O da direita da foto é Felipe o sr X dos GAL (1)
A seguinte reflexión publicouna un anarquista egoísta-nihilista en Atenas Indymedia e nós recollémola de ContraInfo en castelán e traducímola ao galego para publicala aquí:"Nin sequera me molestaría en participar no debate, pero algúns dos últimos comentarios dun "compañeiro antifascista" cáusanme intriga.
En primeiro lugar, para poder determinar as características dunha acción antifascista, innegablemente, creo que se debe determinar o contido do concepto de fascismo.
O fascismo é, ante todo, un golpe forte e violento na cara dx "revolucionarix" que recoñece nos fantasmas da sociedade e a clase as caras dos suxeitos revolucionarios e aspira a levantamentos e revolucións. E a hipocrisía, de feito, é a situación pola que máis ouvean os anarquistas sociais sobre o antifascismo! Porque, en esencia, a guerra non é máis que unha persecución continua contra as sombras... non se dan conta, por suposto, o hipócritas que son as súas proclamas sobre o antifascismo social, xa que en realidade se trata dunha guerra contra o seu propio contido. Porque que outra cousa é a causa xeradora do fascismo que non sexa a masa?
O fascismo non é unha praga antisocial, é un elemento intrínseco da sociedade. A masificación e a mentalidade da masa, a necesidade de "pertenza" son carne e ósos do fantasma que encadeou millóns de vidas; e tamén é carne súa a idea da superioridade. E como x "revolucionarix" contribúe realmente a esta dirección, o pobre que arde coa chama da insurrección social e as visións da xustiza e a igualdade (cadeas que son insoportables mesmo para as verdadeiras 'compas') e, aínda así, enxerta conciencia de clase e obrerismo ás masas? É esta práctica distinta á do Estado, que vacina os seus súbditos de nacionalismo e patria? Naturalmente, ningunha nihilista pode deixar de rirse a gargalladas e sen vergoña ante esta horrible parvada.
Os anarquistas sociais consideran que o fascismo se levou á sociedade á cama ao mesmo tempo que esta se limita a masturbarse. E en lugar de atacar con furia contra a sociedade, utilízana como a súa propia proxectualidade, como unha identificación da súa "loita".
E non son os sociais mesmos os que anhelan as sociedades socialistas/comunistas? Por moito que maldizan e fagan a vista gorda, a verdade encóntrase xusto diante deles. O fascismo e o comunismo (non vos confundades, non estou a falar só do tipo autoritario) son iguais nun nivel de valores morais, salvo que o primeiro propón a forza bruta e o segundo se rexe polo espírito servil do cristianismo. Mentres que o fascismo é a morte do espírito, o socialismo é a morte da forza.
E a sociedade non se posiciona e esa é a razón polo que é exactamente así. Un fantasma, un corpo sen corpo, non é máis que un rabaño de homes de palla. E esperades algún tipo de asistencia deste pantano social... E aínda esixen que a sociedade se levante contra o seu propio ser! Contra a súa propia natureza, esa natureza profundamente fascista.
Considerades que un cambio de mentalidade é posible? Pero entón, que máis é o que buscades, se non só o manexo do rabaño (nin sequera importa se se trata dunha orientación nos valores sociais, morais ou termos de estratexia)? Búscanse converterse en pastores sociais.
E en canto aos politofilakés (gardas cidadás ou milicias), as cousas están claras para min. Non é posible organizar estes sistemas, xa que a palabra en si mesma contén o termo Politis (cidadán ou civil, ou nacional), que chegou a ter conciencia política e está directamente conectado cos provedores desta conciencia política mesma, o Estado e a política. Pode realmente un cidadán ser antifascista? Por extensión, pode realmente ser anarquista un cidadán?
Non pode ser ambas as dúas cousas, responderán os sociais, os mesmos que converten a anarquía en alcohol social buscando a superioridade numérica contra o fascismo, é dicir, os fascistas agresivos, xa que cada cidadán é potencialmente un. Pero esquécese que a plebe social carece de calidade, polo que o seu gardas cidadás antifascistas non serán máis que unha manda invalidada e autodestrutiva.
Cita: O fascismo é todo acto inxusto, anti democrático e violento, ideoloxía, emoción ou costume na política, a sociedade, a familia e as relacións.
Ben, entón, moitas de nós somos fascistas! Dende os grandes rebeldes F. Nietzsche e M. Stirner, o filósofo rebelde R. Novatore, ata as nihilistas de hoxe, as compas sinceras que dirixen a súa mirada ao aquí e agora, abrazan o lume e dan renda solta aos seus ataques malditos contra o Estado, a sociedade, a patria, a orde, a moral, a ideoloxía e calquera outra cadea.
Que fascista son, entón, a cantidade dun fascista é o Anticristo que naceu do Lume e a negación e se dirixía cara ao altar pagán do Nihil? Entón, que fascista a Beleza e a Forza, ambos os dous valores en si mesmos que os feos e débiles deixaron de lado e substituíron con fantasmas como a xustiza, a igualdade e a solidariedade!
É acaso o antifascismo un problema para as masas? Quen pode estar de acordo con esta tendo tamén presente que o antifascismo é profundamente anti-estado, antipolítico e antisocial? Agora, todo isto debe soar moi parvo para os sociais! A despolitización do autor: é ou non é un requisito previo para o antifascismo, un antifascismo eficaz, non un estereotipo dun autista? Porque, non é a política a que educa os cidadáns? Por suposto, éo. Para min, todos os seres humanos imbuídos de conciencia política deixan de ser un individuo, un ser con vontade egoísta e individualista e convértese nun cidadán no sentido da persoa, do núcleo social. Pode ser posible que o arlequín miserable, o caseiro, actúe dun xeito antifascista? Ao mesmo tempo que non é só un vector, senón tamén unha fonte de fascismo...?
O mesmo se aplica tanto às esquerdistas (coma se fosen distintas se son ciudadás tamén) e as anarquistas sociais, como elitista e arrasador xa que isto pode soar. Porque cando o individualismo está ausente e, polo tanto, ao individuo o domina a necesidade de aceptación social ou de 'pertenza', entón isto tamén marca o nacemento doutro -ismo (no sentido de que o sistema, o pensamento ideoloxizado) e, por extensión, a esencia do fascismo: o rabaño masificado.
Volverei... "
colaboración con revueltaviolenta
(1) Esta fotografía provén dun libro titulado "Falangistas", que foi editado pola Esfera de los Libros. O ex presidente obrigou a que se retire da súa venda. Aparece el (moi vociferante e en prietas as filas), mediante a presentación dunha demanda; aínda cando a fotografía foi tomada no seu día pola Axencia EFE, e é a ela a quen pertencen os seus dereitos. Na segunda edición que está próxima a saír, esa fotografía foi retirada
A veces parece que hay gente que recoge la peor de las caricaturas con la que la prensa burguesa y el estado desprestigian el anarquismo y las convierten en modelo de virtud.
ResponderEliminarPor lo que yo entiendo que sugiere el tipo este, cualquier forma de ideología, organización social, convivencia o, simplemente, propuesta organizativa o proyectualidad futura son el enemigo a combatir, y cualquiera que aspire a una emancipación colectiva es un pringado y un fascista porque aquí lo único que hay que hacer es ¡Violencia! ¡Fuego! ¡ Destrucción!
Juraría que el hombre es un animal social, y como tal que no le queda más remedio que organizarse en sociedad (más o menos libre es otra cuestión). Pretender que cualquier forma de convivencia social organizada es descartable por ser sinónimo de fascismo atenta contra las más elementales leyes de la naturaleza... y del raciocinio.
Así nos va.