Mostrando entradas con la etiqueta CIE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CIE. Mostrar todas las entradas

8 abr 2013

Cárceres Racistas - Um novo site de denúncia dos CIEs

No reino de Espanha, há cárceres especiais para migrantes. As pessoas nom estám lá encirradas por ter cometido delito algum. Estám lá porque nom tenhem “papeis”.

Esta web nasce por iniciativa de SOS Racismo Madrid, Comisión CIE de Ferrocarril Clandestino e Masticable e tem como principal objectivo recolher as testemunhas das pessoas que se passam ou se passarom polos CIEs ( Centros de Internamento de Estrangeiros) assim como das suas familias e amizades.

Pretende amosar à sociedade a ignomínia e vergonça que supom a existência deste tipo de centros, dando protagonismo às histórias e experiências lá vividas por pessoas que, na maioria dos casos, o único delito que cometerom foi ter sido considerados “imigrantes ilegais”. Que sabemos delas? Qual é a sua história? Que sintem?

A través de entrevistas, textos, e outros dados a míudo desconhecidos, tentarám ponher rostros ao que na maioria dos casos som só números abstractos para os meios de "incomunicaçom" e para "irresponsaveis instituçonais".

Ver:
http://carcelesracistas.org/
Leer más...

23 jul 2012

Penas de cárcere para seis compañeiros acusados de terrorismo en Francia

Aínda que o máis probable é que non ingresen de novo en prisión, pois xa cumpriron a maioría das súas penas de xeito "preventivo", cinco dos seis acusados de actos terroristas da "movida anarco-autónoma" (como gustou de chamalos a prensa comercial) foron sentenciados a penas de entre un e tres anos de cadea; mentres que o último acusado foi absolto de tódolos cargos.
Os feitos remóntanse a enero de 2008, cando a policía detivo a tres dos acusados cando se dirixían a unha manifestación contra o centro de detención de Vincennes. Unhas bombas de fume caseiras e máis uns "miguelitos" (cravos pincha-neumáticos) que levaban os desafortunados activistas convertéronse para a xustiza e a prensa nunha perigosa "bomba de cravos".
Poucos días máis tarde deteñen a outros dous activistas nun control aduaneiro en posesión de manuais de sabotaxe, planos dun centro de menores e clorato. Probas de ADN os relacionan cun ataque incendiario a un vehículo da policía durante as eleccións presidenciais de 2007.
Ambos os dous procesos fúndense nun mesmo caso, no que pouco máis tarde engaden a un novo acusado gracias as probas de ADN.
O xuízo celebrouse o pasado mes de Maio e a sentenza saíu a finais de Xuño. Aínda que un pouco tarde, informamos agora do fallo do tribunal:

-Franck, un dos detidos no control aduaneiro, é declarado inocente de tódolos cargos, polo que poderá esixir indemnización polos seis meses que pasou na cadea.
-A Inés, detida con Franck, a consideran culpable de tódalas acusacións polo que a sentenzan a 30 meses de prisión (con 18 de suspensión de pena).
-A Iván, detido no episodio da manifestación do centro de Vincennes, o sentenzan a un ano de cadea con seis meses de suspensión.
-A Bruno e a Damien, detidos xunto a Iván, os condenan a un e dous anos respectivamente, con suspensíon da pena pola metade das súas condenas.
-Javier, detido polo caso do incendio do vehículo policial e acusado tamén de queimar caixas de señalización ferroviarias, todo polas probas de ADN, senténciano a tres anos de cadea cunha suspensión de dous anos.

Probablemente ningún deles volte á cadea polo tempo xa cumprido, aínda que cabe recurso da fiscalía.

Nova redactada por C.R. con información de "ContraInfo" (na súa sección en portugés) -AQUÍ e -AQUÍ; tamén do "París Indymedia" -AQUÍ e -AQUÍ e desta outra páxina en francés -AQUÍ.
Leer más...

22 oct 2011

I Encontro estatal de colectivos en luita contra os CIES


Queremos difundir esta convocatoria, a pesares de que chegue tarde, xa que está a ser estes dias en Valencia, mas parécenos interesante difundir a información e contribuir a insistir na necesidade de implicarnos na loita contra os Centros de Internamento de Estranxeiros (CIES).
Os días 21, 22 e 23 de outubro estáse a celebrar en Valencia o "I Encontrhttp://www.blogger.com/img/blank.gifo estatal de Colectivos en contra dos CIES" (programa)

Os obxectivos do encuentro son madurar as relacións entre os diferentes movimentos, intercambiar conhecimentos, información e métodos de traballo e fomentar un proceso de reflexión colectiva en torno aos Centros de Internaminto de Extranxeiros.
[información extraída de Mislata Contrainfos]

Leer más...

27 may 2010

Inmigrantes prenden lume a un módulo dun centro de detención en Bélxica


[26 de maio, salvajes.entodaspartes.net]- Un módulo enteiro do centro de detención para inmigrantes en Steenokkerzeel foi queimado por arredor de 39 presos, que foron evacuados despois do incendio provocado.
Os prisioneiros prenderon lume na súa cela no mesmo momento, arredor das 9 da noite.

O módulo foi temporalmente fechado. Os danos non están esclarecidos, pero con seguridade una cela foi destruida.
Fai dous anos, outro incendio destruiu un par de celas deste centro de detención, mentras que a poucos metros de alí, o Estado está construindo un nuevo centro de detención.
Leer más...