saber que somos un ponto quente!! e coidado campistas!! que veñen as anarquistas a explotarvos as bombonas de cámping gas !! )

Europol elaborou tamén un informe subliñando estas conexións que, segundo a policía europea, as fan a través de Internet e de forma sistemática "para facer chamamentos, publicar demandas, organizar campañas e estender os postulados da súa ideoloxía". Os movementos anarquistas negaron a existencia deste triángulo e culpan a Europol de utilizalo como pretexto para encarcerar activistas acusándoos de terrorismo. (ah! vaia merda, eu que pensaba que os contactos eran certos e agora resulta que se fan por internet, será por facebook ou por twitter?? vou mirar de facerme amigo dos "Mayo Negro"!!)

A policía detectou en numerosas ocasións membros de grupos anarquistas de Italia e Grecia en diferentes puntos do noso país sobre todo en Madrid e Barcelona. Segundo este informe policial, hai constancia de que están a deseñar estratexias conxuntas con activistas españois "nun intento de organizar a súa actividade". (en fin iso xá o dixestes dois párrafos mais arriba, non tes nada novo??)

Os últimos encontros organizados no noso país é un ciclo de conferencias que se celebrou entre os días 16 de xaneiro e o 4 de febreiro con activistas gregos. Reuníronse en Ciudad Real, en Sevilla, en Cáceres, en Burgos e en Barcelona. Segundo a policía, os anarquistas gregos estableceron estratexias como as que se están a desenvolver en Grecia como "ataques a individuos ou establecementos nazis e agresións contra os membros do partido de extrema dereita Mencer Dourado", o lanzamento de cócteles incendiarios e os ataques a empresarios e capitalistas. (vaia eu non sabía que estiveran compas gregos por acá este ano, pena non telo sabido para convidalos a Compos, e vese que para a SER combater o nazismo é perigosísimo)

Á policía chamoulle tamén a atención outro encontro que se celebrou en xullo do ano pasado en Barcelona con destacados ciberactivistas gregos e italianos onde estudaron as ferramentas creadas polos programadores sirios para escapar do réxime. Detectouse a asistencia de nacionais italianos de diferentes colectivos anarquistas nas conferencias ou xornadas antiTAV en Barcelona, onde participaron entre outros Antonio Budini, Massimo Passamani e Daniele Pepino, coñecidos anarquistas insurrecionalistas italianos. (ah! chamalle a atención que as anarquistas, que non recoñecemos as fronteras, viaxemos e participemos en xornadas mais alén das fronteras artificiosas que as monarquías inventaron).

Tamén se detectaron españois nos outros países membros do Triángulo. O pasado 13 de xuño por exemplo os Carabinieri detiveron dez activistas entre os que se encontraba Gabriel Pombo dá Silva, un español membro do grupo Federación Anarquista Informal (FAI). Meses antes este grupo reivindicou varios atentados con explosivos en Italia, Alemaña e Francia. (bon isto é para quitarlle o cartón de xornalista!! ou de policía de investigación!!; Gabriel Pombo NUNCA FOI DETIDO polos carabineri, pois na altura estaba encarcerado en Acheen (Alemaña), outra coisa é que o quixeran "emplumar" como ideólogo que atuaba dende unha cela de aillamento!! prantexamento absurdo onde os haia, pero que a fiscalía italiana defende e, agora que está encirrado no estado español, mesmo chegou a pedir a extradicción, que foi denegada)

O anarquismo en Europa

A xustificación da violencia anarquista parte dunha formulación simple e global: A violencia é un instrumento para arrebatar o poder e a riqueza á minoría que os detenta, xa que esta non se vai deixar desposuír polas boas, polo que se dirixe contra a orde inxusta da sociedade, contra o estado e contra o capital. (tu mesma o dis: simple e global)

O anarquismo está presente en Europa en diferentes correntes. A primeira é o anarquismo insurreccionalista. Aceptan levar a cabo actos de sabotaxe, a colocación de artefactos explosivos de baixa intensidade e ataques de perfil máis elevado. A segunda corrente é o anarquismo autonomista que loita pola liberdade individual e opera en diferentes campos de actividade como o antifascismo, o anticapitalismo ou o antimilitarismo. Finalmente está o anarquismo solidario que actúa en apoio de campañas a favor dos camaradas nacionais e internacionais. (por fin alguén aclara as correntes do anarquismo europeio!! agora prantexaseme unha dúbida, se eu son solidário con unha campaña, non podo ser ao mesmo tempo antifascista??, por favor!! un pouco de rigor informativo non viría nada mal, ou é isto un exercicio de redacción dunha bolseira da SER??)

Os activistas máis activos están en Grecia

Durante este ano as accións de matiz anarquista recruáronse durante o mes de marzo, onde case a diario se produciron ameazas de bombas. O pasado sábado 9 de marzo un grupo de persoas atacaron con cócteles molotov unha comisaría da Policía e o domingo 10 un artefacto caseiro explotou nos locais dunha empresa de mensaxería. (e con isto remata a noticia!! todo un exemplo que, sen dúbida, será ensinado nas faculdades de comunicación!!, qué xenio, qué figura, qué arte!!, plás, plás, plás,...)

Se queres leer a noticia orixinal da SER (clica acá) e depois tira da Cadena.

Asina eDu
Leer más...

29 abr 2013

[Grecia] 3.000 anarquistas marchan en solidariedade con Atenas Indymedia e 98 FM

Levando a loita de internet ás rúas. O 25 de abril de 2013, aproximadamente 3.000 anarquistas marcharon en solidariedade con Atenas Indymedia e 98 FEMTÓMETRO, clausuradas dende o 11 de abril polo estado grego (se ben son acesibles grazas a un servidor situado no comedor okupa da Universidade Politécnica de Atenas). A protesta aunase ás ducias de accións de solidariedade que tiveron lugar en Grecia e outras partes de Europa (ver video clicando en "leer más").

O día anterior, unha faixa xigante foi colgada no edificio central da universidade, situado nunha das rúas máis concorridas de Atenas.

Ademais 72 anarquistas foron detidxs pola policía durante unhas 12 horas e foron procesadxs por ofensas á bandeira nacional grega ao substituíla pola anarquista bermella e negra.

Foi unha das primeiras protestas masivas na rúa contra a censura en internet.

Non nos calarán. A loita continúa.



Colado de Alasbarricadas
Leer más...

Alimentación forzada aos presos en folga de fame de Guantánamo

A pesar do silencio informativo sobre este protesto colectivo en forma de folga de fame en Guantánamo, saen novas informacións con conta gotas sobre o que vén sucedendo. Así do medio informador.com.mx sacamos a información de que a folga de fame nas celas do cárcere de Guantánamo seguía gañando terreo con 97 reos de 166 sen comer, aínda que cada vez máis detidos son alimentados á forza. Colamos depopis de traducido:

O número de encarcerados en folga de fame segue aumentado día a día dende o seis de febreiro, cando comezou esta protesta. As primeiras cifras facilitadas polas autoridades militares o 11 de marzo sobre esta iniciativa facían referencia a nove folguistas.

Entre os que xaxuaban este venres, 19 -un récord- eran alimentados a través de sondas nasogástricas, dos cales cinco foran hospitalizados, aínda que non estaban en "perigo de morte", precisou o voceiro no seu comunicado diario.

"Os detidos teñen dereito a protestar. Non obstante, a nosa misión é darlles un ambiente san, humano e seguro e non deixaremos que os nosos prisioneiros morran de fame", agregou o voceiro militar, cando unha polémica sacode a prisión: débese alimentar pola forza aos reos en folga de fame?

Para o Comité Internacional da Cruz Vermella (CICV), que acaba de enviar un equipo a Guantánamo, "é un tema de desacordo con EEUU".

O CICV e outras organizacións defensoras dos dereitos humanos prohiben a alimentación forzada, que consideran "contraria aos criterios éticos profesionais e médicos vixentes" a nivel internacional.

Nun recente informe, a organización Constitution Project considera que esta práctica é "unha forma de abuso á que hai que poñer fin".

"Se alguén mentalmente san expresa a súa decisión de non ser alimentado nin hidratado, o persoal médico ten a obriga ética de acceder ao seu desexo", declarou o doutor Vincent Lacopino, experto da organización Médicos polos Dereitos Humanos.

"Nese contexto, alimentar unha persoa pola forza non só é un violación ética, senón que pode ser tamén comparado á tortura ou a malos tratos", dixo ao rotativo Miami Herald.

Os avogados dos presos sosteñen que dende o comezo da protesta uns 130 seguen a folga de fame pola súa detención ilimitada dende hai once anos, sen formulación de cargos nin xuízo.
Leer más...

Convocatorias libertarias para este 1º de Maio en Galiza


Como xa fixemos o primeiro de Maio pasado, repasamos dende "Abordaxe" as convocatorias que, para este día dxs traballadorxs, lanzaron en Galiza aqueles grupos que se reclaman libertarios (se se nos esquece algunha facédenolo saber):

Primeiramente damos difusión á convocatoria en Lugo dunha manifestación anarquista prevista para as 18 h e con saída da Horta do Seminario. O feito de que se convocase pola tarde responde á idea de facilitar que xente doutras localidades poidan achegarse a esta despois de participar nas protestas das súas respectivas cidades. Está convocada de modo xenérico e á marxe de siglas por varios colectivos e individualidades anarquistas de toda Galiza, do mesmo xeito que o ano pasado fíxose unha similar en Ourense (-Aquí).

Por outra banda, as dúas centrais anarcosindicais lanzaron convocatorias para bastantes cidades galegas, a saber:

Por parte de C.N.T., e baixo o lema "Rompamos co seu xogo. Construamos a alternativa":

VIGO
Manifestación CNT: Saída ás 12h. do Paseo de Alfonso XII (Olivo) e remate na Praza da Independencia. Posteriormente terá lugar no CSOA "Xuntas" (Rúa do Carme, 1) unha tarde de confraternización.
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1520

PONTEVEDRA
Manifestación CNT, CGT: Saída ás 13h. da praza da Ferrería.

VILAGARCIA DE AROUSA
Manifestación CNT: Saída ás 12h. desde a Casa do Mar (Avda. da Mariña S/N).
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1524

COMPOSTELA
Manifestación CNT, CUT, Asemblea Aberta de Compostela e Asembleas Abertas de Estudantes: Saída ás 12:30h. desde a Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño) e remate na Praza do Toral.
A continuación celebrarase un comedor popular (a partir das 14:30h.) no Parque de Belvís.
Finalmente, a partir das 18h. haberá espectáculo de improvisación teatral e fecharemos o dia cun concerto a cargo de Terbutalina, O Leo I Arremecághona, O Leo de Matamá e En-Riquiño.
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1525

OURENSE
Manifestación CNT, CGT, CUT e colectivos sociais: Saída ás 12h. da ponte Romana (do lado Avda. Caldas) e remate nos Xardíns Padre Feijó, onde se colocará un posto informativo da CNT a partir das 16h.
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1527

LUGO
Manifestación CNT e colectivos libertarios: Saída ás 18h. da Praza Horta do Seminario.

FERROL
Manifestación CNT e CUO: Saída ás 18h do cantón e remate na Praza do 10 de Marzo.

Info extraída de http://www.cntgaliza.org/?q=node/1526


Por parte de C.G.T. sabemos destas dúas convocatorias:

CORUÑA: Convocada xunto coa C.U.T. Con sída da Praza de Pontevedra, ás 12:30 horas.
Máis info -Aquí.

PONTEVEDRA: Convocada xunto a C.N.T. Con saída ás 13,00 h, da Praza da Ferrería, baixo o lema “Polo reparto da riqueza e o traballo, a loita continúa”.
Máis info -Aquí.

Info extraída de http://www.cgtgalicia.org/

Nova elaborada por C.R.
Leer más...

[Xinzo da Limia] O Esperpendo da mina de Feldespato

Dado o cariz que tomou a iniciativa da Plataforma Corno do Monte de facer un protesto viciñal contra a idea da Xunta do Feijoo "Sólo sé que había nieve" de converter Galiza nunha mina, e en concreto na comarca da Limia, de tirar do feldespato e arruinar a riqueza do chan agrícola e gandeiro, colamos acá en Abordaxe este Discurso coherente e convincente pronunciado ao remate da Manifa deste sábado 27 ( que anunciaramos acá) e que contou con centos de persoas que percorreron a vila de Xinzo nun día feriado con berros de “A mina ou nós”, “Na Limia non á Mina”, ou “A Xunta decide: A mina ou nós” (ver acolá a crónica do xornal dixital Praza.com) e, en particular, este que escreve, cola e copia, entroutras perlas, recomendo deste brilante discurso unha leitura pausada das "propostas moi interesantes" que lles fixo a subdirectora xeral de Recursos minerais, María José Mijares, nunha surrealista reunión o xoves pasado en Compostela, que dá para pensar que nivel de (ir)responsabeis que temos que aturar na nosa terra.

Copiamos e colamos à ìntegra:

Discurso da manifestación do 27 de Abril

A Plataforma Corno do Monte representa a veciñanza de: Rebordechá, Paredes, San Pedro de Laroá, Laroá, Fiestras, Seoane, Faramontaos e Moreiras, e unha plataforma veciñal cuxa única finalidade é mostra-lo noso desacordo coa mina de feldespatos que a Xunta intenta impornos nas nosas terras.

Por se alguén non o oiu, non vamos parar ata que na nosa zona non quede ningua posibilidade de minas de ningún tipo, xa que non chega con quitar este proxecto de agora, non, hai que cambiar a lei de minas e a do solo para que estas burradas non poidan pasar, senón estamos cada 3 días loitando contra un proxecto distinto, e iso sería una tomadura de pelo ¿ou tedes moitas ganas de estar con estes traballos e enfados tódolos días?

A toda a veciñanza: o xoves estivemos en Santiago visitando a subsecretaria de minas, e unha muller moi amable, recibiunos moi cordialmente.

Imaxino que a vós o que vos interesa e o que se falou ¿non é verdade?

Ela defendía a mina, o cal e lóxico porque e enxeñeira de minas. O que vos interesa e o que nos dixo:

non sabe nada da provincia de Ourense, eu preguntome se sabe que pertencemos a Galicia. Isto significa que da Limia aínda sabe menos.

e que nos vivimos a gran maioria das nosas terras tampouco lle dixeron nada, nin os que somos nin o que producimos, nada estes só viron as nosas terras e intentaron collelas.

O mellor alí en Santiago pensan que todos somos millonarios e vivimos de rentas. ¿cantos vivides de rentas? Mans arriba os millonarios.

Como non lle dixeron que vivimos das nosas terras fíxonos unhas propostas moi interesantes, prestade atención que van dirixidas a vós:

- 1º proposta : que compremos terras noutro lado, facilisimo, xa que a nos nos botan fóra, pois nós botamos tamén fóra, a outros, por exemplo aos de Santiago ¿ímonos a vivir a Santiago? ¿quen ten a maleta preparada?. Intentamos facerlle ver que non é tan doado deixa-lo teu e cambiar de casa e de pobo, pero hai xente que non o entende.

- 2º proposta: que convivamos coa mina, todos arrexuntadiños, que bonito!! pero esqueceuselle que para facerlle sitio a mina temos que nós deixarlle o noso sitio, polo tanto o de arrexuntadiños non serve, o que nós decimos todo o tempo: A mina ou Nós.

- 3º proposta: este e moi boa: ¿quen se quere quedar coa planta que só traballa día e noite? ¿voluntarios que queiran a planta no seu pobo?, pero home que escollidos sodes, so fai un pouquiño de barullo, outro pouco de po, outro pouco de contaminacion ambiental, e só funciona día e noite, total, que é inofensiva. Hai que preguntar: pode ser que na Plaza Maior aínda colla, e só seria problemática no Entroido, pero nós somos moi sufridos e trasladamos o Entroido a Santiago.

- 4º proposta: o regadio, a mellor idea. Pero quen precisa un regadio se temos a auga nas pozas que nos deixen?, e por riba gratis, e non necesitades engadir ningun produto máis, porque os produtos xa os trai a auga, o meu consello é que lle expliquedes as patacas e o trigo que agora lle dades auga vitaminada que e mellor ca normal, e que en vez de morrer como e o normal coa auga contaminada, que se teñen que acostumar, O QUE HAI QUE OÍR, o que eu vos digo, todos a vivir de señoritos a Santiago, que eses non teñen problemas nin de regadio, nin de fincas, ni de impostos, nin da chuvia ¿a que non?

- 5º proposta: sabedes que todos os informes están a favor da mina? palabras textuais da subdirectora, agás o do concello de Xinzo. ¿será que nas outras consellerías tampouco saben onde estamos?, vamoslles mandar un mapa.

—Na de medio ambiente: eu que pensaba que estaban a protexer os pobres paxaros, aos outros animais e agora resulta que paxaros debe haber de máis e os outros animais pois que fagan a maleta con nós e para Santiago. ¿E na conselleria de medio ambiente, non se teñen que ocupar de que se respete e coide o entorno? Non o home non, teñen que coidar que o entorno sexa o axeitado para as minas, que atrasados estades.

¿que dirán os da EU cando seiban que os cartos que mandaron para protexer os paxaros e o entorno agora vai ser enterrado para que vivan as minas?

O tema e doloroso, alguén que vai decidir sobre as nosas vidas e non sabe nin onde estamos nin de que vivimos, 150 km ata Santiago marcan a diferencia entre os que contan e os que non importa o que pase con eles, porque para eles solo somos 4 gatos, preguntome se cando nos cobran os impostos non lles importaria que os deixaramos de pagar? Total somos 4 gatos e pequenos, sen importancia.

Meus veciños e veciñas, o tema e serio aínda que alguén non o crea, o señor conselleiro de industria dixo esta semana: “economía autorizará tódalas minas que xeren empleo e sexan sostibles”, sostibles no arame, porque noutra cousa, e o do emprego (10 empregos dos cales 3 son de técnicos altamente cualificados), tendo en conta que se perderán máis de 200 o negocio é redondo ou cadrado segundo se mire. O de sostibles, por suposto que si, e nós coñecemos o mellor exemplo: “feldespatos Sarreaus”, deixou cartos a moreas, a deber, e onde está non se acercan nin os paxaros con moita sede, porque de morrer a morrer, prefiren morrer por a vía natural. Por certo a subdirectora de minas non coñece a Feldespatos Sarreaus, vós tranquilos que xa lle mandamos fotos e recortes dun periódico de Madrid onde se recolle o marabilloso estado de contaminación en que o seu propietario a deixou. En Madrid si que coñecen a mina de Sarreaus, pero en Santiago quédalles moi lonxe.

Eu non sei vós pero estou tan enfandada que non sei que facer con esta xente, e o peor, e que eles deciden sobre nós e as nosas vidas, ¿non vos parece de tolos que alguén a quen non lle importas o máis minimo poda decidir sobre a nosas vidas e propiedades?, unha persoa que coñeza a un galego nunca lle proporía que deixara as suas terras e se fora a comprar outras ou ¿é o que tedes pensado facer? ¿non fostes a outros paises para traer cartos e comprar eiquí?, eles non foron, non saben que na provincia de Ourense si o fixemos, fixémolo porque non había outra opción.

¿vós queredes que se coñeza A Limia polas suas minas ou polas suas patacas? O que prefira as patacas xa sabe onde ten que estar tódolos 27 de cada mes, eiquí diante do museo do entroido, apoiando e axudando, o que prefira a mina que quede na casa e logo que non proteste.

A Xunta está en contra nósa e a favor das minas, ¿non quero ser mala e preguntar para quen e para que son boas? Esa resposta queda a libre imaxinación de cada un.

E postos a pedir porque non nos traen unha empresa que transforme os nosos produtos?, a que lle ibades a decir que si?, ata lle facemos sitio se fai falla!!!

Segundo a lei se os informes son favorables a mina, quere dicir que a empresa ten practicamente a licencia na mao, porque o informe negativo do concello pasan por riba del, así de fácil.

A nosa única oportunidade é a protesta na rúa e que nos oian onde faga falla.

Querevos dicir que os de Corcuesto e Bergantiños, a asociacion galega ContraMINAccion e o Sindicato Labrego Galego mandaron mensaxe de apoio e de axuda para todos nós, hai xente que non nos coñece pero si hai outros moitos que son coma nós e que si saben o que estar na nosa pel. Por elo solidarízanse con nós e mándanos todo o seu apoio.

Damoslle as grazas a aqueles que nos apoian e están con nós, sexa quen sexa.

Se non loitamos agora, os nosos fillos non terán polo que loitar, xa teran a maleta feita.

A decisión e vosa: ou perdemos todo o que temos, ou loitamos polo noso. Como vedes hai xente que decide sobre nós e non sabe nin onde estamos nin que existimos, se queredes defende-lo voso daquela estaredes eiquí o vindeiro 27 de maio para deixar claro que na Limia non queremos minas. A Xunta decide: A MINA OU NÓS.

Colado por eDu
Leer más...

Campaña 2013 pola Obxección Fiscal aos Gastos Militarizados

Recibimos e defundimos:

Dende o Espazo Aberto Antimilitar seguimos, outro ano máis, animando a facer obxección fiscal en contra dos gastos militarizados.

Todolos anos cos cartos desviados apoiase a distintos colectivos, movementos ou loitas transversais á antimilitarista, como poden ser as loitas antidesenvolvementistas ou as antirrepresivas, entre outras, que procuran a transformación radical da sociedade. A elección é vosa, aínda que sempre facemos propostas, as deste ano son:

- Campaña Cárcere=Tortura; Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños; e Espazo Aberto Antimilitar (ver máis información destas propostas acá)

Deixamos o texto de presentación da campaña 2013:

O presuposto do Ministerio de Defensa para o ano 2013 é de 5.937 millóns de euros o que, sendo unha barbaridade, supón un descenso do 6,01 % con respecto ao ano anterior. De feito, o presuposto deste Ministerio leva baixando dende o ano 2000, redución que provoca certa inquietude e indignación entre os mandos e responsables militares. Con eses cartos non se pode matar case que nada nin mercar artefactos bélicos de última xeración! Así non hai quen defenda a unidade nacional nin organice desfiles vistosos! e outras queixas polo estilo (se ben, eles dino moito máis fino, que son xente preparada). Esta cantidade apenas dá para pagar os xornais de persoal! Persoal que, por certo, ascende a preto de 180.000 efectivos: 80.000 soldados e mariñeiros, máis de 54.000 (?) mandos, persoal civil e un número indeterminado de reservistas, que non se sabe moi ben para que serven, pero que están aí por se acaso.

Tan pobre é o exército español que para un tema tan importante como “misións internacionais” só se presupostan 14 millóns de euros (claro que no ano 2011 tamén estaban presupostados 14 millóns e a final de ano gastáranse 861).

Pero a realidade é que o gasto militar español ascende (segundo un cálculo ben conservador) á cantidade de 16.500 millóns de euros; gasto militar “inicial”, xa que ao longo do ano excederase, tal e como acostuma ocorrer. Isto significa case dous millóns de euros cada hora de cada día do ano. E iso, no estado onde, por mor da crise, se pechan servizos de urxencias; onde o subsidio de desemprego, para quen poida acceder a el, ascende a 400 euros; onde non hai albergues para as persoas sen teito; onde as pensións de xubilación vense cada vez máis coma un soño inalcanzable, onde o presuposto de educación redúcese un 16 por cento, etc.

Pero sexamos sinceras, calquera cantidade destinada aos gastos militares semellaríanos excesiva. Igual que excesiva nos semella a súa propia existencia, máis alá da gravidade das súas actuacións.

Porén, isto non pode evitar que continuemos denunciando o feito de que estas actuacións se estean a ampliar cada vez máis, sobre todo dentro do ámbito civil. Nos últimos tempos, ademais de “humanitario” e “garante da paz”, estase a vender o exército como “recurso infalible” en casos de emerxencia. A UME (Unidade Militar de Emergencia), ben aprovisionada de medios, vense facer cargo, en caso de desastre natural ou de outro tipo, dos labores de salvamento, coordinación, distribución de medios e incluso militarización da zona afectada. Unha vulgar manobra para distraer fondos ao entramado militar e, de paso, rematar cos conflitos laborais que se estaban a desenvolver en moitos dos sectores civís ata o momento encargados desas tarefas.

Pero non só isto. Búscase, por unha banda, mellorar a imaxe do Exército facendo ver que fan algo socialmente útil de cando en vez ao tempo que, por outra banda, pretenden asegurarse o control, mediante a forza, das posibles respostas populares que se poderían desencadear nesas situacións. Aprovéitase ademais a ocasión brindada polas emerxencias naturais como laboratorios de prácticas para ensaiar medidas de control da poboación ante posibles “emerxencias” futuras de carácter político.

Iso si, a experiencia (desastre do Prestige, vaga de lumes, terremoto de Lorca, etc) indícanos o grao de incompetencia do exército cando se dedica a cousas distintas das súas. Tardan o dobre, gastan o triplo e fano peor.

Todo isto sen esquecer a utilización do exército como arma anti-folgas instaurada no ano 2010 co conflito dos controladores aéreos, cando se chegou a militarizar o espazo aéreo estatal, pero que se pretende converter noutra das súas actividades habituais como puidemos comprobar durante a recente folga do lixo de Granada.

E aínda así, continuamos vendo como sindicatos e organizacións que se autoproclaman de esquerdas e de clase se suman á cerimonia da confusión na que vivimos, pregando por maior carga de traballo para a industria militar.

Dende o Espazo Aberto Antimilitar un ano máis, e polas mesmas razóns que cada ano, negámonos a colaborar de ningún xeito no despropósito social, económico, moral e humano que supón a existencia do exército e todo o que este trae aparellado. O exército, e todo o relacionado con el, non defende a nosa seguridade, nin os nosos intereses, nin os nosos valores.

Vigo, abril 2013

Toda a información da campaña na web do Espazo Aberto Antimilitar
Leer más...

27 abr 2013

ALGÚNS COMPORTAMENTOS AUTORITARIOS HABITUAIS DE ADULTXS BENINTENCIONADXS CARA ÁS CRIANZAS + Encontro de crianzas na Casa do Vento

Chegounos a convocatoria que reproducimos embaixo xunto cun interesante texto sobre as relacións entre nenxs e adultxs. Velaí vos van (a foto é da nosa colleita):

O domingo 28, na xornada de celebración da primavera, haberá na Casa doVento un encontro de convivio de nenxs e persoas acompañantes.
Outras actividades que se farán son un roteiro de plantas polo Sarela e un obradoiro de leites vexetais.
Blog do C.S.O. Casa do vento aquí.

ALGÚNS COMPORTAMENTOS AUTORITARIOS HABITUAIS DE ADULTXS BENINTENCIONADXS CARA ÁS CRIANZAS

"Agora vamos xogar con isto" "Non, así non se xoga: é así." "Déixalle ese xogo á outra nena, hai que compartir" "Non vaias por aí que che vai coller un coche / que vai vir un home queche vai levar / ..." "Vas caer" “Estábache avisando” "Por que choras? Non pasa nada!" "Non chores que me poño triste" "Non chores que cando choras poste fea. Ti és unha chica juapa, e as chicas juapas non choran / Ti és un chico forte, e os chicos fortes non choran" "Dasme a min esa boneca? Lévoa eu para a miña casa?" "Ven, dame un bico, dame un bico" "Dille ola" "Non me falas? non tes lingua?" "Non te pares aí a facer tonterías, estamos indo ao parque para que ti podas xogar"

As nenxs non son adultxs de menor tamaño. Son seres humanos máis pequenos e inxenuos (o que parece que xa xs relega a nunha posición secundaria) que teñen unha percepción da realidade totalmente diferente e cambiante. Teñen por dedicación principal a experimentación, o xogo permanente co mundo, que aparece en calquer lugar e momento, e ten por obxectivo ir asimilando o comportamento da realidade, as súas regularidades. O seu xogo espontáneo é unha actividade sen finalidade consciente, dirixida a satisfacer unhas necesidades de desenvolvemento propias que emerxen do seu interior.

Na nosa sociedade xs nenxs viven nunha permanente agresión aos seus procesos de desenvolvemento. As crianzas son constantemente obrigadas a adaptarse a entornos e situacións creada por e para adultxs. Por crecer e vivir nesta cultura, non relacionarnos con elxs sen vulnerar constantemente a súa autonomía convírtese nunha considerable tarefa. Se non temos presentes as diferentes necesidades e capacidades de adultxs e crianzas, faise imposible (aínda que teñamos a mellor das intencións)compartir desde o respeto tan só uns minutos do noso tempo cunha nenx. Estamos acostumadxs a tratalxs como nos trataron a nós, como vemos todos os días que son tratadxs xs nenxs. Baixo un condicionamento permanente en función dos intereses e a realidade adultas, sen respeto pola diferente situación e psicoloxía dxs pequenxs. Así mantense o dominio adulto, o que xenera eivas nas persoas en desenvolvemento, sobre todo no eido emocional (medos, inseguridades, falta de confianza, sumisión, autoritarismo, egocentrismo…). Eivas que despois se manifestan en adultxs que de volta educarán do mesmo modo às súas crianzas... e así mantense este estado de cousas. Por iso creo que é necesario comprometerse para romper este círculo vicioso e que as persoas que agora están en pleno desenvolvemento podan un día dispoñer plenamente de si mesmas, coñecer os seus desexos e necesidades auténticas e ter a autoconfianza e a determinación para procurar a súa realización. Na miña opinión é insuficiente que este compromiso só acade ás persoas que conviven dia a dia con crianzas, e debería estenderse a toda persoa que mesmo só trate ocasionalmente con nenxs.

Recentemente decidín adquirir o compromiso de tratar de ter unha actitude cada vez máis respetuosa cos procesos de desenvolvemento dxs nenxs. Esta idea afianzouse despois do impacto que supuxo para min compartir uns días cunhas compañeirxs que estaban moi comprometidxs nesta liña coxs súas fillxs. E velxs tratar a cada momento coas crianzas desde un profundo respeto. Ver que é posible un xeito de criar distinto da educación tradicional e da escolarización, e que isto é un valioso agasallo para as crianzas.

Despois do impacto inicial, comecei a tomar nota dalgunhas das cousas que quero aprender a non facer cando me relaciono con nenxs (e con adultxs!):

non quero DIRIXIR: non quero quitarlle a iniciativa, non quero impedir que tome as súas propias decisións nin dicirlle o que ten que facer. Non quero poñerlle diante aquilo co que quero que xogue, nin atraer a súa atención para que vexa cousas que eu considero sorprendentes. Non quero quitarlle a posibilidade de que a través da súa propia actividade lle poda sacar ás cousas os seus segredos e facer os seus propios descubrimentos (que han ser distintos dos meus descubrimentos). Non quero facilitar que asuma un rol que "teledirixa" a formación do seu carácter e limite de antemán as súas capacidades. Non quero adiantarlle cousas que aínda non lle toca vivir (porque senón xa as estaría vivindo por si mesmx). Non quero facer que se adapte ao meu ritmo ou obrigalx a acompañarme elx a min, non quero que as miñas necesidades fagan sombra ás súas. Non quero acotar á súa exploración pola miña comodidade, o meu noxo, ou os meus medos, nin polas normas sociais ou morais. E isto non implica que non queira poñer límites cando sexa necesario.

non quero EXPLICAR con palabras que non entende, dicindo cousas das que eu mesmo non estou seguro, cando as súas preguntas o que son en realidade é unha demanda de atención. Non quero calificar o seu estado nin manipulalx coas miñas palabras. Non quero ter a última palabra, non quero "correxir" ou complementar as súas explicacións ou accións "equivocadas", nin aplaudir as "acertadas". Non quero dicir “eu xa o sabía” nin “xa o estaba vendo” nin “xa cho dixen” cando cae ou se manca; quero apoiar e estar aí sen cuestionalx para axudar a que elx comprenda que foi o que aconteceu. Non quero tratar de convencer con argumentos racionais a unha nenx que non os pode entender, non quero dicirlle “como son as cousas”. Respostarei ás súas preguntas cun “non sei” aínda que si crea saber a resposta, ou como moito contareille cómo eu creo que é. Direille o que eu quero facer, e non "o que hai que facer porque esa é a mellor opción". Non quero cuestionar o seu criterio, aínda que sexa diferente do meu, e aínda que elx dubide de cousas que eu teño claras fai tempo.

non quero AXUDAR: non quero solucionar os seus problemas, non quero crear unha dependencia de min para xogar nun columpio (creando así un único xeito de xogar con el), o co que queira que sexa. Non quero anticipar as (miñas) solucións ou os modos nos que eu creo que se xoga con cada cousa (mesmo aínda que sexan os modos de todo o mundo). Non quero evitar o proceso de exploración e creación que se da antes de conseguir facer algo cando eu non lle axudo (aínda que este proceso dure meses...).

non quero MORALIZAR: non hai nenxs boas e nenxs malas, e do mesmo xeito non hai un bon xeito ou mal xeito de facer as cousas. Non quero xulgalx, non quero dicir "moi ben" cando fai algo que me sorprende; ou “estás facéndoo mal” cando intenta facer algo dun xeito que eu xa sei que non funciona. Porque non quero condicionar a súa experimentación á miña aprobación, e ademais non conozo todos os xeitos de facer as cousas nin de experimentar o mundo e non quero limitalx a que só viva o meu modo de facer as cousas. Non quero obrigalx a ceder o xogo que escolleu nun momento dado só porque xs adultxs estableceron o imperativo superficial e hipócrita de que “hai que compartir”, para agochar o seu propio egocentrismo. Non quero asustar ou infundir medo advertindo de perigos relativos ou inexistentes, que moitas veces desaparecerían eu estivera perto acompañándox, sen obstinarme en que o seu xogo non se saia das marxes que marcan a miña comodidade ou as miñas necesidades.

non quero DISTRAER da súa auténtica necesidade (que ao mellor é saltar no charco e non mirar o arco da vella), nin da súa tristura, nin da súa dor ou rabia... non quero facer que deixe de chorar se é o que precisa facer para desfogar dores recentes ou antigas. Non quero manipulalx para que non chore ou amose a súa rabia, non quero compralx con doces, regalos, ou o que queira que sexa. E quero ser quen de manter unha actitude relaxada e afectuosa aínda que non entenda o seu estado ou as súas reaccións. Non quero collelx no colo, facerlle cóxegas ou soarlle os mocos sen estar seguro de que elx tamén quere que o faga. Non quero anestesiar a súa percepción con tecnoloxías audiovisuais, xoguetes ruidosos ou con luces de cores. Non quero interrumpir os seus momentos de concentración nin estar constantemente presente. Non quero entrometerme nos seus xogos, aínda que me pida que xogue con elx para demandar a miña atención ou presenza (isto non significa que en ocasiónsnon xogue con elx). Quero diluirme e estar "sen estar", estar cando me precisa pero sen impedir que dirixa a súa atención ao que queira que lla reclame.


Quero entender a súa natureza para poder cooperar con ela, e non obstaculizala. A súa natureza que é máis animal e tamén máis humana que a dxs adultxs que xa estamos deformadas pola sociedade e por ter vivido unha crianza non respetada. Quero buscar solucións para conseguir cada dia respeitar máis o seu proceso de desenvolvemento, ser máis consciente das suas verdadeiras necesidades a cada momento, e sen culpabilizarme cando non o consigo.


Sei o fácil que é para quen convive con crianzas rematar véndoas coma unha molestia para os propios plans e proxectos… e como de aí á “guerra de xeneracións” hai un paso. A convivencia pode voltarse realmente desagradable. Vivín isto, e parece que de volta parece que esta situación quere resucitar ás veces aínda.

Unha nenx que sinte respetadas os seus desexos e necesidades auténticas ten unha actitude serena e tranquila, e acepta tamén que se lle poñan límites. Quero saber poñer (só) os límites necesarios, os que impoñen as circunstancias da vida, os que hai que poñer para poder compartirse con outrxs sen pisarse a liberdade, para manter a seguridade no xogo, para poder acotar as súas necesidades sustitutivas (doces, TV, e outras moito menos claras...). Como vimos tantas veces tratar ás nenxs dun xeito pouco
respetuoso (en ocasións mesmo directamente agresivo), creo que non dimensionamos adecuadamente todo o que se xoga no seu desenvolvemento, e todo o que lle podemos aportar cada vez que compartimos o noso tempo cunha crianza se conseguimos deixarnos a nós mesmxs de lado.

Porque o seu desenvolvemento é un proceso que só se da unha vez, e condiciona o resto da súa vida. Por iso decidín priorizalo, para acompañalx de xeito que poda despregar todas as súas potencialidades. Non para que chegue a ter unha intelixencia sobresaínte, senón por tratar de evitar a toda costa as eivas emocionais, as autolimitacións que tanto constrinxen ás persoas. E tamén por min, para crecer con elx.

Leer más...

XI Xornadas Libertarias de Ferrol

Difundimos a seguinte convocatoria chegada ao noso correo:
As XI Xornadas Libertarias de Ferrol serán entre o 29 de abril e o 3 de maio no espazo Libertario da Av. de Esteiro nº 10, baixo e terán seguinte programa:

29 de abril – luns: 1º de maio, do pasado ao futuro (militantes da CNT de Ferrol)
30 de abril – martes: Represión en tempo de crise (Fran del Buey – PreS.O.S.)
01 de maio – mércores Apoio á manifestación do 1º de maio.
02 de maio – xoves: Autoorganización social e anarquismo (membros de Unión Libertaria)
03 de maio – venres: Cooperativismo: respostas comunitarias ao individualismo capitalista (Xan Martínez-Cooperativa a Xoaninha, Manolo Rivera-Asociación Briante)

Tódalas xornadas serán ás 19:30 e a entrada é libre.
Leer más...

26 abr 2013

Umhas risas para passa-la finde.


Leer más...

[Lugo] Manifestación Libertaria 1º Maio as 18:00'

Este ano, a Coordinadora Anarquista Galega concordou en realizar este ano co gallo do 1º de Maio, a sua Manifestación unitária na cidade de Lugo que, baixo a lenda "Nada que Celebrar, Moito polo que Loitar", sairá às 18h dende a Praza Horta do Seminario (ver mapa no enlace da notícia do diario "El Retroceso").

Estades todas convidadas !!
Leer más...

Cando Prometeo non soubo cruzar o abismo. Sobre o sucedido onte en Madrid.

Colamos, unha vez traducido, este texto publicado orixinalmente no blogue "La rebelión de las palabras"

Onte fomos moitas as persoas que nos demos cita en diferentes áreas da sucia metrópole de Madrid con motivo da convocatoria que a "Plataforma En Pié" lanzara para o 25 de abril, chamando a "Asediar el Congreso".

Nun principio, as nosas expectativas eran altas. Tiñamos en mente que quizais esa data podería marcar un precedente novo dentro da habitual dinámica de manifestación pacífica, mansa e borreguil que impulsan as mentiras dos medios de comunicación e manteñen partidos políticos de esquerda, sindicatos, organizacións cidadanistas e demais representantes subterráneos da orde social dominante. Do mesmo modo en que Prometeo, Titán da mitoloxía grega, devolveu as mortais o lume que Zeus decidira arrebatarlles devolvéndolles así non só a súa potencialidade de negar a dominación existente, senón tamén de iniciar unha concepción da vida como esforzo cara á autonomía e a non-dependencia de calquera institución que, erixíndose por enriba do/da individux, decidise administrar os seus conflitos de xeito interesado, esta Plataforma apareceu nun deserto de falsas loitas, intentos reformistas e pasos tímidos, coa intención de devolvernos o lume e así, quizais, só, quizais poder volver prender a mecha de insurreccións durmintes no mesmo corazón da besta.

Confiabamos en que algo pasaría. As detencións previas de persoas con cócteles molotov en Cidade Universitaria ou con garrafas de gasolina no distrito de Fuencarral, así como as 11 detencións aleatorias que se produciron no Campus de Somosaguas contra estudantes que participaban nun encerro (alleo á convocatoria 25-A, pero afectado igualmente pola represión), invitaban a aventurar un incremento no radicalismo da protesta e unha situación de desorde da que poder extraer non só experiencias prácticas en enfrontamento e auto-defensa, senón conclusións que, tras un debate posterior, desen como froito avances neste sendeiro incerto que é a guerra social e a revolución. Non obstante, esta vez o noso Titán non soubo dar a cara. Temeroso, Prometeo non puido cruzar o abismo que separaba o Olimpo das ruínas e así, unha vez máis, o Status-Quo, Deus ao que, esta vez, roubara o lume, venceu.

O intento de provocar a policía en Neptuno ou saíu de estupas ou sinceramente, gustaríame saber que teñen metido na cabeza as persoas que o fixeron. A cantidade de antidisturbios presentes na praza e as súas inmediacións era moi superior á de manifestantes, e a súa preparación para un enfrontamento aberto tamén. Ademais, encontrámonos con que na praza Neptuno non había nada co que bloquear o ataque policial que se produciu. Nin mobiliarios cos que realizar barricadas ou de onde recoller botellas que poder botar, nin vías de escape que non tivesen, como mínimo, 5 furgóns. Para colmo, o groso manifestante compoñíao xente que entre bandeiras republicanas co escudo constitucional (lles parecerá moi revolucionario enaltecer un réxime liberal-burgués, xenocida e traidor, por iso de que é moi "guai" levar bandeiras tricoloras porque significa que es "progre modernx") e carteis co lema "Violencia non, tampouco do Estado", xeraban en moitas de nós un profundo sentimento de vergoña allea. Tal conxuntura desembocou en que unha vez que a policía cargou contra as manifestantes, moita xente decidiu dispersarse cara a Atocha, onde por fin se produciron conatos de enfrontamentos dispersos pero pouco efectivos, aínda que valentes, que se saldaron finalmente con 15 persoas detidas e algúns madeiros e preto de 30 manifestantes feridas (eu non as contei, estas cifras proceden de medios "cidadáns", que non burgueses, aínda que en certo modo non dista moito unha cousa da outra).

Si, producíronse intentos de resistir á violencia policial. Si, houbo accións descentralizadas, non sei cantas, nin me interesa unha cifra, aínda que me alegre que polo menos algúns símbolos do poder que diariamente nos afoga fosen danados en resposta xa non só a un episodio concreto de violencia policial, senón a todos e cada un dos días nos que nos vemos obrigados e obrigada a espertar neste maldito mundo.

O que sucedeu manipularano a conveniencia agora unhas e outras. Haberá quen nos medios ou nos seus faladoiros progres falará de grupos violentos que roldaban encapuchados e vestidos de negro por dentro da masa concentrada en Praza Neptuno. Haberá quen, fiel ao réxime, sacará sensacionalistas titulares que falarán dunha cidade sumida no Caos cara ao atardecer, aínda que nós sabemos que iso non é verdade. Haberá quen, dentro da súa pedrada insurreccionalista adolescente, intentará exaltar o sucedido, atribuíndose algunha clase de vitoria respecto á carga policial e a débil resistencia que tivo lugar en Praza Neptuno e que logo se diseminou polo centro da cidade cando sendo arredor das 20:30 a algunhas persoas se lles ocorreu zarandear os valos que bloqueaban todo o perímetro do Congreso, provocando así a dispersión policial. Haberá quen diga que non serviu para nada, que foi unha perda de tempo, expoñerse á represión inutilmente en nome dun obxectivo que, dende o principio, estaba abocado ao fracaso.

Eu o único que sei é que dende Internet se realizou unha convocatoria evidentemente maximalista, grandilocuente e que pedía á sociedade española un nivel de reacción que esta non está, nin de preto, preparada para demostrar. Unha convocatoria incendiaria, onde coma se dun cumio do GR-20 se tratase, falaban de Bloques Negros e chamaban á realización de accións descentralizadas de saqueo, sabotaxe e corte de rúas, así como difundindo abertamente as súas tácticas e os seus lugares e horarios de reunión. Moi mal feito. Chamar en masa á xente a actuar de certo xeito e logo poñelos en bandexa á represión difundindo onde e cando tería lugar a festa non é unha boa estratexia. Así, o Estado soubo blindar as súas estruturas e as do seu amo, o Capital, con entre 1400 e 1500 antidisturbios, nunha Madrid literalmente asediada que sorprendeu mesmo as que, máis ou menos acostumadas a unha presenza policial forte, nos levamos unha sorpresa ao saír á rúa en dirección ao centro.

Creo que de todo isto podemos remarcar, en primeiro lugar, aquela máxima de que Madrid non é Atenas e dígoo sen ningún ánimo de caer nunha idealización irresponsable do contexto da loita social en Grecia e as súas características. En segundo lugar, eu saco como conclusión que é un erro fiarse das ciber-convocatorias que non encontran un reflexo no día a día da rúa e dos espazos antagonistas onde se trata de proxectar unha revolta e unha serie de alternativas conscientes ao sistema. Houbo non pouca xente que nos días (e semanas) anteriores á xornada de onte encheron a boca por Internet, con ciber-discursos insurrectos do máis convincentes, pero lxs que estivemos alí preguntámonos onde estaba toda esa multitude indignada?, que pasou, quedastedes dormidas?, botaban un partido de fútbol na tele?, resaca?, ou preferiades quedar na casa mirando en streaming o que pasaba fóra? En terceiro e último lugar, gustaríame destacar como a conclusión quizais máis importante e á vez evidente de todo isto, a nosa tendencia a falar de perder o medo, de insurrección, revolta e vinganza contra quen día a día matan os nosos sonos enterrándoos entre nóminas, contratos, facturas e publicidade, pero á hora de levar ese discurso á práctica nun ámbito real, encontrámonos con que como sempre a policía e o Estado nos levan vantaxe e somos materialmente incapaces de levar a cabo o enfrontamento sen facer o ridículo ou sen ter que rematar indo o día ás comisarías a preguntar por amizades, compas, etcétera.

Espero que este escrito, así como outros que poidan xurdir ao respecto (isto é só unha serie de posturas que xorden da miña experiencia persoal, a cal non se ten por que corresponder coas vivencias doutras persoas que, noutras áreas da cidade ou noutras circunstancias quizais tivesen outra perspectiva do sucedido, non pretendo sentar cátedra nin que isto sexa interpretado como única verdade sobre os feitos) axuden á reflexión e a que fallos que xa se veñen repetindo demasiado a miúdo deixen por fin de reproducirse deixando paso a un asalto ao Olimpo con posibilidade ningunha de éxito.

Está todo por facer. Que se estenda a revolta.

Solidariedade con xs detidxs e con xs que deron a cara máis alá dos límites!

Leer más...

[Lugo] Sábado 27 Abril as 18:30' no Ateneo "A Engranaxe" .- Xornada: "A Orixe do 1º de Maio"

Recollemos do Diario Libertario de Lugo e Galaxia "El Retroceso" esta Convocatoria que nos fixeron chegar à nosa caixa de correos, segundo a cal, este Sábado 27 no novo local anarquista da cidade de Lugo O Ateneo "A Engranaxe", terán lugar a partir das 18:30', unha serie de actividades enmarcadas na temática da "Orixe do 1º de maio" com exposición, recital, proxeccion, charla e debate!

O Ateneo "A Engranaxe" está na rua Río Sil nº 52
Leer más...

25 abr 2013

Novidades Noelia Cotelo 25 abril - Trasladada ao C.P. Albolote (Granada)

Copiamos e colamos do blogue da AFAPP Galiza:

Noelia xa se atopa en CP Albolote, tras pasar un par de días en Soto do Real.

Novamente a institución ou non sabe facer o seu traballo ou non quere, posto que no traslado desapareceulle a Noelia un televisor. Recordamos que Noelia así como todas as persoas clasificadas en réxime 91.3 pasan 21 hrs ao día na cela.

Tamén denunciamos que durante a súa estancia en Soto do Real non se permitiu a visita dun amigo, polo que se interpuxo denuncia nos Xulgados de Garda.

A súa situación persoal mellorou no CP de Albolote, posto que polo menos comparte galería con outras presas con quen pode falar. Tamén lle permitiron o acceso ao gimnasio, e espérase que poida participar nas actividades do módulo de illamento.

Os nosos esforzos céntranse en asegurar as visitas de amigos e familiares, e que se comece un tratamento individualizado que lle axude a superar os traumas xerados en CP Brieva, asi como unha eventual progresión de grado e traslado a Galicia.

A súa nova dirección é:
Noelia Cotelo Riveiro
CP Albolote
Ctra. Comarcal 220, Km.6, 18220 Albolote (Granada)
Módulo de Illamento
Leer más...

[Xinzo de Limia] - Sábado 27 ás 12 MANIFESTACIÓN CIDADÁ NON A MINA de FELDESPATO

Facemonos eco en Abordaxe desta convocatoria da Plataforma Veciñal Corno do Monte que recollimos da sua web e que copiamos e colamos à ìntegra:
Prezadas/os veciñas/os,

Dende a Plataforma Veciñal Corno do Monte composta por veciñas e veciños de Seoane de Oleiros, Fiestras, Laroá, San Pedro de Laroá, Rebordechá, Paredes, Moreiras e Faramontaos, levamos varios meses manifestando a nosa total oposición ao proxecto Faramontaos 5089.1 que consistiría na instalación dunha mina de extracción de feldespato na nosa zona. Trátase dun proxecto de varias fases no que, a primeira se desenvolvería nestas aldeas, pero que de conseguiren instalarse, comezarían a estender o proxecto –segundo as previsións da propia empresa Minecer, S.L.- por toda a comarca.

Xa son de sobra coñecidas as consecuencias que tería para nós este proxecto: incompatibilidade coa agricultura e a gandería, contaminación das augas, seca de pozos, polución do aire… Un atentado contra a nosa vida e os nosos pobos unha vez máis.

Todos os grupos políticos do Concello de Xinzo se opoñen a este proxecto, só nos falta que a Xunta de Galicia denegue a licenza de explotación. Ata que iso chegue, a nosa loita debe continuar.

Por isto convocamos a todas as asociacións veciñais, culturais, de mulleres… do Concello de Xinzo de Limia e demais concellos da comarca para o vindeiro sábado 27 de abril ás 12 da mañá (día de feira) a unha MANIFESTACIÓN CIDADÁ que partirá do Museo do Entroido (Rúa Dous de Maio) polas principais rúas da vila.

Faremos moito barullo, con cazolas e asubíos para que a nosa voz chegue a onde se toman as decisións.

Agradecendo de antemán a vosa implicación, recibide un cordial saúdo

Mª Carmen Díaz Casas

Voceira da Plataforma Veciñal Corno do Monte
Leer más...

Novo fanzine : "Galiza é unha mina?"

Realizado por umha compa pirata, fazemos público em Abordaxe este fanzine "Galiza é unha Mina", onde a autora fai umha analise pormenorizada do plano da Junta de espalhar por Galiza megaminarias a ceu aberto à esgalha, para seguir sendo a criadora de energias e matérias primas do estado espanhol e receber em troques a ruina das nossas terras, dos nossos rios, das nossas rias e mares, das nossas vidas,...

Um fanzine de muito interés ao que podedes aceder no nosso apartado de "Outras Publicacións Amigas" para a sua descárrega e distribuiçom (podedes aceder a ele nesta ligaçom).

Um trabalho que analisa o que é umha mina a ceu aberto, como funcionam, e numera um a um os projectos mineiros em cernes, além dumha "pequena reflexom" sobre as nossas próprias responsabilidades ao respeito, que copiamos e colamos:

O estilo de vida moderno, do que case todas as occidentais desfrutamos até o de agora, está moi relaçonado com a capacidade humana de extrair minerais das entranhas da terra e de transforma-los. Esses minerais acompánham-nos diariamente nos teléfones móviles, nas computadoras, nos centros médicos, nos avances estéticos, na indústria aérea, na armamentística… Controlar as actividades extractivas e manufactureiras assegura um grande poderio político-económico.

No actual periodo de transformaçom económica, nom é de estranhar que a debilitada U.E deva assegurar a súa posiçom internacional, e um modo de faze-lo é conseguindo certo nível de autoabastacemento de produtos energéticos e materias primas estratégicas. E os nossos famentos políticos vendem a terra a capitais estrangeiros para assegurar o mantemento do seu status quo.

Podemos indignar-nos porque quando se vende a terra vénde-se a nossa qualidade de vida. Ou podemos tomar consciência da nossa responsabilidade como consumidoras de progresso, como elementos fundamentais que durante anos consentimos a exploraçom de mais da metade do planeta, fazendo campanhas solidárias pelo Facebook para lava-la nossa atormentada consciência de seres privilegiados.

Nom nos enganemos, já formamos parte doutro lado da economia. Rejeitar umha mina em Corcoesto ou em Ginço, implica rejeitar também a megaminaria na Argentina, em Mali ou no Congo; pois as habitantes destes paises estám também em luita contra os abusos das multinacionais mineiras e dos governantes corruptos.

Reivindiquemos a nossa uniom de povo em luita, a resistência e a soberania popular. Reivindiquemos a solidaridade, nom queremos a mina na Galiza, nem a minaria contaminante em nengumha parte do planeta .

Colada por eDu
Leer más...

O meu irmao terrorista e mais eu

Colamos da web da Rede de Apoio a Carlos Calvo "De Volta para Loureda" esta aportaçom de Charo Lopes que reçuma amor e companherismo falando de conversas, de assembleias, de comidas, da vida:

Quando Carlos (Paulo, Anjo, Olga) e mais eu viviamos no piso de aluguer da Avenida de Salamanca cocinhavamos sempre tortilha para as festas. Nom tinhamos tele, mas tinhamos um computador -sem internet- no que lembro termos visto só um filme umha vez, francés, acho, sobre um homem que tinha um tractor. A compra da comida faziamo-la conjunta, e nunca faltava queijo e iogurtes. Algumhas vezes Carlos trazia flans, e já o tenho visto mais de umha vez come-los de dous em dous…

Às vezes deixavamo-nos saudos e mensagens escritas no pó das janelas do descansinho das escaleiras -terceiro sem ascensor- do edifício de casas baratas no que estivemos aquele curso.

Na mesa e nos sofás de skay estilo anos cincuenta do salom acumulavam-se cartazes e livros de antropologia. Marinho Ferro e Marcial Gondar eram dos personagens mais referenciados nas sobremesas. Os temas estrela eram as meigas, a morte, os milagres e em geral a vida pre-moderna do rural galego que tam próxima nos era e ao mesmo tempo, que tanta curiosidade nos criava; das histórias da Santa Companha, até as formas de integraçom e exclusom social populares.

Às vezes enredavamos coa conversa depois da ceia e dava-nos a deshora. Carlos explicava-me a vida de Bourdieu para entender melhor os seus textos. Passava-me bibliografia de Zizek e de Bauman em padrom lisboeta. Foucault era o ídolo entre as nossas colegas da faculdade de Filosofia; o panóptico, os mecanismos repressivos do poder, o funcionamento da prisom.

Imaginavamos como seria a vida lá dentro, liamos relatos de fugas de Garfia, de Tarrio… As denúncias de torturas das presas políticas bascas, as cartas da prisom de Ugio e Xiana. As histórias das nossas paisanas dos GRAPO e do PC(r).

E sim, também cotilheavamos sobre o panorama independentista, sobre as piadas dos “lideres da revoluçom”, sobre as nossas aventuras e as das demais…

Jantavamos as quartas-feiras no comedor popular da Casa Encantada. Andavamos de assembleia em assembleia. Passavamos as tardes de chuva no local de estudantes da faculade de História, quando ainda era um espaço livre, e ali conspiravamos contra o processo de Bolonha, organizavamos trabalho e faziamos material. Escreviamos conclusons nas paredes. E algumhas vezes saimos a tomar umhas canhas, nas tabernas do casco velho onde nos pugeram tapas.

Depois voltavamos à casa, quase sempre deixando a malta ainda nos bares. A partir de certa hora a música tam alta nom nos deixava continuar o palique. E qualquer situaçom dava para novo tema: como som as relaçons sociais nocturnas, o porque da música tam alta, as características das conversas entre os decibélios de mais e o álcol…

Falavamos das relaçons líquidas, das sólidas, das formas de irmandade, de como podem existem irmás que nom partilham mae nem pai.

E foi assi como fomos fazendo-nos irmás, até hoje.

Hoje continuamos debatindo. Sobre o amor, sobre o Estado e a Revoluçom, sobre as nossas aventuras -de dentro e de fora dos muros-. Agora rimo-nos os 45 minutos que partilhamos no locutório e beijamo-nos atravês dos vidros, diante dos carcereiros, enquanto também se beijam o preso basco, o cigano e o árabe com as suas visitantes, metidas todas nas mesmas jaulas de cristal.

Depois despedimo-nos, erguemos o punho, surrimos e caminhamos arrastrando os pés. Ele para dentro, eu para fora.

Eis a nossa realidade sólida. Eis o nosso vínculo sólido. O nosso caminho. O meu irmao. E a nossa risa retumbando na sua prisom. E as nossas razons rebentando os seus muros. Nom conseguirom converter-nos em eles. Encerrarom-te, Carlos. Mas ainda somos nós. E seguimos ao nosso. Até que te ceivemos. Até todas sermos livres.

Charo Lopes
Leer más...

24 abr 2013

[Italia]: A celulá Damiano Bolano FAI/FRI reivindica o envío de 2 paquetes bomba

Recibimos e difundimos

OPERACIÓN CAZA AO ESPÍA

Atacamos Europol investigazioni cun paquete bomba. Esta axencia, como moitas outras, prové de equipamentos tales como micro-chips, micro-cámaras e outras perversións tecnolóxicas, ás forzas da orde, as que, coidadosamente, colocanos en casas, autos e outros lugares familiares dxs compas rebeldes e outrxs individuxs inimigxs da lei e os seus verdugos. Deste xeito, un aspecto singular da vida e das experiencias diarias convértese en material para acrecentar arquivos de investigación e é examinado polos servos uniformados, coa intención de analizalos de acordo aos standars do código penal, e usalos para arrebatarnos a nosa liberdade e encerrarnos nos campos de concentración do Estado.

Cremos que é tempo de romper coa infame cadea grazas á cal moitxs compañeirxs están presxs hoxe, e moitxs outrxs, xs que continúan loitando con xenerosidade e sen tregua, son forzadxs a convivir co constante risco de ser interceptadxs e espiadxs. Unha cousa debe ser clara para aqueles colaboradores da represión, axudar de calquera forma ao brazo armado do Dominio no cumprimento do seu traballo, significa ingresarse automaticamente na lista, con todas as consecuencias do caso.

Un paquete bomba foi enviado a outra merda coñecida co nome de "A Stampa", en primeira liña sempre para corroborar as reconstrucións dos Carabineri e a policía, especialmente cando se trata daqueles individuos que están activos na guerra contra o Estado. Sabemos ben que a represión sería menos efectiva sen a fundamental axuda dos xornalistas vendidos, e é por esta razón que decidimos unha vez mais facelos pagar pola súa responsabilidade. Estamos conscientes do feito que "A Stampa" é só un dos moitos xornais do réxime, polo tanto, calquera xornalucho é un posible obxectivo da nosa guerra contra o Estado e a Sociedade que cada día apoia e lexitima a súa existencia.

Con esta acción queremos continuar a campaña iniciada polxs compas do núcleo "Olga", coa ferida cara á prea Adinolfi de Ansaldo. Esta vez escollemos aos obxectivos entre aqueles que provén con extremidades tecnolóxicas necesarias para a represión, responsables tamén da nocividade e o sufrimento, como o polbo Ansaldo.

Dedicamos estas accións aos compañeiros encerrados na sección AS2 da prisión de Ferrara: Sergio, Alessandro, Alfredo, Nicola, Peppe e Stefano; ás compañeiras encarceradas en Rebibbia: Elisa e Paola; a Marco Camenish, a Gabriel Pombo dá Silva, aos compañeiros de Grecia da CCL e a Theofilos Mavropoulos.

A todxs xs anarquistas e rebeldes encerradxs nos cárceres en cada lugar do mundo. Continuaremos a nosa guerra tamén por vostedes!

Saudamos ás células da FAI/FRI, moitas agora, que atacan ao Dominio en cada ángulo do planeta.

VIVA A FAI/FRI
VIVA A ANARQUÍA

FEDERACION ANARQUISTA INFORMAL/FRONTE REVOLUCIONARIO INTERNACIONAL
CÉLULA DAMIANO BOLANO
Leer más...

Máis proxectos de minería metálica por empresas canadianas: Agora nas Reservas da Biosfera Eo-Oscos-Burón e Terras do Miño

Recollemos e reproducimos esta información da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) :

A Consellería de Economía e Facenda outorgou á empresa Goldquest Ibérica, S.L. (1) o permiso de investigación mineira denominado Lago (expediente 6053) para recursos da sección C (cinc, chumbo, prata, cobre e outros) no término municipal de Becerreá (Lugo) para unha superficie de 68 cuadrículas mineras (ver en PDF). O permiso de investigación fora inicialmente solicitado pola empresa Lundin Mining Exploration, S.L., tamén canadiana (ver en PDF).

Ademais de incluír unha importante superficie do LIC Serra de Foncuberta, contemplado na proposta de ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia actualmente en tramitación, as cuadrículas mineiras abarcadas polo permiso de investigación sitúanse case íntegramente en dous Reservas da Biosfera:

R.B. Río Eo-Oscos-Burón, con posibles afeccións directas sobre diversas zonas tampón e indirectas sobre a zona núcleo da cabeceira do río Eo, da que se situaría a escasa distancia. Unha afección á cabeceira do Eo podería ter consecuencias río abaixo, en zonas tampón da canle fluvial e tamén na desembocadura na Ría do Eo, que é zona núcleo da Reserva, LIC e Zona Húmida de Importancia Internacional pola Convención de Ramsar.

R.B. Terras do Miño, con posibles afeccións directas a unha gran superficie na bacía alta do río Miño declarada como zona tampón para protexer as cabeceiras da multitude de ríos e regatos que drenan este territorio.

Por estes motivos, SGHN ven de solicitar ao Comité Español das Reservas da Biosfera (ver en PDF):

Que realice de forma urxente e inmediata unha avaliación científica e obxectiva sobre o impacto deste permiso de investigación e a posible explotación mineira futura sobre o estado de conservación dos tipos de hábitats de interese comunitario e especies de flora e fauna estrictamente protexida no ámbito da Reserva da Biosfera Río Eo-Oscos-Burón e a Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

Que os informes que se desprendan do mesmo se teñan en conta no proceso de avaliación decenal da Reserva da Biosfera Río Eo-Oscos-Burón e a Reserva da Biosfera de Terras do Miño, e sexan remitidos en consecuencia aos departamentos da UNESCO e da Rede Mundial de Reservas da Biosfera.

O xornal El País faise eco desta noticia e destaca a cantidade de especies protexidas, tanto vexetais como animais, na zona sobre a que se farían as exploracións da empresa mineira, ou sexa as montañas das que beben tanto o río Eo como o Miño e a suas tupidas redes de afluentes. Asín a reserva do Eo segue o curso do río e chega ata a súa desembocadura protexida. Entre o conxunto da flora presente, no caso, por exemplo, da Reserva Eo-Oscos-Terras de Burón constatouse a presenza de 97 familias e máis de 500 especies, nas que se inclúen taxóns protexidos como a Woodwardia radicans, o Narcissus asturiensis e a Zostera mariña. Entre as aves, cando se elaborou a memoria para a declaración da reserva rexistráronse 219 taxóns agrupados en 54 familias. Como especies invernantes destacan o colimbo grande (Gabia immer) ou o correlimos común (Calidris alpina). Nos bosques do interior habita o bufo real (Bubo bubo).

Ademais, esa mesma memoria recolle unha importante poboación de londra paleártica (Lutra lutra) e a presenza de desmán ibérico (Galemys pirenaicus), unha especie considerada en situación precaria. Abundan, tamén, as xenetas, os gatos monteses e os raposos, e rexistrouse, ultimamente con máis frecuencia, a presenza de osos pardos. A enumeración que fai a reserva, inclúe, ademais, abundantes variedades de moluscos recollidos na Directiva Hábitats, anfibios e réptiles, e cóntanse tamén faiais atlánticos, carballeiras e bosques de castiñeiros, sobreiras e acivros.

(1) segundo informa Galicia Confidencial: Goldquest Ibérica, SL, é unha filial do grupo Goldquest, outra firma canadiana con intereses mineiros nos estados español e portugués. Esta zona xa fora motivo de sondaxes en 1985 por Exploraciones Mineras del Cantábrico S.L. (actual Asturgold).

Leer más...

[Compostela] Hoxe Mércores 24 dende as 16:30' "Encerradxs non se Educa"

No Salón de Actos da Faculdade de CC. da Educación (Campus Sur):

16:30' Documental sobre o proxecto Ruka Inche de Chile.- "De la Cuna a las Rejas" e posterior Palestra Antirrepresiva sobre Centros de Menores.

18:30' Palestra "O Negocio dos Cárceres e o Papel dxs Educadorxs Sociais neles"
Leer más...

23 abr 2013

[URXENTE] Joaquin Manrique en estado grave de saude. Solidariedade e campaña de envio de faxes

O "Grup de suport Joaquin Manrique" publicou en Indymedia Barcelona este chamamento en solidariedade activa con Joaquin Manrique, preso en Brians 2 e participante activo da Campaña Cárcere= Tortura, que reproducimos (unha vez traducido).

Envio de FAX do 22 ao 26 de ABRIL.

Fax CP Brians 2: 936935013
Fax SGIP: 913354052
Fax Xulgado de Vixilancia Nº5: 935548749
Fax colexio Medico: 935678899

Proposta de Modelo de FAX:

JOAQUIN MANRIQUE NON ESTA SÓ, SOLIDARIEDADE CON XS PREXS EN LUITA¡¡¡¡

Joaquín Manrique encóntrase no modular de enfermaría do cárcere de Brians 2. O seu estado de saúde é crítico e require con urxencia de tratamentos e medicamentos específicos os cales foron entregados polo equipo médico de forma absolutamente deficitaria ou nula. A súa saúde empeora cada día, e sonlle denegados os permisos e o terceiro grao de xeito sistemático.

El tivo un rol activo dentro da campaña Cárcere = Tortura denunciando situacións de maltrato principalmente no cárcere de Lledoners, polo cal consideramos que este posicionamento político dentro do cárcere determinou o tipo de trato e atención que recibiu por parte dos funcionarios-carcereiros.

Fronte a estas situacións de irregularidades médicas interpuxeronse dúas queixas no Xulgado de Vixilancia n.º 5 de Barcelona (outubro 2012 e xaneiro 2013) sen ter repercusións substanciais nas demandas de mellora de atención. É por isto que conxuntamente coa ofensiva xudicial que se seguirá realizando, queremos denunciar con todas as nosas forzas a súa situación de abandono por parte do persoal médico de Brians 2 como consecuencia directa da súa determinación en denunciar situacións de maltratos e torturas ao interior dos cárceres, deixando claro que Joaquín non está só e que en resonancia co seu berro de preso en loita fronte a unha maquinaria de opresión e tortura carceraria, faremos eco da súa ousadía, apoiándoo nesta delicada situación, esixindo de forma inmediata unha atención acorde ás súas necesidades.

Así tamén de forma categórica esiximos que el poida acceder a permisos e ao terceiro grao por motivos de enfermidade grave considerando que a súa situación xustifica plenamente esta esixencia. Con esta demanda especifica queremos abrazar tamén a todos/as os/as presos/as que se encontra en condicións graves de saúde, esixindo a súa liberdade inmediata

A situación de Joaquín evidencia como os cárceres non só por esencia son xeradores de enfermidades, senón que ao mesmo tempo as precarias condicións de atención en saúde, tanto do persoal médico coma das condicións infraestructurais, deben considerarse como pezas máis desta maquinaria de tortura onde os médicos funcionarios pasan a ser os seus cómplices directos. É máis, nalgúns casos os médicos foron torturadores directos como foi o que sucedeu tras o motín de Quatre Camins o ano 2004: en maio deste ano realizarase un xuízo contra 9 carcereiros por torturas tras este motín, entre eles, o subdirector médico deste cárcere naquela época.

O CARCERE TORTURA E ASASINA... E OS SEUS FUNCIONARIOS MÉDICOS SON CÓMPLICES
Leer más...

"Quem não arrisca não petisca" - Brochura chegada do Portugal

Reproduzimos este e-mail recebedo de compas "tugas":

Aqui vai uma publicação acabadinha de sair em Portugal, fruto do bendito labor e persistência de umas quantas personas (há uma versão inglesa que teve de ser traduzida e revista umas 50 vezes). Chama-se "Quem não arrisca não petisca - contribuições para uma luta anti-autoritária no contexto dos protestos anti-austeridade. Portugal 2011/12", e é uma compilação de textos publicados ao longo dos últimos 2 anos relativos às manifestações, com duas introduções novas feitas para estas duas edições.

Queremos que isto esteja acessível aos que achamos interessados, daí este email. Quem quiser reenvie o pdf, quem quiser imprima e distribua.

Lêr ou descarregar nesta ligação
Leer más...

"Café-bar L'Incontro" - Novo relato de Adri "Senlheiro"

Voltam a enviar-nos um outro relato do "Senlheiro" desde o seu Colectivo de Apoio, e damos conta dele.

Café-bar L'Incontro

Um decorado "glamouroso". Gelados, cócteis...Duas televisoms de plasma, videoclips de moda, Melendi a todo volume.

Estudantes subvencionados polos pais sentam a tomar um chocolate, um professor mileurista toma o café mentres lê "El Correo Gallego", um trabalhador "autónomo" aproveita para tomar umha coca-cola e um pintxo mentres atende o seu computador portátil no terraço.

Vestidos com camisa branca e pantalom preto, os camareiros.


Um deles leva na empresa dous anos com contratos parciais, o segundo nom tem contrato nem horário, acode quando é chamado polo patrom, o terceiro, mais novo, chamou a um anúncio do jornal: "Ayudante de camarero menor de 25 años". Nom sabe se o vam contratar ou nom, precisa de dinheiro urgentemente para pagar o aluguer da casa e trabalha com todas as suas forças, sem perguntar.

Cada dia, os tres atendem o bar, limpam e obedecem o "encarregado". Este era camareiro há anos, agora responde ele ante o patrom, é quem vigia e controla. Senta ao fundo da barra, por fora, e nom quita olho. Quando o considera preciso pom-se a atender o bar, para dar "exemplo": -"A esa pareja de gitanos no le pongáis tapas, no interesan de clientes. Venga, estamos dormidos o que?!".

Nengum minuto mal-gastado, nengum camareiro pode estar parado em nengum momento. Obrigatório ter boa cara, afeitado e pelo curto, bons sapatos. 12 horas diárias, umha hora para ir jantar, 3€ a hora.

Tras da barra, na cozinha, o rapaz mais novo fai as tapas coas mans, limpa-se a um trapo usado de vários dias, e corta o pam cumha máquina de cortar "fiambre". Os camareiros dim que o único trabalhador que nunca se cortou com essa máquina é quem agora é o encarregado.

Umha tarde, o rapaz corta-se num dedo e chorrea sangue. O encarregado entra na cozinha, dá-lhe um anaco de cinta adhesiva de colar cartazes e di-lhe: -"Continua". O bar está cheo de gente, a falar animadamente.

Passam duas semanas, deixa-se ver o patrom. Aparca o seu carro Mercedes num garage privado, frente o bar. Viste roupa "Lacoste" e leva nas maos umha revista de golfe. Chama polo camareiro jovem ao quarto de limpeça. Saca uns míseros bilhetes dos petos e di-lhe: -"No hace falta que vuelvas más. No te necesitamos".

O anúncio continua no jornal durante meses. Cada semana um novo rapaz entra a trabalhar com a ilusom de conseguir um emprego estâvel.

POST-DATA

Greve geral. Um piquete informativo da CIG passa por diante do establecemento. O patrom fai guárdia diante deste, com as reixas baixadas e o bar a pleno funcionamento. Ninguém diz nada.

Á tarde, um piquete improvisado de jovems enojados passa por diante. O establecemento funciona com normalidade. Um jovem tenta entrar dentro, o patrom dá-lhe um "sopapo" e impide-o. Nesse momento intervem a policía, e ameaça o grupo de jovens com carregar. No establecemento soam cançoms que falam sobre a liberdade e o amor, mentres as porras movem-se ao ritmo dos 40 principais.

Soto, 24 de Fevereiro de 2013
Leer más...

[Ourense] Quinta Feira, mércores, 24 desde as 12h.- Mesa Informativa Antiautoritaria e Petiscos Veganos

Colamos, tal como chegou à nossa caixa de correios esta Convocatória:

Si os ventos seguem favoráveis, na quarta-feira (mércores), 24 de abril, a partir das 12 da manhá porá-se umha mesa informativa no campus de Ourense a carom do edifício de ferro (onde se adestra em Educaçom, História, Trabalho Social...) com difusom em torno ao antiautoritarismo e criticando os pilares do sistema imperante e as suas desfeitas, e sendo coerentes com isto, sem esquecer fomentar o feminismo, o veganismo ou o rechaço ao consumo de drogas (outro tipo de controle social, de consumismo, de ócio teledirigido, de práctica hedonista, debilitamento, autodestruiçom como pessoas e como sociedade, afogando loitas ao longo da história passada e presente, etc).

E vindo ao caso, resulta que há vários quilos de queijo fermentado, hamburguesas e bolacha fria veganxs que rematarám os seus dias em sandes (sanduíches) para achegar petiscos de balde a quem ande por alô... pra que pechar-se num aula si a verdade está mais perto da porta?

Animamos-vos a participar connosco nesta pequena abordagem em balsa para quitar o disfrace ao poder e recuperar a rua em proveito de todxs.
Leer más...

22 abr 2013

Mais de metade dos prisioneiros de Guantánamo em greve de fome

Podem ser 84 ou 77: som muitos e mais do que se pensava os prisioneiros de Guantánamo em greve de fome. Alguns iniciaram o protesto contra a detençom indefinida e as condiçons do centro a 6 de Fevereiro.

Segundo conta ao jornal The Miami Herald o tenente-coronel Samuel House, 77 dos 166 prisioneiros que permanecem na prisom norte-americana estám em greve de fome. Destes, 17 estám a ser alimentados à força através de tubos inseridos nos seus narizes, o que alguns dos advogados consideram tortura, se bem, de acordo com responsáveis militares dos Estados Unidos citados pelo diário britânico Guardian som já 84 os grevistas, mais de metade dos prisioneiros.

Um dos que se recusa a comer é Shaker Aamer, há onze anos na prisom da baía de Cuba e há seis à espera de ser libertado, depois de ter sido declarado que nom constituía uma ameaça: “Agora, tenho nódoas negras em todo o meu corpo. Penso que faço marcas mais facilmente, há 60 dias em greve de fome, com as minhas defesas físicas a quebrarem”, escreve Aamer num texto publicado no Independent, onde também relata que: “A greve de fome de Guantánamo é, no fim de contas, um protesto contra a Grande Mentira de George Orwell”,ou: “A Grande Mentira aqui é a ideia de que manter 166 prisioneiros em Cuba de algumha forma torna a América mais protegida do extremismo. Numha espécie de filme épico de Hollywood, a América é o bom polícia do mundo, que pom as algemas nos maus. Estes 166 malvados poderiam, aparentemente, derrubar uma naçom poderosa caso nom estivessem trancados 24 horas.”

Um movimento sem precedentes

Guantánamo foi o centro de detençom escolhido para os suspeitos de terrorismo depois dos atentados do 11 de Setembro, a soluçom da Administraçom de George W. Bush para “os piores dos piores”, na expressom de Donald Rumsfeld, entom secretário da Defesa. Mas como recorda Aamer, dos quase 800 homens que por ali passaram desde Janeiro de 2002 “613 prisioneiros foram enviados para casa e os EUA consideraram nom perigosos 86 dos que ainda estám neste lugar esquecido”; “ao todo, isso som 699 pessoas, mais de 90% do total”.

Esta nom é a primeira greve de fome de Guantánamo, mas está a ser levada mais longe por parte dos prisioneiros. No início do mês, alguns já tinham perdido 20 quilos. David Remes, advogado de 15 presos, 13 deles em greve de fome, dizia há duas semanas que este movimento de protesto “nom tem precedentes, tanto pela amplitude como pela duraçom e determinaçom”.

Os prisioneiros deixaram de comer quando se soube que alguns guardas tinham voltado a desrespeitar o Corám. A 6 de Fevereiro, durante uma busca, os guardas confiscaram objectos dos presos e em algumas celas o Corám foi examinado de uma forma que os presos consideraram ofensiva. O protesto evoluiu e, para alguns, parece ter-se tornado num caminho sem retorno. Agora, escreve Aamer, “a greve de fome é por eles me terem dito há seis anos que eu podia ser libertado e voltar para a minha mulher e os meus quatro filhos, mas aqui estou eu, ainda em Guantánamo”;“é sobre o homem no meu bloco de celas que está numha cadeira de rodas, ou estaria se eles nom a tivessem tirado em protesto pela greve de fome”.

“Posso ter de morrer"
, escreve Aamer. "Espero que nom, quero voltar a ver a minha mulher e a minha família”.
Leer más...