21 may 2013
Intersante texto aparecido no xornal anarquista Aversión : Preparando o terreno {a prensa e a represión}
Damos conta deste artigo aparecido no nº 8 do xornal "Aversión" -maio 2013-, escrito uns días antes das detencións de Sabadell e que recibimos na nosa caixa de correos:
Preparando o terreo
Aqueles e aquelas que odiamos a prensa polo seu rol de servidores dos intereses dos poderosos non nos sorprendemos do seu papel activo nas campañas represivas nin da súa actuación como confidentes policiais. De feito, unha regra básica do «intercambio» é esta: recibir algo a cambio de algo que se dá. E obter información fresca (da policía) significa ofrecer algo a cambio (por parte da prensa).
Sería interminable unha análise minuciosa de como a prensa colabora cóbado a cóbado e de xeito activo coa represión na creación de inimigos a combater, xa sexa grupos e sectores sociais enteiros ou persoas en concreto. E nisto non existe excepción, xa que máis alá da suposta dirección política nos medios de comunicación -quitando, claro, os realmente libres, ou algún que outro xornal marginal {1}- os que teñen a última palabra sempre serán os que os financian.
Non imos tocar os linchamentos de grupos sociais para xustificar modificacións penais ou exclusións, pero non está de máis recordar como utilizan contextos concretos de descontento social, como os disturbios nas folgas de estudantes ou nas folgas xerais, para xustificar o endurecemento penal, desviando ao mesmo tempo totalmente a atención dos motivos reais do descontento.
Os exemplos que aquí queriamos tocar son os relacionados con como a prensa -máis concretamente os xornais- céntranse nalgunha figura (no noso contexto durante moito tempo foron os ocupas e actualmente os antisistema, en ocasións tamén definidos simplemente como «vándalos») co obxectivo de preparar o terreo para un «golpe» ou para o que sexa conveniente nese momento.
Non é casual que o 24 de abril pasado, un día antes das protestas convocadas ante o Congreso un artigo publicado en Europa Press se titulase «Anarquistas radicais italianos visitan Madrid para adoutrinar a grupos antisistema»{2}. O título, sinceramente, promete máis que o artigo en si. A pregunta sería en que se basean para facer esta afirmación? Obviamente, como eles recoñecen, en «fontes policiais».
Tamén comunicaron que estas «visitas son continuadas no tempo e non están necesariamente supeditadas a un feito concreto». O texto finalmente non deixa de ser un curta-pega doutras noticias pero relacionándoas entre si. Uns días máis tarde, esta vez en Italia, o título dunha noticia xa déixanos un pouco máis perplexos: «O terrorismo actual chámase anarquía»{3}, artigo que relaciona con anarquistas o suceso de Roma do pasado 28 de abril, no que Luigi Preiti, un home desempregado, abriu lume contra dúas policías, deixando claro que o seu obxectivo era disparar contra políticos. Malia que o feito non ten nada que ver con anarquistas, o xornalista sabe facer o seu traballo: navega entre o feito concreto pasando polo ataque contra o directivo de Ansaldo Nucleare o ano pasado, e aclarando que un dos detidos por este caso, Alfredo Cospito «xactouse na rede de ter participado nos enfrontamentos do 15 de outubro de 2011 en Piazza San Giovanni en Roma», falando tamén das relacións con Grecia e Barcelona{4}. Logo de analizar diferentes sucesos remata con advertir que malia que os disparos aos policías en Roma, aos que se refire o artigo, non gardan relación con anarquistas, cosa máis que obvia para calquera, advírtenos de que existe un perigo de «terrorismo quizais menos organizado que o das Brigadas Vermellas, pero xeneralizado, penetrante e capaz de golpear segundo programas menos ambiciosos que os dos grupos marxistas-leninistas».
Ao afirmar que «antigamente tiñan a tortura, agora teñen a prensa» Oscar Wilde obviou que peor aínda, as dúas cousas son contemporáneas e cómplices, que ao peor da brutalidade represiva se lle uniu o peor da persuasiva. Pódese dicir que poucas veces a prensa e os xornalistas ocuparon un rol de servilismo como o de agora. No ensaio de 1890 onde fai esta afirmación, agrega: «De inmediato buscaron o xornalista, encontrárono, desenvolvérono e fixeron del un industrioso e ben pagado servente. É moi lamentable, para ambas as dúas partes. Detrás da barricada pode haber moita nobreza e heroísmo. Pero, que hai no fondo detrás do artigo [xornalístico] senón prexuízo, estupidez, hipocrisía e disparate? e cando estes catro factores se unen constitúen unha forza terrible e transfórmanse na nova autoridade».
Post scriptum
Logo de escribir as liñas precedentes topámonos cun artigo que confirma aínda máis nosa visión da instrumentalización xornalística. A noticia aparecida na Cadea Ser «Grupos anarquistas españois deseñan estratexias conxuntas con italianos e griegos»{5} que non só vai na mesma liña que as anteriores, senón que tamén «afonda» máis na creación do inimigo interno. Segundo a xornalista, a policía alerta sobre a «infiltración» de grupos anarquistas en «movementos sociais como o 15-M, a protesta dos mineiros ou as plataformas sociais creadas contra a reforma laboral». Ao parecer «a policía ten constancia de que activistas italianos e gregos están deseñando estratexias conxuntas con activistas españois "nun intento de" organizar a súa actividade". O Triángulo do Mediterráneo está formado por grupos anarquistas de Grecia, Italia e España, países dirixidos pola troika. Segundo a policía, manteñen relacións "non só a nivel ideolóxico" senón tamén como "soporte estratéxico". Os seus activistas organízanse en pequenos grupos nos que cada compoñente, di a policía, "goza de total autonomía individual"». Logo analiza uns recentes atentados reivindicados por anarquistas (ou non) e acaba nomeando -con nome e apelido- a algúns compañeiros italianos que participaron nas xornadas contra o TAV en Barcelona (decembro de 2011). Isto último, utilizar nomes e apelidos de persoas que non están nin procesadas nin acusadas é algo novo aquí, aínda que non en Italia. É moi común alí que antes dalgún golpe represivo a prensa prepare terreo falando de persoas ou describíndoas, práctica que tamén se imitou en Chile ou en Grecia.
Non serve de nada emparanoiarse cos posibles pasos represivos, non é esa a nosa intención con estas liñas. Só queremos poñer en evidencia, unha vez máis, que o rol dos medios de comunicación e a prensa é o de crear un terreo propicio para a represión, anticipándose a esta, e cando xa comeza a ser palpable, xustificala.
Notas:
1. Claramente entre istos non tanto aqueles que sobreviven grazas aos anuncios.
2. http://www.europapress.es/nacional/noticia-anarquistas-radicales-italian
3. http://news.panorama.it/oltrefrontiera/Il-terrorismo-di-oggi-si-chiama-a
4. Dende hai anos aos xornalistas de ambos lados do Mediterraneo encantalles relacionar istos pontos, que no seu momento chamaran mediáticamente o «Triángulo do Mediterráneo».
5. http://www.cadenaser.com/espana/articulo/grupos-anarquistas-espanoles-di
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario