21 may 2013

Ao respeito das detencións de 5 anarquistas en Sabadell

Copiamos, traduzimos, colamos e difundimos este correo recibido na nosa caixa:

A policía detén 5 persoas vinculadas ao anarquismo...

A raíz das últimas detencións e rexistros de espazos vinculados ao ámbito anarquista e o intento, que veñen sucedendo nos últimos tempos, de golpear e paralizar a este, somos conscientes de que se o Estado quere realmente acabar connosco

...debería deter máis!

Porque a existencia do Estado e de calquera forma de autoridade é incompatible coa nosa.

Porque o Estado entende a lóxica da obediencia e a submisión cara a el e nós só queremos entender a lóxica da rebelión e da liberdade.

Porque calquera Goberno, sexa de Esquerda ou de Dereita, busca impoñernos os seus intereses que son os mesmos da elite política, económica, militar, tecnolóxica, etcétera.

Porque non viñemos a pactar a cambio de reformas e migallas, senón a derrubar este Sistema que pon un número de serie, un prezo e unha data de caducidade ás persoas.

Porque queremos crear un novo tipo de relacións, un xeito diferente de convivir, de xestionar a nosa vida e a nosa cotianidade baseada na solidariedade, o apoio mutuo e a autoxestión, unha forma de vida baseada nunha ética da autonomía e a emancipación onde a liberdade de cada un potencie a dos demais.

Porque cando a «orde constitucional» periga, o Estado emprega todas as ferramentas necesarias para defendelo, xa sexa mediante a forza (coa Policía) ou mediante o adoutrinamento (coa prensa e a publicidade), ferramentas que xeralmente funcionan ao unísono.

As detencións da folga xeral do 29 M, do bloqueo ao Parlament, do 1 de Maio de 2011 en Barcelona, da folga xeral do 29 S, así como varios arrestos individualizados a compañeiras e compañeiros en Madrid e Cataluña entre 2008 e 2011 acusadas de diversas accións, son só
algúns dos exemplos máis recentes.

É por isto que o Estado debería seguir golpeándonos e é por isto que non baixaremos a cabeza, non recorreremos á lóxica xudicial da inocencia/culpabilidade nin á lóxica democrática do voto e a delegación...

...e seguiremos loitando!

2 comentarios:

  1. O cartaz solidario que usachedes para ilustrar esta nova estaría moi ben de non ser porque incluíron o logo do Grupo Bandera Negra, pero do Grupo Bandera Negra adherido ás FIJL (antiguas FIJA) de Madrid, que non teñen nada que ver coas persoas detidas en Sabadell non sendo as coincidencias no nome co suposto Kolectivo Bandera Negra ó cal pertencerían as persoas detidas pero de cuia existencia igualmente só consta unha páxina na rede social Facebook.

    Os falsimedios tamén asociaron as dúas cousas e 20 minutos por exemplo enlazou na súa versión online da nova ó antigo blogue do Grupo Bandera Negra de Madrid, sen que este garde relación coa xente detida en Cataluña.

    Penso que antes de realizar cartaces de apoio que sexan difundidos deberíamos coidar este tipo de detalles para non facerlle o xogo sucio ós medios do poder (isto o digo coma observación e como apunte para evitar confusións, pero a crítica, constructiva, vai dirixida cara a persoa ou as persoas que realizaron o cartaz).

    Saude!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Obrigadas polo aviso, a verdade é que o colhimos da rede e pensamos que, dado o estranho do caso (nom há apenas informaçom fiável), o desenho partira dalgum grupo solidário com os detidos (há algum??).

      Assim que mudamos o cartaz.

      Eliminar