Aínda que o máis probable é que non ingresen de novo en prisión, pois xa cumpriron a maioría das súas penas de xeito "preventivo", cinco dos seis acusados de actos terroristas da "movida anarco-autónoma" (como gustou de chamalos a prensa comercial) foron sentenciados a penas de entre un e tres anos de cadea; mentres que o último acusado foi absolto de tódolos cargos.
Os feitos remóntanse a enero de 2008, cando a policía detivo a tres dos acusados cando se dirixían a unha manifestación contra o centro de detención de Vincennes. Unhas bombas de fume caseiras e máis uns "miguelitos" (cravos pincha-neumáticos) que levaban os desafortunados activistas convertéronse para a xustiza e a prensa nunha perigosa "bomba de cravos".
Poucos días máis tarde deteñen a outros dous activistas nun control aduaneiro en posesión de manuais de sabotaxe, planos dun centro de menores e clorato. Probas de ADN os relacionan cun ataque incendiario a un vehículo da policía durante as eleccións presidenciais de 2007.
Ambos os dous procesos fúndense nun mesmo caso, no que pouco máis tarde engaden a un novo acusado gracias as probas de ADN.
O xuízo celebrouse o pasado mes de Maio e a sentenza saíu a finais de Xuño. Aínda que un pouco tarde, informamos agora do fallo do tribunal:
-Franck, un dos detidos no control aduaneiro, é declarado inocente de tódolos cargos, polo que poderá esixir indemnización polos seis meses que pasou na cadea.
-A Inés, detida con Franck, a consideran culpable de tódalas acusacións polo que a sentenzan a 30 meses de prisión (con 18 de suspensión de pena).
-A Iván, detido no episodio da manifestación do centro de Vincennes, o sentenzan a un ano de cadea con seis meses de suspensión.
-A Bruno e a Damien, detidos xunto a Iván, os condenan a un e dous anos respectivamente, con suspensíon da pena pola metade das súas condenas.
-Javier, detido polo caso do incendio do vehículo policial e acusado tamén de queimar caixas de señalización ferroviarias, todo polas probas de ADN, senténciano a tres anos de cadea cunha suspensión de dous anos.
Probablemente ningún deles volte á cadea polo tempo xa cumprido, aínda que cabe recurso da fiscalía.
Nova redactada por C.R. con información de "ContraInfo" (na súa sección en portugés) -AQUÍ e -AQUÍ; tamén do "París Indymedia" -AQUÍ e -AQUÍ e desta outra páxina en francés -AQUÍ.
23 jul 2012
Penas de cárcere para seis compañeiros acusados de terrorismo en Francia
Etiquetas:
acción directa,
centro menores,
CIE,
Francia,
guerra social,
represión
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
"Movida anarco-autónoma", manda carallo co mass-media...
ResponderEliminar