Recollemos, copiamos e colamos do Colectivo de Apoio:
Caralladas aparte, Adrián está ben dentro do posible.
Os traslados sempre son duros e rompen as rutinas establecidas, e sempre custa adaptarse de novo a outro medio hostil. Cada cárcere é un mundo. Se o son para nós, que só observamos as salas de espera, os carceleiros, os obxetos prohibidos aleatoriamente, os cubículos de locutorio onde só colle unha silla para 4 persoas que poden entrar a comunicar, os pasillos e os portais automáticos, os barrotes e os pinchos das alambradas, as distintas torres de control non podemos imaxinar como serán perceptibles eses cambios dentro.
Mais sempre teñen algo en común: os mesmos carros da Guardia Civil patrullando sen sentido arredor dos muros, no seu delirio de guardiáns, cos seus autobuses e furgóns.
Alén de todo isto, sempre hai un vínculo a modo de cordón umbilical para Adrián e para os demáis presos coa nosa Terra: as verbas tatuadas, a tinta nos papeis, o sentido e a forza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario